Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Berta García , investigadora do Grupo Novos Medios - Estudo sobre o coñecemento para reducir a incidencia do radón 09.02.2024 7:47
A catedrática de xornalismo e investigadora do grupo Novos da USC, encabezou unha investigación para coñecer a percepción por parte da poboación española do risco do do gas radón e das medidas para reducir a súa incidencia. Con ela falamos esta mañá en Día a Día.
Ent.Nico Montes, voceiro do PP de Tui - Valoración pleno febreiro 09.02.2024 21:52
Con Nicolás Lorenzo Montes, voceiro do Partido Popular de Tui, continuamos hoxe a rolda de entrevistas para valorar o pleno extraordinario celebradoo pasado día 1 pola corporación municipal de Tui.
Ent. Iago Moure,membro da organización - Entroido de Goián 2024 08.02.2024 12:42
Hoxe coñecemos todos os detalles da programación do Entroido de Goián, con propostas tradicionais e outras innovadoras. Falamos con Iago Moure, membro da nova comisión organizadora do festexo.
Ent. Serafín Martínez de NOKO 360 - VI Trail do Aloia 08.02.2024 8:57
Esta fin de semana celébrase o VI Trail do Aloia. O sábado pola tarde será a carreira para os máis de 200 nenos e nenas de 0 a 14 anos e o domingo dende ás 10 h para os case 600 inscritos nos 10 km e 20 km. Falamos da proba con Serafín Martínez, de Noko 360, organizador do evento.
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG de Tui - Valoración pleno febreiro 08.02.2024 15:33
Continuamos a rolda de conversas valoración do pleno celebrado o pasado 1 de febreiro pola corporación municipal de Tui con Carmen Núñez, voceira do BNG.
Ent. Enrique Sanfiz, secretario EMUGA - Día dos Medios en Galegos 07.02.2024 12:58
Hoxe, 7 de febreiro, celébrase o Día dos Medios en Galegos. Falamos desta data con Enrique Sanfiz, secretario de EMUGA, a Asociación de Emisoras Municipais de Galicia.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura -Programación Teatro e Entroido 07.02.2024 11:28
Hoxe recibimos no programa Día a Día a Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, para falar da celebración do Entroido, co desfile-concurso o martes 13 no que avanzaba participarán 12 comparsas, e o enterro do Bacallau o domingo 18. Tamén repasou a programación que neste mes de febreiro e en marzo ofrece o Teatro Municipal.
Ent. José Manuel Palacín de C21 - Rolda pleno febreiro 06.02.2024 18:09
Con José Manuel Palacín, concelleiro de C21 abrimos a rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación das o pleno extraordinario celebrado o pasado xoves 1 de febreiro.
Ent. José Carpinteira, presidente Cámara de Valença - Protesta agricultores portugueses en Valença 06.02.2024 4:08
Tráfico condicionado na estrada nacional 13, no centro de Municipio De Valença e no acceso á ponte internacional polas acción de protesta dos agricultores portugueses que están a realizar unha marcha lenta. Así o confirmou o presidente da Cámara de Valença, Jose Carpinteira.
Ent. Rocío Vidal, La Gata de Schrödinger - IX Semana da Educación de Tomiño 05.02.2024 11:29
Rocío Vidal, La Gata de Schrödinger, xornalista, publicista e divulgadora científica, participará este mércores, ás 19 h no auditorio de Goián, na IX Semana da Educación de Tomiño. Falará de ‘A importancia de educar no pensamento crítico dende a infancia’.
Ent. Manuel Arca, inspector xefe Policía Local Tui - Tráfico Obras Avenida de Portugal 05.02.2024 2:58
Comezaron xa as obras na Avenida de Portugal, polo que o acceso cara ao centro urbano e dende o centro urbano débese realizar pola autovía. Así o explicaba o inspector xefe da Policía Local, Manuel Arca, a primeira hora desta mañá.
Ent. Iván Carral, de ACITUI, José Montes e Pilar Álvarez de Sos Tomiño Baixo Miño - Campaña solidaria San Valentín 02.02.2024 14:22
Recaudar alimentos para SOS Tomiño Baixo Miño é o obxectivo da Campaña Solidaria de San Valentín que pon en marcha ACITUI coa colaboración do comercio local estea asociado ou non. Todas as persoas que entreguen un quilo de alimentos nos comercios participantes na campaña até o martes 13 recibirán unha rifa para entrar no sorteo de ceas de San Valentín. Todas as persoas interesadas poden continuar...
Ent. Cándido Pazó, director - Entrega en man de Contraproducións 02.02.2024 6:25
Cándido Pazó dirixe "Entrega en man" a comedia que Contraproducións representa hoxe ás 21 h no Teatro Municipal de Tui. Falounos da historia que se conta e dos temas que trata de fondo, do elenco e do autor Martín McDonagh.
Ent. Ángel Gutiérrez, escritor - Presentación do seu primeiro libro "Destino en común" 02.02.2024 12:48
Mañá sábado, 3 de febreiro, ás 12 h na Sala Félix Rodríguez, terá lugar a presentación de "Destino en común" a primeira novela do tudense Ángel Gutiérrez. Esta mañá falamos con el da súa paixón pola lectura dende neno e coma decidiu dar o paso e escribir esta novela negra coa que se estrea coma escritor.
Ent. alumnado intercambio de instituto de Calais co IES Indalecio Pérez Tizón 2024 02.02.2024 5:09
Esta mañá visitáronnos alumnos e alumnas dun instituto de Calais en Francia que leva unha semana en Tui dentro do intercambio que anualmente realizan co IES Indalecio Pérez Tizón. O alumnado tudense viaxará a Fancia en maio. Con eles compartimos uns minutos no programa Día a Día.
Ent. Javier Jurado - IX Semana da Educación de Tomiño 01.02.2024 12:57
"Educar na globalidade" é o título da conferencia que o próximo martes, 5 de febreiro, ás 19 h ofrecerá no Auditorio de Goián Javier Jurado, catedrático de Historia da Música, dentro da IX Semana da Educación que organiza o Concello de Tomiño. O musicólogo afondará nas achegas da música para a formación integral do alumnado. Con el falamos en Día a Día.
Ent. Mamen Jiménez, La Psicomami - IX Semana da Educación de Tomiño 01.02.2024 9:45
Mamen Jiménez, La Psicomami, pechará a IX Semana da Educación de Tomiño. Será o xoves8 ás 19 h no Auditorio de Goián coa charla ‘E de onde veñen os bebés? A educación afectivo-sexual na casa, sen medos... e ata con risas’. Con ela falamos tamén desta conferencia.
Ent. Cesar Bona - Semana da Educación de Tomiño 30.01.2024 12:31
Cesar Bona abrirá o próximo luns a IX Semana da Educación. Ás 19 h no Auditorio de Goián falara de "Humanizar a Educación". Con el compartimos esta mañá uns minutos no programa Día a Día.
Ent. Conchi Martínez Aguilera da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui - Manifestación en Santiago 30.01.2024 14:26
Este domingo ás 12 h sairá dende a Alameda de Santiago unha manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. Conchi Martínez Aguilera, da plataforma tudenses, explicou os motivos, que reivindican e tamén que dende a comarca sairán autobuses cara Compostela. É preciso reservar praza até este xoves no 607 785 601.
Sección Nutricionista |Luns, 29 de xaneiro de 2024 29.01.2024 13:37
Hoxe con María López, nutricionista no Centro de Saúde de Tui, falamos de alimentación e hábitos saudables despois do Nadal. Con ela con carácter mensual abrimos en Día a Día unha nova sección.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Aprobación do Plan de Dinamización da Área Rexurbe, turismo, obras... 26.01.2024 18:16
De excelente noticia cualificaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a aprobación onte no Consello da Xunta do Plan de Dinamización da Área Rexurbe redactado polo Concello de Tui. Deu conta tamén da súa presenza en FITUR e dos desafío que o turismo presenta na cidade. Referiuse amais a outras cuestións coma as obras da Avenida de Portugal e ao aparcamento soterrado.
Ent. Inma López, chef de Beldade - Posto 16º no Top 100 de Forks 25.01.2024 5:37
O Restaurante Beldade, ubicado no Remesal en Tui, sitúase no 16º posto do TOP 100 de Forks, sendo o primeiro establecemento galego. A súa chef, Inma López, amosaba hoxe a súa satisfacción por este feito que se suma ao recoñecemento obtido anteriormente ao ser recomendado pola Guía Michelín. Con ela falamos en Día a Día.
Ent. O coronel Miguel Cortés Calvo, subdelegado de Defensa en Pontevedra - Exposición Cartografía da Raia 25.01.2024 14:50
Da man do coronel Miguel Cortés Calvo, subdelegado de Defensa en Pontevedra, hoxe no programa Día a Día realizamos unha visita guiada radiofónica á exposición "Cartografía da Raia" que se pode visitar na Sala Municipal no edificio Francisco Sánchez en Tui.
Ent. Dr. Miguel Quevedo Bisonni - Premio ao Mellor Artigo Inédito do Ano 25.01.2024 7:19
O dr. Miguel Quevedo Bisonni recibiu o Premio ao Mellor Artigo Inédito do Ano outorgado pola Fundación Dental Española. No programa Día a Día falounos do artigo titulado “Utilización de la tecnología Tooth Transformer y los dientes incluidos del paciente como material de injerto en un tratamiento multidisciplinar” , explicándonos en que consiste esta técnica e a súa aplicación.
Ent. Alejandro Gómez Paz - Proxecto Parantar na Antártida 25.01.2024 8:47
O investigador salcedense Alejandro Gómez Paz está arestora nas illas Shetlands do Sur na Antártida investigando a evolución dos glaciares ao longo dos últimos miles de anos no proxecto Parantar. En concreto empresa novas tecnoloxías para coñecer a evolución da capa de xeo e as súas consecuencias. No programa Día a Día falamos con el desta primeira experiencia antártica.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.