Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Andrea González - IKFEM 2024 12.07.2024 15:03
O próximo mércores, 17 de xullo, comeza o IKFEM Festival. Hoxe coñecemos os detalles desta nova edición coa súa directora Andrea González. Falounos do lema #SomosPonte, dos concertos, da ponte creativa, das entradas para o festival, do Balcón do IKFEM,....
Ent. Mercedes Martín de Verdeazul - Descensos Nocturnos en Kaiak 12.07.2024 13:26
A empresa Verdeazul leva máis de dúas décadas organizando descensos nocturnos en piragüa no verán. Unha experiencia que volverán a repetir este ano como nos explicou Mercedes Martín. Tamén nos deu conta dos outros servizos que ofertan.
Ent. Joaquín Cadilla da Asociación O Piueiro - Festa Rosegha 12.07.2024 4:56
A preservación e a promoción da cultura mariñeira local é o obxectivo da Festa Rosegha que organiza a Asociación Piueiro na Guarda baixo o lema "Unindo Pobos". Celébrase dende hoxe e até o domingo con conferencias, exposicións, concertos e actividades infantís. Así nolo contou Joaquín Cadilla da Asociación O Piueiro, organizadores do evento.
Ent.Ramiro García Entenza, director CEIP nº2 - Sello Vida Saudable 2024 11.07.2024 7:55
Novo recoñecemento para o CEIP nº2 de Tui nun curso especial xa que celebra o seu 50 aniversario. O Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes outorgoulle o distintivo de calidade de centros docentes “Sello Vida Saludable 2024”. Falamos do mesmo con Ramiro García Entenza, director CEIP nº2.
Ent. Uxía Couto e Irene Boo da Comisión de Festas - Festas do Santo Cristo da Agonía en Baldráns 11.07.2024 4:12
Máis de 800 racións teñen previsto servir esta fin de semana na 31ª Romaría do Polbo en Baldráns que se celebra este sábado. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, dará o pregón das festas do Santo Cristo da Agonía que se celebrarán até luns, e nas que actuarán a Banda de Gaitas A Insua de Caldelas e a Banda de Música Popular de Tui. Tamén contará co trío Salero, o grupo Ritmo, as orquestras La Fórm...
Ent. Nico Montes, voceiro do PP de Tui | Balance pleno 21 de xuño 11.07.2024 21:15
Proseguimos as conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación con Nicolas Lorenzo Montes, voceiro do PP de Tui, valorando o pleno do xuño cos orzamentos e a resolución do contrato do aparcamento. Tamén deu conta que hoxe terán reunión co equipo de goberno para negociar sobre as contas deste ano. Por outra parte valorou o primeiro ano do actual mandato, e lle preguntamos polo seu...
Ent. Javier Touza de ARVI - Vigo Seafest 10.07.2024 8:13
Dende mañá xoves até o domingo celébrase nos xardíns de Elduayen en Vigo a quinta edición do Vigo Sea Fest. Un evento que ten coma obxectivo dar visibilidade e incrementar o consumo de peixe. A gastronomía, da man de prestixiosos cociñeiros será protagonista pero o programa abrangue un amplo conxunto de actividades nas que non falta nin a música nin o deporte. Falamos con Javier Touza, presidente...
Ent. Natalia Lago | Noite máxica con A Fada do Aloia 10.07.2024 9:28
Volven As Noite Máxicas coa Fada do Aloia. A primeira das citas será este venres ás 22 h para subir até o cumio do Aloia, coñecer a fauna nocturna e as lendas. As persoas participantes poderán observar as constelacións, planetas e a lúa da man de Antón Paz, guía Starlight e Divulgador Astronómico. A duración prevista é de 2 horas. O prezo é de 10€ nenos e 14 € persoas adultas. É preciso inscribirs...
Ent. Conchi Sales, Ana Pedreira e Fernando Carnero - IV Festival da Cultura Tradicional e Folk 09.07.2024 9:47
Esta fin de semana celébrase en Tui o IV Festival da Cultura Tradicional e Folk. O sábado a partir das 20 h na praza de San Fernando terá lugar o IX Certame de Gaita e Tamboril, e logo unha mostra conferencia do traxe galego a cargo do grupo etnográfico Traxandaina, e pechando a noite concerto do grupo folk Ardentía. O domingo ás 19.30 h celebrarase na Corredoira o IX Día da Muiñera. Así nolo cont...
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Balance pleno 21 de xuño 09.07.2024 19:46
Hoxe fixemos balance con Carmen Núñez do BNG do pleno extraordinario urxente celebrado o pasado 21 de xuño en Tui con dous asuntos destacados os orzamentos e a resolución do contrato de aparcamento. Confirmou que tras esa sesión plenaria hai reunión co equipo de goberno para chegar a un acordo sobre as contas municipais para este ano. Tamén fixo balance do primeiro ano de mandato desta corporación...
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - XXXII Feira do Viño do Rosal 08.07.2024 8:49
Dende este venres até o domingo celébrase na praza do Calvario no Rosal a 32ª Feira do Viño do Rosal. Un evento que comezará xa o venres ás 13 h coa inauguración e pregón a cargo de Fernando Gurucharri, antigo presidente da Unión Española de Catadores. A feira amplía así as horas de duración e tamén o número de actividades. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, destacaba a importancia da feira e...
Ent. José Palacín de C21 - Balance pleno 21 de xuño 08.07.2024 22:11
Abrimos hoxe con José Palacín de C21 a rolda de conversas tras o último pleno da corporación celebrado con carácter extraordinario e urxente e no que se trataron dous temas destacados os orzamentos deste ano e a resolución do contrato do aparcamento subterráneo. Tamén lle preguntabamos polo balance do primeiro ano da actual corporación.
Ent. Eduardo Méndez Sanjujo, comité organizador | X Campionato Ibérico de Kung Fu 05.07.2024 13:45
O pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acolle este domingo, dende ás 10.30 h, o X Campionato Ibérico de Kung Fu Tradicional e Moderno. Coñecemos todos os detalles con Eduardo Méndez Sanjurjo, do Di Som e organizador do evento, e co deportista Miguel Santos.
Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda | XXXII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira 05.07.2024 6:19
A Guarda celebra dende hoxe até o domingo a XXXII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. A gastronomía maridará coas actividades previstas nun programa que abrirá hoxe o pregón de Luís Zahera. Falamos da festa con Roberto Carrero.
Ent. Óscar Cabaleiro, Alicia González e Gregorio Díaz - GuillaFolk 2024 05.07.2024 12:59
Hoxe venres e mañá sábado celébrase no torreiro de festas de Guillarei o Guillafolk, Festival Folk. Hoxe celebrarán o festival folclórico e mañá o festival de bandas, pero tamén haberá outras actividades. Así nolo contaron hoxe Óscar Cabaleiro, e Alicia González da Asociación Cultural Lembranzas da Terra e Gregorio Díaz Veiga do grupo Erasmo Hernández de Gran Canaria que participará hoxe no festiv...
Ent. Mané Villa da Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández - Exposición Colectiva 05.07.2024 7:16
A Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández de Goián, co respaldo do concello de Tomiño, organiza unha exposición colectiva que se pode visitar até o próximo luns 8 de xullo, no Espazo Cultura no Mercado de Goián. Na mesma reúnen a obra de dez escultores que tiveron algún tipo contacto, directo ou indirecto, con Antonio Fernández. Falounos da mostra Mané Villa, quen indicou que teñen amais á ve...
Ent. Mar Rodríguez e Auri Rodríguez da Asociación Santa Columba - Semana Cultural de Ribadelouro 03.07.2024 7:22
Hoxe coñecemos todos os detalles da Semana Cultural de Ribadelouro, que organiza a Asociación Cultural Santa Columba do 7 ao 20 deste mes. Para iso no programa Día a Día acompañáronos Mar Rodríguez e Auri Rodríguez que nos explicaron a programación prevista.
Ent. Sebastián Gómez - Romaría das Angustias 2024 03.07.2024 8:24
Este domingo, primeiro domingo de xullo, celébrase no cumio do Monte Aloia a Romaría das Angustias. É a segunda das romarías que se celebran no Aloia xunto á de San Xulián que ten lugar o 27 de xaneiro. Ás 10 h haberá a primeira misa, e ás 12 h a solemne con procesión, e non faltarán as poxas. Falamos da romaría con Sebastián Gómez, Sebastián do Monte Aloia,
Ent. Rubén Pose, cabo 1º da Brilat - concurso de Patrullas Tui-Santiago 24.06.2024 5:44
O Concurso de Patrullas da Brilat reforza o seu carácter internacional coa participación de 5 patrullas estranxeiras, de EEUU, Inglaterra e Portugal, entre as 33 inscritas. A saída será este mércores ás 9 h dende o Paseo da Corredoira e as patrullas terán que percorrer os 120 kms do percorrido até Santiago, pero amais facer distintas probas cronometradas, orientación, cruzar un río a nado,...
Ent. José Álvarez da Asociación A Insua de Caldelas - Concentración de coches 24.06.2024 3:55
A ribeira de Caldelas acolle este sábado, dende ás 11 h, a III Concentración de Coches de Rallie, vehículos clásicos, alta gama e racing. Amais haberá exhibición de coches 4x4 e coches RC. Non faltará a gastronomía e ás 21 h o concerto de No All Kansas. José Álvarez da Asociación A Insua de Caldelas,organizadora do evento, deunos todos os detalles.
Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música - Concerto Didáctico e concurso de carteis 24.06.2024 4:09
Este venres ás 17 h nas instalacións da Escola da Banda de Música Popular de Tui a escola ofrecerá un concerto didáctico, así nolo contou hoxe Eloy Carrera, director da Banda de Música. Por outra parte esta semana remata o prazo para votar no concurso para elixir o cartel anunciador do Festival de Bandas de Música que se vai celebrar en agosto. Presentáronse 18 traballos que estes días se pode ver...
Ent. Nuno Coimbra | Rampa do Monte Faro 21.06.2024 9:15
Pilotos de todo Portugal e España daranse cita mañá e o domingo na Rampa do Monte Faro en Valença que repitirá amais a especial nocturna. En total nas distintas categoría participarán 300 coches. A proba forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-VAlença. Deunos todos os detalles Nuno Coimbra.
Ent. Charly López - Velada de Boxeo en Goián 21.06.2024 11:47
Mañá ás 19.30 h no pavillón de Goián acollerá unha Velada de Boxeo no que participarán clubs de toda a zona. Haberá 8 combates de boxeo amateur, 2 combates de boxeo neoprofesional, e un combate de boxeo profesional a 6 asaltos. Así nolo contou hoxe Charly López de Spartam Team.
Ent. Merchi Fernández da Asociación Cultural A Insua - San Xoán 21.06.2024 5:15
Observación das estrelas, gastronomía, recollida de herbas de San Xoán e fogueira, son algunhas das actividades coa que esta fin de semana, mañá sábado e o domingo, celebran o San Xoán en Caldelas, baixo a organización da Asociación Cultural A Insua. Así nolo contou Merchi Fernández.
Ent. Andres Díaz-Ripoll, comandante Naval do Miño - Concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín 20.06.2024 3:28
Dentro dos actos cos que se está a conmemorar o 160 aniversario da Armada ao Miño mañá venres ás 19 h na Corredoira haberá un concerto especial da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín. Así nolo contou Andres Díaz-Ripoll, comandante Naval do Miño.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.