Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade - Actos 8M 2024 07.03.2024 19:18
“Contra o negacionismo máis feminismo” é o lema da programación organizada polo Concello de Tui con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. Da mesma falamos hoxe coa concelleira de Igualdade, Ana Núñez, quen en primeiro lugar se refería ao lema deste 2024, e repasaba despois os actos previstos.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade, e Mar López de MyR Lanas - Obradoiro Tecendo feminismo 01.03.2024 9:25
Mañá a partir das 10.30 h terá lugar no edificio da praza da Inmaculada o obradoiro "Tecendo Feminismo" no que se elaborará un lazo morado en crochet. Desta actividade, para a que non é preciso inscrición previa nin levar material, faláronnos hoxe Ana Núñez, concelleira de Igualdade, e Mar López de MyR Lanas.
Ent. Paula Romero da Gramola Gomilona - Concerto en Tui 01.03.2024 8:09
Unha festa na que van interpretar os éxitos que máis gustan ao seu público. Así vai ser o concerto que hoxe ás 19 h vai ofrecer no Teatro Municipal de Tui A Gramola Gominola. Así nolo contou hoxe Paula Romero, unha das integrantes da banda. As entradas están á venda en tui.gal
Ent. Jesús Vaz, xerente de COPLEGAL - Recubrimentos de Fachadas 01.03.2024 16:24
Esta mañá no programa Día a Día falamos con Jesús Vaz, xerente de COPLEGAL, dos recubrimentos de fachadas. A normativa actual, as características, ... A diario, dende o incendio da semana nun edificio en Valencia, recibe numerosas consultas sobre esta cuestión.
Ent. Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA- Presentación proxecto ‘Innov4life’ 01.03.2024 7:56
Esta semana falamos con Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA, da presentación do proxecto ‘Innov4life’, o novo programa no que Galicia e Portugal colaborarán na procura de novas solucións dixitais para abordar as demencias e a dexeneración cognitiva.
Ent. Eva Martínez da Asociación Síndrome de Deleción 1p36 | Día Mundial das Enfermidades Raras 29.02.2024 9:21
Hoxe, 29 de febreiro, conmemórase o Día Mundial das Enfermidades Raras. Por este motivo hoxe falamos con Eva Martínez, da Asociación Síndrome de Deleción 1p36 e nai de Marta que ten esta doenza cualificada coma rara. Destacaba a importancia do asociacionismo, os avances científicos e lanzaba unha mensaxe ás familias.
Ent. Francisco Díaz Fierro do CCG -Conferencia nas Xornadas Francisco Sánchez 29.02.2024 11:26
Franciso Díaz Fierro, membro do Consello da Cultura Galega, participará hoxe nas Xornadas Rosendo Salvado en Tui. Ás 20 h na Sala Félix Rodríguez impartirá a conferencia "Ciencia, técnica e cultura na obra de Frei Rosendo Salvado” . Con el falamos no programa Día a Día.
Ent. Héctor Cajaravillo, escritor - Xornadas Rosendo Salvado 28.02.2024 10:28
O escritor Héctor Cajaraville, autor de "Nova Nursia" intervirá hoxe mércores ás 20 h na Sala Félix Rodríguez na mesa redonda "Rosendo Salvado nos libros" coa que se abren as Xornadas Rosendo Salvado deste ano. Intervirá tamén Albino Prado autor de "O Pais dos Sen Alma. Rosendo Salvado en Australia”. Hoxe en Día a Día falamos con Héctor Cajaraville.
Ent. Jesús González - Campión do Mundo de Remoergómetro 27.02.2024 7:23
Por quinta ocasión o tudense Jesús González, proclamouse na fin de semana Campión do Mundo de Remoergómetro na categoría de 45 a 49 anos. Esta mañá falamos con el no programa Día a Día onde daba conta de como foi a competición e tamén dos próximos retos deportivos.
Ent. Adri Vila - Gañador do Campionato Internacional de Baristas de Foz 27.02.2024 7:03
O tudense Adri Vila, do Pancho 3.0, foi o gañador do Campionato Internacional de Baristas celebrado o pasado venres en Foz. Hoxe falamos con el desta experiencia que cualifica de incríble, e na que obtivo a máxima puntuación da historia do certame.
Sección Educación | Martes, 27 de febreiro de 2024 27.02.2024 14:15
Que debemos de ter en conta á hora de elixir un centro educativo? A esta pregunta respondimos hoxe no tempo de Educación con Teresa Domínguez no programa Día a Día.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Publicada no DOG a aprobación do Plan de Dinamización da Área Rexurbe de Tui 26.02.2024 7:45
O DOG publica hoxe a aprobación polo Consello da Xunta do Plan de Dinamización da Área Rexurbe de Tui. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro explicaba que ten un orzamento de 23 millóns de euros e un prazo de execución de 4 anos. Agora o seguinte paso será a creación da Oficina da Área Rexurbe.
Ent. Rafael Estévez, concelleiro, e Gustavo Rodríguez - Volta Ciclista O Gran Camiño 23.02.2024 16:29
Este domingo a Volta Cicilista O Gran Camiño rematará no cumio do Monte Aloia tras pasar até en dúas ocasións polo centro urbano. Hoxe falamos desta proba deportiva que reúne aos mellores cicilistas a nivel mundial co concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e co exciclista profesional, Gustavo Rodríguez.
Ent. Adri Vila de Pancho 3.0 | Participación no Baristas Foz 22.02.2024 14:38
O tudense Adri Vila do Pancho 3.0 participa esta fin de semana no Baristas Foz. Con el falamos esta mañá no programa Día a Día.
Ent. Carina Mota e Paulo Silva, pais de Mara e Felipe Sánchez de Micalips - 1 Gala para Mara 21.02.2024 11:11
Este sábado ás 22 h ES terá lugar no Centro Goianés en Tomiño a "1 Gala para Mara" na que actuarán os grupos Micalips e The Hurt Fingers para recadar fondos para o tratamento que Mara, que sofre unha enfermidade rara, precisa. Hoxe estiveron no programa Día a Día os seus pais Carina Mota e Paulo Silva, xunto a Felipe Sánchez de Micalips.
Ent. Naldo Costas - Recoñecemento The Qhair 21.02.2024 12:20
Naldo Costas foi recoñecido hai uns días co premio The Qhair que recoñece a excelencia dos salóns de perruquería e proporciona un entorno para facer fronte aos retos do futuro. O propio Naldo Costas amosaba a súa satisfacción por este recoñecemento e explicaba en que consiste.
Ent. Laureano Alonso, profesor latín e grego do IES San Paio - Tui sede do Festival de Teatro grecolatino 19.02.2024 10:18
Tui volve a ser este ano unha das tres sedes do Festival de Teatro Grecolatino organizado pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos. 500 alumnos e alumnas de 22 centros educativos asistirán no Teatro Municipal mañá martes ás dúas funcións previstas ás 12 e ás 17 h. Falamos desta iniciativa con Laureano Alonso, profesor de latín e grego no IES San Paio e con Teresa Amado, coordi...
Ent. Teresa Lillo, neuropsicóloga - Taller Mente activa e autocoidado no Liceo Casino 16.02.2024 8:05
O Liceo Casino vai acoller o taller "Mente activa e autocoidado" que van impartir en colaboración con Psicologuiños. Hoxe Teresa Lillo, neuropsicóloga, explicaba cales son os obxectivos, a quen vai dirixida e en que vai consistir este taller.
Ent. Moisés Rodríguez, candidato tudense do PP - Eleccións Autonómicas 16.02.2024 9:08
O tudense Moisés Rodríguez ocupa o posto número 16 na lista por Pontevedra do PP nas eleccións autonómicas que se celebran este domingo, 18 de febreiro. Con el falamos esta mañá no programa Día a Día.
Ent. Carme Núñez, candidata tudense do BNG - Eleccións autonómicas 18F 16.02.2024 13:15
No programa Día a Día hoxe entrevistamos a tudense Carme Núñez, que ocupa o posto nº13 na lista do BNG pola provincia de Pontevedra nas eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebran este domingo.
Ent. Roi Borrallas con Solo no Teatro Municipal de Tui 15.02.2024 6:06
Na fronteira entre o escenario e a vida real ten lugar "Solo" o espectáculo que Roi Borrallas presenta mañá ás 19 h no Teatro Municipal de Tui. Dirixido a todos os público o propio Roi Borrallas nos explicaba coma é espectáculo polo que recibiu o Premio Feten 2023 á Mellor Interpretación Masculina e o Premio Zirkólina 2022 ao mellor Espectáculo de Pallasos/as. As entradas están á venda en tui.gal
Ent. Uxía Romero | Exposición "Natural Artificial" 15.02.2024 6:25
Hoxe xoves ás 19.30 h inaugúrase na Sala de Exposicións Municipal "Natural Artificial" a primeira mostra da tudense Uxía Romero. Tal e coma hoxe explicaba no programa Día a Día na mesma presenta obras que realizou mentres estudaba Belas Artes. Esta será a primeira vez que amosa ao público os seus traballos en pintura, debuxo e fotografía.
Ent. Iván Carral, presidente de ACITUI - San Valentín Solidario 15.02.2024 4:10
ACITUI e e o comercio local puxo en marcha unha campaña de San Valentín Solidario, na que os clientes dos establecementos tudenses poden aportar un quilo de alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño - Baixo Miño, e entrar no sorteo de ceas. Iván Carral, o presidente de ACITUI, así o explicaba, dando conta que aínda que o sorteo o van facer na fin de semana e recollida de alimentos a prolonga até...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración pleno febreiro 14.02.2024 25:10
Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completamos hoxe a rolda de entrevistas para valorar o pleno celebración pola corporación municipal de Tui o pasado 1 de febreiro.
Ent. Enrique Cabaleiro e José Manuel Carpinteira - 12º aniversario da Eurocidade Tui-Valença 09.02.2024 9:27
A Eurocidade Tui-Valença cumpre mañá 12 anos. Hoxe falamos deste aniversario co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e co presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira. Mañá ás 21 h no Teatro Municipal celebrase un concerto con motivo deste aniversario.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.