Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Lorena Franco, de Biophilia | Curso de Poda en Tui 14.01.2025 3:08
Este domingo 19, de 9 h a 14 h, impártese en Tui un curso teórico-práctico de poda, organizado por Biophilia Axencia Ambiental. Será nas proximidades da estación de tren, na Avenida da Concordia. Ten un prezo de 35€. A inscrición pode realizarse no correo a info@biophilia-ambiental.es ou no teléfono 693 56 26 74. Coñecemos todos os detalles do curso con Lorena Franco, de Biophilia, que avanzou que...
Ent. Serafín Martínez, Nokao | Trail do Aloia 2025 10.01.2025 4:51
A falta dun mes para que se celebre o Trail do Aloia, xa están completas o 65% das prazas. A proba, que terá lugar o 8 e 9 de febreiro no Parque Natural Monte Aloia, contará con dúas distancias, o Speed Trail, de 10 quilómetros e o Gran Trail, de 20. O Kids Trail, para os máis pequenos. As inscricións poden realizarse a través da páxina web do Trail do Aloia até o 5 de febreiro. Deunos os detalles...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Incendio garaxe rúa Mondoñedo 10.01.2025 4:51
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, confirmou este mediodía que a veciñanza do edificio afectado polo incendio nunha garaxe na tarde de onte poden volver as súas vivendas, tras comprobar os bombeiros que a calidade do aire é correcta. Indicaba amais que a Policía Científica se despraza a Tui para realizar a inspección da zona afectada. Polo momento non se pode acceder as garaxes.
Ent. María del Carmen Mota | Transporte público ao CUVI dende Tui 10.01.2025 5:06
María del Carmen Mota é veciña de Tui e nai dunha estudante da Cidade Universitaria de Vigo. Solicita que haxa un servizo de autobús, dende o CUVI a Tui, ás 15 h, cando o alumnado sae das clases. Unha situación da que xa dabamos conta no programa Día a Día o pasado 17 de setembro de 2024. Polo de agora, segundo explica a afectada, non recibiron respostas dende a Dirección Xeral Administrativa de M...
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "O neno e o mundo" 10.01.2025 4:59
Mañá é a última cita do Ciclo de Nadal do Cineclub Tui coa proxección de "O neno e o mundo", de Alê Abreu. O visionado será ás 18.30 horas na aula UNED de Tui. A entrada é de balde para socios, 3 euros para público xeral e 2 euros para menores de 12 anos. Hoxe falamos con Noemí Guisande, do Cineclub Tui que ademais de dar máis detalles sobre este filme, fixo un balance do Ciclo de Nadal e adiantou...
Ent. Arantxa Rodríguez, da Asociación Xuvenil "Nós somos Nós" de Salceda | IX Trail dos Penedos 09.01.2025 7:44
Hoxe, ás 23.59 horas, remata o prazo para inscribirse no IX Trail dos Penedos que organiza a Asociación Xuvenil “Nós Somos Nós” de Salceda. A proba, que se desputará este domingo día 12 a partir das 9.30 horas, terá dous percorridos, un de 15 quilómetros e outro de 25. É unha iniciativa solidaria en favor da asociación Bicos de papel, que traballa con pacentes de cancro infantil do Hospital Álvaro...
Ent. José Fernando Martínez, presidente da Comunidade de Montes de Camposancos | Festividade de San Amaro 08.01.2025 4:58
A Comunidade de Montes de Camposancos organiza a súa tradicional Paletada-Laconada de San Amaro para o sábado 18 deste mes ás 13.30 h no Hotel O Muíño. Unha cita que se leva celebrando 26 anos, e que xurdiu para enxalzar a tradición de conservar a paleta do porco tras a matanza para o Día de San Amaro, primeira romaría do ano na comarca. Así nolo contou no programa o presidente da Comunidade de Mo...
Ent. Yaiza Vila, estudante de Belas Artes | Exposición "Voces e Raíces" no Rosal 07.01.2025 6:25
“Voces e raíces” é o título da mostra artística que se inaugura este sábado ás 16.30 h no salón de exposicións do Concello do Rosal. Trátase dunha iniciativa posta en marcha por tres estudantes de Belas Artes da Universidade de Vigo: Yaiza Vila, Sara Cividanes e Nayade Castro. A primeira delas, Yaiza Vila, explicounos no programa Día a Día en que consiste este proxecto.
Ent. David Domínguez, presidente do Tyde | Día do Neno 03.01.2025 6:38
Cita destacada a desta fin de semana a que teremos no campo Álvarez Durán. O Tyde desputará o partido da xornada 12, contra o Racing Castrelos, que fora aprazado por circunstancias meteorolóxicas. Será ás 12 h. Aproveitando que este encontro terá lugar na véspera do Día de Reis, o club celebrará o Día do Neno. David Domínguez, presidente, deu os detalles desta xornada.
Ent. Pablo Romero e Milena Martínez, do Cineclub Tui | "Big Fish" 02.01.2025 6:01
Este sábado, 4 de xaneiro, ás 18.30 h na Aula da UNED, haberá unha nova cita co Ciclo de Nadal do Cineclub Tui coa proxección de "Big Fish", de Tim Burton. Ademais, tras o visionado haberá un coloquio sobre o mundo de Tim Burton a cargo de Milena Martínez. Hoxe falamos con ela e con Pablo Romero do Cineclub Tui. A entrada é de balde para socios, 3 euros para público xeral e 2 euros para menores de...
Ent. Carlos Pérez Antón 'Fonterosa' | Mención Honorífica Especial do Concello de Tui 02.01.2025 8:30
Carlos Pérez Antón, 'Carlos Fonterosa', recibirá hoxe xoves, 2 de xaneiro, ás 18 h, no salón de plenos da casa do concello de Tui a Mención Honorífica Especial do Concello de Tui en recoñecemento a súa traxectoria, cunha dedicación profesional no ámbito comercial, e cunha dilatada participación na vida social da cidade, cun papel destacado no mundo da filatelia. Carlos Fonterosa indicaba hoxe na n...
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes | San Silvestre 2024 30.12.2024 3:10
Tui celebrará mañá a súa terceira San Silvestre batendo os récord das dúas primeras edicións, xa que son 1879 as persoas inscritas, o que fará que este evento deportivo sexa mañá toda a unha festa do deporte e solidaria. A retirada de dorsais comezará ás 9 h no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. O concelleiro de Deporte, Rafael Estévez, amosaba a súa satisfacción pola participación...
Ent. Raúl Paz, cantante da Orquestra Kubo | Actuación de Fin de Ano 30.12.2024 3:51
Tui celebra a chegada do 2025 coa actuación da orquestra Kubo, que fará a súa presentación no recinto feiral na avenida da Concordia, a partir da unha da madrugada deste mércores día 1. Será un percorrido musical polos temas dos anos 70', 80',90' até a actualidade. O cantante da agrupación, Raúl Paz, contounos os detalles desta actuación que se realizará no maior escenario de Europa.
Ent. Adolfo Besada, músico e Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Mención Honorífica Especial Adolfo Besada 30.12.2024 16:30
Adolfo Besada vai recibir hoxe luns, ás 20 h, no Teatro Municipal de Tui, a Mención Honorífica Especial do Concello de Tui en recoñecemento a súa traxectoria no mundo da música, non só en Tui senón tamén na contorna. Hoxe falamos co homenaxeado, Adolfo Besada, e coa concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente.
Ent. Frans Banfield, músico | Concerto de El Cuarto de Tula en Goián 27.12.2024 6:55
Hoxe venres ás 23 h o Centro Goianés acollerá a actuación especial de "El Cuarto de Tula", un poderoso quinteto de músicos cubanos afincados en Galicia. As entradas, á venda na cantina do Centro Goianés e en www.ticketrona.com, teñen un prezo de 12€ non socios e 8€ socios. O músico e produtor Frans Bandfield deunos conta deste concerto tan especial.
Ent. David Navarro, produtor musical 27.12.2024 11:08
David Navarro é produtor musical, e traballou con artistas como Juan Magán ou Rosalía. Afincado na súa Canarias natal, coñeceu a comarca do Baixo Miño hai 20 anos por amor, e agora busca impulsar máis proxectos musicais aquí, tras o videoclip "Como llora", do artista Juanfran, grabado en Vigo.
Ent. José Manuel Solleiro, Ricardo Martínez e José Manuel Martínez, das corais de Tui | Concerto de Nadal 27.12.2024 6:30
Concerto de Nadal das tres corais tudenses mañá sábado, ás 20 h, no Teatro Municipal de Tui, dentro da programación do Nadal. Coñecemos o repertorio que van interpretar e os detalles deste evento musical con José Manuel Solleiro, da coral Ponte das Febres; Ricardo Martínez, da coral San Telmo; e José Manuel Martínez, da coral do Centro Sociocomunitario.
Ent. Sara Tui, futbolista | Traxectoria deportiva, balance 2024 e retos 2025 26.12.2024 11:32
No programa especial Día a Día de hoxe contamos coa presenza da futbolista Sara Tui. Falamos da súa carreira deportiva, dos éxitos desta temporada e dos obxectivos para o ano 2025.
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, e Laura Solla, do Club de Atletismo Tui | III San Silvestre 26.12.2024 9:14
Récord de inscritos na III Carreira Solidaria San Silvestre de Tui, que se vai celebrar o martes 31. 1.200 persoas percorrerán as rúas da cidade para despedir o ano. As inscricións están aínda abertas, até o domingo 29 ás 22 h. Coñecemos todos os detalles desta proba con Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Laura Solla, do Club Atletismo Tui.
Ent. Eloy Carrera e Xoán Francesco, director e membro da Banda de Música Popular de Tui | Concerto "Santa Claus" 23.12.2024 6:51
O Teatro Municipal acollerá o concerto "A historia de Santa Claus", unha proposta innovadora que só vai ser representada nesta ocasión. A Banda de Música Popular de Tui e o Grupo de Teatro Aloia de Pazos de Reis únense para contar a historia de Papá Noel, dende o seu nacemento até a chegada ás nosas casas. Déronnos os detalles Eloy Carrera e Xoán Francesco, director e membro da Banda de Música Pop...
Ent. Herminia Sías, belenista| Belén 2024 23.12.2024 13:36
Herminia Sías elabora cada ano un belén na súa casa. Ela mesma recicla materiais que se convirten en figuras, castelos, o pesebre, verduras, teas, paxaros, ovos, e un longo etcétera, que fai do seu belén unha obra de artesanía. Tras abrirnos as portas da súa casa (A Guía, Tui), hoxe conversamos con ela sobre esta tradición.
Ent. Javier Argüelles, do Cineclub Tui, e Xoán Francesco, alumno do IES Indalecio Pérez Tizón | "A derradeira palabra" 23.12.2024 6:12
Hoxe temos nova cita no Cineclub Tui coa proxección da curtametraxe "A derradeira palabra", realizada polo alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón. A sesión será ás 18.30 horas na aula da UNED. Javier Argüelles, do Cineclub, e Xoán Francesco, un dos creadores da curtametraxe, déronnos hoxe os detalles deste filme. A entrada é de balde até completar aforo. Amais, Javier Argüelles avanzou a programaci...
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira, e Aloia Martínez, Mistura Vocal | Concerto de Nadal da Eurocidade, "Estrela" 20.12.2024 12:11
O concerto de Nadal da Eurocidade Tui-Valença leva este ano o título "Estrela", lembrando a maxia do ceo guiando aos Reis Magos. Con catro agrupacións sobre o escenario, encherá de emoción e ilusión o Teatro Municipal de Tui mañá sábado ás 21.30 h. Coñecemos os detalles con Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, e Aloia Martínez, directora de Mistura Vocal. As entradas aínda están á venda en tu...
Ent. Frans Banfield, guitarrista e cantante de The Red Duck Blues | Concerto en La Gran Manzana 20.12.2024 3:10
A banda The Red Duck Blues actuará mañá sábado a partir das doce da noite en La Gran Manzana en Tui. A entrada é de balde até completar aforo. Hoxe falamos co seu guitarrista e cantante, Frans Banfield.
Ent. Jorge González e Germán Soutelo do Club Tenis Tui | Campionato División de Honor Cadete 20.12.2024 6:34
As pistas de tenis de Areas, en Tui, acollen este domingo dende as 11 h, a final do Campionato de División de Honra na categoría cadete. O Tenis Tui enfrontarase ao Real Club de Tenis Coruña. Así nolo contaron o presidente do club tudense, Jorge Gónzalez e o secretario, Germán Soutelo. Tamén deron conta das obras que o Concello de Tui está a realizar nas pistas municipais, e dos actos vandálicos q...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.