Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Maite Isla de SOGAPS - Axuda campamentos de refuxiados saharauís 16.10.2024

Solidariedade Galega co pobo saharauí fai un chamamento solicitando apoio urxente ante a crise humanitaria que está a afectar aos campamentos de refuxiados saharauís ante as intensas choivas que sufriron. Dende SOGAPS van comprar material sanitario e o 24 deste mes viaxará aos Campamentos a Comisión Sanitaria de Galicia.

Eloy Carrera e Manuel Madarnás - Inicio do curso na Escola da Banda de música Popular de Tui 16.10.2024

Este domingo ás 12 h na súa sede en Guillarei a Escola de Música da Banda de Música Popular de Tui realiza a inauguración do curso escolar 2024/25 cun concerto de Manuel Madarnás xunto a Sic Salem, guitarra, e Narrayan Corrios, saxofón e caixón. Deste evento falamos con Eloy Carrera, director da Banda de Música, e Manuel Madarnás.

Ent. Miguel Ángel Santos Guerra, catedrático de Educación | Doutor honoris causa pola Universidade de Oviedo 16.10.2024

O catedrático en Educación Miguel Ángel Santos Guerra, vén de ser investido doutor honoris causa pola universidade de Oviedo. Hoxe falamos con el deste recoñecemento e da súa relación con Tui, onde foi profesor no IES San Paio. Na conversa que mantivemos con el participou tamén Teresa Domínguez.

Ent. Ana García, pedagoga do Centro Sociocomunitario de Tui | Espazo familiar 15.10.2024

O Centro Sociocomunitario de Tui pon en marcha o Espazo Familiar, unha iniciativa que se centra no crecemento conxunto para bebés e familias, sempre guiado por unha pedagoga. Ela será Ana García, do propio centro, quen hoxe nos deu todos os detalles desta actividade. Serán sesións semanais, todos os luns, de 17:00 h a 18:30 h, cun prezo de 20 euros por mes.

Ent. Pablo Castiñeira de Vella Escola |Obradoiros de Skate no programa Boas Vibes 15.10.2024

Dentro do programa Boas Vibes este domingo o Paseo Fluvial - ou en caso de choiva o exterior do Mercado de San Antonio - acollerá obradoiros de skate para a mocidade da man de Vella Escola. Pablo Castiñeira de Vella Escola explicou en Día a Día en que van consistir ou a quen van dirixidos. Son gratuítos e é preciso inscribirse en igualdade@tui.gal ou no formulario dispoñible en tui.gal. Tamén habe...

Espazo Comercio - Sinerxia 15.10.2024

No Espazo Comercio hoxe coñecemos Sinerxia, un establecemento que abriu as súas portas en 2015 da man de Leticia Diz e Diego Domínguez. Hoxe Leticia Diz explicounos como a empresa xurdiu co obxectivo de unir adestramento e fisioterapia, e coma foron estes primeiro anos. Afirmaba que “a saúde é o movemento” e explicaba e convidaba a coñecer os servizos que ofertan entre os que adestramento de forza...

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal | Festa de Outono O Pilar 11.10.2024

A praza do Calvario do Rosal acolle dende hoxe a Festa de Outono O Pilar, con tres días de actividades centradas en poñer en valor o oficio dos cabaqueiros. Todo con música, gastronomía e historia. A alcaldesa, Ánxela Fernández, deunos os detalles.

Ent. André Fernandes da Asociación Deportiva Verdoejense | 2 leguas da Contrasta 10.10.2024

Até este domingo está aberta a inscrición para a carreira “2 leguas da Contrasta” que se vai celebrar o próximo domingo 20 de outubro na Eurocidade Tui-Valença. Haberá distintas distancias en función da categoría e tamén unha andaina. A inscrición pode facerse en www.2leguascontrasta.pt. Coñecemos todos os detalles con André Fernandes da Asociación Deportiva Verdoejense.

Ent. Javier Argüelles do Cineclub Tui e Minerva Ojeda da Aula da UNED Tui -Posta en marcha do Cineclub 10.10.2024

O próximo martes 22 de outubro terá lugar a primeira proxección do Cine Club Tui. A cita será na aula da UNED onde cada martes ás 18 h e ás 20.45 h habera unha película. Os socios terán unha cuota anual de 50€ e por cada proxección deberán aboar 1,5€. Para os non socios a entrada será de 3,5€ Falamos da posta en marcha do Cine Club Tui con Javier Argüelles e Minerva Ojeda, coordinadora da Aula de...

Ent. Marcos Fortes presidente do Penedo Te Importa | O temporal levou o tellado do almacén de piraguas 10.10.2024

Danos moi importantes os sufridos polo Club Penedo Te Importa de Caldelas no seu almacén de piraguas xa que os fortes ventos arrancaron todo o tellado, e mesmo desprazaron algunhas embarcións cara ao exterior. Marcos Fortes, presidente do Penedo, explicaba hoxe a situación que teñen que afrontar para reparar os graves danos.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Mes da Biblioteca 10.10.2024

Co contacontos inclusivo en lingua de signos "A Maleta" con ContAZ mañá venres ás 17.30 h comeza a programación do Mes da Biblioteca. Hoxe falamos das actividades que se van celebrar até finais de mes coa concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade do concello de Tui, Sonsoles Vicente.

Ent. Ana Paula Laborinho, diretora da OEI para a Educación| Seminario “Gobernanza e liderato educativo” 09.10.2024

“Gobernanza e liderato educativo” é o título do Seminario Galicia-Portugal que hoxe mércores e mañá xoves se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença. Coñecemos os obxectivos, os temas que están sobre as mesas de diálogo con Ana Paula Laborinho, diretora da Organización de Estados Ibero-americanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

Ent. Esther Carrodeguas, actriz e dramaturga de Butacazero | Iribarne 09.10.2024

“Iribarne” é a obra que este venres, ás 21 h chega ao Teatro Municipal de Tui con Butacazero. Trátase dunha peza humorística e satírica que percorre a historia recente de España e Galicia da man da personaxe protagonista que é o alter ego de Fraga Iribarne. Así nolo contou esta mañá Esther F. Carrodeguas, actríz e dramaturga.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Incidencias borrasca ex-Kirk 09.10.2024

En Tomiño víronse afectados por problemas nas telecomunicación e tamén no servizo electrico nas últimas horas. Os fortes refachos provocaron numerosas caídas de ábores en todo o termo municipal, coma explicaba a alcaldesa, Sandra González.

Ent. Ramiro García Entenza, director do CEIP nº2 - Incidencias borrasca ex-Kirk 09.10.2024

No patio co CEIP nº2 rexistraron tamén a caída de ramas. Así nolo contaba a primeira hora o director do centro Ramiro García Entenza, quen confirmaba que ante a borrasca ex-Kirk están suspendidas as actividades lectivas no exterior. Ante a situación de primeira hora da mañá a asistencia a clase estaba complicada tanto por parte de alumnado coma de profesorado.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Medio Rural de Tui - Incidencias borrasca ex-Kirk 09.10.2024

Unha árbore caída cortou esta mañá o Camiño de Santiago na rúa Palláns en San Bartolomeu. Así o confirmaba o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, que deu conta das numerosas incidencias rexistradas polos fortes ventos e choivas deixadas pola borrasca ex-Kirk.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Incidencias borrasca ex-Kirk. 09.10.2024

Numerosas incidencias deixou o paso da borrasca ex-Kirk no termo municipal de Tui con árbores e farolas caídas, mesmo voou unha parte do tellado das vivendas de Caldelas. Así nolo contou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen fixo unha recomendación á precaución e a evitar desprazamentos por estrada.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda Setembro 08.10.2024

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completamos a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación sobre o pleno ordinario do mes de setembro.

Ent. Pilar López, directora de Teatro Paraíso - "Entrecajas" 04.10.2024

A compañía vasca Teatro Paraíso abre hoxe a programación de outono no Teatro Municipal de Tui. Será con “Entrecajas”, unha obra pola que recibiron o Premio FETEN 2024 ao mellor espectáculo de clown. Pilar López é a directora de Teatro Paraíso, e hoxe contounos o que poderemos atoparnos esta tarde se nos achegamos ao Teatro Municipal.

Ent. Miguel Abreu, presidente da Escola de Baile Pasos Galicia - Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo 04.10.2024

Espectacular competición a prevista para esta fin de semana no pavillón municipal Gustavo Rodríguez que reunirá aos mellores bailaríns de España e Portugal. Máis de 500 persoas participarán no Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo. Falamos co director do trofeo e presidente da Escola de Baile Pasos Galicia, Miguel Abreu.

Ent. Conchi Martínez, voceira da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Tui - "Coñece o teu centro de saúde" 04.10.2024

"Coñece o teu centro de saúde" é o documento presentado pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Tui no que se explica a situación actual do centro de saúde tudense e tamén se fai balance do verán. Conchi Martínez, voceira desta Plataforma, deunos todos os detalles, ademais de informar sobre a vacinación de gripe e Covid.

Ent. Nicolás Lorenzo Montes, voceiro do PP - Rolda pleno setembro 04.10.2024

Na rolda de conversas cos grupos da corporación tras o pleno ordinario de setembro hoxe foi a quenda de Nicolás Lorenzo Montes, voceiro do PP.

Ent. Carmen Núñez do BNG - Rolda pleno setembro 02.10.2024

Hoxe foi a quenda de Carmen Núñez, do BNG, na rolda de conversas cos grupos da corporación municipal, tras o pleno ordinario do pasado mes de setembro.

Ent. Sonsoles Vicente, Zara Pousa, e Xosé Enrique Acuña - Exposición Estampa Popular Galega 02.10.2024

Até o 26 de outubro pódese visitar na Sala Municipal de Tui a mostar "Estampa Popular Galega". Hoxe coñecimos a historia desta exposición, que fóra secuestrada en Tui en 1968, e as obras que presenta con Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui, Zara Pousa, secretaria da fundación Pousa, e Xosé Enrique Acuña, comisario da exposición.

Ent. Xosé Martínez Tato, de Andatui - Andaina do río Tripes 02.10.2024

Este domingo terá lugar unha nova andaina do circuíto de andainas saudables da Eurocidade Tui-Valença. Será polos muiños do río Tripes que sairá ás 10 h dende a Macoca. Será un percorrido de 10 quilómetros, dificultade doada, e unha duración de tres horas. A inscrición, cun prezo de 6€, está aberta até mañá en andatui.es.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.