Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Sara Quintana e Xosé Tomas - Libro ‘Entre viñas e viños no val do Rosal’ 30.04.2024

‘Entre viñas e viños no val do Rosal’ é o título do libro da historiadora tudense Sara Quintana e o ilustrador rosaleiro Xosé Tomás editado polo Concello do Rosal. Hoxe falamos con Sara Quintana e Xosé Tomás desta obra que recolle a orixe, tradición, historia, das viñas e do viño do Rosal.

Ent. Andrés Díaz, comandante Naval do Miño - Demostración aeronaval 30.04.2024

Este venres, ás 18 h, terá lugar en Tui unha demostración aeronaval a cargo da Unidade de Guerra Naval Especial da Armada, xunto con helicópteros da Flotilla de Aeronaves. A demostración levarase a cabo con motivo do 160 aniversario da permanencia da Armada no río Miño. A demostración realizarase fronte á Comandancia Naval e o Club Náutico.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play Doc - Sesión inaugural 29.04.2024

Este mércores, 1 de maio, ás 20.30 h terá lugar a inauguración oficial de Play Doc. Desta sesión inaugural, pero tamén doutros momentos especiais do festival falaba hoxe o seu codirector, Ángel Sánchez, no programa Día a Día.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes - Campamentos de Verán 26.04.2024

O próximo luns abre o prazo de solicitude de praza para o Campamento de Verán Igual É + que organiza o Concello de Tui. Así o lembrou hoxe o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, quen amais deu conta doutros campamentos que haberá tamén este verán en Tui.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Tui en letras 26.04.2024

Boa acollida está a ter a "Casa dos libros orfos" que o Concello de Tui abriu esta semana na praza da Inmaculada. Así o explicou hoxe a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. Esta iniciativa forma parte da programación de Tui en Letras que até xuño brinda un amplo programa de actividades no que destaca a XXV Feira do Libro Galego o 17 de maio.

Ent. Ángel Sánchez e Pepe Coira - Sección Sombras en Play Doc 25.04.2024

“Sombras” é o título da nova sección que Play Doc abre nesta viséxima edición dedicada a recuperar a historia do cinema galego. Este ano céntrase na figura de Tony Román. Así nolo contaron Ángel Sánchez, codirector do festival, e Pepe Coira, guionista, escritor e produtor.

Ent. Ángel Sánchez, codirector de PlayDoc | León Hirszman 24.04.2024

O cinema brasileiro está presente nesta viséxima edición de Play Doc a través da figura de León Hirszman, que foi un dos creadores do coñecido coma cinema novo brasileiro. Así nolo contou hoxe Ángel Sánchez, codirector de Play Doc, quen deu conta das curtas de David Gladwell LADWELL, a restauración dunha película de Viola Stepahn e a proxección de “As armas e o povo”. Lembrou que están á venda de...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo de Tui - Rutas pola natureza 24.04.2024

Este domingo comezan as Rutas pola Natureza organizadas polo Concello de Tui. A concelleira de Turismo, Ana Núñez, explicounos a oferta proposta de trece rutas que terán lugar até finais de xuño.

Ent. Luisa Blanco e Mónica Solla da Asociación de Párkinson do Baixo Miño - Acto Día Mundial do Párkinson 24.04.2024

A Asociación do Párkinson do Baixo Miño vai celebrar este sábado ás 17.30 h no Liceo Casino o Día Mundial do Párkinson que tivo lugar o pasado 11 de abril. O evento será conducido por Rodolfo e Olivia. Contarán cunha charla coloquio “Como coidar o noso cerebro: Os piares básicos” a cargo de Sonia Gayoso, psicóloga especialista en demendas e dano cerebral adquirido, sorteo e uns petiscos. Así nolo...

Ent. Alba Fernández, psicóloga | Taller “Fame Emocional" 23.04.2024

O 2 de maio ás 17 h no Liceo Casino terá lugar a taller “Fame Emocional" a cargo da psicóloga Alba Fernández e da nutricionista e farmacéutica Clara Hernández. Ofértanse 12 prazas. O prezo é de 25€ para socios do Casino e de 30 € para non socios.

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - William Friedkin 23.04.2024

Play Doc, na súa vixésima edición do 1 ao 5 de maio, dedica unha retrospectiva a William Friedkin. Hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival, falounos deste cineasta que dirixidou entre outras French Conection ou O Exorcista. Estas son dúas das películas que poderemos ver en Play Doc, xunto tamén a un documental no que se entrevista a William Friedkin.

Ent. Loli Fernández da Libraría Iris | Día do Libro 23.04.2024

Hoxe, 23 de abril, é o D'a do Libro. Por este motivo acheg'ámonos a unha das librarías tudense, Libraría Iris. Loli Fernández contounos coma viven esta xornada na que teñen un desconto do 10% nos libros, e deunos conta dos máis vendidos nestes momentos.

Ent. José Martínez Tato de Andatui - XX Andaina Solidaria Tudense 23.04.2024

O próximo 4 de maio celebrarase a XX Andaina Tudense organizada polo club Andatui. José Martínez Tato deunos conta hoxe do percorrido a realizar, novidoso, dende a rúa Olímpicos Tudenses ao cumio do Aloio, a regreso ao punto de partida. Anticípase a hora de saída ás 9 h. A inscrición está aberta até o martes 30 en andatui.es

Ent. Ángel Sánchez, codirector de PlayDoc | O 1de maio comeza o XX Play Doc 22.04.2024

Hoxe abrimos en Día a Día un espazo no que ao longo desta semana iremos coñecendo todo o que nos vai ofrecer Play Doc, o Festival Internacional de Cinema de Tui do 1 ao 5 de maio. Facía fincapé Ángel Sánchez nos 20 anos do festival, e tamén e nos eventos máis aló das proxección que nos ofrece Play Doc.

Sección Compostaxe | Luns, 22 de abril de 2024 22.04.2024

No tempo que cada luns compartimos coa mestra composteira de Tui Sara Luque hoxe deunos conta da mellora do servizo de recollida de cartón para establecementos comerciais que se presta. Tamén avanzou que no mercado dos xoves se vai proceder a implantar un sistema de recollida selectiva dos residuos que se xeran.

Ent. Conchi Martínez Aguilera - Valoración Asemblea Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui 19.04.2024

Máis de 60 persoas asistiron onte á asemblea da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, e na que se renovaron dous membros da directiva. Conchi Martínez Aguilera valoraba na nosa sintonía esta asemblea, e as detallaba as demandas, e a situación actual no Centro de Saúde de Tui.

Ent.Jose Antonio Bao, escritor - Presentación “Voces de un pueblo represaliado” 19.04.2024

“Voces de un pueblo represaliado” de Jose Antonio Bao é o libro que hoxe ás 18 h se presenta na Sala Félix Rodríguez en Tui. Esta mañá no programa Día a Día falamos co seu autor.

Ent. Arturo Carreira, Raúl Francés e Vicente Álvarez - Concerto da Banda de Acordeóns Metropolitana 19.04.2024

A Banda de Acordeóns Metropolitana formada por 43 instrumentistas e 21 voces, ofrecerá un concerto mañá sábado, 20 de abril, ás 18 h no Centro Dotacional do Medio Rural en Torroso, Mos. Será dentro do VII Concerto Audición no que tamén participarán a Asociación Música Vica, Norberto Magín, a Orquestra de Acordeóns Hauspoka de Navarra, e alumnado das Escolas de Música de Irurtzun e Bulada- Villava...

Isabel Prado - Reapertura do Centro Goianés 18.04.2024

Isabel Prado - Reapertura do Centro Goianés Isabel Prado - Reapertura do Centro Goianés

Ent. Conchi Martínez Aguilera, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui - Asemblea xoves 18 17.04.2024

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui celebra mañá xoves, 18 de abril, ás 20 h, na Sala Félix Rodríguez asemblea para dar conta das accións realizadas, das próximas actividade e renovar a directiva, entre outros asuntos. Falamos da reunión coa voceira da Plataforma, Conchi Martínez Aguilera.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda abril 17.04.2024

Con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, completamos hoxe a rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación municipal para valorar o pleno do pasado 1 de abril.

Ent. Salvador García da Asociación de Afectados de Paramos - Acordo previo xuízo 16.04.2024

Catro anos de prisión para o presunto responsable do almacén ilegal de material pirotécnico que en maio de 2018 explotou no barrio da Torre en Paramos, unha orde de aloxamento dun quilómetro da zona durante sete anos, e 18 anos de inhabilitación. Este é o acordo acadado entre todas partes personadas na causa, a fiscalía e o propio acusado. Así o confirmaba hoxe Salvador García, da Asociación de Af...

Ent. Nico Montes, voceiro do PP en Tui - Rolda pleno abril 15.04.2024

Hoxe continuamos a rolda de conversas, cos grupos presentes na corporación municipal, para valorar o pleno de abril co voceiro do Partido Popular Nico Montes.

Ent. Carmen Núñez do BNG - Rolda Abril 12.04.2024

Hoxe continuamos a rolda de conversas para valorar o pleno da corporación municipal de Tui do pasado 1 de abril coa voceira do BNG, Carmen Núñez.

Ent. Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui - Final División Junior Masculina 12.04.2024

O equipo junior do CB Tui xogará mañá a final da División Junior Masculina Campionato Xunta de Galicia fronte ao Obradoiro Peleteiro, Cafés Candelas Ensino e Nexo 8 ETT Novobasket. Javi Niño, coodinador deportivo do club, recoñecía que o feito de xogar esta final é xa un premio.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.