Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 9, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Rafael Estévez, Marcos González e Paula López - Concentración Cabalar de San Telmo 02.04.2024 14:42
A Concentración Cabalar de San Telmo conta cunha tradición secular e é unha das máis importantes de Galicia. Este ano serán tres días, sábado 6, domingo 7 e luns 8, con diversas actividades. Coñecemos o programa completo con Rafael Estévez, concelleiro de Deporte, Marcos González, de Hípica Marcos, e Paula López de Equigalia.
Ent. CAI do Espazo Xove - Estrea de Efecto Rabaño na XIV Semana de Teatro Amador 01.04.2024 10:21
A CAI do Espazo Xove será hoxe a encargada de abrir a XIV Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal. Ás 20 h levarán a escena "Efecto Rabaño" unha obra escrita por eles mesmo e dirixida por Laura Villaverde. Lucía Piñeiro, Eva Afonso, Celia Bugarín, Candela García, Eugenia Seoane, Ilán Munro estiveron hoxe no programa Día a Día. As entras están á venda en tui.gal, e tamén antes da función no des...
Ent. José Martínez Tato de Andatui - Andaina de San Telmo 01.04.2024 4:04
Este domingo, 7 de abril, ás 10 h sairá da praza da Inmaculada a Andaina de San Telmo. Realizará un percorrido sinxelo, de 9 quilómetros, polo centro urbano coma hoxe explicaba José Martínez Tato do club Andatui. A inscrición está aberta até este xoves en andatui.es.
Ent. Laura Solla do Club Atletismo Tui - Carreira Popular de San Telmo 01.04.2024 7:17
Este mércores ás 22 h pecha a inscrición para a Carreira Popular de San Telmo, en https://clubatletismotui.wordpress.com/. Esta proba deportiva, que terá carácter solidario con SOS Tomiño-Baixo Miño, celebrarase este sábado pola mañá. Falamos da mesma con Laura Solla do Club Atlestismo Tui.
Ent. María Soa de Fillas de Cassandra - Concerto o sábado nas festas de San Telmo 27.03.2024 7:55
Nas Festas de San Telmo este sábado ás 00 h no Espazo Feiral actuará Fillas de Cassandra presentando o seu novo espectáculo "As últimas Dionisíacas". Hoxe falamos con María Soa do concerto e da súa carreira musical.
Ent. Isabel Blanco, actriz | Pregoeira das Festas de San Telmo 27.03.2024 5:35
A actriz Isabel Blanco será a responsable este sábado, ás 12.45 h, de dar lectura ao pregón das festas de San Telmo 2024, na praza da Inmaculada ou no caso de choiva na carpa da Corredoira. Con ela falamos esta mañá no programa Día a Día.
Ent. Jorge Gonçalves Murta e Jose Carlos Cardoso da Irmandade do Doce Nome de Xesús - Semana Santa 2024 27.03.2024 7:57
A visita aos monumentos mañá pola tarde é un dos actos destacados da Semana Santa en Tui xunto á procesión do Encontro e a do Santo Enterro. Nos monumentos destaca o Horto das Oliveiras na Capela da Misericordia que este ano e poderá visitar até despois de San Telmo. Así nolo contaron hoxe Jorge Gonçalves Murta e Jose Carlos Cardoso da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia....
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Inicio Festas San Telmo 27.03.2024 2:57
Todo listo en Tui para o inicio das festas de San Telmo este sábado 30 de marzo. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, convidaba hoxe a gozar de todo o programa festivo. Lembraba que tanto na Corredoira coma no Espazo Feira hai carpas para a celebración dos eventos, se o tempo non acompaña.
Ent. Manuel Madarnas, músico - Concerto domingo 31 nas festas de San Telmo 26.03.2024 10:27
O músico tudense Manuel Madarnás ofrecerá un concerto este domingo 31 ás no Espazo Feiral, presentando o seu novo disco La MMarca 2. Previamente o xoves ás 22 h actuará na Sala Sinatra de Vigo presentando o seu novo álbume do que leva case 20 concertos dende decembro. Estará acompañado de 20 músicos e de 4 artistas convidados, os músicos de Micalip's, a cantante Agustina Guzman, e o clarinetista J...
Etn. Clara, Javi e Pablo de Ola de Calor - Presentación de "Chica de provincias" 26.03.2024 10:24
O grupo tudense "Ola de Calor", formado por Clara, Javi, Pablo e Bruno, vén de gravar "Chica de provincias" o seu primeiro tema que gravaron con Jorge Pimentel. O grupo naceu no verán de 2022 e hoxe viñeron presentarnos esta composición.
Ent. Gface - Presentación do seu novo tema Siete Vidas 25.03.2024 14:00
No programa Día a Día hoxe recibimos a visita de Gface para presentarnos o seu novo tema "Siete Vidas", que tamén interpretou en directo no programa. Con el a falamos do momento actual da súa carreira musical e do seu labor tamén coma compositor.
Ent. Uriel Perles - Curso de Urban Sketching 25.03.2024 5:58
Uriel Perles imparte esta semana no Centro Sociocomuntario de Tui un curso Urban Sketching. Con el coñecemos máis desta técnica de debuxo e tamén todos os detalles do curso.
Ent. Dolores Balseiro da Asociaci'ón Amigos da Catedral de Tui - Premio Cidade de Tui 2024 25.03.2024 10:40
Este sábado, 30 de marzo, ás 19 h na Gala que se vai celebrar no Teatro Municipal a Asociación Amigos da Catedral vai recibir o Premio Cidade de Tui na categoría de colectivo. Hoxe falamos deste recoñecemento con Dolores Balseiro quen transmitiu a sorpresa e agradecemento da Asociación que preside o seu marido, Eduardo Cadenas dende hai 30 anos. Ela sempre estivo aí e lembraba o impulso inicial de...
Ent. Bruno Fernandes, directivo do Basket Valença - VIII Torneo de Basket da Eurocidade Tui-Valença 22.03.2024 4:40
O 8º Torneo de minibasket da Eurocidade Tui-Valença celebrarase dende sábado 23 ao luns 25 no pavillón municipal de Valença. Participarán 36 equipos de España e Portugal. Así nolo contou Bruno Fernandes, monitor de baloncesto e directivo do Basket Valença.
Ent. Susana Esteban, enóloga - Premio Cidade de Tui 2024 22.03.2024 9:00
A enóloga tudense Susana Esteban recibirá o próximo sábado, 30 de marzo, no Teatro Municipal, o Premio Cidade de Tui 2024 na categoría individual. Tras coñecerse a concesión deste recoñecemento hoxe falamos con ela no programa Día a Día.
Ent. Rafael Estévez e Ricardo Angueira - Curso gratuíto de Marcha Nórdica 20.03.2024 17:58
O próximo mércores, 3 de abril, ás 20.15 h haberá unha charla informativa, na aula da UNED, sobre o curso gratuíto de Marcha Nórdica que organiza o Concello de Tui. Explicáronnos que é a Marcha Nórdica e os detalles do Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, e Ricardo Angueira, monitor de marcha nórdica.
Ent. Lydia directora CEIP Guillarei - VI Carreira Solidaria 20.03.2024 3:02
Mañá xoves, ás 11 h celébrase no torreiro de Guillarei a VI Carreira Solidaria do CEIP de Guillarei. Este ano é a favor da asociación Frangil e de SOS Tomiño Baixo Miño, tal e coma explicaba a directora do centro Lydia Arnoso. Coa carreira queren visibilizar o papel destas dúas asociacións. As persoas que desexen colaborar poden aportar alimentos non perecedoiros.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde, e Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - Festas de San Telmo 2024 19.03.2024 16:35
Do 30 de marzo ao 8 de abril vanse celebrar en Tui as Festas de San Telmo. Enrique Cabaleiro, alcalde, e Sonsoles Vicente, concelleira Cultura deron conta hoxe do programa festivo que imos poder disfrutar na cidade. Tamén avanzaron os Premios Cidade de Tui deste 2024.
Ent. Roi López, Breixo Martínez, Iker González e Telmo Pazo do CEIP nº1 - Carreira Solidaria e Reforestación poética 15.03.2024 4:06
O CEIP nº1 de Tui vai celebrar o martes 19 a terceira carreira solidaria, nesta ocasión a favor da asociación do Cáncer de Páncreas. O xoves, coincidindo co Día Mundial da Poesía e os Bosques, farán unha reforestación poética no monte de Areas. Hoxe déronnos todos os detalles Roi López, Breixo Martínez, Iker González e Telmo Pazo, alumnos do CEIP nº1.
Ent. Xosé Mª Lores - Pregoeiro da Semana Santa de Tui 2024 15.03.2024 11:01
Xosé Mª Lores, profesor xubilado do IES San Paio, será o encargado este domingo, ás 18 h na capela das Reliquias da Catedral, da lectura do Pregón da Semana Santa. Hoxe amosouse satisfeito e abraiado por ter sido elixido e destacaba o gran arraigo e historia da Semana Santa en Tui.
Ent. Alfonso Ferreira de Iacobus - Estudo sobre os peregrinos ao seu paso por Tui 14.03.2024 12:44
Alfonso Ferreira de Iacobus está a realizar un estudo sobre a situación do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui. Comezou no mes de febreiro, mes no que segundo os datos que obtivo pasaron por Tui 871 peregrinos. Hoxe falounos dos motivos do estudo e dos datos que están a recoller tanto en canto a procedencia, a gasto diario, Camiño que realizan,...
Ent. Eduardo Fernández da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas - XI Eurocidade BTT 14.03.2024 10:00
Case mil participantes de Galicia, Asturias e Portugal van participar este domingo na XI Eurocidade BTT que organiza a Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas. Hoxe Eduardo Fernández, falounos do percorrido, da proba, dos mellores lugares para o público, nun evento que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença.
Ent. Carlos Blanco e Pablo Novoa | Representación de "Síbaris" no Teatro Municipal de Tui 14.03.2024 17:42
Carlos Blanco e Pablo Novoa, estarán mañá no Teatro Municipal xunto a Belén Constenla, Oswaldo Digón para pór en escena “Síbaris” a obra teatral escrita por Domingo Villar. Hoxe falamos con ela desta obra que ten para ambos un cariz moi especial.
Ent. Fernando Saco - Presentación do libro “As matemáticas máis sorprendentes” 14.03.2024 9:54
“As matemáticas máis sorprendentes” é o título do libro de Fernando Saco Pérez, editado por Xerais, que mañá ás 19 h se vai presentar na Sala de Exposicións no edificio Francisco Sánchez. Canda ao autor estará o director de Xerais Fran Alonso. Con Fernando Saco falamos hoxe da súa obra.
Ent. Marta Quintana, Andrea Martínez, Carlos Mouriño e Isabel Ojea - Matrícula no CRA Mestra Clara Torres 13.03.2024 14:46
Até o 20 de marzo está aberto o prazo de matrícula nos centros educativos de Galicia, entre eles o CRA Mestra Clara Torres. Falamos a oferta deste colexio rural agrupado coa súa directora Marta Quintana. Tamén nos contaron a súa experiencia no centro Isabel Ojea que está a realizar práctivas no centro dentro do proxecto “Generación docentes” da Fundación Princesa de Girona, Carlos Mouriño, PT no C...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.