Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Ana Núñez, concelleira de Patrimonio, e María Ferreirós, técnica da ARI - Axudas Área de Rehabilitación Integral 01.10.2024 17:44
Até o 24 de outubro está aberto o prazo para presentar as solicitudes de axudas a fase 15º da ARI, a Área de Rehabilitación Integral que abrangue a zona intramuros do conxunto histórico, San Domingos e San Bartolomeu. Coa concelleira de Patrimonio, Ana Núñez, e a técnica da oficina do ARI, María Ferreirós, coñecemos a quen vai dirixidas, o obxectivo, que tipo de obras son subvencionables...
Ent. Iris Saavedra de Conectaté | Espazo Comercio 01.10.2024 9:37
No Espazo Comercio, que realizamos con ACITUI, acompañounos Iris Saavedra de Conectaté. Este establecemento vén de cumprir 18 anos en Tui, un tempo no que foron evolucionando cos tempos, axustando á demanda da clientela e do mercado, cunha escoita activa. Explicábanos o porque deste nome: Conectaté e tamén os servizos eprodutos que ofrecen, nos que ampliaron a sección de cosmética. Avanzaba novida...
Ent. José Palacín de C21 - Rolda pleno setembro 01.10.2024 16:56
Tras o pleno ordinario do pasado xoves, 26 de setembro, hoxe abrimos rolda de conversas cos grupos da corporación tudense. O primeiro en acompañarnos foi José Palacín de C21.
Ent. Dolores Soto, exconcelleira do Partido Popular | Renuncia á acta de concelleira 01.10.2024 4:49
Dolores Soto, concelleira do Partido Popular, anunciou o pasado xoves a súa renuncia coma concelleira por motivos profesionais e persoais. Así o explicaba tamén hoxe na nosa sintonía. Tras a súa renuncia será substituída por Adrián Vila.
Ent. Alberto Viso, xefe do departamento de portugués do IES San Paio - Supresión departamento portugués 30.09.2024 8:51
O departamento de portugués do IES San Paio foi pioneiro en Galicia cando se creou hai 25 anos. Neste curso un centenar de alumnos e alumnas estudan portugués neste centro. O departamento corre risco de desaparecer ante a decisión da Xunta de suprimirlo, o que conlevaría deixar de realizar moitas das actividades que levan a cabo. Así nolo contou o xefe de departamento Alberto Viso.
Ent. Iria Márquez - Curso de Lingua de signos 30.09.2024 7:41
Hoxe é o Día Mundial dos Intérpretes de lingua de Signos. Nesta data falamos coa tudense Iria Márquez, que a próxima semana comeza a impartir novos cursos no Centro Anarela. Haberá tanto clases de iniciación coma de continuidade a partir dos 11 anos.
Ent. Victor Manuel González Sánchez, director UNED Pontevedra - Grao en Turismo na aula de Tui 30.09.2024 13:45
A aula da UNED de Tui incorpora o Grao en Turismo impartindo xa o 1º e 2º curso deste estudos, que se suma ao Grao en Psicoloxía que comezou hai unha década. Esta mañá falamos desta oferta formativa, que se plasmou o pasado xoves nun convenio Concello de Tui - UNED, co director do centro asociado da UNED en Pontevedra, Victor Manuel González Sánchez
Ent. Coral Piñeiro, codirectora de Na pel da memoria | Ciclo de cinema Mulleres, patrimonios, sociedade 27.09.2024 5:44
Hoxe continúa no Teatro Municipal de Tui o ciclo de cinema "Mulleres, patrimonios, sociedade" cunha xornada de curtametraxes. En total proxectaranse cinco, con entrada libre e gratuita. Coral Piñeiro é unha das directoras que hoxe estarán no coloquio posterior ás proxeccións, co seu documental Na pel da memoria. Será a segunda vez que presenta esta obra na cidade.
Ent. Ricardo Martínez e Vicente Álvarez, da Coral San Telmo | Festival de Outono de Corais e Música Tradicional 27.09.2024 7:28
A igrexa San Domingos de Tui vai acoller mañá sábado día 28 o VI Festival de Outono de Corais e Música Tradicional que organiza a Coral San Telmo. Van participar, ademais da agrupación organizadora, a Coral Polifónica Trasdeza de Silleda, Canta Laredo de Cantabria e o Grupo de Música Tradicional Lirolai do Rosal. A entrada é libre e gratuita.
Ent. Erea Rodríguez e Cintia Lomba, de Skeirrum | Xogo de escapismo "A comunidade xudía de Tui" dentrodo Setembro Xudeu 27.09.2024 6:24
Mañá sábado día 28 de setembro haberá unha nova actividade enmarcada no Setembro Xudeu. Será un xogo de escapismo, un scape room, sobre a comunidade xudía de Tui. Erea Rodríguez e Cintia Lomba, de Skeirrum, serán as encargadas de guiar a actividade, que será para todos os públicos e que só ten unha norma: levar o móbil con batería e conexión a internet.
Ent. Francisco Singul, xefe de área de Cultura Xacobea do Xacobeo - Visitas guiadas a Tui 27.09.2024 3:41
Tui é unha das localidades onde esta fin de semana se van realizar visitas guiadas para coñecer o seu patrimonio Xacobeo. Está organizadas polo Xacobeo e Turismo de Galicia, con motivo dos Días Europeos do Patrimonio. As rúas comezarán na praza de San Fernando hoxe venres ás 17.30 h´e mañá sábado ás 11.30 e 17.30 h. Para participar so é preciso estar no punto de partido. Francisco Singul, xefe de...
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio | Inauguración do Mercado de San Antonio 27.09.2024 10:00
Mañá sábado, ás 11.30 h, terá lugar a inauguración do Mercado de San Antonio, tras as obras de reforma realizadas na praza do abastos. O acto contará coas intervencións das autoridades, a actuación de Sheila Patricio, Arrancaxestas e Nuno Louro, e tamén haberá animación infantil e degustacións gastronómicas. Falamos coa concelleira de Comercio, Ana Núñez, quen repasou a actuación realizada e convi...
Ent. Francisco Álvarez Koki, autor guardés | Presentación libro "Ratas en Manhattan" na Casa dos Alonso 26.09.2024 3:58
O escritor guardés Francisco Álvarez Koki presentará mañá venres, 27 de setembro, ás 20 h na Casa dos Alonso o seu libro "Ratas en Manhattan". No acto estará acompañado polos tamén escritores Ramón Caride e Marta Dacosta.
Ent. Iván Alonso, padeeiro | Bronce no Campionato do Mundo de Maratón en Croacia, na distancia curta en K1 26.09.2024 4:45
O padeeiro tudense Iván Alonso do Piragüismo As Torres acadou en Croacia, a medalla de bronce no Campionato do Mundo de Marartón Curto en K1. Hoxe falamos con el deste logro, da súa próxima participación nunha regata en China e tamén da dura temporada que vén de pechar.
Ent. Paula López, de Equigalia | Concurso galego de Ponis en Tui 26.09.2024 4:25
Mañá venres, 27 de setembro. comezano Club Hípico Equigalia o Concurso galego de Ponis, onde van participar máis de 60 nenos e nenas de toda Galicia. Durante toda a fin de semana haberá competicións de salto e de salto territorial, onde poden competir tamén cabalos. Paula López, de Equigalia, explicou todos os detalles.
Ent. Pepe Míguez de Concepto By Persa Cociñas | Espazo Comercio 26.09.2024 7:21
No tempo do Espazo Comercio de ACITUI hoxe recibimos a Pepe Míguez de Concepto By Persa Cociñas. Este establecemento conta cunha longa traxectoria familiar de máis de sesenta anos. Dende hai dous dedícanse exclusivamente ao mundo das cociñas. El destacaba o servizo personalizado e variado que ofrecen.
Ent. Rebeca Blanco Rotea, investigadora e co-coordinadora do Ciclo Mulleres, Patrimonios, Sociedade 25.09.2024 10:24
Mañá xoves chega a Tui a sexta edición do Ciclo de cinema Mulleres, patrimonios, sociedade; nun ano especial, cando se cumpre o 50 aniversario da Revolución dos Cravos en Portugal. Tres xornadas de cinema e coloquios de Galicia, Portugal e Brasil. Todas as actividades celebraranse no Teatro Municipal de Tui con entrada gratuíta. Deu todos os detalles Rebeca Blanco Rotea, Investigadora do Lab2PT na...
Ent. Diego das Dores, presidente do Club Remo Tui | VI Regata Cidade de Tui de Remo 25.09.2024 5:56
Este sábado, 28 de setembro, a partir das 9.30 h celébrase no río Miño en Tui a VI Regata Cidade de Tui, organizada polo Club Remo Tui. O seu presidente, Diego das Dores, deu os detalles desta cita, na que participarán preto de 100 deportistas.
Ent. Ricardo da Silva e Cristian Lago, Asociación Muiñeiros do Tripes | Lendas ao solpor 25.09.2024 12:13
Este sábado ás 21 h realizarase un novo roteiro nocturno nos muiños do Tripes, que leva por título "Lendas ao solpor". Ricardo da Silva e Cristian Lago, da Asociación Muiñeiros do Tripes, organizadores do evento, explicaron que haberá teatralizaciósn, música e ao remate chocolate con rosca e queimada. É preciso inscrición previa no correo muineirosdotripes@gmail.com.
Ent. Leticia Costas de KidCode | Emprega IA 24.09.2024 6:58
“Emprega IA. Marca persoal e Intelixencia Artificial para o crecemento profesional das mulleres” é o título da actividade formativa que este venres vai ter lugar na Aula Cemit do edificio Francisco Sánchez organizada polo Concello de Tui. Esta xornada formativa desenvolverase en horario de 9.30 a 13.30 h. Coñecemos todos os detalles con Leticia Costas de KidCode. A inscrición pode facerse en orien...
Ent. Mónica Rodríguez de ElectroTui Expert | Espazo Comercio 24.09.2024 7:56
No tempo do Espazo Comercio hoxe recibimos a Mónica Rodríguez de ElectroTui Expert. Este establecemento conta cunha longa traxectoria de máis de tres década, e dende hai tres anos ten nova xerencia. Dedícanse á venda de electrodomésticos e menaxe, ofertando servizo técnico de reparación de electrodomésticos, e antenista. Mónica Rodríguez destacaba a importancia do comercio local porque ofrece un s...
Ent. Carolina Figueroa, adestradora do CPA Ribex - Sexto posto no Campionato Mundial de Patinaxe Artístico 23.09.2024 5:24
O CPA Ribex quedou clasificado en sexto lugar no Campionato do Mundo en Italia en Grupos Grandes. Todo un éxito para o deporte tudense e tamén para o galego. Falamos coa adestradora do CPA Ribex, Carolina Figueroa.
Ent. Salvador García, presidente da Plataforma de Afectados - Xuízo oral este xoves 23.09.2024 9:38
Este xoves ás 10 h na Audiencia Provincial en Pontevedra terá lugar o xuízo pola explosión de material pirotécnico almacenado de xeito clandestino no barrio da Torre, en Paramos, o 23 de maio de 2018. Hoxe falamos con Salvador García, presidente da Asociación de Afectados.
Ent. Beatriz Rodríguez, psicóloga de AFAGA | Día Mundial do Alzhéimer 20.09.2024 16:00
Mañá, 21 de setembro, conmemórase o Día Mundial do Alzheimer. En Tui o Concello de Tui porá en breve en marcha a sexta edición do programa de prevención Cultiva a Mente, en colaboración con AFAGA. Amais no Centro de Recursos de Randufe desenvolve actividades para persoas que contan xa cun diagnóstico de Alzheimer ou outras demencias. Desta actividades, así coma da enfermidade, da prevención, ... f...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Estudio de mobilidade transfronteiriza sustentable 19.09.2024 11:56
A Eurocidade Tui-VAlença presentou onte á tarde o seu Estudio de mobilidade transfronteiriza sustentable. Falamos destes estudo que contempla o proxecto piloto dun autobús eléctrico que conecte os centros urbanos de Tui e Valença, co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.