Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Sebastián Gómez Rodríguez - Romaría de San Xulián 23.01.2024

Este sábado, 27 de xaneiro, celébrase no cumio do Monte Aloia a romaría de San Xulián. Haberá misa ás 10 h e a solemen ás 12 h. Tras a mesma queren recuperar as poxas co obxectivo de recadar cartos para levar a cabo o mantemento do exterior da capela. Así nolo contou Sebastián Gómez Rodríguez.

Ent. Ricardo Ramilo, piloto - Rematou o Rallie Dakar en T4, Buggys 22.01.2024

Esta mañá falamos co piloto Ricardo Ramiño que vén de rematar o seu terceiro Rallie daka en T4, Buggys. Falounos da dureza da experiencia, de como foi a competición e as distintas etapas.

Ent. Dolores Solleiro Diz - Cumpre 100 anos 22.01.2024

Esta mañá no programa Día a Día compartimos uns minutos con Dolores Diz Solleiro, veciña de Tui, que onte cumpriu 100 anos. Quixemos así felicitala a través das ondas. Onte recibiu na súa casa a visita do alcade, Enrique Cabaleiro, e do concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz.

Ent. Inés Martínez - Presentación poemario Mis Dos Amores 22.01.2024

A moza tudense de 15 anos Inés Martínez presenta esta tarde na Sala Félix Rodríguez o seu primeiro poemario "Mis dos amores". Esta mañá falamos con ela no programa Día a Día, deste libro e da súa obra poética.

Ent. Laura Urceira e Gema Fernández - Evento Día Máxíco 19.01.2024

O Liceo Casino de Tui acolle este domingo de 11 a 20.30 h unha xornada de portas abertas dedicada a vodas e comuñóns baixo o título de “Un día máxico”. Neste evento participarán provedores locais para vodas e comuñóns coma fotógrafos, floristas, dj, planificadores de bodas, perruquería, tocados, vestidos, animación infantil. Así nolo contaron Laura Urceira de Peluqueria Xelas, e Gema Fernández de...

Ent. Samuel Moreno, mago - Estrea do novo espectáculo Etéreo en Tomiño 19.01.2024

O mago tomiñés Samuel Moreno, estrea este sábado no Auditorio de Goián o seu novo espectáculo ‘Etéreo’. A entrada é de balde. As portas do auditorio abrirán ás 19.30 h e o espectáculo comezará ás 20 h. Falamos con Samuel Moreno deste novo espectáculo.

Ent. Natalia Lago e Pepín Solleiro - Ruta Solidaria A Fada do Aloia coa Protectora Aloia 19.01.2024

A Fada do Aloia realizará mañá sábado unha ruta solidaria coa Protectora de Animais Aloia de Tui. Sairá mañá ás 12 h e contará cunha duración de hora e media. Está recomendada a partir dos 3 anos. É preciso inscribirse no 619 96 90 90. Falounos da Ruta A Fada do Aloia, e Pepin Solleiro, da Protectora Aloia, explicaba como podemos axudar con comida, podendo realizar tamen aportacions economicas.

Ent. Ángel Sánchez, Eloy Enciso e Diana Toucedo - Segunda edición de Ventura 18.01.2024

Esta semana están en Tui os cineastas nacionais e internacionais participantes na segunda edición de Ventura, un proxecto posto en marcha pola asociación cultural Enfoques, organizadora de Play-Doc. Coñecemos todos os detalles de Ventura, con Ángel Sánchez, Eloy Enciso e Diana Toucedo.

Ent. Antonio Luis e Jose Montes, e Carmen Salinero - IX Mostra da Camelia Cidade de Tui 2024 17.01.2024

Setenta e cinco expositores de Galicia, Asturias e Portugal van participar esta fin de semana na IX Mostra da Camelia Cidade de Tui no Claustro da Catedral de Tui. Falamos da mesma con ntonio Luis e Jose Montes de ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, organizadores do evento, e con Carmen Salinero, presidente da Sociedade Española da Camelia.

Ent. Manuel Ángel González, presidente Remo do Miño - 43ª Regata Miño Internacional 16.01.2024

Este sábado, 20 de xaneiro, a partir das 11 h, celébrase a 43ª Regata Miño Internacional. Unha proba espectacular de remo na que en embarcacións 8 e 4x participarán clubs de Galicia e Portugal. A saída será dende Currás e a liña de meta, tras un percorrido de 6 quilómetros, estará fronte ás gradas da rúa Olímpicos Tudense. Con este evento o Remo do Miño, organizador da proba, comeza a celebrar o s...

Ent. Quique Míguez, padeeiro olímpico - Anuncia a súa retirada da competición profesional 15.01.2024

O nome de Enrique Míguez escríbese en maiúsculas no deporte local pero tamén a nivel nacional e internacional. Medallista olímpico en Los Ángeles 84, conquistou ao longo das últimas catro décadas ducias de medallas a nivel nacional e internacional, anuncia a súa retirada da competición profesional. Hoxe falamos con el no programa Día a Día da súa longa carreira, dos momentos máis doces, e tamén da...

Ent. Ana Belén Casaleiro, concelleira de Medio Ambiente - Campaña ‘Enche o teu monte de vida autóctona’ 12.01.2024

O Concello de Tomiño pon en marcha a terceira edición de ‘Enche o teu monte de vida autóctona’, unha campaña a través da que se entregará planta forestal frondosa e autóctona á veciñanza para contribuír a repoboar as 900 hectáreas das franxas secundarias de xestión da biomasa. Van repartir 1.800 árbores que se sumarán aos máis de 2.600 exemplares como cerdeiras, nogueiras, érbedos, castiñeiros, ca...

Ent. José Solleiro, da Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro - Concurso de Rondallas no IFEVI 12.01.2024

Ao ritmo de "Satisfaction" dos Rolling Stone comezará este domingo, ás 17 h, no IFEVI, a súa actuación a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro. Os máis de cen integrantes desta agrupación realizarán mañá o último ensaio antes do concurso no que participarán 15 rondalla da área metropolitana de Vigo. Falamos desta cita con José Solleiro, un dos integrantes da Rondalla O Mosteiro.

Ent. Agustín Ferreira, presidente de ANABAM - Chegada de pequenas cantidades de pellets á costa do Baixo Miño 11.01.2024

Os primeiros pellets, en cantidades escasas, comezaron a chegar á costa do Baixo Miño. Na praia de Area Grande e no Muíño rexistráronse xa os primeiros microplásticos procedentes do contedor que caeu do Tuconao. Falamos desta situación con Agustín Ferreira, presidente de ANABAM. Deu conta da prospección da costa que están a realizar xunto co concello do Rosal e tamén de consellos para recoller de...

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui - Cabalgata de Reis 2024 05.01.2024

Ás 17 h sairá a Cabalgata Internacional de Reis dende Valença. Debido á incerteza do tempo haberá un cambio no tramo final do percorrido xa que a comitiva real non rematará na Corredoira sino que dende Augusto González Besada xirará cara a rúa Lugo, Ourense e rematará diante do Teatro Municipal, onde os Reis Magos recibirán a nenos e nenas. Así nolo confirmou a concelleira de Cultura de Tui, Sonso...

Rafael Estévez, concelleiro de Deportes - II San Silvestre Solidaria 29.12.2023

A San Silvestre Solidaria de Tui reunirá este domingo a 1.200 persoas. Unha cita deportiva e festiva que está chamada a consolidarse no calendario anual. O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, facía un chamamento a acudir con antelación a recoller o dorsal, e agradecía o labor do @clubatletismotui. Ao remate da carreira haberá chocolate con rosca e tomaranse as uvas coas badaladas das 1...

Ent. Dani Pazos do grupo Kedirán - Concerto pre-fin de ano no Mercado de Nadal 29.12.2023

O grupo Kediran de música tradicional e cancións de autor actuará mañá sábado ás 19 h no Mercado de Nadal na Corredoira na festa pre-fin de ano. Hoxe falamos con Daniel Pazos, un dos membros de Kedirán, do grupo e do concerto que mañá van ofrecer en Tui.

Ent. Ana Seoane, responsable de hemodoazón e aférese de ADOS - Doazón de Sangue en Tui 29.12.2023

Hoxe venres e mañá sábado está en Tui, na rúa Casal Aboy, a unidade móbil de doazón de sangue. Dende ADOS fan un chamamento especial para doazón ante a diminución nas reservas e a necesidade de entre 400 e 500 doazóns diarias nos hospitais. Así nolo contou a doutora Ana Seoane, responsable de hemodoazón e aférese de ADOS.

Ent. Roberto Santos e Ramiro García de La Timba Mullamo - Concerto Pre-fin de Ano no Mercado de Nadal 28.12.2023

La Timba Mullallo actuará este sábado ás 21 h na festa Pre-Fin de Ano no Mercado de Nadal , no Paseo da Corredoira. Hoxe falamos con Roberto Santos e Ramiro García, dous dos integrantes do grupo.

Ent. Manuel Madarnás, trompetista - Concerto de Fin de Ano presentando La MMarca Vol II 28.12.2023

Manuel Madarnás presentará este sábado no Centro Cultural de Guillarei, ás 20 h, o seu disco La MMarca Vol. II. Será no concerto de Fin de Ano que organiza a Banda de Música Popular de Tui.

Ent. Eloy Carrera e Chus Vega - Curso flauta e taller “Queres superar os teus nervios antes dunha actuación” 26.12.2023

A Banda de Música Popular de Tui organiza dúas actividades formativas esta semana para músicos e músicas. A primeira será mañá mércores, xoves e venres cun curso de flauta a cargo de Luís Soto da Filarmonía de Galicia. As prazas están xa completas. Amais o sábado o psicólogo Chus Vega impartirá un taller titulado “Queres superar os teus nervios antes dunha actuación”.

Ent. corais San Telmo, Centro Social e Ponte das Febres e Banda de Música Popular de Tui - Concerto de Nadal 22.12.2023

Hoxe celébrase o tradicional Concerto de Nadal a cargo das corais tudenses San Telmo, do Centro Social e Ponte das Febres da Banda de Música Popular de Tui. Esta no coma novidade incorpórase o coro infantil do CEIP de Pazos de Reis. A cita será ás 20.30 h no Teatro Municipal, As entradas están á venda en tui.gal. Falamos deste evento con Rafael Dopeso e Mila González da Coral Ponte das Febres, Car...

Ent. Eloy Carrera e David González - Concerto de Nadal 22.12.2023

O Centro Cultural de Guillarei acolle mañá sábado 23 de decembro, ás 20 h, o concerto de Nadal da Banda de Música Popular de Tui. Un evento especial porque no mesmo van presentar á Banda Xuvenil de Tui. Do mesmo falamos con Eloy Carrera, director da Banda, e con David González, presidente da agrupación.

Ent. Rubén López, director do CMUS Tui e Manuel Madarnás, trompetista - Concerto Solidario de Nadal 19.12.2023

Mañá mércores, ás 19 h o alumnado do Conservatorio e da Escola de Música de Tui ofrecerán o Concerto Soliario de Nadal no Teatro Municipal. Neste evento o trompetista Manuel Madarnás, exalumno do Conservatorio, presentará algúns temas do seu novo traballo La MMarca Vol II. Falamos deste concerto con Rubén López, director do CMUS Tui e con Manuel Madarnás. A entrada será un quilo de alimentos para...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración pleno novembro 19.12.2023

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completamos hoxe a rolda de conversas cos represenantes dos grupos políticos da corporación municipal para valorar o pleno ordinario do mes de novembro.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.