Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Natalia Lago, educadora ambiental | Día dos Polinizadores 20.05.2024 7:41
Natalia Lago, educadora ambiental, destacaba hoxe a importancia dos polinizadores. Hoxe, 20 de maio, celébrase o Día dos Polinizadores.
Ent. Pablo Romero, Noemí Guisande e Javier Argüelles | Cine Club Tui 20.05.2024 14:46
Este sábado, ás 11 h, na Sala Félix Rodríguez, terá lugar unha reunión informativa sobre o Cine Club Tui. Os seus promotores Pablo Romero, Noemí Guisande e Javier Argüelles déronnos conta dos obxectivos cos que nace, e tamén do interese que está a espertar.
Ent. Teresa Lillo de Psicologüiños | III Xornadas de Educativas das ANPA’s de Tui 16.05.2024 6:12
“Estratexias para crear unha relación de confianza e seguridade dende a infancia ata a adolescencia” é o título da conferencia que hoxe ás 19 h no salón de actos do Seminario Menor abre as III Xornadas Educativas organizadas polas ANPA’s de Tui. Correrá a cargo de Teresa Lillo, psicóloga clínca, neuropsicóloga e logopeda de Psicologuiños con quen falamos hoxe.
Descubrindo o Noso Patrimonio | Xoves, 16 de maio de 2024 16.05.2024 16:54
Hoxe abrimos un novo tempo de “Descubrindo o noso patrimonio” con Cristian Lago. Fixemos balance das dúas andainas polo río Furnia da Fin de Semana, e logo achegounos a unha mostra noso patrimonio inmaterial o “Entremés Famoso sobre a pesca no río Miño”.
Ent. Jorge González e Germán Soutelo do Tenis Tui | Campionato de España e Escola de Verán 16.05.2024 7:15
Os equipos cadete feminino e masculino do Club Tenis Tui clasificáronse para o Campionato de España,e esta fin de semana xogarán ante o O Coruña, o equipo absoluto buscará o ascenso o domingo a 2ª División Galega, e unha das tenistas xogará o sábado a final de 2ª División en Santiago . Hoxe falamos destes logros deportivos co seu presidente Jorge González e co secretario Germán Soutelo. Tamén nos...
Ent. Lino Martínez da Peña Cabalar Val do Louro | XXI Romaría do Cabalo 16.05.2024 10:41
Mañá venres, este sábado e domingo celébrase a XXI Romaría do Cabalo en Ribadelouro, con Lino Martínez da Peña Cabalar Val do Louro, coñecemos o programa a celebrar no que destaca a exhibición doma de Carlos Jacobo Sotelo, e o espectáculo Caval Show que chega dende Francia.
Ent. Pilar Ramos, presidenta da Agrupación Musical de Goián | Premio Martín Codax 16.05.2024 6:50
A Agrupación Musical de Goián recibiu onte o premio Martín Codax na Categoría de Bandas de Música Populares polo seu proxecto Chavellos Sinfónico. Esta mañá falamos coa súa presidenta Pilar Ramos.
Ent. Nico Montes, voceiro do PP | Rescisión do contrato de construción do aparcamento subterráneo 16.05.2024 11:59
Hoxe foi a quenda de Nico Montes, voceiro do PP, na rolda que estamos manter cos grupos políticos da corporación tudense sobre a rescisión do contrato de construción do aparcamento subterráneo, que foi a pleno a pasada semana.
Ent. Pilar Álvarez, José Montes, David Domínguez, José Manuel Quintana e Juan Paramos | Campus de fútbol do Tyde 2024 15.05.2024 16:22
Do 1 ao 5 e do 8 ao 12 de xullo vaise celebrar o VII Campus Solidario organizado polo Tyde. Coñecemos todos os detalles con David Domínguez, presidente, José Manuel Quintana, director da Escola de Fútbol, e Juan Paramos, coordinador de fútbol base do Tyde, e con Pilar Álvarez e José Montes de SOS Tomiño Baixo miño, que recibirá os alimentos non perecedoiros que doarán as e os participantes.
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG| Rescisión do contrato de construción do aparcamento subterráneo 15.05.2024 9:03
Hoxe abordamos con Carmen Núñez, a voceira do BNG a rescisión do contrato de construción do aparcamento subterráneo, tras o pleno celebrado a pasada semana.
Ent. José Palacín de C21 | Rescisión do contrato de construción do aparcamento subterráneo 14.05.2024 13:59
Hoxe falamos con José Palacín de C21 da rescisión do contrato da construción do aparcamento subterráneo en #Tui, que foi aprobado a pasada en pleno.
Ent. Javier Arguelles | III Xornadas Educativas das ANPAS de Tui 14.05.2024 8:16
As ANPAS de Tui organizan as III Xornadas Educativas que se van celebrar no salón de actos do Seminario Menor os xoves 16, 23 e 30 deste mes. A primeira conferencia será “Estratexias para crear unha relación de confianza e seguridade dende a infancia ata a adolescencia” a cargo de Teresa Lillo, psicóloga clínica, neuropsicóloga e logopeda de Psicologuiños. Javier Argüelles, membro da organización,...
Entrevista a Nuria Pahino Dasilva - Obradoiro de teatro popular no Liceo Casino 10.05.2024 5:03
O venres, 31 de maio, o sábado 1 e o domingo 2 de xuño o Liceo Casino de Tui acollerá un obradoiro de teatro popular a cargo de Nuria Pahino. Hoxe coñecemos con Nuria Pahino o programa previsto nesta actividade.
Ent. Charlie López, do Spartan - Fight Night 10.05.2024 7:59
Mañá sábado, 11 de maio, ás 19.30 h terá lugar no Pavillón Municipal de O Porriño a Fight Night, a velada de boxeo organizada por CKM Combat e Spartan Team de Tomiño.
Ent. Helena Pousa da Comisión pola recuperaciónda memoria histórica - Charla sobre o último alcalde republicano de Tui 09.05.2024 4:54
“Revisión da biografía do derradeiro alcalde republicano de Tui e da súa dona” é o título da charla coloquio que terá lugar hoxe ás 20.30 h no salón de plenos do Concello de tui organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, o Condado e A Louriña. O acto será presentado por Víctor Bugarín e Helena Pousa e intervirán Victoriano da Goreña e Begoña Vicente, neta de Gui...
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño | Praga de moscas 09.05.2024 14:11
Hoxe abordamos coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, a praga de moscas que sofren algunhas parroquias do municipio.
Ent. Juan Escalona de Foco - Proxecto Foro Novo do Baixo Miño 07.05.2024 9:56
‘Que necesitamos as persoas mozas para imaxinar un plan de vida nas nosas vilas?’ este é o punto de partida do proxecto Foro Novo do Baixo Miño. Unha iniciativa dirixida á mocidade de entre 18 e 25 anos que coordina a asociación FOCO e na que colaboran os concellos de Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia, e coa Xunta de Galicia a través do Espazo Xove de Tui. Juan Escalona, responsable do proxecto...
Ent. Beli Martínez, productora | Play Doc 2024 03.05.2024 6:17
Esta mañá tamén estivo no especial Play Doc a productora Beli Martínez, quen destabca a variedade da produción cinematográfica galega con algúns temas recurrentes coma a memoria e a emigración.
Ent. Bruno López, presidente da FGB | Final 4 Cadete esta fin de semana en Tui 03.05.2024 4:43
O pavillón Gustavo Rodríguez acolle a Final 4 Cadete de balonmán. Mañá sábado xogaranse as semifinais femininas: ás 10.30 h Deportivo Balonmán Chapela – Asmubal Meaño, ás 12.30 h A.D. Carballal - Club de Balonmán Porriño, e pola tarde as masculinas: ás 18.00 h Club Balonmán Lalín – Club Balonmán Culleredo, e ás 20.00 h Club Balonmán Tui e o Balonmán Cangas. O domingo ás 16.30 h xogarase a final fe...
Ana Ojea, profesora Cultura Audiovisual IES Politécnico de Vigo - Play Doc 03.05.2024 2:31
Á primeira sesión de hoxe asistiu alumnado de distintos institutos da zona. Entre eles estivo o alumnado de 1º de Bacharelato de Cultura Audiovisual do Politécnico de Vigo. Falamos coa profesora Ana Ojea.
Ent. Chema González, comisario e programador do Museo Reina Sofía | Proxección de Frente a Guernica 03.05.2024 7:03
A sesión de hoxe venres Play Doc abriuse coa proxección de “Frente a Guernica” de Yervant Gianikian e Angela Ricci Lucchi que forma parte da Competición Internacional do Festival. Falamos da mesma con Chema González, comisario e programador do Museo Reina Sofía que produciu esta película.
Ent. Pablo Lago, director| Proxección de O Auto das Ánimas en Play Doc 03.05.2024 10:35
Onte proxectouse en Play Doc "O Auto das Ánimas" de Pablo Lago. Hoxe no programa especial Play Doc agradecía a acollida que tivo onte a película cun público moi activo.
Ent. Bruno Arias, director - Presenta Os Espazos en Branco en Play Doc 03.05.2024 4:33
"Os espazos en branco" é o título da película que o director vigués Bruno Arias presenta en Play Doc. É o seu primeiro traballo como director no que buscaba renderlle homenaxe a súa tía Xela Arias. O resultado é un traballo moi intimo e familiar no que fala tamén da relación entre as persoas.
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc |Programación do venres e fin de semana 03.05.2024 9:38
Poucas entradas quedan xa para os catro pases de Cinema Percorridos desta noite. Así nolo contou o codirector do festival, Ángel Sánchez, que tamén, no programa especial Día a Día dedicado ao Festival Internacional de Cine de Tui, nos deixou as súas recomendacións para a fin de semana.
Beatriz Rodríguez, psicóloga sanitaria - Formación sobre alzheimer 02.05.2024 4:55
Beatriz Rodríguez, psicóloga de AFAGA, será hoxe a encargada da formación sobre a enfermidade de Alzheimer que vai ter lugar ás 16.30 h na Sala Félix Rodríguez. Falarán tanto do azheimer coma doutras demencias, dos síntomas, tratamentos e recursos. Vai dirixida a familiares de persoas que veñen de ser diagnosticadas, aos propios enfermos e á cidadanía en xeral.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.