Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. IES Indalecio Pérez | Oferta Formativa 06.06.2024

Hoxe coñecemos a oferta formativa para curso 2024/25 no IES Indalecio Pérez Tizón con Alejandro Guntiñas e Xosé Manuel Álvarez, profesores do centro. Explicáronnos que presentan os Ciclos de Comercio e Márketing e Electricidade. Tamén coñecemos a experiencia de Iria Gómez e José Carlos Ramilo alumnos do centro. Faláronnos tamén dos Erasmus e da Aula de Emprendemento. A información pode ampliarse e...

Ent. Xosé Martínez Tato de Andatui - Andaina do Furnia 06.06.2024

Hoxe remata a o prazo de inscrición para a Andaina do Furnia que terá lugar este domingo dentro das Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença. Sairá ás 10 h dende a igrexa de Malvas. Falamos do percorrido con Xosé Martínez Tato de Andatui. A inscrición ten un prezo de 6€ e pode facerse até hoxe en andatui.es

Ent. IES San Paio - Congreso EducODS 06.06.2024

Izan, Jaime e Pablo, alumnos do IES San Paio, contáronnos hoxe o traballo que realizaron para construír casas de paxaros, e tamén a investigación sobre as aves que realizamos. O resultado o presentan no congreso EducODS.

CEIP Pazos de Reis - Congreso EducODS 06.06.2024

Candela e Noa do CEIP de Pazos de Reis participaron hoxe no Congreso EducODS cun posto no que plantexaban o reto de adiviñar que gran de cereal era o que amosaban, pero no que podíamos coñecer tamén a ruta dos Muíños do Tripes, ou o funcionamento dun muíño.

Ent. CEIP Ribeira - Congreso EducODS 06.06.2024

O circo é o eixo central do proxecto que presenta no congreso EducODS o CEIP Ribeira do Porriño. Contáronnos todos os detalles Adrián de 3º e Amarai de 6º de Primaria

Ent. CEIP Balaídos - Congreso EducODS 06.06.2024

Antía, Ada, Ana Julia, Roque, Sara, Anxo e Hugo son alumnos e alumnas do CEIP de Balaídos. Participan no Congreso cun traballo que fixeron sobre o paseo do Lagares, e un tríptico coas recomendacións dunha viaxe máis sostible ás illas Cies. Tamén propoñen retos, e unha ruleta con datos curiosos de flora e fauna.

Ent. CEIP nº1 - Congreso EducODS 06.06.2024

Alma, Iria, Pedro e Ricardo, do CEIP nº1 explicaron os traballos que presentan nos ámbitos de stem, creavisual, e o traballo que realizaron sobre os cosméticos. Tamén nos contaron o que máis lle chamou atención dos postos que hoxe participan no Congreso.

Ent. CEIP Monterrei - Congreso EducODS 06.06.2024

Lucía, África, Carlos e Breo, alumnado do CEIP Monterrey presentan no Congreso EducODS presenta un programa de radio no que relacionan os ODS con cancións e con frases de nai.

Ent. Carmen Vaz e Jose Ramón Lago | Mesa redonda "A aprendizaxe cooperativa, un recurso para a inclusión" 05.06.2024

Dentro do congreso EducODS hoxe o Teatro Municipal de Tui acolle unha Xornada Educativa Inclusiva. Dentro da mesma ás 18 h celebrarase a mesa redonda "A aprendizaxe cooperativa, un recurso para a inclusión". Na mesma Carmen Vaz será a moderadora e intervirá José Ramón Lago e alumnado dos centros participantes no congreso. Hoxe falamos con Carmen Vaz e José Ramón Lago.

Ent. CEIP Pazos de Reis | Congreso EducODS 2023 05.06.2024

O CEIP Pazos de Reis é un dos 19 centros participantes no Congreso educativo EducODS 2030 que esta semana se celebra no Paseo da Corredoira. Co seu director, Manuel Fálquez, e con Mohamed, Pepe, Tiago e Martín, alumnado do centro, coñecemos o traballo que presentan neste Congreso.

Ent. Ámbito stem do CEIP nº1 | Congreso educativo EducODS 2023 05.06.2024

Hoxe coñecemos o proxecto que no ámbito Stem presenta o CEIP nº1 no congreso educativo EducODS 2030. Investigaron a historia das carrilanas e aprenderon a construílas. Pero tamén realizaron outros xoguetes con material de Refugallo. Así nolo contou Nataxa Pérez, a profesora deste ámbito, xunto a Elena, Yasir, Xoán, Ibai, Noa, Breixo e Xabi, alumnado do centro.

Ent. Julio Solleiro, do Motoclub Papaya | 2ª Ruta Mototurística do Meixón 05.06.2024

Este sábado celebrarase a 2ª Ruta Mototurística do Meixón organizada polo Motoclub Papaya. Deunos todos os detalles desta iniciativa Julio Solleiro.

Ent. José Manuel Palacín de C21 | Pleno ordinario maio 05.06.2024

Con Jose Manuel Palacín abrimos hoxe a rolda de conversas tras o pleno ordinario da semana pasada da corporación municipal de Tui. Nesta sesión os grupos da oposición rexeitaron os orzamentos para 2024. Escoitamos hoxe o parecer de José Manuel Palacín.

Ent. Román Rodríguez, conselleiro de Educación - IV Congreso EducODS 2030 04.06.2024

Minutos antes da inauguración do IV Congreso Educativo EducODS 2030 falamos con Román Rodríguez, conselleiro de Educación.

Ent. Nuria Garabal, directora do CEIP nº1 | IV Congreso Educativo EducODS 2023 04.06.2024

Esta mañá no programa especial con motivo do IV Congreso Educativo EducODS 2023 falamos tamén con Nuria Garabal directora do CEIP nº1, centro organizador desta iniciativa.

Ent. alumnado Seminario Menor, CEIP nº2 e CEIP nº1 | Congreso EducODS 04.06.2024

Na primeira xornada do Congreso EducODS no Paseo da Corredoira coñecemos os proxectos que presentan dende o Seminario Menor, o CEIP nº2 e o CEIP nº1. Fixémolo con Yago, Sabela, Julia, Víctor, Pelayo e Ian.

Ent. María José Alegre, profesora do CEIP nº1 | Mesa redonda "Cara un Tui accesible" 04.06.2024

"Cara un Tui accesible" é o título da mesa redonda que terá lugar ás 18 h no Paseo da Corredoira dentro do IV Congreso EducODS 2023. Esta mañá falamos con María José Alegre, a profesora do CEIP nº1 que moderará a mesa, quen nos explicou tamén o traballo realizado no centro.

Ent. Teresa Dominguez | IV Congreso EducODS 04.06.2024

O tempo que cada martes compartimos con Teresa Domínguez para falar de Educación hoxe fixémolo dende o Seminario Menor de Tui, onde realizamos o programa especial con motivo do IV Congreso Educativo EducODS 2030, para falar precisamente deste congreso.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino | IV Congreso EducODS 2030 04.06.2024

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, participaron esta mañá no programa especial con motivo do IV Congreso Educativo EducODS que se celebra no Paseo da Corredoira.

Ent. Iván Carral, presidente de ACITui - Balance asemblea 04.06.2024

A pasada semana ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industrias de Tui, celebrou asemblea ordinaria. Fixemos balance da mesma co seu presidente, Iván Carral.

Ent. Nuria Garabal, Marta Álvarez e Ainara, Vega, David, e Ricardo do CEIP nº1 | IV Congreso EDUCODS 03.06.2024

Mañá comeza o IV Congreso Educativo EDUCODS no que este ano van participar 19 centros escolares e 1.500 alumnos. No Paseo da Corredoira cada mañá montarán os postos no que amosarán o traballo realizado ao longo do curso en diferentes ámbitos. Tamén polas tardes haberá actividades. Coñecimos os obxectivos e o programa con Nuria Garabal, directora, e Marta Álvarez, xefa de estudos do CEIP nº1, e con...

Ent. Aser Estévez do Team Oiense - II Volta Ciclista ao Baixo Miño 31.05.2024

Este domingo ás 10 h sairá do Monte Santa Trega na Guarda a II Volta Ciclista ao Baixo Miño, que tras realizar un percorrido de 128 quilómetros polo Baixo Miño, Haberá sprints especiais en Tui e no Rosal, e metas voantes na Guarda, Oia e Tomiño., tres pasos de montaña, no Alto de San Antoniño en Tui, en Torroña en Oia, e no Trega, na Guarda. 100 corredores de 9 equipos galegos van participar na pr...

Ent. Andrea González, directora IKFEM |IKFEM 2024 31.05.2024

"Somos Ponte" é o lema do festival IKFEM que se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença do 17 ao 21 xullo. Coa súa directora Andrea González, coñecemos a maridaxe que ofrecerán entre a música e os músicos das dúas beiras do Miño. Salvador Sobral e Marcos Mezquida abrirán os concertos do festival. Destaca a creación da Orquetra da Eurorrexión, e proxectos especiais coma o Caixason.

Ent. grupo Pink Porris 31.05.2024

O grupo PinkPorris celebrará a próxima fin de semana o primeiro aniversario do seu primeiro concerto. Hoxe con Marco Oya, Jessica Ramilo, Brais Ramilo, Xosé Ledo Pazo e Nacho Lafuente, coñecemos como naceu o grupo, de onde ven o nome e nos contaron que fan "Granito rock" como puidemos comprobar nos dous temas que interpretaron en directo en Día a Día. Tamén forman parte do grupo Roberto e Fonso qu...

Ent. Rubén López, director CMUS Tui - Xornadas portas abertas escola de musica e concerto fin de curso 30.05.2024

A próxima semana, do martes 4 ao venres 7, a Escola de Música Municipal de Tui celebra unhas Xornadas de Portas Abertas. Van dirixida a nenos e nenas de 5 a 7 anos. Por outra parte mañá venres ás 20 h terá lugar no Teatro Municipal de Tui o concerto de fin de curso do Conservatorio de Música de Tui e da Escola de Música. Falamos destas dúas actividades co director do Conservatorio e da Escola de M...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.