Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Helena Pousa, Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña|Día da República 12.04.2024

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña organiza unha serie de actos con motivo do Día da República. Comezan mañá ás 12 h ES no cemiterio de Moreiras en Monçao onde está soterra a galega Amparo Alvajar. O domingo realizarán un “xantar republicano” no Copo sen Fundo de Goián. E o 26 en Tui, e o 30 na Guarda, unha charla Guillermo Vicente de Santiago, o...

Ent. Julio Martín da Asociación de Autocaravanas de Galicia | Inauguración de área de autocaravanas en Tomiño 12.04.2024

Tomiño inaugura mañá ás 11.30 h a area de autocaravanas do Seixo. Julio Martín, vicepresidente da Asociación de Autocaravanas de Galicia valoraba positivamente esta nova, que se suma ás case 200 áreas destes tipo que hai en Galicia, sendo unha das comunidades de España con máis infraestruturas deste tipo.

Ent. Manuel Vazquez La Cruz de Levada Libre - Acto Volta da Moura 12.04.2024

Mañá sábado ás 18 h na Volta da Moura terá lugar o acto organizado por Levada Libre na honra a todas as persoas asasinados polo fascismo no mundo. Será presentado por Manuel Vázquez de la Cruz e Raúl Francés. haberá distinats intervencións, música e baile coma hoxe nos explicaba Manuel Vázquez de la Cruz.

Ent. Juan Manuel González, Protección Civil de Tui - Charlas sobre primeiros auxilios 11.04.2024

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui está a impartir charlas sobre primeiros auxilios nos centros educativos de Tui. Estiveron xa no CEIP nº2 e estes días están en Rebordáns, e outros centros amosaron xa o seu interese. Contóunolo Juan Manuel González, presidente de Protección Civil de Tui.

Ent. Tomás de Dios e Xacobe Morais | Adestramentos con A Quinta de Tui FS 11.04.2024

Tomás de Dios, toda unha referencia do fútbol sala a nivel nacional, está a compartir estes días adestramentos con A Quinta de Tui F.S. Tamén onte ofreceu unha charla técnica na que amais dos adestradores de A Quinta, participaron tamén os doutros equipos. Hoxe estivo no programa Día a Día xunto a Xacobe Morais.

Ent. Laura Llauder | XIV Encontro Interuniversitario de Expresión corporal e danza en Tui 11.04.2024

Máis de 60 persoas van participar esta fin de semana na Abadía do Pelouro no XIV Encontro Interuniversitario de Expresión corporal e danza, que se reaizará por primeira vez en Galicia. Así nolo explicou Laura Llauder. O público en xera poderá disfrutar de dous espectáculos con entrada de balde. O sábado ás 19 h na propia Abadía do Pelouro en Caldelas, e o domingo ás 11.30 h na praza de San Fernand...

Ent. Pepe Coira, guionista, produtor e editor da obra - Presentación do libro de Daniel Domínguez 11.04.2024

“Las costuras del guión: textos de cine y vida” é o título do libro de Daniel Domínguez que se vai presentar mañá venres ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións de Tui. Do mesmo falamos con Pepe Coira, produtor, guionista, e editor desta obra.

Ent. Berto Otero de Lugove - Axustes nos horarios das liñas 11.04.2024

A partir de mañá a empresa Lugove realizará modificacións puntuais no servizo na comarca do Baixo Miño co obxectivo de adecuar os horarios ao cambio da estación de autobuses de Vialia. Así o explicaba Berto Otero da empresa Lugove, quen indicaba que tamén se tenta mellorar a información aos viaxeiros.

Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui | Campamento de Verán Igual É + 10.04.2024

O próximo 29 de abril abre o prazo de solicitude de praza no Campamento de Verán Igual É + do Concello de Tui. O concelleiro de Deporte, Rafael Estévez, deunos todos os detalles. Ofertan 4 quendas nos meses de xullo e agosto con 140 prazas por quenda.

Ent. Jose Manuel Palacin de C21 - Rolda pleno abril 09.04.2024

Con José Manuel Palacín de C21 comezamos a rolda de conversas para valorar o pleno ordinario celebrado o pasado 1 de abril pola corporación municipal de Tui.

Ent. Marcos González de Hípica Marcos - Concentración Cabalar de San Telmo 05.04.2024

Durante tres días, mañá sábado, o domingo e o luns, vaise celebrar a Concentración Cabalar de San Telmo este ano. Mañá haberá concurso de saltos, e sábado e domingo un amplo programa con exhibicións, poniclub, concursos e premios. Amais contarase coa espectáculo de Daniel da Fonseca. Así nolo contou Marcos González de Hípica Marcos.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Festas de San Telmo 2024 05.04.2024

Chegan os días grandes das Festas de San Telmo. Hoxe en Día a Día a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, convidaba a disfrutar na fin de semana do amplo programa de festas.

Ent. Andrés Acevedo de Acevedos Delgados - Concerto nas Festas de San Telmo 05.04.2024

Hoxe na carpa da Corredoira terán lugar os concertos de Acevedos Delgados e Pacheco Bros. Ás 21 h o grupo Acevedos Delgados, de Goián, interpretará versións de cancións populares e os seus propios temas con toques de pop, blues e rock. O grupo está formado por Andrés Acevedo e Davinia Delgado xunto a Manu Ares.

Ent. Sofía Durán directora do grupo de Teatro A Insua de Caldelas- XIV Semana de tea 05.04.2024

Ás 21 h rematará a XIV Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui co grupo de teatro A Insua da Asociación Cultural A Insua de Caldelas con “Os montesecos e os capulletos”. Falamos con Sofía González Durán, a autora e directora desta comedia. Entradas a 2€ en tui.gal até ás 18 h e dende ás 20 h no despacho de bileltes.

Ent. Benito Álvarez de Adega Pateira | III Encontro de Viños da Raia 05.04.2024

Este sábado e domingo celébrase no interior do edificio da praza da Inmaculada celébrase o III Encontro de Viños da Raia. Adega Pateira do Rosal, será unha das que estea presente. Hoxe falamos con Benito Álvarez.

Ent. Juana Dávila e Concepción Costa do grupo Os que Somos | XIV Semana de Teatro Amador 04.04.2024

Hoxe ás 21 h no Teatro Municipal o grupo de teatro Os que Somos do Centro Cultural San Fins de Rebordáns estrea “A Familia”. A obra está escrita e dirixida por Laura Villaverde . Juana Dávila e Concepción Costa son dúas das actrices que estarán en escena. Hoxe presentáronnos a obra no Día a Día.

Ent. Pilar Pazo, secretaria da Asociación do Traxe Tradicional | Desfile Exhaltación do traxe tradicional 03.04.2024

O domingo, dentro da programación das festas, a Asociación do Traxe Tradicional de Tui organiza o desfile exaltación do traxe que sairá ás 12.30 h da Glorieta de Vigo. Deunos todos os detalles Pilar Pazo, secretaria da asociación organizadora, explicando que terá carácter solidario coas voluntarias de San Vicente de Paúl, polo que recollerán alimentos non perecedoiros.

Ent. Secundino Domínguez e Román Bugarín do grupo de teatro Aloia | XIV Semana de Teatro Amador 03.04.2024

O grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis estreará ás 21 h no Teatro Municipal "Pola sombra dun burro” dentro da XIV Semana de Teatro Amador. Trece actores estarán en escena baixo a dirección de Begoña Brass. Falamos da obra con Secundino Domínguez e Román Bugarín, dous dos actores.

Ent. Montse Mon e Begoña Cambra de Un Máis | Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo 02.04.2024

Hoxe, 2 de abril, Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, falamos en Día a Día con Montse Mon, presidenta e Begoña Cambra, vicepresidenta, de Un Máis.

Ent. Areta Bolado, directora de Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe | XIV Semana de Teatro Amador 02.04.2024

Cunha adaptación do clásico "Don Juan" realizada por un dos integrantes o grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntanza, de Randufe subirá hoxe ao escenario do Teatro Municipal de Tui ás 21 h. Será na segunda xornada da XIV Semana de Teatro Amador. Hoxe falamos con Areta Bolado, directora da obra que levan a escena 9 actores e actrices afecionados.

Ent. Rafael Estévez, Marcos González e Paula López - Concentración Cabalar de San Telmo 02.04.2024

A Concentración Cabalar de San Telmo conta cunha tradición secular e é unha das máis importantes de Galicia. Este ano serán tres días, sábado 6, domingo 7 e luns 8, con diversas actividades. Coñecemos o programa completo con Rafael Estévez, concelleiro de Deporte, Marcos González, de Hípica Marcos, e Paula López de Equigalia.

Ent. CAI do Espazo Xove - Estrea de Efecto Rabaño na XIV Semana de Teatro Amador 01.04.2024

A CAI do Espazo Xove será hoxe a encargada de abrir a XIV Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal. Ás 20 h levarán a escena "Efecto Rabaño" unha obra escrita por eles mesmo e dirixida por Laura Villaverde. Lucía Piñeiro, Eva Afonso, Celia Bugarín, Candela García, Eugenia Seoane, Ilán Munro estiveron hoxe no programa Día a Día. As entras están á venda en tui.gal, e tamén antes da función no des...

Ent. José Martínez Tato de Andatui - Andaina de San Telmo 01.04.2024

Este domingo, 7 de abril, ás 10 h sairá da praza da Inmaculada a Andaina de San Telmo. Realizará un percorrido sinxelo, de 9 quilómetros, polo centro urbano coma hoxe explicaba José Martínez Tato do club Andatui. A inscrición está aberta até este xoves en andatui.es.

Ent. Laura Solla do Club Atletismo Tui - Carreira Popular de San Telmo 01.04.2024

Este mércores ás 22 h pecha a inscrición para a Carreira Popular de San Telmo, en https://clubatletismotui.wordpress.com/. Esta proba deportiva, que terá carácter solidario con SOS Tomiño-Baixo Miño, celebrarase este sábado pola mañá. Falamos da mesma con Laura Solla do Club Atlestismo Tui.

Ent. María Soa de Fillas de Cassandra - Concerto o sábado nas festas de San Telmo 27.03.2024

Nas Festas de San Telmo este sábado ás 00 h no Espazo Feiral actuará Fillas de Cassandra presentando o seu novo espectáculo "As últimas Dionisíacas". Hoxe falamos con María Soa do concerto e da súa carreira musical.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.