Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 6, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Pablo Rodríguez, presidente do Club Balonmán Tui e Jacobo Gregores, adestrador do equipo senior| Loita polo ascenso 24.02.2025 12:01
O equipo senior masculino do Club Balonmán Tui continúa na pelexa polo ascenso. A falta de sete partidos para a final, os resultados son favorables. Hoxe o presidente do club, Pablo Rodríguez, e o adestrador, Jacobo Gregores, deron conta da situación do club e dos éxitos colleitados polos seus equipos.
Ent. Marga do Val, da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega | Manifesto Día de Rosalía 21.02.2025 9:28
“Saúde e terra” é o título do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega polo Día de Rosalía, que se celebra mañá domingo día 23. Marga do Val, escritora, crítica literaria e profesora, forma parte desta Asociación. Con ela puidemos coñecer por que é importante conmemorar a figura de Rosalía e por que neste manifesto aparecen asuntos como a sanidade, a educación, a protecc...
Ent. Ismael Diz, concelleiro de Servizos Sociais de Tui e Carmen González, traballadora social | Programa Coida o Corpo 21.02.2025 12:53
Coida o corpo é a nova aposta do Concello de Tui para previr o deterioro físico da veciñanza maior de 55 anos. Un programa que se levará a cabo en todas as parroquias tudenses a partir do 10 de marzo, e que se unirá a Cultiva a Mente co obxectivo de promover un envellecemento activo. O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e a traballadora social Carmen González, déronnos os detalles. O pra...
Ent. Andrea González, pianista e xestora cultural | Top 100 Mulleres Líderes en España 2025 21.02.2025 11:28
A pianista e xestora musical tudense Andrea González volve estar na lista das Top 100 Mulleres Líderes en España 2025. Directora do festival IKFEM dende hai 12 anos, é a primeira muller presidenta de Xuventudes Musicais de España. Con ela coñecemos amais "Caixason", unha das novidades de IKFEM, que este ano se vai celebrar do 16 ao 20 de xullo.
Ent. Daniel Rodríguez | Estrea de Transeúnte 20.02.2025 9:09
Unha viaxe pola tradición e a modernidade é a que propón Daniel Rodríguez en "Transeúnte". O espectáculo estrearase mañá venres, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui. Prevese cheo total xa que quedan poucas entradas á venda en tui.gal. Con Daniel Rodríguez, bailarín e coreógrafo, falamos deste espectáculo coproducido polo Centro Dramático Galego.
Ent. Frans Banfield | Jam Session en Tui 20.02.2025 7:51
Tui contará cunha Jam Session o próximo venres, 28 de febreiro ás 21 h, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Músicos locais e da contorna reuniranse para tocar e brindar unha tarde chea de música e improvisación. Unha iniciativa froito da colaboración entre o Concello de Tui, a través da concellería de Cultura, e a promotora local FB ProduXion. Así nolo contou hoxe Frans Banfield.
Ent. María Martínez Allegue, conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas | Rexurbe e infraestruturas 19.02.2025 12:22
Até o 6 de marzo está aberto o prazo de presentación de propostas para a execución das obras de rehabilitación do inmoble situado no número 20 da rúa Bispo Castañón adquirido pola Xunta dentro do Plan Rexurbe. Desta cuestión falamos coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, así coma da rehabilitación das outras tres vivendas adquiridas pola Xunta no conxunto histórico de Tui,...
Ent. Hugo Lage, de Buguina Turismo | Visitas a Eurocidade Tui-Valença e A Guarda 19.02.2025 6:51
Bugina Turismo presenta unha oferta de visitas guiadas co título "Experiencias con Esencia" que esta fin de semana brinda dúas propostas. O domingo será un paseo pola Eurocidade Tui-Valença, e previamente o sábado pola Guarda Mariñeira. En total en "Experiencias con esencia" realizaranse un total de 10 visitas. Coma novidade haberá bonos para 5 percorridos ou para os 10. As persoas interesadas pod...
Ent. Verónica Gómez, de Río Miño en Barco | Paseos para observar a pesca da lamprea 18.02.2025 4:44
Observar a pesca da lamprea no río Miño nunha embarcación. Esa é a nova proposta de Río Miño en Barco, segundo explicou Verónica Gómez. Trátase dunha actividade que se realizará os venres ás 20 h e sábados ás 12 h e ás 16.30 h, sempre con reserva de praza anticipada no teléfono 662 31 25 20. Conta cunha duración de 90 minutos e un prezo de 30 euros, incluíndo unha degustación final de lamprea e al...
Espazo Comercio | Marina López de Biper Bocatería - San Solterín 18.02.2025 4:29
Biper Bocatería é un dos establecementos que participan este venres 21 e o sábado 22 na campaña "San Solterín", impulsada por ACITUI. Hoxe coñecemos a oferta desta bocatería coa súa xerente, Marina López, no Espazo Comercio.
Ent. Manuel Bugallo, corredor de BBT | Copa Galicia de 3 horas de Resistencia 17.02.2025 8:38
Manuel Bugallo proclamouse esta fin de semana campión da Copa Galicia de 3 horas de Resistencia de BTT, na categoría máster 60, que se celebrou na localidade coruñesa de Narón. Co corredor tudense coñecemos cales son os seus seguintes obxectivos.
Ent. Pablo Romero, do Cineclub Tui | "Sen teito nin lei" 17.02.2025 4:46
"Sen teito nin lei" é a película de Agnès Varda que mañá proxectará o Cineclub Tui no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. É o segundo dos tres filmes da cineasta que se poderán ver este mes de febreiro. Haberá dous pases, ás 18.30 h e 20.45 h aos prezos de 2 euros para persoas socias e 4,5 para público xeral. Hoxe nolo contou Pablo Romero.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; e José Carpinteira, presidente da Câmara de Valença | 13º aniversario Eurocidade 14.02.2025 16:00
A Eurocidade Tui-Valença cumpriu este luns 13 anos dende a súa constitución oficial. Un tempo no que se ten avanzado na cooperación transfronteiriza en moi diversos ámbitos. Cultura, deporte, mobilidade, medio ambiente, economía ou turismo son algúns dos ámbitos que están sobre a mesa. Abordamos estas cuestións co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e co presidente da Câmara de Valença, José Carpin...
Ent. G Face, cantante | "Maldito cupido" 14.02.2025 4:52
"Maldito Cupido" é o novo sinxelo de G Face. Unha bachata que o artista tomiñés lanza coincidindo co Día dos Namorados. Novos éxitos na carreira musical de G Face, que hoxe venres compartirá escenario con Andy y Lucas no Auditorio Mar de Vigo. Coñecemos con el todas estas boas novas.
Ent. Perfecto Ramos, escritor | Presentación de “Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos escuros” 14.02.2025 6:21
“Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos escuros” é o libro que hoxe se vai presentar na Sala de Exposicións Municipal de Tui, no edificio Francisco Sánchez, ás 19.30 h. Participará o seu autor, Perfecto Ramos, e conducirá o acto Helena Pousa. Coñecemos toda a historia desta obra da man do seu escritor.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura; e Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular | Concerto Eurocidade 13.02.2025 4:52
Cun concerto celebrará a Eurocidade Tui-Valença o seu 13º aniversario. Será este sábado 15 de febreiro ás 21 h no Teatro Municipal de Tui, onde actuará un centenar de músicos da Associação Musical de São Pedro da Torre, Old Brigde Band, o Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Banda de Música Popular de Tui. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente; e o director da Banda de Música tudens...
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal; e Serafín Martínez, de Nokao | Trail Muíños do Folón 13.02.2025 13:21
Máis de 600 persoas van participar o vindeiro 23 de febreiro na oitava edición do Trail Muíños do Folón (para o que aínda hai prazas dispoñibles). Unha cita que conecta deporte, natureza e patrimonio. Hoxe coñecemos máis detalles con Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal, e Serafín Martínez, de Nokao.
Ent. Jesús Velasco, Xampatito Pato | "Compaña" 12.02.2025 5:57
Xampatito Pato presenta este venres, 14 de febreiro, ás 19 h no Teatro Municipal de Tui "Compaña", un espectáculo para público familiar que fusiona o circo co mundo das marionetas, contando a historia do protagonista con moita maxia e surrealismo. Así nolo contaba o seu protagonista, Jesús Velasco
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Turismo | Tui, Meu Amor 12.02.2025 10:13
Gastronomía, música e unha atmosfera máxica encherán esta fin de semana a praza da Inmaculada coa campaña “Tui, meu amor”, promovida polo Concello de Tui, que convida a celebrar o amor en todas as súas formas. Será este venres 14 de 17 h a 20 h; e o sábado de 12 h a 14 h e de 16 h a 20 h. A concelleira de Comercio e Turismo, Ana Núñez, deu todos os detalles.
Ent. Javier Martínez, copiloto de rallies 12.02.2025 15:09
Javier Martínez creceu entre coches. A súa afección polo automobilismo levouno a participar en rallies no 2016. Na actualidade, con máis de 150 carreiras desputadas, o copiloto ten no seu palmarés títulos como o campionato de Copa de España de Rallies. Con el repasamos os seus inicios e éxitos deportivos.
Ent. Diana Jiménez, psicóloga | X Semana da Educación de Tomiño 12.02.2025 7:33
“Cando os tempos cambian, os pais e nais aprenden” é o relatorio que clausurará mañá no auditorio de Goián ás 19.00 horas, a X Semana da Educación de Tomiño. A charla estará impartida pola psicóloga Diana Jiménez, quen nos contou no programa Día a Día cales son os retos actuais da educación.
Ent. Leticia Costas, divulgadora científica | Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia 11.02.2025 11:27
Hoxe é o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia. Un día que se conmemora dende o ano 2016 para visibilizar a gran fenda de xénero que existe neste campo, cunha falta moi acusada de participación de mulleres. Hoxe profundamos nesta realidade con Leticia Costas, divulgadora científica.
Ent. Rafa Guerrero, psicólogo clínico | X Semana da Educación de Tomiño 11.02.2025 9:23
A terceira xornada da Semana da Educación de Tomiño terá como protagonista ao psicólogo clínico Rafa Guerrero que profundará na intelixencia emocional co seu relatorio “Como fomentar a intelixencia emocional na infancia e adolescencia”. Será ás 19.00 horas no Auditorio de Goián. O relator deu conta hoxe, na nosa sintonía, dos temas a abordar e da necesidade de ensinar aos nenos e nenas a xestionar...
Ent. Jesús González, remeiro | Campionato de España de Longa Distancia 11.02.2025 9:43
Tres medallas de bronce logrou esta fin de semana o remeiro tudense do Remo do Miño, Jesús González, no Campionato de España de Longa Distancia e no Campionato de España por Autonomía. Con el falamos desta competición, da súa carreira deportiva e da próxima cita que terá o 22 e 23 deste mes co Campionato do Mundo de Remo Indoor.
Espazo Comercio | Isaac Míguez de Emma Tapas e Brunch, D´Calle e 4Elementos - San Solterín 11.02.2025 6:26
Hoxe o Espazo Comercio, que realizamos en colaboración con ACITUI, estivo protagonizado pola campaña de San Solterín, que se celebrará o vindeiro 21 e 22 de febreiro, na que participan os establecementos tudenses. Emma Tapas e Brunch, D´Calle e 4Elementos, son tres dos establecementos onde se desenvolverá esta iniciativa. Isaac Míguez o seu responsable achegounos todos os detalles de "San Solterín...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.