Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Pepín Solleiro da Protectora de Animais Aloia - Aloia Fest 2023 17.08.2023

Este domingo na terraza do Club Náutico San Telmo celebrarase o Aloia Fest organizado pola Protectora de Animais Aloia de Tui. Dende ás once da mañá até ás doce da noite poderá gozarse de música en directo, charlas, sorteos, e un posto solidario. Así nolo contaba Pepín Solleiro, tesoureiro da Protectora Aloia.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui - Festa Gastronómica 2023 17.08.2023

Este sábado a partir das 20 h celébrase na rúa Compostela a XI Festa Gastronómica que pechará a programación da Festa do Miño que comeza ao mediodía en Caldelas. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicaba os pormenores deste evento festivo, a animación músical de rúa, e as asociacións participantes. Tamén se refería ao traslado a San Domingos do Festival de Bandas de Música mañá venres,...

Ent. Eloy Carrera e Manuel Madarnás - XXVIII Festival de Bandas de Música 16.08.2023

A Banda de Música Popular de Tui e a Unión Musical de Tenorio de Cerdedo-Cotobade serán este venres as protagonistas do XXVIII Festival de Bandas de Música de Tui que se vai celebrar a partir das 21 h na igrexa de San Domingos, debido á previsión de choiva. Falamos do mesmo con Eloy Carrera, director da Banda, e Manuel Madarnás, músico.

Ent. Lucas González Amoedo, secretario da Comisión de Festas - Festas de San Mamede 11.08.2023

Este domingo en Guillarei celebran as festas na honra ao seu patrón, San Mamede. O programa festivo inclúe as tradicionais poxas, concerto da Banda de Música Popular de Tui, misa solemne e procesión. Amais aproveitarán para presentar o cartel das Festas da Virxe das Dores, coma nos explicaba Lucas González, secretario da Comisión de Festas.

Ent. Beatriz Fontán e Samuel Diz - Balance Música no Claustro 2023 10.08.2023

Hoxe en Día a Día estiveron connosco Beatriz Fontán e Samuel Diz para facer balance da edición deste ano de Música no Claustro que rematou cos concertos este luns, pero que até onte estivo coa gravación do disco de Iria Folgado e que sairá á luz a finais de ano. Hoxe facían balance do evento destacando ao público que acode ao mesmo.

Ent. Eva do Campo, Sarai Limia, Auri Rodríguez -Arrancaxestas de Ribadelouro 10.08.2023

Hoxe no programa Día a Día recibimos a Eva do Campo, Sarai Limia, Auri Rodríguez, do grupo Arrancaxestas de Ribadelouro. Con elas falamos de como se creou o grupo, do seu repertorio, dos intrumentos que empregan, e dos seus obxectivos.

Ent. Elías Vieiro, José Manuel Quintana, David Domínguez e Juan Paramos - Campaña de Captación de socios do Tyde 09.08.2023

O Tyde vén de iniciar unha campaña de captación de socios da que hoxe nos falaron o seu presidente, Elías Vieiro, o director deportivo, José Manuel Quintana, o secretario, David Domínguez e o coordinador xeral deportivo, Juan Paramos. Tamén falamos con eles da pretemporada e da temporada na que xogarán en 1ª Rexional.

Ent. Marisol Ferreiro e Elisabeth Rodríguez - Semana Cultural e Festas da Virxe do Camiño 09.08.2023

Mañá comeza a Semana Cultural da Virxe do Camiño en Rebordáns, que ofrecerá múltiples actividades até o domingo. Logo xa a partir do luns celebrarán as festas coma hoxe nos explicaron Marisol Ferreiro e Elisabeth Rodríguez.

Pasamento do escultor Xosé Antúnez Pousa 08.08.2023

O escultor Antúnez Pousa faleceu onte en Tomiño aos 77 anos de idade. Deixa unha pegada indeleble na comarca con esculturas coma o Monumento ao Mariñeiro na Guarda, o do Cabaqueiro no Rosal, ou o da Auga na súa parroquia natal Estás, pero tamén en moitos outros puntos da nosa xeografía. Repasamos a súa biografía nesta reportaxe de Sara Marón.

Ent. Manuel Castro, presidente Comisión de festas - Festas do Monte 2023 08.08.2023

A Guarda vive xa as súa semana grande coas Festas do Monte 2023. Miles de persoas gozarán do programa festivo que comezou no día de onte. Pasarrúas, actuacións, eventos deportivos, verbenas, o Desfile, a Subida ao Monte e a tirada de fogos forman parte das actividades previstas. Hoxe falamos co presidente da Comisión de Festas, Manuel Castro.

Ent. Alex Sierpes, Christian Sierpes, Javier Sierpes e Patricia - Atletismo 07.08.2023

Alex Sierpes e Christian Sierpes son dous destacados atletas da Guarda con teñen colleitado destacados éxitos a nivel galego e nacional. Hoxe visitaron os nosos estudos xunto aos seus pais Javier e Patricia, vinculados tamén coma adestradores ao atletismo na Sociedade Atlética do Trega. Coñecemos a súa paixón e os seus obxectivos deportivos.

Ent. Iria Folgado e Samuel Diz - Música no Claustro 07.08.2023

Os concertos de Música no Claustro deste 2023 pecharanse hoxe ás 21 coa oboísta Iria Folgado, que volve ao festival, onde realizou unha residencia artística en 2021, para ofrecer un concerto xunto ao cuarteto de cordas formado por Sara e Raquel Areal, violín, e Héctor Cámara, viola, e Iago Domínguez, violonchelo. No concerto interpretarán as obras dun disco que gravarán a partir de mañá.

Ent. Diego Casado e Samuel Diz - Música no Claustro 04.08.2023

O percursionista Diego Casado avanzou no programa Día a Día o repertorio que vai interpretar no concerto que ofrece ás 21 h no claustro da Catedral de Tui dentro de Música no Claustro. Amais o director do festival, Samuel Diz, repasou os concertos da fin de semana, e á convocatoria para mañá ás 11 h sobre o toque das campás.

Ent. Sarai Limia da AC Santa Columba - Festival Folclórico 04.08.2023

O recinto do Centro Cultural de Ribadelouro acolle mañá sábado ás 20.30 h un Festival Folclórico organizado pola Asociación Cultural Santa Columba no que van participar Os Pendiños de Atios, Os Ventos de Comesaña, a Treboada La Bravesca e os organizadores, a asociación Santa Columba. Ao remate haberá foliada.

Ent. Samuel Diz e Andres Barreiro - Música no Claustro 03.08.2023

Dende este martes as campás da Catedral tocan ás 20.30 h chamando ao concerto diario de Música No Claustro. Faino da man da Asociación de Campaneiros de Galicia, tras a recente declaración do toque de campás coma Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO, Para falar desta intervención sonora acompañáronnos en Día a Día Samuel Diz, director do festival, e Andrés Barreiro, da Asociación de Campan...

Ent. Salvador González, presidente da Comisión - Festas de San Caetano en Paramos 03.08.2023

O Monte das Penizas en Paramos volverá acoller esta fin de semanas festas de San Caetano dende sábado até o luns. Comezarán o sábado cun polbeiro e as primeiras actuacións. Actos relixiosos, concertos da Banda de Gaitas de Paramos e da Popular de Tui e as verbenas co Dúo California, Paradanta, Talismán, La Travesía e Rítmo

Ent. Manuel Pedrares, técnico Kaiak Tudense - Descenso Popular e Descenso Internacional do Miño 02.08.2023

Esgotadas xa as piraugas de aluguer para o Descenso Popular do Miño que se vai celebrar o sábado 19 organizado polo Club Kaiak Tudense. A inscrición está aberta aínda con pirauga propia. Así nolo contaba Manuel Pedrare, técnico do Kaiak Tudense, quen daba tamén os pormenores da Romaría Popular en Caldelas. Avanzaba tamén datos de participación no Descenso Internacional.

Ent. Gerhard Grenzing, organeiro - Participación en Música no Claustro 02.08.2023

Emocionado ao cruzar as portas da Catedral e reatoparse co órgano barroco estaba onte á tarde Gerhard Grenzing, o organeiro que hai 28 anos reconstruíu este instrumento da Catedral de Tui. Con el falamos onte na propia catedral.

Ent. Xabier Pérez, presidente do Comité de Empresa de Ganomagoga -Ampliación prazo de presentación de ofertas 02.08.2023

Amplíase nun mes o prazo para que se presenten ofertas de compra sobre Ganomagoga. O xulgado así o vén de establecer logo da solicitude realizada polos traballadores. A oferta presentada até o de agora contemplaba só o mantemento de 32 postos de traballos. Así o explicaba Xabier Pérez, presidente do Comité de Empresa.

Ent. Lucy Durán e Samuel Diz - Música no Claustro 01.08.2023

Lucy Durán ofrecerá mañá mércores ás 18.45 h unha conferencia sobre a kora en Música no Claustro. Esta mañá acompañounos no programa Día a Día para falar deste instrumento, da súa música e de Ballake Sissoko, que mañá ofrecerá un concerto de kora no festival. Tamén estivo connosco o seu director, Samuel Diz.

Ent. A Fada do Aloia e Luz - Casamento polo rito Celta no Aloia 01.08.2023

Antonio e Luz son unha parella de Córdoba que hoxe van casar no Parque Natural do Monte Aloia polo rito Celta nunha cerimonia oficiada pola Fada do Aloia. Coñecemos os detalles coa propia fada e con Luz.

Ent. Katia Rocha e Jonathan Soliño do Centro Cultural San Fins - Romaría de San Fins 2023 01.08.2023

Coma cada primeiro domingo de agosto este domingo celébrase a Romaría de San Fins en Rebordáns. Pero as actividades comezan xa o sábado con chourizada e foliada popular, e logo xa o domingo a saída do santo, subida en chimpíns e tractores, misa e procesión, música e xantar campestre. Así nolo contaron Katia Rocha e Jonathan Soliño do Centro Cultural San Fins.

Ent. Samuel Diz, director Música no Claustro - Edición 2023 Concéntricas 28.07.2023

Esta mañá acompañounos no programa Día a Día Samuel Diz, director de Música no Claustro. Con el falamos de todo o que nos brindará dende o próximo martes día 1 a décimo sétima edición dun festival que este ano ten por lema "Concéntricas".

Ent. José Martínez Tato de Anda Tui - Andaina de Mosteiró e Histórico 28.07.2023

Mañá sábado celébrase a andainda de Mosteiró en Valença e o próximo sábado 5 de agosto a histórica de Tui. Ambas forman parte do calendario de andainas da Eurocidade Tui-Valença. Falamos das mesmas con José Martínez Tato de Anda Tui.

Ent.Eduardo Rodríguez, xefe departamento vento CMUS Tui -Encontro musical de instrumentos de vento 27.07.2023

Do 4 ao 6 de setembro o Conservatorio de Música de Tui organiza un Encontro Musical de Instrumentos de Vento que rematará cun concerto das persoas participantes. Esta actividade ten carácter gratuíto pero é preciso inscrición previa no 687 249 957 ou no correo cmus-profesional.tui@edu.xunta.es.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.