Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent.Igor Drozdov de BlackBird Concept- Espazo Comercio 27.08.2024

No tempo de Espazo Comercio hoxe coñecemos BlackBird Concept, unha barbería e perruquería de cabaleiros, que en 2019 abriu un novo centro en Tui que se sumou ao que dende 2017 teñen no Porriño. Igor Drozdov falounos de moda, de cortes, dos servizos que ofrecen, e a filosofía que teñen no seu establecemento.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Solicitude 4 Lugares da Memoria 27.08.2024

O Concello de Tui vai solicitar ao Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática que se declaren coma “Lugares de memoria democrática” o antigo cárcere do partido xudicial na Praza da Inmaculada, o parque da Alamed, o Destacamento da Armada e o cuartel dos Carabineros, actualmente da Guardia Civil. Tamén creará un itinerario de memoria democrática. Así o explicaba hoxe o alcalde de Tui,...

Ent. Andrea González, director do IKFEM - Concerto da Orquestra Sinfónica RTVE e a pianista Marta Menezes 26.08.2024

O IKFEM Festival pechará a súa programación de 2024 co concerto da Orquestra Sinfónica RTVE e a pianista Marta Menezes o venres, 6 de setembro, ás 21 h ES, nas Cortinas de San Francisco en Valença. As entradas están xa á venda para este evento tan especial coma hoxe nos explicaba a directora do festival Andrea Gozález.

Ent. Julio Solleiro e Xosé Martínez Tato - Andaina Solidaria co pobo saharauí pola senda do Furnia 26.08.2024

Este sábado, 31 de agosto, celebrarase a Andaina Solidaria co pobo saharauí pola senda do Furnia, co obxectivo de recadar cartos para axudar aos saharauís. A inscrición está aberta até este venres ás 17 h na Oficina de Turismo ou no teléfono 670 60 13 22, cun prezo de 10€ adultos e 5€ nenos e nenas.

Ent.Vicente Ferez de Unipublic - Paso de La Vuelta por Tui 26.08.2024

Mañá Tui será punto de paso de La Vuelta. Pero máis aló da carreira na cidade estará tamén, de 13.30 a 14 h na Corredoira, a caravana publicitaria que vai repartir máis de 3 mil agasallos entre o público. Trátase de facer unha minifesta para as persoas que se achegan a ver o paso da volta cicilista a España coma explicaba Vicnete Ferez de Unipublic.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui | Paso de La Vuelta por Tui 23.08.2024

O próximo martes La Vuelta, a volta ciclista a España, pasará por Tui. Entre ás 13.30 h e ás 14 h na Corredoira estará a caravana para repartir preto de 3 mil regalos, o tráfico pecharase a partir das 14.30 h e os ciclistas pasarán polo centro urbano a partir das 15.30 h. Deunos todos os detalles o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, quen convidaba a presenciar a pé de rúa este espectáculo de...

Ent. Jose Carpinteira, presidente da Camara de Valença - Valença na ruta da Historia e reconstrución muralla 23.08.2024

Dende esta tarde a Fortaleza de Valença viaxe no tempo con "Valença na rota da historia. O Marquesado de Valença". Mercado medieval, espectáculos medioevais, torneos, música, gastronomía... forman parte do amplo programa prevista até este domingo. Do mesmo falamos con Jose Carpinteira, presidente da Camara de Valença. Tamén lle preguntamos polos traballos de reconstrución do pano da muralla.

Ent. Manuel Pedrares, director técnico do Kaiak Tudense - 53 Descenso Internacional do Miño - Campionato de España 23.08.2024

Mañá sábado ás 17 h sairá dende Salvaterra o 53º Descenso Internacional do Miño que será Campionato de España. Da proba falamos esta mañá con Manuel Pedrares, director técnico do Kaiak Tudense, quen explicaba os favoritos á vitoria entre os 600 participantes, e a previsión de chegada a meta en pouco máis dunha hora tendo en conta que terán a marea subindo.

Ent. Salvador Pérez, Juan José Mira e David González - Festival de Bandas de Música de Tui 2024 23.08.2024

A praza de San Fernando acolle hoxe a partir das 21 h o XXIX Festival de Bandas de Música no que van participar a Asociación Musical Julián Santos de Jumilla de Murcia e a Banda de Música Popular de Tui. Falamos deste evento con Salvador Pérez e Juan José Mira, director e presidente da banda de Jumilla, e David González, presidente da Banda de Música Popular de Tui.

Ent. Miguel Ángel Martínez da AC Xuntanza - Semana Cultural de Randufe 23.08.2024

Este domingo comeza a Semana Cultural de Xuntanza que se vai celebrar até o domingo 8 de setembro. A primeira das citas é a carreira popular, tras un paréntese a partir do venres 30 haberá música, deporte, teatro... Falamos do programa con Miguel Ángel Martínez.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Marcos González de Hípica Marcos - Xuntanza Cabalar de San Bartolomeu 22.08.2024

Este sábado, 24 de agosto, celébrase a Xuntanza Cabalar de San Bartolomeu. Compra-venda de gando, xincanas, espectáculos escuestre, concurso de enganche e premios especiais forman parte do programa que agarda reunir a miles de persoas. Desta destacada cita faláronnos hoxe Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Marcos González de Hípica Marcos.

Ent. J. Benito Fernández, biógrafo - Presentación do libro “El plural es una lata. Biografía de Juan Benet” 22.08.2024

O tomiñés José Benito Fernández presentará mañá venres, ás 20.30 h, no Hotel Nueva Colina de Tomiño o libro “El plural es una lata. Biografía de Juan Benet”. Tal e coma explicaba hoxe consideráse un biógrafo máis que escritor. Na presentación estará acompañado por Julio Abalde, profesor de Lingua e Literatura española do IES Antón Alonso Ríos.

Ent. Rita Álvarez de Las Flores de Rita - Sección Comercio 22.08.2024

En novembro de 1997 abría as súas portas Las Flores de Rita. Ao fronte está Rita Álvarez quen hoxe no tempo que dedicamos ao comercio local con ACITUI contounos que non son unha florería ao uso, son especialistas en tocados e tamén en flor seca e preservada. Arestora están na rúa A Guarda.

Ent. Alejandro Pardo, responsable da área social do Tyde - Iniciativas na nova temporada 21.08.2024

Alejandro Pardo, responsable da área social do Tyde Fútbol Club, compartiu no programa Día a Día as novas iniciativas que se están levando a cabo no clube. Co fortalecemento do vínculo entre o Tyde e a veciñanza tudense como principal obxetivo, o Tyde móstrase ambicioso de cara a nova temporada.

Ent. Cristina Soutelo, padeeira do Kaiak Tudense - Subcampioa de España de maratón curto 20.08.2024

A padeeira tudense Cristina Soutelo, do Club Kaiak Tudense, proclamouse a pasada semana subcampioa de España de Maratón Curto. Hoxe falamos con esta deste resultado pero tamén da súa carreira deportiva.

Ent. Mari Lamas de Dequip Tui |Espazo Comercio 20.08.2024

Hoxe no Espazo Comercio que realizamos xunto con ACITUI achegámonos a Dequip Tui coa súa propietaria Mari Lamas. En outubro de 2015 iniciaron a súa actividade como LEGEA para despois converterse nunha tenda multimarca.

Ent Eloy Carrera, director e Carla Vaz, Rubén Ricón e Andrea Ricón, da BM Popular de Tui - Festival de Bandas de Música 19.08.2024

Este venres, ás 21 h, na praza de San Fernando celébrase o Festival de Bandas de Músicas coa participación da Banda de Música Popular de Tui e a Asociación Musical Julián Santos de Jumilla de Murcia. Falamos deste evento musical con Eloy Carrera, director da banda tudense, e con Carla Vaz, Rubén Ricón e Andrea Ricón, membros da agrupación.

Ent. Tania Fernández do Kaiak Tudense - Clasificada para o Mundial de Maratón en K2 xunto a Tania Álvarez 19.08.2024

A padeeira Tania Fernández do Club Kaiak Tudense participará o próximo mes de setembro do Campionato do Mundo de Maratón en K2 xunto a Tania Álvarez tras lograr a praza o sábado na Copa de España onde foron medalla de ouro. Hoxe falamos con Tania Fernández en Día a Día.

Ent. Iván Alonso, padeeiro | Campión de España de Maratón curto en k1 19.08.2024

O padeeiro tudense Iván Alonso do Piragüismo As Torres Romería Vikinga proclamouse o pasado venres Campión de España de Marartón Curto en K1, co que logrou a praza para o Mundial que se disputará en setembro. Hoxe falamos con el desta competición e da súa carreira deportiva.

Ent. Daniel García, da comisión de festas da Virxe da Rocha - Feira de Artesanía e Gastronomía en verbena 19.08.2024

Dende este sábado 24 até o martes 27 celébranse as festas na honra á Virxe da Rocha en Caldelas. Unha das novidades será a Feira de Artesanía e Gastronomía que contará o 25 postos dende o sábado ás 16 h. Outra das novidades será a actuación de Hoxe coñecemos todos os detalles con Daniel García, membro da Comisión de Festas.

Ent. Yair Fernández - Presentación "Vueltas" 19.08.2024

"Vueltas" é o cuarto sinxelo que vén de lanzar Yair Fernández. Tras o seu lanzamento hai uns días hoxe presentouna no programa Día a Día, onde falamos tamén da súa carreira musical.

Ent. Manuel Pedrares do Kaiak Tudense - Descenso Popular 14.08.2024

Máis de 450 persoas e 300 piraugas van participar mañá xoves no Descenso Popular do miño dende a Ribeira de Caldelas. Ás 12 h comezará xa a Romaría Popular. Deunos toda a información e os datos prácticos Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense.

Ent. Antonio Barroso | Concerto de Os Melidaos no IV Rocha Folk 14.08.2024

O grupo Os Melidaos actuará este venres en concerto no IV Rocha Folk na Ribeira de Caldelas. O grupo recibiu este ano Premio o Martín Códax da Música na categoría de Música Tradicional. Esta mañá falamos con Antonio Barroso, un dos integrantes de Os Melidaos do grupo, da súa música e do concerto deste venres.

Ent. Javier Rodríguez e Francisco Cañedo|Festas de San Roque e San Bartolomeu 14.08.2024

Mañá xoves 15 e o venres 16 celébranse en San Bartolomeu as festas na honra a San Roque na que destaca mañá a procesión de San Roque dende a igrexa das Claristas á de San Bartolomeu. Non faltarán os concertos e as verbenas coma hoxe nos explicaron Javier Rodríguez e Francisco Cañedo, da Comisión de Festas.

Ent. Patricia Pérez e José Domínguez de Amigos da Festa de Rebordáns - Festas na honra á Virxe do Camiño 13.08.2024

Hoxe martes ás 21 h coa procesión das velas comezan as festas na honra á Virxe do Camiño en Rebordáns. Mañá terán o grupo de gaitas, tambores e cornetas Ría de Vigo e pregón sorpresa ás 22.15 h. Non faltarán as verbenas e os concertos da Banda de Música Popular de Tui. Así nolo contaron Patricia Pérez e José Domínguez de Amigos da Festa de Rebordáns.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.