Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Diego Alonso Vila - TFG Teatro Principal de Tui 11.07.2023

O tudense Diego Alonso Vila vén de rematar o seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Profesional de Vigo na especialidade de Produción e Xestión en Música e Artes Escénicas. Hoxe conversamos con el do seu traballo final de grao sobre Teatro Principal de Tui.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - 31ª Feira do Viño 11.07.2023

A Praza do Calvario do Rosal acolle este venres, sábado e domingo a 31ª Feira do Viño do Rosal. O pregoeiro deste ano será Jorge Vila, fundador e director de Galicia Wine Academy. Ao longo da fin de semana o viño do Rosal será protagonista, pero tamén a gastronomía e a música. Falamos deste evento coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui - Programación Cultural do Verán 10.07.2023

Un programación para gozar na rúa é a que presenta para este verán o Concello de Tui. A música e o cinema serán as grandes propostas para as próxima semanas coma hoxe explicaba na nosa sintonía a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. As propostas son Sons na rúa, IKFEM, Música no Claustro, a Noite Internacional do Miño, o Festival de Bandas de Música, a Festa do Miño, e proxeccións de cinema.

Ent. Natalia Lago, a Fada do Aloia - Segunda noite máxica 07.07.2023

Este domingo día 9 terá lugar a segunda noite máxica no Aloia da man da Fada do Aloia. Será a partir das 22 h e é preciso inscrición previa. Natalia Lago, a Fada do Aloia, deu hoxe no programa Día a Día os datos prácticos.

Ent. Alejandro Dacuña, membro da organización - 'Caldelas Talent' 07.07.2023

O sábado día 29 celébrase en Caldelas o "Caldelas Talent" para o que xa están as inscricións abertas até o día 16. É un concurso organizado pola Asociación A Insua de Caldelas. Hoxe deu os detalles Alejandro Dacuña, membro da organización.

Ent. Ana Núñez, concelleira, e Andrea González, directora do IKFEM - IKFEM Creativa 07.07.2023

A undécima edición do festival IKFEM desenvolverase do 20 ao 25 deste mes na Eurocidade Tui-Valença. Entre as novidades deste ano atópase IKFEM creativa, sobre a que falaron hoxe Ana Núñez, concelleira, e Andrea González, directora do IKFEM.

Ent. Charly López, boxeador - Velada "Comezo da lenda - Return" 07.07.2023

Mañá sábado ás 20.30 h terá lugar, no pavillón de Goián, a velada profesional de boxeo "Comezo da lenda - Return" organizada por Spartan Team. Aínda quedan entradas á venda. Hoxe deu todos os detalles o boxeador, organizador e adestrador, Charly López.

Ent. Elías Vieiro e José Quintana, presidente e director deportivo do Tyde F.C., e José Montes, de SOS Tomiño - Campus 06.07.2023

O campus solidario de verán para nenos e nenas e o torneo de fútbol feminino con Sara Tui son as dúas citas das que hoxe falamos con Elías Vieiro e José Quintana, presidente e director deportivo do Tyde F.C., e con José Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño.

Ent.Ana Núñez, concelleira, e Soledad Costas, técnica de Inserción Sociolaboral na Fundación Érguete - Curso de Almacén 05.07.2023

Tui acollerá a partir do mes de outubro un curso de Auxiliar de Almacén con prácticas en empresas froito da colaboración entre o Concello de Tui e a Fundación Érguete-Integración. Hoxe deron os detalles Ana Núñez, concelleira do concello de Tui, e Soledad Costas, técnica de Inserción Sociolaboral na Fundación Érguete.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Non hai acordo de goberno co BNG 05.07.2023

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valoraba esta mañá na nosa sintonía a falta de acordo co BNG para formar goberno.

Ent. Carme Núñez, voceira BNG- Non hai acordo de goberno co PSOE 05.07.2023

Carmen Núñez, concelleira do BNG de Tui confirmou hoxe na nosa sintonía que non hai acordo de goberno co PSOE, tras as negociacións que mantiveron nas últimas semana. Así o explicaba.

Ent. Cecilia Portela, María Cristina Alves, Javier Argüelles e Gema María Fernández - Coworking 04.07.2023

Arquitectura, artesanía, bordados e un espazo cultural son os proxectos que están a pór en marcha catro persoas emprendedoras de Tui. As catro participaron no primeiro coworking multisede da Deputación de Pontevedra e da Escola de Organización Industrial (EOI).Son Cecilia Portela, María Cristina Alves, Javier Argüelles e Gema María Fernández. Hoxe coñecemos con elas o seu proxecto e coma foi esta...

Xabier Pérez, presidente do Comité de Empresa de Ganomagoga - Concentración e subasta 03.07.2023

Este mércores 5 de xullo remata o prazo para as empresas ou inversores interesados presenten as súas ofertas sobre Ganomamoga que está arestora en concurso de acredores. Os traballadores agardan coñecer este mércores ou xoves xa as empresas de forma oficial tal e coma explicaba na nosa sintonía Xabier Pérez, presidente do Comité de Empresa de Ganomagoga

Ent. Andrea González, directora IKFEM - O festival celebrarase do 20 ao 25 de xullo na Eurocidade Tui-Valença 03.07.2023

Este xoves o IKFEM dará a coñecer toda a programación da undécima edición do festival. A cita será do xoves 20 ao martes 25 na Eurocidade Tui-Valença. A súa directora, Andrea González, avanzou esta mañá na nosa sintonía algunhas das novidades deste ano, entre as que estará un piano flotando sobre o río e o IKFEM Creativa.

Ent. Conchi Sales e Ana Pedreira, da Asociación Cultural San Telmo - III Festival de cultura tradicional e folk 30.06.2023

Mañá sábado 1 de xullo arrinca en Tui o III Festival da cultura tradicional e folk que vai ter lugar en distintos puntos da cidade até o próximo venres 7 de xullo. Hoxe falamos coas organizadoras, Conchi Sales e Ana Pedreira, da Asociación Cultural San Telmo.

Ent. Mónica Giráldez, da organización do campamento de Verán Igual é + do Concello de Tui - Datos prácticos 30.06.2023

O próximo luns día 3 comeza o campamento de verán Igual É + do concello de Tui no que van participar máis de 500 persoas. Hoxe deunos todos os detalles Mónica Giráldez, da organización.

Ent. Adolfo Pereira e Iago Araújo, Motorclub Randufe - IV Dirt Track Cidade de Tui 29.06.2023

Este sábado o circuito Off Road de Tui en Rebordáns alberga a cuarta edición da Dirt Track Cidade de Tui organizado polo Motorclub Randufe. Hoxe conversamos cos seus organizadores, Adolfo Pereira e Iago Araújo.

Ent. Óscar Cabaleiro e Alicia González, presidente e secretaria de Lembranzas da Terra de Guillarei - Guillafolk 29.06.2023

Mañá venres e o sábado vaise celebrar o Guillafolk, co VI Festival Folclórico Virxe das Dores e o VIII Festival de Bandas de Guillarei. Haberá tamén gastronomía e postos de artesanía, todo no torreiro de festas de Guillarei. Hoxe deron os detalles Óscar Cabaleiro e Alicia González, presidente e secretaria de Lembranzas da Terra.

Ent. Roberto Domínguez, tenente coronel da Brilat - XXII Concurso de Patrullas 28.06.2023

Hoxe partiu de Tui o XXII Concurso de Patrullas da Brilat, no que 216 militares farán un percorrido de 120 quilómetros até Santiago de Compostela realizando ademais sete probas de carácter militar. O tenente coronel Roberto Domínguez deu hoxe os detalles desta dura proba.

Ent. Juan Paramos, adestrador Tyde cadete - Campións da Asturias Cup 2023 28.06.2023

O equipo cadete do Tyde proclamouse hoxe campión da Asturias Cup 2023. Fíxoo logo dunha final axustada e na que venceron nos penaltis ao Armepalmas. Conversamos co seu adestrador, Juan Paramos, sobre a traxectoria no torneo e a victoria final dos seus pupilos.

Antonio Lomba, ex alcalde e concelleiro da Guarda - Despedida da política 26.06.2023

O ex alcalde e concelleiro da Guarda, Antonio Lomba, presentou hoxe en pleno a renuncia á súa acta na corporación municipal. Pon fin así a 20 anos de traballo en política municipal.

Ent. Eduardo Méndez, organizador - IX Campionato Ibérico Kung Fu Eurocidade 23.06.2023

Este domingo, no pavillón Gustavo Rodríguez, terá lugar o IX Campionato Ibérico de Kung Fu moderno e clásico da Eurocidade. Participarán preto de 400 deportistas de toda a península, segundo relataba hoxe na nosa sintonía Eduardo Méndez, organizador.

Ent. José Manuel Solleiro e Rafael Pérez, da coral Ponte das Febres - Escola canto-coral 23.06.2023

A partir do curso que vén a Coral Ponte das Febres levará a cabo unha escola de canto-coral, aberta para todas as persoas que teñan inquietude por cantar. José Manuel Solleiro e Rafael Pérez deron hoxe os detalles.

Ent. GFace, cantante - Inicio de xira por Galicia e España 23.06.2023

Hoxe estivo na nosa sintonía o cantante GFace para presentar a súa xira que comezou onte en Vigo, e na que percorrerá diferentes cidades de Galicia e tamén de España. Presentará así o seu disco 'Origen'.

Ent. José Ángel González e Antonio Rocha, Club Ciclista Locos por la Bici - Fortalecer pontes do Miño 23.06.2023

O Club Ciclista Locos por la Bici organizan o próximo sábado 1 de xullo a proba deportiva 'Fortalecer pontes do Miño'. Hoxe falamos con José Ángel González e Antonio Rocha, deste club ciclista.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.