Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Margarida Mariño, artista - As Voces da Conciencia en Mulleres en Acción Violencia Zero 27.07.2023 4:13
As voces da conciencia é o título de peza interdisciplinar que hoxe ás 22 h repesentan na praza norte da Catedral de Tui Margarida Mariño e Laura Iturralde dentro do programa Mulleres en Acción Violencia Zero da Deputación. Esta mañá falamos con Margarida Mariño.
Ent. Patxi Pérez Ramallo, director escavacións arqueolóxicas San Bartolomeu - Conferencia e Visita guiada 26.07.2023 9:44
A escavacións arqueolóxicas realizadas na necrópole de San Bartolomeu en 2016 permiten coñecer como era a sociedade nos séculos do V ao VII e pon no mapa a primeira elite social estudada en España, o que supón un importante fito, e incrementa a relevancia deste lugar. Así o explicaba Patxi Pérez, director da intervención que mañá ás 20.30 h ofrecerá unha conferencia na Aula da UNED e logo realizar...
Ent. Xosé M. Álvarez de Arrotada e Xosé M. 'Muxicas' - Presentación "Pezas guapas para gaita, zanfona e acordeón” 26.07.2023 18:31
O Mercado de Tomiño acollerá o sábado 29 ás 18 h a presentación do libro “Pezas guapas para gaita, zanfona e acordeón” de Xosé Manuel Fernández Muxicas nun acto organizado pola Asociación Cultural Arrotada. Falamos con autor destes libros e tamén con Xosé Manoel Álvarez de Arroutada.
Ent. Mónica Bugarín, directora Espazo Xove - Obradoiros verán 26.07.2023 6:20
Obradoiros de teatro, danza, robótica, comic, audiovisual, artítisco manipulativo, skate, natureza e scape room son os que até o 21 de agosto se celebran de luns a venres no Espazo Xove de Tui. Van dirixidos a mozos e mozas de 12 a 16 anos,aínda que se hai prazas vacantes poden participar maiores desta idade. É preciso inscrición previa no propio Espazo na rúa Sanz, no 886 11 07 97 ou en espazoxov...
Diego Alonso Vila, director de Arume de Malvas - Concerto en Malvas, IKFEM e con Carlos Núñez 24.07.2023 5:44
Intensa actividade a que ten por diante esta semana a Banda de Gaitas Arume de Malvas. Esta noite actúan nas festas na súa parroquia, mañá ás 22 h ofrecerán o concerto "Percorrendo Camiños" na Corredoira dentro do IKFEM, e o sábado actuarán xunto a Carlos Núñez en Salvaterra. Así nolo contou o seu director Diego Alonso Vila.
Ent. Abraham Martínez, organista - Concerto de órgano e Fundación Arquimia Mvsicae 24.07.2023 10:37
Abraham Martínez, un dos organistas máis recoñecidos a nivel nacional, ofrecerá ás oito desta tarde un concerto no órgano barroco da Catedral de Tui dentro do IKFEM. Coma el mesmo explicaba será un diálogo entre el e o órgano que de seguro sorprenderá ao público. Mañá estará na praza de San Fernando para brinda coa Fundación Alquimia Mvsicae un espectáculo visual e musical ás 22.30 h
Ent. Daniel Pereira, pianista e Rubén Capelán de ACROPOS - Concerto inclusivo no IKFEM 24.07.2023 8:56
O pianista Daniel Pereira ofrecerá mañá martes ás 19 h na igrexa de San Domingos un concerto, dentro da programación do IKFEM, no que vai interpretar as catro sonatas máis famosas de Beethoven. Será un concerto especial xa que no mesmo contarase con mochilas vibratorias para que persoas xordas poidan gozar tamén do mesmo coma explicaba Rubén Capelán de ACROPOS.
Ent. Pablo Gonzalez e Alfonso González da Escola Gaita e Música San Fins - 21ª Noite Internacional do Miño 24.07.2023 4:51
A Noite Internacional do Miño celebra mañá martes ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns a súa vixésima primeira edición. Farao co folclore de Tahití, África do Sur e Serbia, pero tamén co local da Escola de Baile e Música San Fins, organizadores do evento. Así nolo contaron hoxe Pablo González e Alfonso González da organización.
Cristina Fálquez, do CN San Telmo - VIII Semana Náutica 21.07.2023 3:38
O Club Náutico San Telmo vai celebrar do 7 ao 11 de agosto a súa VIII Semana Náutica na que nenos e nenas de 7 a 18 anos poderán practicar esquí náutico, wakerboard, paddle surf, rafting, paseo en donuts cun prezo que oscila entre os 10 e os 22 euros. Para todas as actividade é requisito imprescindible saber nada. As persoas interesadas pódense inscribir no 657 87 57 16 ou no correo nautico@cnsant...
Ent. Antía Muíño - Concerto no IKFEM 21.07.2023 2:51
Antía Muíño, Premio Martín Códax da Música Galega 2022, presentará mañá sábado ás 19 h Es na praza da República da Fortaleza de Valença o o seu álbum debut “Carta Aberta”. Será dentro da programación do IKFEM. Antía Muíño volverá á Eurocidade Tui-Valença en setembro para actuar no MUMI.
Ent. Participantes na IKFEM Creativa na vella Ponte Internacional 21.07.2023 15:02
Esta mañá achegámonos até o Balcón do IKFEM que cada mañá se abre no xardín do Espazo Xove de Tui para conversar coa directora do festival, Andrea González, e parte das creadoras e creadores que hoxe a partir das 19 h van participar na IKFEM Creativa na vella Ponte Internacional.
Ent. Marcos Casaleiro, presidente CN Inclusivo Baixo Miño 20.07.2023 5:34
En marzo deste ano presentouse oficialmente en Tui o Club Náutico Inclusivo Baixo Miño. Hoxe co seu presidente Marcos Casaleiro coñecemos os seus obxectivos, as actividades que realiza e o convenio que veñen de asinar coa empresa Fibralar.
Ent. Monica Cofino - Concerto piano flotante IKFEM 20.07.2023 3:50
Hoxe xoves ás 20.30 h terá lugar o concerto inaugural do IKFEM 2023. Será cun concerto moi especial no que a música será interpretada dende a superficie do río cun piano flotante e os músicos sobre a auga. "Dous sistemas solares" brindará esta noite na praia da Mariña unha experiencia máxica coma nos explicaba Mónica Cofino.
Ent. Toñin Martín, Ale de Paz e Xacobe Morais - VII Campus de Futsal Toñín Martín 19.07.2023 16:32
O VII Campus de Fútbol Sala Toñín Martín afronta a súa recta final deste 2023 con diversas actividades de visitas. Este ano rexistra record de participación don 117 rapaces e rapazas, 15 monitores e 8 auxiliares , 3 pavillóns e a visita de catro deportistas profesinais. A xogadora internacional Ale de Paz compartiu a mañá hoxe cos participantes, previamente estivo nos nosos estudos xunto a Toñín M...
Ent. Andrea González, directora IKFEM - Concerto inaugural na praia da Mariña 19.07.2023 5:13
"Dous sistemas solares" é o título do concerto inaugural do IKFEM no que un piano e os músicos flotarán sobre as augas do río Miño. Debido a esta singularidade e as condicións do río a organización do IKFEM trasladou o lugar do evento á praia da Mariña, a carón das instalacións da Comandancia Naval e do Club Náutico San Telmo, tal e coma confirmaba a súa directora Andrea González.
Ivan Alonso - Subcampión de Europa de Maratón en K1 18.07.2023 6:38
Iván Alonso, do Piragüismo As Torres Romería Vikinga, proclamouse subcampión de Europa en K1, nunha regata dura e pelexada, cunhas primeiras voltas moi intensas. En setembro Iván Alonso estará no Mundial na distancia longa, e buscará tamén no selectivo nacional praza na distancia curta. Por diante ten un calendario apretado, pero confirmaba que competirá no Descenso do Miño o 19 de agosto.
Manu Garrido - Campión de Europa de Maratón en C1 18.07.2023 4:23
Tras proclamarse Campión de Europa de Maratón en C1 hoxe falamos co tudense Manu Garrido, do Club Kaiak Tudense de como foi a regata e das próximas competicións entre as que está o Campionato de España de Pista e o Mundial de Maratón en setembro.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - IKFEM 2023 18.07.2023 4:42
A concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, destacaba na nosa sintonía que o IKFEM é o primeiro festival internacional da Eurocidade, que chega a súa décimo primeira edición,nas súas data orixinais no mes de xullo. Indicaba que a Ponte Internacional converterase coa IKFEM Creativa no mellor escaparate para a creatividade desta zona. Agarda que o tempo permita disfrutar de toda a programació...
Andrea González, director IKFEM, e José Carpinteira, presidente Valença - IKFEM 2023 18.07.2023 8:53
Unha ponte de música e de creatividade será a quen tenda dende este xoves e até o próximo martes o festival IKFEM na Eurocidade Tui-Valença. Seis días no que este territorio centrarán as miradas do mundo da cultura. Doce concertos, IKFEM Creatriva na Vella Ponte Internacional, e o Balcón do IKFEM no Espazo Xove, son parte das propostas da programación.
Ent. Verónica Gómez, empresa Río Miño en Barco - Paseo especial nunha embarcación histórica polo Día do Carmen 14.07.2023 7:56
Un barco de madeira, histórico, está realizando paseos especiais polo río Miño, en Tui, e este domingo, pola festividade do Carme volverá a saír. Hoxe falamos sobre esta embarcación e estes paseos con Verónica Gómez, que é a responsable da empresa Río Miño en Barco.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración pleno organización 13.07.2023 11:18
Con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, completamos a rolda de conversas para valorar o pleno de organización que este martes celebrou a corporación municipal de Tui.
Ent. Carme Núñez, concelleira do BNG - Valoración pleno 13.07.2023 9:48
Hoxe facemos valoración do pleno de organización que celebrou a corporación municipal de Tui o martes. Este é o balance da concelleira do Bloque Nacionalista Galego Carme Núñez.
Ent. Nico Montes, concelleiro do Partido Popular - Valoración pleno 13.07.2023 7:30
Hoxe facemos valoración do pleno de organización que celebrou a corporación municipal de Tui o martes. Este é o balance do concelleiro do Partido Popular Nico Montes.
Ent. José Manuel Palacín, concelleiro de C21 - Valoración pleno 13.07.2023 10:45
Hoxe facemos valoración do pleno de organización que celebrou a corporación municipal de Tui o martes. Esta é o balance do concelleiro de Converxencia 21 José Manuel Palacín.
Ent. Paula López, de Equigalia - Campamentos de verán 12.07.2023 3:28
O club hípico Equigalia organiza un campamento para nenos e nenas durante este mes de xullo e o de agosto. Paula López, de Equigalia, deu hoxe os detalles deste campamento no programa Día a Día.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.