Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Inma Rodríguez e Gabriel Tizón - Actividades polo Día do Refuxiado en Tui 19.06.2024 28:13
Con motivo do Día das Persoas Refuxiadas Diversidades Acolle organiza mañá de 11 a 15 h unha serie de actos na Corredoira, cos que tamén dará a coñecer o traballo realizado nos últimos 4 anos en Tui. Ás 19.30 h na Sala Xacobeo no edificio Francisco Sánchez inaugurarán unha mostra fotográfica de Gabriel Tizón, con charla coloquio.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Pleno ordinario orzamentos 2024 17.06.2024 25:13
Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completamos hoxe a rolda de conversas sobre os orzamentos municipais que foron levados a pleno ordinario en maio onde foron rexeitados pola oposición. Tamén abordou outros temas da actualidade local.
Ent. Demetrio Fernández Requejo, veciño, e Elena García, técnica - Comunidades enerxéticas 14.06.2024 15:41
Un grupo de veciños da parroquia de Entenza, en Salceda, están a traballar na posta en marcha dunha Comunidade Enerxética. Para iso contan coa colaboración do concello salcedense, que cederá os tellados municipais para a instalación de paneis fotovoltáicos. Convocan a todas as persoas interesadas nesta inciativa a unha reunión que terá lugar o próximo martes 18 ás 20 h no Centro Cultural de Entenz...
Ent. María José Presa de Xuntanza e Ciano Valcárcel do San Xerome - Festival Fogares Sanxe en Randufe 14.06.2024 9:17
A Casa Cultural de Randufe acolle mañá a partir das 19 h o Festival Fogares Sanxe. Actuarán Xerock Percusión, o grupo de playbacks de Xuntanza, a escola da Coral Ponte das Febres, Sentinela, Toke de Queda e Pickan Tones. A entrada terá un prezo de 3€ que será destinará ao proxecto Fogares Sanxe. Coñecemos todos os detalles con María José Presa de Xuntanza e Ciano Valcárcel do San Xerome.
Ent.. José Manuel Martínez, director, Gonzálo González, secretario - XVI Festival de Corais 14.06.2024 5:55
Mañá sábado ás 20.30 h a igrexa de San Domingos en Tui acollerá XVI Festival de Corais, que contará coa participación de tres agrupacións musicais a Coral da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda, a Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, que organiza o evento. José Manuel Martínez, director, Gonzálo González, secretario, dest...
Ent. G Face - Canción do Verán Vaivén e docu-musical "G Face na casa" 14.06.2024 17:11
"Vaivén" de G Face vén de ser recoñecida coma "Canción do verán 2024" no concurso da TVG, polo que esta será un dos tema que se escoitarán moito nos próximos meses. Precisamente con este tema abrirá o próximo venres 21 un docu-musical que se chamará "G Face na casa" e que gravará atá setembro no Pazo do Mosteiro de Lira en Tomiño.
Ent. Ramiro García e Luís Ruiz do CEIP nº2 | 50 anos deste centro educativo 13.06.2024 11:01
O CEIP nº2 cumpre 50 anos. Vaino celebrar con dous actos, o primeiro o luns 17 e o segundo o venres 28 deste mes. Coñecemos os detalles con Ramiro García, actual director, e Luís Ruíz, que estivo ao fronte do centro até o ano pasado e no que foi profesor durante 27 anos. Tamén nos falaron do premio Voz Natura que veñen de gañar.
Ent. Sandra González e Nuria Castro - XIX Feira de Cultivos do Baixo Miño 13.06.2024 13:55
Esta fin de semana celébrase na praza Pintor Antonio Fernández de Goián a XIX Feira de Cultivos do Baixo Miño. Un evento que visibiliza a importancia que o sector dos cultivos ten na comarca. Coñecer as novidades e o programa deste ano con Sandra González, alcaldesa de Tomiño, e Nuria Castro, vicepresidenta de ACUBAM.
Ent. José Quinteiro e Pilar Álvarez de SOS Tomiño - Baixo Miño | Xantar Solidario 2024 13.06.2024 7:57
A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño celebra este domingo o seu Xantar Solidario 2024, un acto público aberto a todo aquel que desexe participar. Será en Torroña, en Oia. Un xantar no que amosarán o seu agradecemento a todas as persoas voluntarias que colaboran con SOS Tomiño Baixo Miño, e aos colaboradores, e tamén dar a coñecer o traballo que realizan. O prezo de cada invitación é de 2...
Ent. Rosa Mari Pérez, peregrina | Camiño de Santiago Suíza-Compostela 12.06.2024 13:40
Rosa Mari Pérez, veciña de Caldelas, marchou con 18 anos a traballar a Suíza. Ía con contrato de traballo de 2 anos, e neste 2024 cumpre 40 anos naquel país. Con motivo deste aniversario decidiu realizar o Camiño de Santiago dende Suíza a Santiago. En solitario cruzou os Alpes e Francia, acumulando moitas anéctodas e vivencias, e a partir de aí coincidiu xa con outros peregrinos. Ao longo do seu p...
Ent. Iván Carral, presidente ACITUI - Campaña Días Azuis 12.06.2024 7:09
Fomentar as compras no comercio local é o obxectivo da campaña Días Azuis que pon en marcha a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia . O presidente de ACITUI, Iván Carral explicaba que o comercio de Tui e a súa clientela pode participar na campaña até o 30 deste mes. Sortearanse tarxetas prepago regalo de 250 euros e de150 euros.
11062024 Programa especial Medio Ambiente 12.06.2024 34:42
Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente tivemos un programa especial na nosa sintonía no que nos acompañaron Sara Luque e Ramón Nogueira, xunto a distintos convidados.
Ent. Nico Montes, voceiro do PP - Balance pleno ordinario maio 12.06.2024 17:06
Hoxe proseguimos a rolda de conversas para valorar o pleno ordinario de maio no que os grupos da oposición rexeitaron os orzamentos presentados polo goberno municipal para este ano. Esta mañá acompañounos o voceiro do PP, Nico Montes.
Ent. Sebastián Gómez - Iniciativa recollida de lixo 11.06.2024 5:29
A preocupación pola nosa contorna natural leva a un veciño de Tui, Sebastián Gómez, coñecido coma Sebastián do Monte Aloia, a encabezar unha recollida de lixo por distintos espazos naturais en todas as parroquias tudenses. Na nosa sintonía Sebastián facía un chamamento a sumarse a esta iniciativa. As persoas interesadas poden contactar con el no 634 645 816. Destacaba coma hai uns días o grupo Sco...
Ent. Cuqui Piñeiro e Ramón Fernández Leal da CMH| Actos conmemorativos 25 aniversario Monumentos aos Represaliados 11.06.2024 13:53
Cando se cumpren 25 anos do Monumento aos Represaliados da Alameda de San Domingos a Comisión pola Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña organiza dous actos conmemoativos. O primeiro será este sábado coa inauguración dunha exposición na Sala Municipal en Tui e o segundo un acto na Alameda de San Domingos o sábado 29 deste mes. Así nolo contaron Ramón Fernández Leal, membro da Comisión...
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Pleno maio orzamentos 11.06.2024 15:07
No pleno ordinario de maio os tres grupos da oposición rexeitaron os orzamentos de 2024 presentado polo grupo de goberno de Tui. Hoxe valoramos este pleno coa voceira do BNG, Carmen Núñez.
Ent. Iria Márquez, intérpete de Lingua de Signos - III Festival de Cancións en Lingua de Signos 10.06.2024 6:40
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 14 de xuño, ás 19.30 h o III Festival de Cancións en Lingua de Signos organizado polo Centro Anarela. Faise coincidir co Día Nacional das Linguas de Signos Iria Márquez, intérprete de lingua de signos explicaba os obxectivos e como vai ser.
Ent. Javier Niño, coodinador técnico do CB Tui - Ascenso a 1ª División 10.06.2024 3:17
O CB Tui é xa un equipo de 1ª División. O sábado impúxose nun emocionante partido ao Celtas de Foz o que lle valeu o pase a final e o ascenso. O público ateigou o pavillón tanto o sábado coma onte domingo animando ao equipo. Fixemos balance deste logro con Javier Niño, coordinador técnico do CB Tui.
Ent. Pablo e Carla do Colexio Maristas - Congreso EducODS 2030 07.06.2024 2:45
O alumnado de Infantil foi o responsable hoxe dos postos presentes no Congreso EducODS 2030 no Paseo da Corredoira. Pablo e Carla do Colexio Maristas contáronnos o proceso para sementar en pequenos vasos de plástico reutilizados.
Nataxa Pérez e Marta Álvarez do CEIP nº1 - Cognreso EducODS 07.06.2024 3:56
Na derradeira xornada do Congreso @educods2030 no Paseo da Corredoira celebrouse o Encontro de Carrilanas e o alumnado de Infantil dos distintos centros educativos tiveron hoxe o protagonismo. Dende a Corredoira falamos con Nataxa Pérez e Marta Álvarez do CEIP nº1.
Ent. Nuria Garabal, directora CEIP nº1 - Balance IV Congreso EducODS 07.06.2024 7:03
Tras catro intensas xornadas hoxe rematou o IV Congreso EducODS organizado polo CEIP nº1 de Tui e no que participaron 19 centros educativos e a escola da Banda de Música Popular de Tui. Fixemos balance do mesmo con Nuria Garabal, directora do CEIP nº1.
Ent. Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui - Fase de Ascenso 07.06.2024 3:38
O CB Tui buscará esta fin de semana o ascenso á Primeira Galega. Será na Fase de ascenso que se xoga no pavillón municipal. Os tudenses xogarán ás 20 h co CB Celtas Foz, antes ás 18 h será o partido entre o Instituto Rosalía e o CB Artai. O encontro polo 3º e 4º posto será o domingo ás 17h e a final ás 19 h. Falamos desta importante cita con Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui
Ent. Abel Estévez, concelleiro de Deportes do Porriño | IX Triatlón Tui - O Porriño 07.06.2024 4:05
170 persoas van participar mañá no IX Triatlón Tui-O Porriño que se celebra mañá sábado. Comezará ás 17 h en Tui coa proba de natación no río Miño, e a transición en bicicleta cun percorrido até o Porriño, onde terá lugar a carreira a pé. Contóunolo o concelleiro de Deportes do Porriño. Abel Estévez.
Ent. José Luís Núñez | Galician Rising Star Cup 07.06.2024 6:13
Esta tarde comeza nas instalacións Álvarez Durán en Tui o I Torneo Internacional de fúbtol 11 Galician Rising Stars Cup coa participación de 40 equipos da categoría cadete e infantil. Falamos do mesmo con José Luís Núñez, da organización do Torneo.
Ent. Ana García, pedagoga - Campamento Creativo no Centro Sociocomunitario 06.06.2024 7:49
Ana García, pedagoga, será a encargada do campamento creativo que terá lugar en xullo no Centro Sociocomunitario de Tui. Tamén impartirán un Obradoiro de Técnicas de Organización e autoestima. Hoxe deunos todos os detalles.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.