Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. César Pérez Ares, xefe territorial de Educación | Deficiencias denunciadas polo IES San Paio 03.12.2024 6:20
O IES San Paio de Tui denunciou unha serie de graves deficiencias estructurais e de mobilidade que afectan ao funcionamento normal do centro. A comunidade educativa reclamaba unha actuación urxente e integral. César Pérez Ares, xefe territorial de Educación, contestou na nosa sintonía a estas reclamacións.
Ent. Miguel Pazo, presidente da asociación Vontade | Día Internacional de Persoas con Discapacidade 03.12.2024 5:23
Hoxe, coincindido co Día das Persoas con Discapacidade, Vontade, a Asociación de Persoas con Discapacidade do Baixo Miño, inaugurou no Mercado de Tomiño unha exposición fotográfica na que recolle o traballo desenvolvido dende a súa creación hai 20 anos. Así nolo contou o seu presidente, Miguel Pazo.
Espazo Comercio | Costuras Tui 03.12.2024 5:48
Hai pouco máis dun ano Érika Blandón e Ariel Sapienza decidiron emprender e abrir Costuras Tui. Un comercio que tivo unha gran acollida dende o primeiro momento, algo polo que ambos están moi agradecidos. Hoxe protagonizaron o Espazo Comercio, que realizamos en colaboración con ACITUI, dando conta dos servizos que lles diferenzan.
Ent. Noemí Guisande, Cineclub Tui | "Unha pastelaría en Tokio" 02.12.2024 2:43
Mañá temos nova cita do Cineclub Tui coa proxección da película "Unha pastelaría en Tokio", de Naomi Kawase. Haberá dúas proxeccións, a primeira ás 18.30 h e a segunda ás 20.45 h na aula da UNED. Noemí Guisande, do Cineclub, deunos hoxe os detalles desta película. A entrada custará 2 euros para os socios e 4,50 euros para o público xeral.
Ent. Blanca Puente, directora do IES San Paio de Tui | Deficiencias no centro educativo 02.12.2024 6:49
O IES San Paio de Tui reclama unha actuación urxente e integral no centro que solucione as graves deficiencias estructurais e de mobilidade, que afectan ao funcionamento normal do centro. A directora do IES San Paio, Blanca Puente, explicou na nosa sintonía os problemas que arestora teñen no centro.
Ent. Monseñor Antonio José Valín Valdés, bispo de Tui-Vigo | 799 aniversario da catedral de Santa María de Tui 02.12.2024 12:19
Onte cumpríronse 799 anos dende a consagración da catedral de Santa María de Tui. Coincidindo con esta data hoxe entrevistamos ao bispo de Vigo-Tui, monseñor Antonio Valín Valdés. Con el abordamos os preparativos do 800 aniversario da Catedral, as obras que se están a realizar no templo, e o proceso para a canonización de Pedro González Telmo, entre outros asuntos.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, e Ana Núñez, concelleira de Comercio e Turismo | Nadal en Tui 29.11.2024 15:10
Mañá chega o Nadal a Tui, co simbólico acendido das luces e a inauguración do Mercado de Nadal e do Taller Máxico de Papá Noel, sen deixar atrás a música e a animación de rúa. As concelleiras Sonsoles Vicente, Cultura, e Ana Núñez, Comercio e Turismo, deron todos os detalles da programación do Nadal 2024.
Ent. Jorge Enríquez e Adrián Pinaque, de Arqxé | Premio Gran de Area 2024 29.11.2024 5:53
O estudo de arquitectura tudense Arqxé é un dos galardoados dos Premio Gran de Area 2024, que outorga o Colexio Oficial de Arquitectura de Galicia. É a quinta ocasión en que o seu traballo é recoñecido nestes premios, nesta ocasión polo expositor que realizaron para a empresa Coplant. Falamos con Jorge Enríquez e Adrián Pinaque de Arqxé deste traballo e do galardón.
Ent. G Face, cantante| Estrea do documusical "G Face na casa" 29.11.2024 6:45
O artista tomiñés Gabriel Fandiño, G Face, pre-estrea mañá o seu documusical "G Face na casa", que se lanzará oficialmente este domingo ás 19 h. Mañá, a partir das 19.30 h, no Pazo do Mosteiro de Lira, en Tomiño, onde gravou o documental, poderemos coñecer xa este novo traballo de GFace. Hoxe fixo un avance do mesmo na RMT, convidando a asistir ao evento de mañá sábado.
Ent. Enrique Cabaleiro, Miguel Veiga e José Quinteiro | Árbore dos desexos 2024 29.11.2024 14:11
A Árbore dos Desexos volverá a facer realidade os desexos dos nenos e nenas das familias as que axuda SOS Tomiño Baixo Miño este Nadal. A partir de mañá estará situado no Taller Máxico de Papa Noel na praza da Inmaculada. Coñecemos todos os detalles con Miguel Veiga de Emedia.gal promotor da iniciativa, José Quinteiro, presidente de Sos Tomiño Baixo Miño, e Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.
Ent. Rogelio Lema, coordinador do plan galego anti VIH/Sida e outras ETS da Consellería de Sanidade 28.11.2024 21:45
O 1 de decembro conmemórase o Día Mundial da Sida dende o ano 1988. Rogelio Lema, coordinador do plan galego anti VIH/Sida e outras enfermidades de transmisión sexual da Consellería de Sanidade, profundou hoxe nos datos actuais en Galicia e sobre os retos e desafíos a futuro.
Ent. Alejandro Tartaglione, fundador de Zumiño | Marca de zumes naturais do Baixo Miño 28.11.2024 6:22
En 2015 Alejandro Tartaglione decidiu emprender no Baixo Miño, centrándose na elaboración de zumes naturais. Cinco anos despois a súa idea fíxose realidade baixo o nome de Zumiño, unha marca que se centra no cultivo ecolóxico de maceiras das beiras do río. Hoxe o fundador contounos como foron os inicios, as dificultades que se atopou ao apostar por emprender e onde podemos mercar os seus produtos.
Espazo Comercio | Naldo Costas 28.11.2024 8:27
En agosto de 1994 abría as súas portas o salón de beleza Naldo Costas, en Tui. O seu propietario, que dá nome ao establecemento, participou hoxe o Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI. Repasou estes 30 anos de historia e deu os detalles dos novos espazos que crearon no centro, como a boutique de cosmética e a perfumería.
Ent. Alejandro Pardo, responsable da área social do Tyde | Campaña de socios 27.11.2024 7:23
Seguir crecendo na campaña de socios e socias é un dos obxectivos que ten o Tyde esta temporada. Alejandro Pardo, o responsable da área social do equipo, deu conta no noso programa destas cifras e tamén dos éxitos colleitados nas últimas semanas.
Ent. Llerena Perozo, escritora | Presentación do libro "Os anos tranquilos" en Tui 27.11.2024 4:50
A escritora Llerena Perozo presenta hoxe o seu libro " Os anos tranquilos" como parte da programación do Concello de Tui polo 25N. Farao ás 19.00 h, na sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez. Falamos coa autora sobre esta nova obra e sobre o acto desta tarde.
Ent. Robin Trigas, artista | Exposición "Después de que nos hayamos ido" 26.11.2024 11:36
Até o 11 de xaneiro a Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle a mostra "Después de que nos hayamos ido", de Robin Trigas. Trátase dunha colección de 36 cadros que versan sobre o mundo que quedaría sen humanos, baixo as técnicas de encáustica e nihonga. Coñecemos máis co artista.
Ent. Javier Argüelles e Noemí Guisande, Cineclub Tui | "Sempre nos quedará mañá", de Paola Cortellesi 26.11.2024 0:43
Hoxe hai unha nova cita do Cineclub Tui coa proxección da película "Sempre nos quedará mañá", de Paola Cortellesi. Haberá dúas proxeccións, a primeira ás 18.30 h e a segunda ás 20.45 h na aula da UNED. Javier Argüelles e Noemí Guisande, do Cineclub, déronnos os detalles desta película. Hoxe a entrada para socios é gratuíta.
Espazo Comercio | Emma Gastrobar 26.11.2024 7:57
En marzo de 2022 Isaac Míguez abriu o seu restaurante Emma Gastrobar coa idea de marcar un icono gastronómico en Tui. Actualmente non só lidera este proxecto, senón que conta con outros tres establecementos: Beldade, Catro Elementos e Decalle. Contounos a súa evolución no Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI.
Especial 25 N | CEIP Caldelas, CEIP Randufe, CEIP Rebordáns, CRA Mestra Clara Torres e IES Indalecio Pérez Tizón 25.11.2024 9:44
Coñecemos as accións e actividades programadas por algúns dos centros educativos tudenses con motivo deste 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.
Ent. Catuxa Salom, cantante e compositora | Especial 25N 25.11.2024 3:42
A cantante e compositora Catuxa Salom participa esta tarde no acto insitucional do 25N que organiza o Concello de Tui a partir das 18 h na Praza do Concello. Hoxe falamos con ela sobre esta actuación que vai realizar e na que presenta o seu primer álbum, "Caldo".
Ent. Roberto Díez, director do Colexio Maristas Santa María de Tui | Especial 25N 25.11.2024 1:37
Coñecemos con Roberto Díez, director do Colexio Maristas Santa María de Tui, as actividades realizadas neste centro educativo para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Foi no espazo dedicado ao 25N do programa Día a Día.
Ent. Chis Oliveira e Amada Traba, expertas en educación emocional e sexualidade na xuventude | Pornografía 25.11.2024 26:30
O consumo de pornografía e o tipo de contido centran a nosa conversa con Chis Oliveira e Amada Traba, expertas ambas en educación emocional e sexualidade na xuventude. Co seu libro "Ámame: pensar o amor no século XXI" abordamos diferentes aspectos sobre as relacións amorosas, nunha entrevista que forma parte do especial 25N.
Ent. Ramiro García, director do CEIP Nº2 | Especial 25N 25.11.2024 1:34
Ramiro García, director do CEIP Nº2 de Tui, explicou hoxe programa Día a Día, no espazo dedicado ao 25N, as actividades que levan a cabo no centro por este Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller.
Ent. Blanca Puente, directora do IES San Paio | Especial 25N 25.11.2024 2:42
Blanca Puente, directora do IES San Paio, explicou hoxe no espazo dedicado ao 25N no programa Día a Día as actividades que están realizando.
Ent. Verónica Martín, directora do CEIP Pazos de Reis | Especial 25N 25.11.2024 4:09
No espazo dedicado ao 25N no programa Día a Día coñecemos as actividades que están a realizar no CEIP de Pazos de Reis coa súa directora Verónica Martín.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.