Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 6, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui | Entroido 2025 03.03.2025 7:00
Máis de 1.200 persoas participarán mañá, ás 17.30 horas, no XXXVI Concurso Desfile de Entroido en Tui, no que haberá 15 comparsas chegadas de distintos puntos da provincia. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente daba conta desta programación e tamén do peche do Entroido en Tui, este domingo 9 co Enterro do Bacallau.
Ent. Seminario Menor San Paio | Centros educativos de Tui 28.02.2025 8:56
Continuamos o noso percorrido para coñecer os detalles dos centros educativos de Tui co Seminario Menor San Paio, da man do seu rector, Antonio Menduiña, e dous alumnos.
Ent. CEIP Guillarei | Centros educativos de Tui 28.02.2025 6:21
Con Paula Lima, directora do CEIP de Guillarei, coñecemos os detalles do proxecto educativo, pedagóxico e os servizos deste centro.
Ent. Frans Banfield, músico | Jam Session en Tui 28.02.2025 8:46
Música en directo en Tui a partir das 21 h desta noite coa que promete ser a primeira Jam Session de moitas no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. O concerto de hoxe correrá a cargo de Phantom Club. Deunos todos os detalles o músico Frans Banfield.
Ent. José Álvarez, da Asociación Sociocultural e Deportiva A Insua | Entroido Caldelas 2025 28.02.2025 2:37
A Asociación Sociocultural e Deportiva A Insua organiza mañá, sábado 1 de marzo, unha cea de Entroido con baile e concurso de disfraces, todo no local da Comunidade de Montes de Caldelas. Coñecemos os detalles con José Álvarez, da Insua.
Ent. Teresa Espejo, técnica de Cultura da Guarda | Entroido 2025 28.02.2025 3:32
O Desfile Escolar, no que participaron preto de 400 alumnos e alumnas da Guarda, abriu esta mañá a programación de Entroido no municipio. Unha programación que continuará durante os vindeiros días con música e actividades para toda a veciñanza e que rematará o venres 7 co Desfile de Entroido. Hoxe repasamos este programa con Teresa Espejo, técnica de Cultura da Guarda.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño | Venres de Foliada 2025 28.02.2025 8:57
Xa está todo preparado para o tradicional Venres de Foliada de Tomiño. 20 comparsas sairán desfilarán hoxe a partir das 21:30 h dende a rúa Gondomar até a rúa da Pedra. Desta cita, e do Entroido tradicional de Goián, coñecemos máis con Sandra González, alcaldesa de Tomiño.
Ent. CEIP Randufe | Centros educativos de Tui 27.02.2025 7:35
Coñecemos máis polo miúdo o proxecto educativo do CEIP de Randufe da man do seu orientador, Roberto Rodríguez, e de dúas alumnas.
Ent. CEIP Pazos de Reis | Centros educativos de Tui 27.02.2025 12:14
Continuamos a rolda de entrevistas para coñecer máis polo miúdo os centros educativos de Tui co CEIP de Pazos de Reis, da man da súa directora, Verónica Martín; unha das docentes de Infantil, Beatriz Fernández; e dúas alumnas.
Ent. Colexio Maristas Santa María | Centros educativos de Tui 27.02.2025 10:15
Con Roberto Díez, o director do Colexio Maristas Santa María de Tui, coñecemos todos os detalles deste centro educativo. Como son as súas instalacións, os servizos que ofrecen, o seu proxecto pedagóxico...
Ent. Fernando Álvarez, presidente do Entroido de Fornelos | Programación 2025 27.02.2025 4:42
Fornelos (O Rosal) ultima os detalles para o Entroido deste 2025, cuxa programación comeza este sábado 1 de marzo. Hoxe coñecemos co presidente deste Entroido, Fernando Álvarez, todos os detalles da tradicional corrida do galo e da frixidela.
Ent. Eduardo Fernández, presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas | XII Eurocidade BTT 27.02.2025 9:55
Máis de 900 persoas van participar o domingo 9 de marzo na XII Eurocidade BTT. Até este domingo están abertas as inscricións. Contounos os detalles o presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernández.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal | Programación do Entroido 27.02.2025 5:19
Máis de 800 persoas participarán no tradicional desfile de Entroido do Rosal que se celebará este domingo, día 2, ás 11 h e que sairá dende a Rotonda da Feira para percorrer as rúas Xulio Sesto e Ramón Franco ata o cruce coa Lomba. Hoxe coñecemos todos os detalles desta cita coa alcaldesa rosaleira, Ánxela Fernández.
Ent. Xoán Carreira e Maruxa Baliñas, musicólogos | Xornadas Rosendo Salvado 26.02.2025 6:07
"Salvado y la Sociedad Filarmónica de Perth" é o título da conferencia que esta tarde ás 19.30 h ofrecerán os musicólogos Xoán Carreira e Maruxa Baliñas, dentro das Xornadas Rosendo Salvado. Será no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela.
Ent. CEIP Plurilingüe Nº2 | Centros Educativos de Tui 26.02.2025 12:23
Hoxe coñecemos máis polo miúdo o CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui co seu director, Ramiro García.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui e Rafael Sánchez, historiador | Xornadas Rosendo Salvado 26.02.2025 7:54
Durante esta semana estase celebrando unha nova edición das Xornadas Rosendo Salvado, dedicadas á reivindicación do excepcional legado que este egrexio tudense ten aportado ao longo da súa vida, lembrando a súa data de nacemento o 1 de marzo de 1814. A concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente; e o historiador Rafael Sánchez destacan a relevancia deste persoeiro e a necesidade de impulsar e...
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes; Marina Carvalho e Bruno Gonçalves de Celtas do Minho | Caminho de Santiago 26.02.2025 11:21
O vindeiro 1 de maio comeza o Caminho de Santiago que se organiza na Eurocidade Tui-Valença. Hoxe Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui; e Marina Carvalho e Bruno Gonçalvez, do Club Celtas do Minho deron todos os detalles desta actividade, que se realizará en distintas xornadas até chegar a Compostela. As inscricións poden realizarse no +351 934 440 770 ou no correo caminhadas.andainas@gm...
Ent. CEIP de Rebordáns | Centros Educativos de Tui 25.02.2025 6:23
Con Nerea Castro, a directora do CEIP Rebordáns coñecemos todos os detalles deste centro educativo tudense. Como son as súas instalacións, os servizos que ofrecen, o seu proxecto educativo...
Ent. CEIP Plurilingüe Caldelas | Centros Educativos de Tui 25.02.2025 11:36
Hoxe continuamos a rolda de entrevistas para coñecer máis polo miúdo os centros educativos de Tui co CEIP Plurilingüe de Caldelas e o seu director, Manuel González.
Ent. Ángel García, do restaurante O Bartolo | Tú-y D'Tapas 25.02.2025 5:25
Facer un percorrido polos establecementos de Tui e degustar unha tapa diferente en cada un deles é o obxectivo da iniciativa que se vai a desenvolver todos os venres de marzo, Tú-y D'Tapas, impulsada por ACITUI. Unha gran lista de locais formarán parte desta actividade, onde as persoas participantes poderán entrar nun sorteo. Ángel García, do restaurante O Bartolo, contounos a súa proposta gastron...
Ent. Loli Castiñeira, Alex Rodríguez, Sofía Carracedo e Daniel Rodríguez | Entroido de Salceda de Caselas 2025 25.02.2025 10:37
Máis de 3.000 persoas participan cada ano nos desfiles de Entroido que acolle Salceda de Caselas. O enfrontamento centenario entre os barrios da Feira e Castro Barreiro é un dos elementos diferenciadores desta festa, así como o rancho e os cabaleiros. Hoxe coñecemos toda a programación deste 2025 coa alcaldesa, Loli Castiñeira; co concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez; coa representante da Feira,...
Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade de Tui e Paula Cabaleiro, xestora Cultural| Programación 8 M 25.02.2025 20:23
"Os nosos dereitos, hoxe, mañá e sempre" é o lema co que o Concello de Tui conmemora este ano o 8M, o Día Internacional da Muller. Así o deu a coñecer esta mañá na nosa sintonía a concelleira de Igualdade Ana Núñez. Avanzou que o cartel é obra de Luz Beloso e detallou os obxectivos e as citas previstas ao longo de todo o mes de marzo. Tamén interveu Paula Cabaleiro, xestora cultural e colaboradora...
Ent. Jesus González, remeiro do Club Remo do Miño | Campión do Mundo de Remoergómetro 24.02.2025 3:13
O remeiro tudense Jesús González, do Club Remo do Miño, proclamouse esta fin de semana Campión do Mundo de Remo Indoor na categoría de peso lixeiro de 50 a 54 anos. na que bateo o récord do mundo. Amais foi sétimo na categoría absoluta de peso lixeiro. Hoxe no programa Día a Día contounou coma foi esta esixente competición mundial.
Ent. CRA Mestra Clara Torres | Centros Educativos de Tui 24.02.2025 17:44
Do 1 ao 20 de marzo poderase solicitar praza para o próximo curso escolar nos centros educativos para o alumnado que entra por vez primeira no sistema educativo; e para o alumnado de infantil, primaria, ESO e Bacharelato que desexe cambiar de centro. Por este motivo nos próximos días imos achegarnos a cada un dos centros educativos de Tui para coñecelos máis de preto. Hoxe abrimos esta quenda de e...
Ent. Iago Moure, presidente da comisión de festas do Entroido de Goián 2025 24.02.2025 12:28
O Entroido de Goián cumpre 70 anos de historia este 2025. Da man de Iago Moure, presidente da comisión organizadora, coñecemos todos os detalles dos sete días de programación, con propostas tradicionais e tamén novidosas.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.