Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Rafael Pérez, Mila González, José Manuel Solleiro, Noa Vaz e Sara Montes | Recuncho de música 30.05.2024 6:57
Este domingo, 2 de xuño, ás 19 h comezará na praza da Inmaculada Recunchos de Música, unha guía musicalizada polo conxunto histórico de Tui que este ano se centra na emigración galega. Participarán o Coro Infantil de Pazos de Reis, a Escola da Coral Ponte das Febres, o Mariachi Noche de Ronda de Redondela, e a Coral Ponte das Febres que organiza o evento. Coñecemos o percorrido que van realizar e...
Ent. Paula Piñeiro e Sonia García, logopedas do SAT do Baixo Miño - III Xornadas Educativas 30.05.2024 7:34
"Os sinais de alarma no neurodesenvolvemento infantil" é o tema que abordarán hoxe, ás 19 h no salón de actos do Seminario Menor, Paula Piñeiro e Sonia García, logopedas do Servizo de Ateción Temperá do Baixo Miño, nas III Xornadas Educativas organizadas polas ANPA's de Tui.
Descubrindo o noso patrimonio | Xoves, 30 de maio de 2024 30.05.2024 14:56
No barrio do Cruceiro, en Randufe, está a Cruz da Defunta. Deste elemento patrimonial falounos hoxe Cristian Lago, no tempo de "Descubrindo o noso patrimonio". Explicou coma as cruces son elementos moi habituais na nosa paisaxe cultural por diferentes motivos.
Ent. Ana Núñez, Marita Alonso e Aline Romero | Orgullo e Punto 30.05.2024 14:08
Este sábado a Alameda de San Domingos acolle o evento Orgullo e Punto, unha xornada coa que se conmemora o Día Internacional de Tecer en Público e o Mes do Orgullo, A actividade de tecer será o eixo central da xornada, pero tamén haberá contacontos, maxia, gastronomía, música… Así nolo contaron Ana Núñez, concelleira de Igualdade, e Aline Romero e Marita Alonso de TejeTui.
Ent. Suso Montero | Xubilación tras tres décadas na Oficina de Emprego de Tui 30.05.2024 11:22
Suso Montero, xubílase hoxe xoves, ao cumprir 70 anos, tras máis de tres décadas na Oficina de Emprego de Tui previamente estivo tamén en Vigo, sumando 51 anos na administración pública. Con el falamos da evolución do seu traballo ao longo destes 51 anos, dos cambios, das anécdotas e tamén da nova etapa que agora abre. Canda el estivo José Ángel Fernández, director da Oficina de Emprego.
Ent. Jose Carlos Esteves |Música no Quintal ao Por o Sol 30.05.2024 5:14
Este sábado, ás 21.30 h ES celébrase en Verdoejo, Valença, o festival Música no Quintal ao Por o Sol. Contarán coa actuación de Mr. Gallini e Geodudes. A entrada terá un prezod e 5€. Deunos todos os detalles dende a organización Jose Carlos Esteves.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño | Viaxe a Italia, premio Día da Cooperación e obras... 30.05.2024 15:34
Hoxe falamos coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, de distintos temas da actualidade municipal, pero tamén, como presidenta do GDR 14 Eu Rural, da viaxe a Italia realizada a semana pasada. Abordamos o premio Día da Cooperación outorgado á Eurocidade Tomiño-Cerveira, as obras nos soportais de Goián, na Costa en Estás, e o cambio de luminarias.. Tamén se referiu a Feira de Cultivos que se celebr...
Ent. Tania Otero de ACITUI | Asemblea ordinaria este xoves 29.05.2024 4:11
ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, celebra mañá xoves, ás 20.30 h en primeira convocatoria, e ás 21 h en segunda, na Sala Félix Rodríguez, asemblea ordinaria. Tania Otero, de ACITUI, explicou o obxectivo desta asemblea.
Ent. Javier Niño, do CB Tui | Temporada e Basket Summer Camp 29.05.2024 5:06
O CB Tui volve realizar este verán o seu Basket Summer Camp. Hoxe Javier Niño deunos todos os detalles desta actividade que se vai realizar do 24 ao 29 de xuño . Tamén fixo balance da temporada que está a piques de rematar e adiantou que a próxima fin de semana, do 8 e 9 de xuño, xogarán en Tui a fase final senior masculino de ascenso a 1ª nacional.
Ent. Andrés Díaz, comandante Naval do Miño | Reunión da CPIRM 29.05.2024 10:57
Con Andrés Díaz, comandante Naval do Miño, coñecemos hoxe os acordos tomados onte na Comisión Permanente Internacional do río Miño reunida no Concello de Tui. O control de xabalís nas illas Boega e Lenta foi un dos acordos en materia de caza, mentres en pesca definíronse os periodos de pesca da próxima temporada, reducíndose en quince días, e por vez primeira diferenciouse en zonas xeográficas. As...
Ent. Claudia Montes de Altitude | Campamento de Verán 28.05.2024 5:46
Hoxe coñecemos o Campamento de Verán 2024 que a empresa Altitude Ocio e Educación Ambiental vai realizar do 24 de xuño ao 6 de setembro para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Claudia Montes deunos todos os detalles, e tamén nos presentou as actividades que realizan.
Ent. Xacobe Morais de A Quinta de Tui FS | Campus de Verán, temporada e album de cromos 28.05.2024 12:44
Hoxe coñecemos os detalles do Campus de Verán que organiza A Quinta de Tui FS, para o que xa quedan poucas prazas. Amais fixemos balance da tempora na que contaron con 18 equipos e falamos do album de Cromos da Quinta que editaron.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Valoración Viaxe a Italia e da senteza do TSXG sobre a Pousa do Bispo 27.05.2024 12:14
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro valorou hoxe a sentenza do TSXG sobre a urbanización da Pousa do Bispo. Tamén fixo balance da viaxe a Italia realizada a semana pasada xunto co Xeodestino Ría de vigo e Baixo Miño. Amais abordamos a rescisión do contrato de construción do aparcamento subterráneo.
Ent. Dj Rokiño - Concurso actuación na festa de fin de curso nun cole de Galicia 27.05.2024 12:23
Dj Rokiño vén de lanzar un concurso no que sortea unha actuación súa na festa de fin de curso de calquera centro educativo. Para participar os centros ou as ANPA's deben inscribirse en djrokino.com/ até o 31 deste mes. O 5 de xuño coñecerase o colexio gañador da actuación. Amais Dj Rokiño falounos da súa carreira musical e ga gravación en Tui do programa Sala G coa TVG.
Ent. Diego Luís Martínez e André Morais | I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil 27.05.2024 15:50
A Eurocidade Tui-Valença acolle hoxe e mañá o I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil. Falamos dos obxectivos e da actividade prevista con Diego Luís Martínez e André Morais, membros da organización. Mañá martes, no recinto feiral de Tui, haberá unha exposición de medios d e loita contra os incendios forestais de ambos países.
Ent. Carolina Figueroa do CPA Ribex - Campionato Galego de 2º Grupos Show 24.05.2024 4:16
Preto de 360 patinadores e patinadoras de toda Galicia participarán mañá sábado no pavillón Gustavo Rodríguez en Tui no Campionato Galego de 2º Grupos Show. Trátase dunha modalidade moi vistosa. Pola mañá serán os adestramentos e a partir das 16 h a competición. A entrada ten un prezo de 6€. Con este campionato recadar cartos para sufragar parte da viaxe do Grupo Show do Ribex ao Campionato do Mun...
Ent. Tino Baz - Concerto de Cantares do Brueiro 24.05.2024 9:18
O Auditorio de Goián acolle este domingo, ás 19 h, o concerto "Se cantan, es ti quen cantas" de Cantares do Brueiro, un grupo que cumpre agora dez anos. Hoxe Tino Baz, o seu director, falouse desta década de percorrido, e do concerto deste domingo.
Ent. Claudia, Gael, Fabio e Amar do CEIP nº1 e Eva de Naldo Costas- Exposición "Coñecer para transformar" 24.05.2024 7:37
"Coñecer para transformar" é o título da exposición que mañá de 19 a 21 h se poderá visitar en Naldo Costas. Foi realizada polo alumnado do CEIP nº1 dentro do seu proxecto sobre o mundo da cosmética saudable. Para visitar a mostra farase un donativo de 1€ destinado á ONG CEMMA. Hoxe déronnos todos os detalles Claudia, Gael, Fabio e Amar, do CEIP nº1 e Eva Martínez de Naldo Costas.
Ent. Fito Pereira do Motoclub Randufe | VIII Supercross Cidade de Tui 23.05.2024 7:21
O Complexo Off Road de Tui acolle este sábado pola tarde o VIII Supercross Cidade de Tui que organiza o Motoclub Randufe, un club que celebrar o seu vinte aniversario. Trátase dunha disciplina moi espectacular e vistosa. Haberá 7 categorías dende o 50cc até a Pro nas que participarán pilotos de moi alto nivel. Contounolo Fito Pereira do Motoclub Randufe
Ent. Pilar Pazo da Asociación do Traxe Tradicional | II Encontro de Folclore da Raia 23.05.2024 4:48
A praza de San Fernando acolle este sábado o II Encontro de Folclore da Raia. Ás 12 h terán unha visita guiada por José Ramón Fernández, e a partir das 19 h actuarán Sabrina Durazo, solista especialista en música medieval, o grupo folclórico de Ganfei e os grupo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui. Pilar Pazo deunos hoxe todos os detalles.
Ent. Laura Alonso, optometrista | III Xornadas de Educativas 23.05.2024 7:07
Laura Alonso, optometrista, falará de "A relación entre a visión e a atención en escolares" hoxe ás 19 h no salón de actos do Seminario Menor dentro das III Xornadas Educativas organizadas polas ANPA's de Tui.
Ent. Rossana Fosatti, terapeuta emocional |Taller de Autoestima 22.05.2024 10:44
A terapeuta emocional Rossana Fosatti está a impartir no Centro Sociocomunitario de Tui un taller de autoestima, que consta de distinas sesións. Hoxe contounos en qué consiste e cales serán as próximas datas.
Ent. Ruben López, director Conservatorio - Matrícula Probas de Acceso 1º Grao Elemental.mp3 21.05.2024 5:36
Este venres remata o prazo de matrícula nas probas de acceso a 1º de grao Elemental no Conservatorio Profesional de Música de Tui. O director do centro, Rubén López, deunos todos os detalles, destas probas dirixidas a nenos e nenas 8 a 14 anos.
Ent. Eloy Carrera e Miguel Prado da Banda de Música Popular de Tui | Concurso Cartel Festival de Bandas de Música 21.05.2024 6:44
A Banda de Música Popular de Tui convoca un concurso para elixir o cartel anunciador do XIX Festival de Bandas de Música de Tui. Esta será unha das novidades deste clásico evento como explicaba o director da banda, Eloy Carrera. Miguel Prado engadía que o deseño será libre, coa premisa que teñen que aparecer os datos do festival.
Ent. Gface - Actuación no Estadio Benito Villamarín 20.05.2024 5:04
GFace actuou esta fin de semana no Benito Villamarín no partido Betis - Real Sociedad. Hoxe contounos como foi a experiencia.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.