Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Isabel Blanco, actriz | Pregoeira das Festas de San Telmo 27.03.2024

A actriz Isabel Blanco será a responsable este sábado, ás 12.45 h, de dar lectura ao pregón das festas de San Telmo 2024, na praza da Inmaculada ou no caso de choiva na carpa da Corredoira. Con ela falamos esta mañá no programa Día a Día.

Ent. Jorge Gonçalves Murta e Jose Carlos Cardoso da Irmandade do Doce Nome de Xesús - Semana Santa 2024 27.03.2024

A visita aos monumentos mañá pola tarde é un dos actos destacados da Semana Santa en Tui xunto á procesión do Encontro e a do Santo Enterro. Nos monumentos destaca o Horto das Oliveiras na Capela da Misericordia que este ano e poderá visitar até despois de San Telmo. Así nolo contaron hoxe Jorge Gonçalves Murta e Jose Carlos Cardoso da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia....

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Inicio Festas San Telmo 27.03.2024

Todo listo en Tui para o inicio das festas de San Telmo este sábado 30 de marzo. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, convidaba hoxe a gozar de todo o programa festivo. Lembraba que tanto na Corredoira coma no Espazo Feira hai carpas para a celebración dos eventos, se o tempo non acompaña.

Ent. Manuel Madarnas, músico - Concerto domingo 31 nas festas de San Telmo 26.03.2024

O músico tudense Manuel Madarnás ofrecerá un concerto este domingo 31 ás no Espazo Feiral, presentando o seu novo disco La MMarca 2. Previamente o xoves ás 22 h actuará na Sala Sinatra de Vigo presentando o seu novo álbume do que leva case 20 concertos dende decembro. Estará acompañado de 20 músicos e de 4 artistas convidados, os músicos de Micalip's, a cantante Agustina Guzman, e o clarinetista J...

Etn. Clara, Javi e Pablo de Ola de Calor - Presentación de "Chica de provincias" 26.03.2024

O grupo tudense "Ola de Calor", formado por Clara, Javi, Pablo e Bruno, vén de gravar "Chica de provincias" o seu primeiro tema que gravaron con Jorge Pimentel. O grupo naceu no verán de 2022 e hoxe viñeron presentarnos esta composición.

Ent. Gface - Presentación do seu novo tema Siete Vidas 25.03.2024

No programa Día a Día hoxe recibimos a visita de Gface para presentarnos o seu novo tema "Siete Vidas", que tamén interpretou en directo no programa. Con el a falamos do momento actual da súa carreira musical e do seu labor tamén coma compositor.

Ent. Uriel Perles - Curso de Urban Sketching 25.03.2024

Uriel Perles imparte esta semana no Centro Sociocomuntario de Tui un curso Urban Sketching. Con el coñecemos máis desta técnica de debuxo e tamén todos os detalles do curso.

Ent. Dolores Balseiro da Asociaci'ón Amigos da Catedral de Tui - Premio Cidade de Tui 2024 25.03.2024

Este sábado, 30 de marzo, ás 19 h na Gala que se vai celebrar no Teatro Municipal a Asociación Amigos da Catedral vai recibir o Premio Cidade de Tui na categoría de colectivo. Hoxe falamos deste recoñecemento con Dolores Balseiro quen transmitiu a sorpresa e agradecemento da Asociación que preside o seu marido, Eduardo Cadenas dende hai 30 anos. Ela sempre estivo aí e lembraba o impulso inicial de...

Ent. Bruno Fernandes, directivo do Basket Valença - VIII Torneo de Basket da Eurocidade Tui-Valença 22.03.2024

O 8º Torneo de minibasket da Eurocidade Tui-Valença celebrarase dende sábado 23 ao luns 25 no pavillón municipal de Valença. Participarán 36 equipos de España e Portugal. Así nolo contou Bruno Fernandes, monitor de baloncesto e directivo do Basket Valença.

Ent. Susana Esteban, enóloga - Premio Cidade de Tui 2024 22.03.2024

A enóloga tudense Susana Esteban recibirá o próximo sábado, 30 de marzo, no Teatro Municipal, o Premio Cidade de Tui 2024 na categoría individual. Tras coñecerse a concesión deste recoñecemento hoxe falamos con ela no programa Día a Día.

Ent. Rafael Estévez e Ricardo Angueira - Curso gratuíto de Marcha Nórdica 20.03.2024

O próximo mércores, 3 de abril, ás 20.15 h haberá unha charla informativa, na aula da UNED, sobre o curso gratuíto de Marcha Nórdica que organiza o Concello de Tui. Explicáronnos que é a Marcha Nórdica e os detalles do Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, e Ricardo Angueira, monitor de marcha nórdica.

Ent. Lydia directora CEIP Guillarei - VI Carreira Solidaria 20.03.2024

Mañá xoves, ás 11 h celébrase no torreiro de Guillarei a VI Carreira Solidaria do CEIP de Guillarei. Este ano é a favor da asociación Frangil e de SOS Tomiño Baixo Miño, tal e coma explicaba a directora do centro Lydia Arnoso. Coa carreira queren visibilizar o papel destas dúas asociacións. As persoas que desexen colaborar poden aportar alimentos non perecedoiros.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde, e Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - Festas de San Telmo 2024 19.03.2024

Do 30 de marzo ao 8 de abril vanse celebrar en Tui as Festas de San Telmo. Enrique Cabaleiro, alcalde, e Sonsoles Vicente, concelleira Cultura deron conta hoxe do programa festivo que imos poder disfrutar na cidade. Tamén avanzaron os Premios Cidade de Tui deste 2024.

Ent. Roi López, Breixo Martínez, Iker González e Telmo Pazo do CEIP nº1 - Carreira Solidaria e Reforestación poética 15.03.2024

O CEIP nº1 de Tui vai celebrar o martes 19 a terceira carreira solidaria, nesta ocasión a favor da asociación do Cáncer de Páncreas. O xoves, coincidindo co Día Mundial da Poesía e os Bosques, farán unha reforestación poética no monte de Areas. Hoxe déronnos todos os detalles Roi López, Breixo Martínez, Iker González e Telmo Pazo, alumnos do CEIP nº1.

Ent. Xosé Mª Lores - Pregoeiro da Semana Santa de Tui 2024 15.03.2024

Xosé Mª Lores, profesor xubilado do IES San Paio, será o encargado este domingo, ás 18 h na capela das Reliquias da Catedral, da lectura do Pregón da Semana Santa. Hoxe amosouse satisfeito e abraiado por ter sido elixido e destacaba o gran arraigo e historia da Semana Santa en Tui.

Ent. Alfonso Ferreira de Iacobus - Estudo sobre os peregrinos ao seu paso por Tui 14.03.2024

Alfonso Ferreira de Iacobus está a realizar un estudo sobre a situación do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui. Comezou no mes de febreiro, mes no que segundo os datos que obtivo pasaron por Tui 871 peregrinos. Hoxe falounos dos motivos do estudo e dos datos que están a recoller tanto en canto a procedencia, a gasto diario, Camiño que realizan,...

Ent. Eduardo Fernández da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas - XI Eurocidade BTT 14.03.2024

Case mil participantes de Galicia, Asturias e Portugal van participar este domingo na XI Eurocidade BTT que organiza a Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas. Hoxe Eduardo Fernández, falounos do percorrido, da proba, dos mellores lugares para o público, nun evento que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença.

Ent. Carlos Blanco e Pablo Novoa | Representación de "Síbaris" no Teatro Municipal de Tui 14.03.2024

Carlos Blanco e Pablo Novoa, estarán mañá no Teatro Municipal xunto a Belén Constenla, Oswaldo Digón para pór en escena “Síbaris” a obra teatral escrita por Domingo Villar. Hoxe falamos con ela desta obra que ten para ambos un cariz moi especial.

Ent. Fernando Saco - Presentación do libro “As matemáticas máis sorprendentes” 14.03.2024

“As matemáticas máis sorprendentes” é o título do libro de Fernando Saco Pérez, editado por Xerais, que mañá ás 19 h se vai presentar na Sala de Exposicións no edificio Francisco Sánchez. Canda ao autor estará o director de Xerais Fran Alonso. Con Fernando Saco falamos hoxe da súa obra.

Ent. Marta Quintana, Andrea Martínez, Carlos Mouriño e Isabel Ojea - Matrícula no CRA Mestra Clara Torres 13.03.2024

Até o 20 de marzo está aberto o prazo de matrícula nos centros educativos de Galicia, entre eles o CRA Mestra Clara Torres. Falamos a oferta deste colexio rural agrupado coa súa directora Marta Quintana. Tamén nos contaron a súa experiencia no centro Isabel Ojea que está a realizar práctivas no centro dentro do proxecto “Generación docentes” da Fundación Princesa de Girona, Carlos Mouriño, PT no C...

Ent. Maite Isla, Julio Solleiro, Antonio Rocha e Antonio López - Programa Vacacións en Paz 13.03.2024

O Programa Vacacións en Paz permite cada ano que nenos e nenas saharauís poidan pasar os meses de verán en Galicia. Neste mes de marzo está aberto o prazo para que as familias que desexen acoller un destes cativos se sumen ao programa. Así nolo contaron Maite Isla, presidenta da Asociación de Amigos do Pobo Saharauí de Galicia, xunto a Julio Solleiro que xa nos últimos acolleu ao neno saharauí, e...

Ent. Víctor Abundancia, deseñador gráfico, músico... - Cartel das Festas de San Telmo 2024 13.03.2024

Víctor Abundancia é o autor do cartel anunciador das festas de San Telmo 2024. Con el falamos deste encargo que recibiu do Concello de Tui, de que representa no cartel ou da técnica empregada.

Ent. Conchi Martínez, voceira da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui - Asemblea este sábado 13.03.2024

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui celebra asemblea este sábado, 16 de marzo, ás 11.30 h na Sala Félix Rodríguez. A súa voceira, Conchi Martínez, deunos conta do obxectivo da mesma e de como está a situación na actualidade en Tui

Ent. Agustín Ferreira, presidente de ANABAM - Campaña de protección dos niños de andoriña 07.03.2024

Neste mes de marzo agárdase que cheguen ao Baixo Miño as andoriñas. Un ano máis ANABAM leva a cabo unha campaña de protección dos niños de andoriñas. Hoxe falamos con Agustín Ferreira, presidente de ANABAM, desta iniciativa na que colaboran os concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda.

Ent. Grupo de integración Ardelume - Presentación da "Xota do Monte Trega" 07.03.2024

Con motivo da presentación da "Xota do Monte" o luns visitounos grupo de integración Ardelume de Baíña, de Baiona. Estiveron connosco, Pili Rodríguez, presidenta a asociación e directora do grupo, Raquel Castro, autora da peza, José Luís Malvar, gaita, Pepe, tambor, bombo e piano, Michael, tambor, e David, pandeireta.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.