Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Tania Otero, de Cucadas | Espazo Comercio 19.09.2024

No tempo de Espazo Comercio que realizamos con ACITui acompañounos Tania Otero de Cucadas. Este establecemento abriu as súas portas en setembro de 2005. Neste camiño de dezanove anos foron evolucionando nos produtos que ofertan para os bebés porque, como explica Tania, mudou moito. O seu punto forte é o asesoramento aos pais e nais; e o seu obxectivo a medio prazo é avanzar nas súas redes sociais.

Ent. Xosé Martínez Tato, club AndaTui Rego da Pedra| Andaina entre Valença e Tui pola Semana da Mobilidade 19.09.2024

Este domingo día 22 de setembro ás 10:00 ES partirá dende a Praça da República de Valença unha andaina organizada polo club AndaTui Rego da Pedra con motivo da Semana da Mobilidade. A meta estará na praza da Inmaculada, en Tui. O tren turístico da Eurocidade transportará ós participantes de Tui até o punto de saída, ás 9:30 h ES, e volverá á Valença dende a praza da Inmaculada, ás 12:30 h ES.

Ent. Ángel Pozo de Terra Sigilata | Concerto música sefardí no Setembro xudeu 19.09.2024

Este domingo día 22 de setembro a igrexa de San Domingos, en Tui, ás 20 h, acollerá o principal evento do "Setembro xudeu". Será coa música de Terra Sigilata, un dúo palentino conformado polos irmáns Ángel e Marimar Pozo.

Ent. Paula López de Equigalia | Concurso Nacional de saltos en Tui 19.09.2024

Cita destacada esta fin de semana en Tui co Concurso Nacional de Saltos que se vai celebrar nas instalacións de Equigalia, e que vai reunir a destacados xinetes e amazonas. A competición comezará mañá venres ás 14:30 h e continuará até o domingo coa disputa do gran premio. A entrada é de balde. No Instagram do Club @csn_equigalia pódese consultar toda a información.

Ent. María Fernández | Transporte público ao CUVI dende Tui 17.09.2024

María Fernández é veciña de Tui e nai dun estudante da Cidade Universitaria de Vigo. Solicita que haxa un servizo directo de autobús, dende o CUVI a Tui, ás 14 h cando o alumnado sae das clases, xa que actualmente so hai servizo ás 12 h ás 13 h e ás 20 h. Contounos a situación no programa Día a Día.

Ent. Mar López de MyR | Espazo Comercio 16.09.2024

No tempo de Espazo Comercio que realizamos con ACITui acompañounos Mar López de MyR Lanas. Este establecemento abriu as súas portas en outubro de 2005, comezando con abalorios. Nestes dezanove anos tivo xa tres emprazamentos e nos que se foi renovando. Explicounos os distintos talleres que ofrecen aos que cada vez máis persoas se suman a tecer. Avanzaba que en outubro terá dous días de maratón tec...

Ent. Lucía Estévez do CCV Veciñal | Actividades Outono 16.09.2024

A Asociación Cultural e Veciñal Laxes de Paramos pon en marcha un novo programa de actividades a partir deste outono, no que continuarán con algunha das propostas que xa realizaban e presentan outras novidosas. Amais este sábado comezan as rutas con A Fada do Aloia que farán unha vez ao mes, e o domingo en sesión vermú contarán con Manuel Madardáns. Así nolo contou Lucía Estévez desta asocións.

Ent. Manuel Vicente 'Roxo' | MUMI 2024 16.09.2024

A Eurocidade Tui-Valença e a sede do quinto MUMI, o Encontro da Música de Galicia e de Portugal. Dos obxectivos, o programa previsto, e o futuro falamos con Manuel Vicente 'Roxo' membro da organización.

Ent. Ana Castaño de Escoita Tui | Espazo Comercio 13.09.2024

Hai tres anos e medio abriu en Tui Escoita Tui. Coñecemos os servizos que oferta este establecemento con Ana Castaño no tempo do Espazo Comercio que realizamos con ACITUI. Escoita é un grupo galego que se dedica principalmente á adaptación de audífonos, pero tamén ofertan moldes para ruído, protectores para músicos, industria,...

Ent. Saúl Vaz,piloto de karting, Jesús Vaz e Miguel Peiró | Campionato de España 13.09.2024

O piloto tudense de karting Saúl Vaz, de 15 anos, que esta temporada competiu xa en categoría absoluta, particpa a próxima fin de semana, do 20 ao 22 de setembro, no Campionato de España de Karting. Falamos con el desta cita e da temporada. Tamén nos acompañaron Jesús Vaz, o seu pai e manager, e Miguel Peiró, o seu adestrador.

Ent. Iván Carral, presidente de ACITUI | Seminario Conecta Tui, reconectando ACITUI 13.09.2024

Hoxe venres, ás 20.30 h, celebrarase no Liceo Casino o Seminario " Conecta Tui, reconectando ACITUI". No mesmo presentarase a directiva da asociación de comerciantes, os convenios de colaboración, e a propia ACITUI amais de celebrar unha mesa redonda co título "Networking empresas locais". Deste evento falamos con Iván Carral, presidente de ACITUI.

Ent. Ana Núñez, concelleira Igualdade, e Paula Cabaleiro, comisaria da actividade | Boas Vibes 13.09.2024

"Boas Vibes" é o título do programa para a promoción da igualdade que a próxima semana se vai desenvolver en Tui dirixida á mocidade. Haberá obradoiros de música, poesía, cómic, danza e skate a cargo de Wöyza, Yolanda Castaño, Coral Martínez, Yara Juncal e Vella Escola. Amais actuará o grupo Boombox Dance Studio e fará unha exhibición de rolling a patinadora galega Bomba Hache. Falamos do programa...

Ent. Sandra González, alcaldesa, e Hortensia Expósito - Acto cívico do Alivio e outros 13.09.2024

Mañá ás 21 h na praza do Seixo, en Tomiño, celebrarase o Acto Cívico do Alivio no que será homenaxeada Hortensia Expósito Martínez 'Tena'. Con ela falamos esta mañá no programa Día a Día xunto coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, con quen tamén abordamos outros temas da actualidade municipal.

Ent. Alejandro Millán e Lucas González da Comisión de Festas de Guillarei - Festas na honra á Virxe das Dores 13.09.2024

Co pregón a cargo do tudense Lino Martínez, Campión do Mundo de Judo, e o acendido do alumeado hoxe comezan as festas na honra á Virxe das Dores en Guillarei. Até o próximo luns concertos e verbenas centrarán o programa festivo como nos explicaron Alejandro Millán, presidente, e Lucas González, secretario da Comisión de Festas.

Ent. David Domínguez, presidente do Tyde - Asemblea 04.09.2024

O Tyde celebra asemblea este venres ás 20 h, primeira convocatoria, e ás 20.30 h no Seminario Menor de Tui. Na orde do día figuran sete puntos. Da mesma falamos con David Domínguez, presidente do Tyde.

Ent. Laura Solla e Gustavo Rodríguez do Club Atletismo Tui - Xornada de Portas Abertas 04.09.2024

Comeza nova temporada de adestramentos no Club Atletismo Tui. Será o próximo xoves, 12 de setembro na Macoca. Laura Solla, vicepresidenta, e Gustavo Rodríguez, adestrador, faláronnos da xornada de portas abertas, e das características do club

Ent. Javi Niño, coordinador deportivo do CB Tui - Xornada de Portas Abertas 03.09.2024

O CB Tui realiza ao longo deste mes de setembro unhas xornada de Portas Abertas no pavillón municipal vello. Das mesmas falamos con Javi Niño, coordinador deportivo do club.

Ent. As Pituquiñas de Ribadelouro | Grupo e clases novas temporada 03.09.2024

Hai tres anos nacía na Asociación Cultural Santa Columba o grupo de pandereteiras "As Pituquiñas" formado por Carla, Noa, Andrea, Anais, e Lara Naiara e Lucía. Recibímolas no programa Día a Día xunto a súa profesora Auri Rodríguez. Esta semana iniciarán as clases de iniciación de pandeireta e de gaita e tamén as grupais.

Ent. Damián Domínguez de Pinturas Damián | Espazo Comercio 03.09.2024

Hoxe no Espazo Comercio falamos de Pinturas Damián,. Dende xaneiro de 2019 está ao fronte deste establecemento Damián Domínguez. Hoxe contounos coma pintura e papel pintado son os productos principais que ofrecen, pero tamén poñen en contacto á clientela con profesionais do sector da construción para realizar unha obra.

Ent. Marta Puig, Vilma Faingezicht e Rafael Sánchez Bargiela - Setembro Xudeu en Tui 02.09.2024

Onte comezou en Tui a programación do Setembro Xudeu que forma parte das Xornadas Europeas da Cultura Xudía. Destas xornadas falamos hoxe con Marta Puig, xerente da Red de Juderías de España. Tamén estivo connosco Vilma Faingezicht que ás 20 h na Sala Municipal presenta o seu libro “Una judía en el Camino de Compostela” e a exposición "Luces de esperanza dende os sambenitos de Tui". Tamén será ina...

Ent. Carlos Estévez - Campionato de España de Radiocontrol Térmico 30.08.2024

O río Miño ao seu paso por Tui acolle esta fin de semana o Campionato de España de Radiocontrol Térmico, organizado polas reales Federacións Española e Galega de Motonáutica. Participarán 12 pilotos. Falamos desta espectacular proba con Carlos Estévez.

Ent. Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño - 4,7 millóns de euros para o Consorcio do Louro. 30.08.2024

O Consorcio de Augas do Louro recibirá 4.719.912,04 euros ao abeiro do PERTE para a dixitalización e modernización do ciclo da auga dos fondos europeos Next Generation UE. A proposta do Consorcio foi a mellor puntuada de Galicia e tamén se posicionou entre as mellores a nacional. Falamos deste proxecto con lejandro Lorenzo, alcalde do Porriño e presidente do Consorcio.

Ent. Pedro Villaroel, director da Agrupación Musical de Goián e Alfredo Susavila- Verbena Sinfónica 29.08.2024

Unha noite moi especial será a que se poderá vivir mañá venres, a partir das 22 h na praza do Seixo, en Tomiño co concerto de verán da Agrupación Musical de Goián que este ano leva por título “Verbena sinfónica”. Falamos do mesmo con Pedro Villaroel, director da Agrupación Musical de Goián e Alfredo Susavila, mestre e pianista que se encarga da dirección musical e os arranxos.

Ent. Hortensia Martínez de La Flor - Espacio Comercio 29.08.2024

Hoxe no Espazo Comercio que realizamos con ACITUI recibimos a Hortensia Martínez de Floristería La Flor. Este establecemento abriu as súas portas hai 43 anos. Falamos dos inicios, do presente e os servizos que realizan e tamén do futuro.

Ent. Sandra González e Pilar Ramos - Concerto "Verbena Sinfónica" da Agrupación Musical de Goián 28.08.2024

“Verbena sinfónica” é o título da orixinal proposta que este venres, ás 22 h na praza do Seixo presentará a Agrupación Musical de Goián no seu tradicional concerto de verán. Un evento moi especial do que hoxe falamos co alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e coa presidente da Agrupación Musical de Goián.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.