Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 5, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Mónica Pérez Pazo, enfermeira especialista en Hemodinámica | Operación pioneira válvula mitral 04.04.2025 10:55
A enfermeira tudense Mónica Pérez Pazo, especialista en Hermodinámica, forma parte do equipo que hai un mes levou a cabo unha operación pioneira a nivel internacional. Foron os primeiros en implantar, por vez primeira no mundo, un novo dispositivo para reparar a válvula mitral do corazón dun paciente de 77 anos. Conversamos con ela sobre este fito médico.
Ent. Hugo Lage, de Buguina Turismo | Tui de Cine 04.04.2025 6:05
Dende a Praza da Inmaculada de Tui partirá mañá sábado ás 21.00 horas a visita guiada "Tui de Cine", organizada por Buguina Turismo para coñecer e pór en valor o patrimonio audiovisual da localidade. Con Hugo Lage, de Buguina Turismo falamos sobre este paseo guiado polos vellos cinemas, festivais audiovisuais e lugares onde se gravou máis dunha ducia de filmes e series de televisión.
Ent. Lucas González, director en funcións de representación da Comisión Europea en España | As prazas de Europa 04.04.2025 4:06
A Eurocidade Tui-Valença acollerá o vindeiro martes, 8 de abril, a XX edición da iniciativa As prazas de Europa, impulsada pola Comisión Europea. A actividade será no Paseo da Corredoira, en horario de 18.00 a 20.00 h. Lucas González, director en funcións de representación da Comisión Europea en España, daba conta dos detalles deste encontro, que coincide co 40 aniversario do Tratado de Adhesión d...
Ent. Germán Ruiz, gaiteiro | Concerto no Auditorio de Torroso (Mos) 04.04.2025 3:49
Hoxe, venres, o gaiteiro Germán Ruiz presentará o seu segundo disco en solitario, "Hemisferios", no Auditorio de Torroso, en Mos. Será ás 20.30 horas e as entradas poderán mercarse no propio auditorio ao prezo de 10 euros. Co músico valisoletano falamos hoxe sobre a súa paixón pola gaita e por Galicia.
Ent. Rafael Pérez e Mari Carmen González, da Escola de Canto Ponte das Febres | Concerto-Audición 04.04.2025 6:07
Mañá, sábado, ás 19.00 horas, a Escola de Canto Ponte das Febres ofrecerá un concerto-audición no que participarán 15 alumnos interpretando 34 cancións de diferentes estilos, décadas e idiomas. Será na Casa Cultural da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe e a entrada é libre e gratuita. Hoxe déronnos os detalles Rafael Pérez, presidente da Escola de Canto Ponte das Febres; e Mari Carmen Gonzále...
Ent. Juan Álvarez, da Asociación Cultural Deportiva Recreativa Colibrí | IV BTT Terras de Tomiño e Florentiña 04.04.2025 3:13
210 persoas participarán este domingo na IV BTT Terras de Tomiño e Florentiña que organiza a Asociación Cultural Deportiva Recreativa Colibrí. A saída será ás 9.00 horas dende a Praza do Seixo. Hoxe falamos con Juan Álvarez, da asociación organizadora, sobre os dous percorridos da proba e sobre a celebración da II Andaina popular e da I Xincana Infantil.
Ent. Arturo Regueiro, conductor de A outra banda | 100 programas de A outra banda 03.04.2025 11:05
Como cada xoves, hoxe ás 22.00 horas emitirase A outra banda, na Radio Municipal de Tui, pero esta ocasión é especial xa que se cumpren 100 programas. Para celebralo hoxe falamos co seu conductor, Arturo Regueiro, que nos contou coma xurdiu o programa e tamén a proposta que realizará esta noite dunha viaxe romántica pola primavera.
Ent. Carlos Lago, ilustrador - Autor do Cartel das Festas de San Telmo 03.04.2025 6:29
Hoxe falamos co ilustrador tudense Carlos Lago que este ano foi o encargado de deseñar o cartel das Festas de San Telmo de 2025. Contounos coma foi o proceso e coma é o cartel das festas, tamén falamos dos proxectos nos que está a traballar.
Ent. Suso Vila, historiador, e Marina, da Asociación de Mulleres Feministas Berra | 03.04.2025 11:31
Este domingo, ás 11 horas, terá lugar o roteiro solidario "As mulleres esquecidas de Riomuiños, que está organizado pola Asociación de Mulleres Feministas Berra. Comezará no lavadoiro de Riomuiños. Ten un prezo de 10 euros. Hoxe falamos desta actividade con Marina, Asociación de Mulleres Feministas Berra e co historiador Suso Vila, que será o encargado de guiar o roteiro.
Ent. Natalia Jorge, historiadora | Premio Xohana Torres 2024 03.04.2025 11:14
A historiadora Natalia Jorge gañou o premio Xoana Torres 2024 polo seu traballo "Un formigueiro de mulleres. As trapicheiras do Miño". Hoxe coñecemos da súa man este traballo no que reivindica o papel das mulleres. Pero tamén nos contou os novos proxectos nos que está a investigar, parte deles aquí en Tui.
Ent. Alfonso Ferreira, directivo de Iacobus - Estudo sobre o Camiño Portugués ao seu paso por Tui 02.04.2025 11:43
Alfonso Ferreira é un namorado do Camiño. Membro da directiva de Iacobus ten desenvolvido distintas iniciativas vinculadas precisamente ás rutas xacobeas. Hai dous anos plantexouse facer algo inédito e comezou un estudo sobre o número de peregrinos que pasan por Tui. O traballo incluíu 4 meses, un por estación, ao pé do Camiño Portugués contando o número de peregrinos e peregrinas, realizando enqu...
Ent. David Fernández, André Martínez e Martín Sestelo da Escola Deportiva Avanza - Carreira deportiva na BTT 02.04.2025 19:54
Hoxe falamos con tres ciclistas tudenses, David Fernández, André Martínez e Martín Sestelo, da Escola Deportiva Avanza, que están a destacar nas probas de BTT nas modalidades de Enduro, XCO e Descenso. Hoxe coñecimos como se iniciaron na BTT, a súa traxectoria deportiva, as metas desta temporada... e tamén nos explicaron como é cada unha destas modalidade de BTT que practican.
Ent.Montse Mon, presidenta de Un Máis | Día Mundial de concienciación sobre o autismo 02.04.2025 11:36
Hoxe, 2 de abril, é o Día Mundial de concienciación sobre o Autismo. Por este motivo falamos con Monste Mon, presidenta de Un Máis, a Asociación de Pais, Nais, familiares e amigos de persoas con TEA, creada hai máis de 15 anos en Tui. O lema deste ano é "Somos infinitos" co que se fai fincapé en que non hai dúas persoas con autismo iguais, cada persoa autista é única, ten a súas propias necesidade...
Espazo Comercio | Iris Saavedra, da biotenda Conéctate 01.04.2025 9:49
Hoxe no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, coñecemos de que se trata a terapia Bemer e os seus beneficios na prevención de enfermidades. Facémolo da man de Iris Saavedra, psicoanalista e nutricionista, da biotenda Conéctate. Ela será a encargada de impartir unha charla sobre esta terapia o vindeiro mércores 9 de abril ás 20 h.
Ent. Abel Estévez, presidente do Balonmán Porriño | Final da EHF European Cup 31.03.2025 2:49
Fito histórico o logrado esta fin de semana polo Conservas Orbe Zendal Balonmán Porriño ao clasificarse para a final da EHF European Cup que se desputará no mes de maio. Hoxe valoramos co presidente do club, Abel Estévez, a boa saúde da que goza o balonmán feminino na actualidade.
Ent. Noemí Guisande, Cineclub Tui | Proxección "Noite na terra", de Jim Jarmusch 31.03.2025 2:47
"Noite na terra" é a segunda película de Jim Jarmusch que proxectará mañá martes o Cineclub Tui. Unha cita que terá lugar nos horarios habituais —18.30 h e 20.45 h— no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. O prezo é de 4,5 € para público xeral e 2 € para persoas socias. Así nolo explicou Noemí Guisande, do Cineclub Tui.
Ent. Pedro Fernández, Curso básico de móbil | Centro Sociocomunitario de Tui 31.03.2025 3:52
O próximo martes, 8 de abril, no Centro Sociocomunitario de Tui terá lugar un Curso básico de móbil, impartido por Pedro Fernández. Haberá dúas quendas: unha de 10 h a 12 h e outra de 17 h a 19 h. Esta actividade ten un prezo de 10€. Deunos os detalles Pedro Fernández.
Ent. José Ángel do Covo, do Observatorio Astronómico Ramón María Aller | Eclipse parcial de sol 28.03.2025 4:23
Mañá, sábado, producirase un eclipse parcial de sol que se poderá ver dende ás 10.30 ate ás 12.30 horas, aproximadamente. José Ángel do Covo, do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, explicaba hoxe, no programa Día a Día, en que consiste este fenómeno e deu recomendacións para poder velo sen danar a vista.
Ent. Charly López "Spartan", boxeador | Combate de boxeo no Porriño 28.03.2025 7:45
O goianés Charly López "Spartan" leva 18 anos competindo en boxeo e un mes e medio preparándose para o combate de peso medio que mañá, sábado, vai protagonizar como parte da velada Fight Night II, que terá lugar no pavillón do Porriño, ás 19.30 horas. Hoxe Charly López contounos como se prepara de cara a esta velada.
Ent. Carlos Diz, tesoureiro da Comisión de Festas de Areas | Festa da Zorza 28.03.2025 3:35
A parroquia de Areas, en Tui, recupera a súa Festa da Zorza tras máis de 20 anos sen realizarse. Este domingo, a partir das 10.30 horas, o torreiro vello de Areas acollerá este festexo. Carlos Diz, tesoureiro da Comisión de Festas de Areas, organizadora do evento, deunos todos os detalles desta cita gastronómica.
Ent. Vero Rilo, narradora oral | Espectáculo "Asdomare" 28.03.2025 2:47
O espectáculo para público familiar “Asdomare” pecha este domingo, ás 12.30 h, no Mercado de San Antonio a programación do 8M organizada polo Concello de Tui. Sonsoles Penadique e Vero Rilo contarán unha historia que levará ao público a coñecer a realidade das mulleres do mar. Vero Rilo referíase hoxe, na nosa sintonía, á relación que estas historias teñen co Día internacional da Muller e de como...
Ent. Carmen Blanco Sanjurjo | Presentación de Gorriones y halcones. El viento en la piedra. 27.03.2025 6:50
Carmen Blanco Sanjurjo presenta hoxe, ás 19.30 h, na Sala de Exposicións en Tui a súa primeira novela "Gorriones y halcones. El viento en la piedra". Na Radio Municipal de Tui explicaba que está ambientada no século XV no periodo anterior á gran Revolta Irmandiña. Hoxe na presentación contarase cos actores Tania Villamarín e José Blanco representanto á Condesa de Zúñiga e á Conde de Lemos, nun dos...
Ent. Chus López e Jorge Lima, membros de Old Bridge | Actuación no Porriño 27.03.2025 4:27
O grupo Old Bridge, formado por músicos de Tui e Valença, actuará este sábado, ás 22.30 horas, no Bar Liceum no Porriño. Interpretarán temas de blues, funky, reggae e rock&roll dende os anos 50' até a actualidade. Así nolo contaron hoxe Chus López e Jorge Lima, membros da banda, que destacaron a importancia de que os establecementos aposten por acoller actuacións musicais en directo. A entrada par...
Ent. Frans Banfield | Segunda Jam Session 27.03.2025 4:35
A música encherá de novo mañá dende ás 21 h o espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela coa segunda Jam Session froito da colaboración entre o Concello de Tui e FB Produxion. A banda base volverá ser Red Duck Blues formada por Fiz Novoa, Mike Trompi, Juanmma Ons, Frans Banfield e Diego García, que interpretarán temas de soul, jazz, e funky, xunto a todos aqueles músicos e músicas que queiran su...
30 anos de Ponte... nas Ondas! | Diana Gonçalves, cineasta tudense 26.03.2025 6:51
Tamén dende o cine visibilízase e promociónase o patrimonio cultural inmaterial de Galicia e o Norte de Portugal. Testemuña disto é a cineasta tudense Diana Gonçalves, que dende os seus primeiros filmes apostou por visibilizar, dende unha perspectiva de xénero, a historia das trapicheiras e das mulleres da raia. Con ela compartimos hoxe espazo no 30 aniversario de Ponte... nas Ondas!.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.