Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6494 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 6, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Gonzalo Romero, vicepresidente do Ribadelouro e Pedro Fernández, adestrador do equipo senior |Balance da temporada 17.03.2025

O Ribadelouro vén de gañar o derbi fronte ao Guillarei, por 1-2, tras unha mala racha de resultados. Gonzalo Romero, vicepresidente do C.D. Ribadelouro, e Pedro Fernández, adestrador do equipo senior, deron conta da situación actual dos seis equipos que conforman á entidade, con 150 futbolistas.

Ent. IES Indalecio Pérez Tizón | Centros educativos de Tui 14.03.2025

Coñecemos os detalles do proxecto educativo e pedagóxico do IES Indalecio Pérez Tizón, ademais da súa oferta de ciclos formativos.

Ent. Diana Gonçalves, cineasta | Estrea de "Resonancias" 14.03.2025

A cineasta tudense Diana Gonçalves estrea hoxe venres ás 20.30 h no Teatro Principal en Santiago a súa última creación: “Resonancias”. Será dentro da XX Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. A directora deu hoxe os detalles desta nova proposta, que pretende conseguir que un lugar descoñecido non sexa alleo.

Ent. CEIP nº1 | Centros Educativos de Tui 14.03.2025

Achegámonos ao CEIP nº1 de Tui para coñecer o centro, o seu proxecto educativo e os servizos que ofrece. Fixémolo coa súa directora, Nuria Garabal, con Alberto López, profesor de Educación Física, e con dous alumnos Ricardo e Mariela.

Ent. Fernando Pérez-Lozao, director do IES Indalecio Pérez Tizón; e Alejandro Cuntiñas, profesor | AFD 14.03.2025

O IES Indalecio Pérez Tizón de Tui vén de recibir a autorización para realizar unha AFD, Acción Formativa para persoas Desempregadas, que está enfocada en actividades auxiliares de comercio. O director do centro, Fernando Pérez-Lozao, e Alejandro Cuntiñas, profesor, deron os detalles desta formación, que está enfocada en persoas que estean inscritas como demandantes de emprego. Desenvolverase en h...

Ent. Diego Alfonsín, escritor | Presentación do libro Birken 13.03.2025

Hoxe ás 19.30 h a Sala de Exposicións de Tui acolle a presentación da novela “Birken” do escritor tudense Diego Alfonsín. No acto o autor estará acompañado pola súa nai Evangelina Rivero, unha gran lectora. Esta presentación está organizada pola Libraría Nobel coa colaboración do Concello de Tui. O autor explicou na nosa sintonía a historia de Birken.

Ent. Patricia Vázquez, actriz | As Desterradas 13.03.2025

“As Desterradas” é a obra que mañá, ás 21 h presenta Producións Teatrais Excéntricas no Teatro Municipal de Tui, pechando a programación deste primeiro trimestre do ano. Unha proposta que se sitúa no século XVI para contar unha historia de loita feminina fronte á opresión. Deu os detalles Patricia Vázquez, unha das actrices que forman parte do elenco. As entradas están á venda en tui.gal aos prezo...

Ent. Ivonete da Silva, tradutora do libro de Mikki Kendal “Feminismo de barrio” | Programación 8M 12.03.2025

A programación do 8M do Concello de Tui continúa ás 18 h de hoxe mércores no edificio Francisco Sánchez. Será cun encontro con Ivonete da Silva, autora da tradución do libro da estadounidense Mikki Kendal “Feminismo de barrio”, con entrada libre e de balde. Hoxe coñecemos máis desta obra coa tradutora, que fixo fincapé no seu compromiso contra o racismo e na necesidade de referentes.

Ent. Hugo Lage, de Buguina Turismo | Visita Mulleres de Tui 12.03.2025

Dentro das "Experiencias con Esencia" que organiza Buguina Turismo, este sábado día 15, ás 18:00h, terá lugar unha visita guiada co nome Mulleres de Tui, en colaboración co historiador Suso Vila. Un percorrido que ten por obxectivo visibilizar a mulleres tudenses ao longo da historia. Hugo Lage explicou hoxe que é preciso inscribirse previamente no WhatsApp 684 19 39 27 ou en buguinaturismo.com.

Espazo Comercio | Isaac Míguez de Emma Tapas e Brunch, D´Calle e 4Elementos - Tú-y D'Tapas 11.03.2025

Todos os venres deste mes de marzo pódese degustar unha tapa diferente nos 19 establecementos tudenses participantes no Tú-y D'Tapas, impulsado por ACITUI, dende as 19.00 até as 23 horas. Isaac Míguez, de Emma Tapas e Brunch, D´Calle e 4Elementos, é un dos participantes desta iniciativa e hoxe facía balance da primeira xornada que tivo lugar o pasado venres e das propostas dos seus establecementos...

Ent. Juan Adrio, fotógrafo - Fotos do Monte Aloia en ArtMadrid 11.03.2025

O fotógrafo pontevedrés afincado en Santiago Juan Adrio presentou até o domingo en ArtMadrid unha colección de fotografías sobre o Parque Natural Monte Aloia dentro da súa colección de sendeiros. Foi da man da galería Luisa Pita. Con Juan Adrio falamos da súa obra e da súa presenza en ArtMadrid.

Ent. Mónica e Silvana Crisóstomo, propietarias de Ideas Peregrinas | Franquía do Camiño de Santiago 11.03.2025

Ideas Peregrinas dá un paso máis no seu camiño, ao converterse en franquía. Este establecemento - tenda, café e albergue - naceu hai nove anos da man das irmás Silvana e Mónica Crisóstomo. Neste tempo téñense convertido en referente para peregrinos e peregrinas pero tamén para a poboación local. Hoxe falamos con elas de como naceu Ideas Peregrinas e deste novo proxecto que teñen xa en marcha.

Ent. Eduardo Fernández da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas | XII Eurocidade BTT 10.03.2025

Balance positivo da XII Eurocidade BTT celebrada onte domingo na Eurocidade Tui-Valença, pese a dureza do terreo debido ás intensas precipitación caídas na xornada do sábado. Así o destacaba Eduardo Fernández, da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, organizadores do evento, quen quixo amosar o agradecemento a todas as persoas que fixeron posible a proba.

Ent. Noemí Guisande e Noelia González - Proxección da webserie Nómades no cineclub Tui 10.03.2025

A webserie "Nómades" será proxectada mañá martes no Cineclub Tui. Trátase dun traballo audiovisual de Noelia González e Sara Ferro, dirixido por Marta Insua e producido por Mala Herba. Do mesmo falaron hoxe na nosa sintonía Noemí Guisande, do Cineclub Tui e Noelia González, creadora da webserie. Haberá dobre sesión ás 18.30 h e ás 20.45 h no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, con entrad...

Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Renovación da directiva 10.03.2025

Pepe Míguez é o novo presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, tras as eleccións celebradas a pasada semana. Hoxe no programa Día a Día deu conta da composición da nova directiva, da liña de traballo, así coma do balance da primeira fin de semana da ruta de tapas que se realizará os venres do mes de marzo.

Ent. Sonsoles Vicente e Rafael Sánchez Bargiela | Centenario de Manuel Lago González 07.03.2025

Hoxe venres comezan os actos conmemorativos do centenario de Manuel Lago González. En Tui unha escultura obras de Xoán Piñeiro na rúa Ordóñez lembra a súa figura e o seu nome forma parte do rueiro da cidade. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e o historiador e técnico municipal, Rafael Sánchez Bargiela, lembraron na nosa sintonía a este destacado tudense, e deron conta do programa de acto...

Ent. Susan Santos, cantante | Concerto en Goián 07.03.2025

A cantante Susan Santos actuará mañá, sábado 8 de marzo, ás 23.00 horas, no Centro Goianés. Hoxe falamos coa guitarrista que presentará o seu novo disco “Sonora”. As entradas pódense adquirir en www.bluesandrias.com, ou na Cantina do Centro Goianés. Os prezos oscilan entre os 15€ e os 18€.

Ent. Marta Cendón, profesora da Universidade de Santiago | Presidenta do Instituto de Estudos Tudenses 07.03.2025

Dende hai unha semana Marta Cendón é a nova presidenta do Instituto de Estudos Tudenses. Hoxe falamos con ela do seu novo cargo e da liña de traballo a seguir. Tamén da conmemoración do 800 aniversario da consagración da Catedral de Santa María de Tui.

Ent. Maria León, xogadora de fútbol sala | Especial 8M 06.03.2025

Dentro das entrevistas enmarcadas no 8M, hoxe coñecemos a historia da tudense María León, futbolista profesional, en relación co deporte, os seus comezos e como o fútbol sala pasou de ser un pasatempo a súa profesión.

Ent. Margarita Ledo | Proxección de Prefiro Condenarme na programación do 8M en Tui 06.03.2025

Coa proxección do documental “Prefiro condenarme” de Margarita Ledo hoxe comenza a programación organizada polo Concello de Tui co gallo do 8M, o Día Internacional da Muller. O lema deste ano é “Os Nosos Dereitos, hoxe, mañá e sempre!”. Hoxe a cita será ás 19 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. A propia Margarita Ledo explicaba a historia que recolle neste documental.

Ent. Chisco Casteleiro, director e actor | Galitoon con "Facendo o Indio" 06.03.2025

"Facendo o Indio" é o espectáculo, para público familiar, que mañá venres, ás 19 h, presenta Galitoon no Teatro Municipal de Tui. A obra está dirixida por Chisco Casteleiro que forma parte do elenco xunto a Jona García. Ao longo de sesenta minutos prometen facer rir ao público, tal e coma explicaba o propio Chisco Casteleiro.

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "Los Espigadores y la Espigadora" 06.03.2025

"Los Espigadores y la Espigadora" de Agnes Varda é a película que proxectará mañá venres, 7 de marzo, ás 21 horas o Cineclub Tui, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Con Noemí Guisande, do Cineclub repasamos os detalles desta cita que terá un pase único aos prezos de 2 euros para persoas socias e 4,5 para público xeral. Amais hoxe celebran unha asemblea de socios, ás 20.30 horas na Au...

Ent, Luz Beloso, pintora e ilustradora | Especial 8M - Autora do cartel do 8M do Concello de Tui 05.03.2025

“Os Nosos Dereitos, hoxe, mañá e sempre!” é o lema que o Concello de Tui elixiu este ano para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller. O cartel deste ano é obra da ilustradora Luz Beloso no que representa a varias xeracións de mulleres erguendo a voz para defender os seus dereitos. Hoxe falamos coa artista sobre esta creación e sobre a necesidade de seguir traballando por acadar unha sociedad...

Ent. Lucía Estévez, da Asociación Laxes de Paramos | Xornada pola Igualdade 05.03.2025

A Asociación Laxes de Paramos súmase á conmemoración do 8M cunha “Xornada pola igualdade”. Será este domingo ás 17 h no Centro Cultural Laxes de Paramos coa charla-coloquio “Sementes de igualdade, primavera morada” a cargo de Priscila Retamozo, e ás 18 h, a compañía Espectacular representará o contacontos, para público familiar, “Os mundos de Elisa”. Lucía Estévez deu conta destas dúas actividades...

Ent. Carolina Figueroa, do Club de Patinaxe Artístico Ribex | Campión de Galicia co Grupo Show 03.03.2025

O grupo show do Club de Patinaxe Artístico Ribex proclamouse onte Campión Galego. Con este primeiro posto logra a praza para o Campionato de España. O seu cuarteto foi terceiro. Hoxe valoramos con Carolina Figueroa, adestradora do club tudense, este novo éxito deportivo.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.