Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 2, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. David Domínguez, presidente do Tyde e José Manuel Quintana, director deportivo | Ascenso a Preferente 05.05.2025 12:05
Cun empate ante o Mos, o Tyde certificou esta fin de semana o título de campión de Liga e o ascenso a Rexional Preferente no Álvarez Durán, unha categoría á que volven 23 anos despois. David Domínguez, presidente do club, e José Manuel Quintana, director deportivo, explicaron como viviron onte está xornada histórica e agradecían o apoio da afección.
Ent. Ángel Sánchez, codirector do Festival Play Doc | Competición Galicia 02.05.2025 8:29
O cinema galego será gran protagonista no Festival Play Doc que se vai celebrar do 7 ao 11 de maio en Tui. Proxectaranse obras actuais, creadas este mesmo 2025, e tamén pezas máis clásicas como a de Bernardino de Lamas. Doce serán as películas que participan este ano na Competición Galicia, das que falamos con Ángel Sánchez, codirector do festival.
Ent. Felicitas Iglesias, da Asociación Párkinson Baixo Miño | Gala do Día Mundial do Párkinson 02.05.2025 15:36
A Asociación Párkinson Baixo Miño conmemora mañá o Día Mundial do Párkinson cunha gala no Liceo Casino de Tui, a partir das 17.00 horas, na que haberá unha charla, unha actuación de danza e un concerto. Felicitas Iglesias, da Asociación, repasou todas as actividades deste mes de maio.
Ent. Marisa Giráldez, do Club Bádminton Tui | Torneo TTR Tui sub15 e sub 19 02.05.2025 6:53
Mañá sábado, o pavillón do IES San Paio de Tui acolle o torneo TTR Tui nas categorías sub15 e sub19 de bádminton, que organiza o Club Bádminton Tui. Hoxe falamos con Marisa Giráldez, do club, sobre esta cita deportiva e das vindeiras que terán lugar este mes de maio.
Ent. Álex Pardo, do Tyde | O Tyde busca este domingo sumar o punto que precisa para subir a Preferente 02.05.2025 7:12
O Tyde buscará este domingo ás 17.15 h no Álvarez Durán, fronte ao Mos, sumar un punto e lograr matemáticamente o ascenso a Preferente. Agardan repetir a festa vivida o pasado sábado con 1.112 persoas nas gradas no partido ante o Tomiño. Este domingo, neste encontro especial, farán o Día do Socio. Deunos os detalles Álex Pardo, da área social do Tyde.
Ent. Ángel Sánchez, codirector do Festival Play Doc | Retrospectivas 30.04.2025 11:37
Catro serán as retrospectivas que este ano formen parte do Festival Play Doc que se celebrará do 7 ao 11 de maio en Tui. Michael Roemer, Monte Hellman, Elaine May e a Film Heritage Foundation serán os protagonistas. Hoxe con Ángel Sánchez, codirector do festival, coñecemos máis detalles destas retrospectivas.
Ent. José María Vázquez, responsable da xestión de colectas de ADOS | Doazón de sangue en Tui 30.04.2025 5:56
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia fai un especial chamamento á doazón de sangue das persoas dos grupos A+ e 0+. Unha das unidades móbiles de ADOS está hoxe mércores, na rúa Casal Aboy, a carón do centro de saúde en Tui. As doazóns pódense realizar ata ás 14.30 h e de 16 a 21 h. José María Vázquez, responsable da xestión de colectas de ADOS facía un chamamento á veciñanza para que...
Espazo comercio | Iván Carral, de Avatel 29.04.2025 7:39
Avatel cumpre tres anos en Tui, e o seu obxectivo de futuro é expandir os seus servizos a nivel nacional. Hoxe coñecemos as ofertas, sorteos e promocións con Iván Carral, de Avatel, no Espazo Comercio que levamos a cabo en colaboración con ACITUI.
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc | Espectáculos 29.04.2025 12:05
Do 7 ao 11 de maio celébrase en Tui o 21º Festival Play Doc. Nunha semana comezarán as proxeccións, espectáculos e actividades dentro da súa programación. Hoxe abrimos co seu codirector, Ángel Sánchez, unha serie de entrevistas para coñecer todos os detalles desta edición, e comezamos cos espectáculos musicais, cinema percorridos e cine mudo.
Ent. Álex Pardo, encargado da área social do Tyde | Partido contra o Tomiño nas Festas de San Telmo 25.04.2025 8:32
Co foco na posibilidade de poder ascender a Preferente pero desfrutando dunha xornada festiva o Tyde enfróntase mañá, sábado, ao Tomiño. Será no Álvarez Durán ás 19.30 horas. De cara a este encontro o club tudense organizou unha xornada especial, con moitas sorpresas, música e gastronomía. Álex Pardo, encargado da área social do Tyde, deunos todos os detalles.
Ent. Laura Solla do Club Atletismo Tui | Carreira Popular de San Telmo I Memorial Xosé Martínez Tato 25.04.2025 7:26
Preto de 850 persoas van participar mañá sábado, dende ás 11 h, na Carreira Popular de San Telmo I Memorial Xosé Martínez Tato. Máis da metade serán nenos e nenas. A categoría máis numerosa será a de pitufos cun centenar de inscritos. Hoxe Laura Solla, do Club Atletismo Tui, organizador da proba xunto ao Concello de Tui, deunos todos os detalles prácticos deste evento. A recollida de dorsais será...
Ent. Paula López, de Equigalia, e Marcos González, de Hípica Marcos | Concentración Cabalar 25.04.2025 11:42
Dende mañá sábado e até o luns celébrase no barrio de San Bartolomeu a Concentración Cabalar de San Telmo. Tres días de actividades, con novidades, e nas que se agarda a miles de persoas. Deron hoxe os detalles Paula López, de Equigalia, e Marcos González, de Hípica Marcos.
Ent. Juana Dávila e Conchi Costa, do grupo teatro San Fins de Rebordáns | XV Semana de Teatro Amador 25.04.2025 6:17
O grupo de teatro San Fins de Rebordáns será hoxe o encargado de pechar a XV Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui. Será ás 21 h coa estrea de “O amor non ten idade”. Así nolo contaron Conchi Costa e Juana Dávila, dúas das actrices do grupo. As entradas están á venda até ás 18 h en tui.gal e dende ás 20 h no despacho de billetes ao prezo de 2€.
Ent. G Face, cantante | Concerto Festas de San Telmo 24.04.2025 3:58
“Mi luna”, “Maldito Cupido” ou “Vaivén” son algúns dos temas que hoxe vai interpretar G Face no concerto que a partir das 22 h vai ofrecer no Espazo Feiral dentro das Festas de San Telmo. Esta mañá contounos coma vai ser este evento co que abre a xira “G Face na casa”.
Ent. Amancio Muíños e Alberto Sánchez, do grupo de teatro Chirlomirlo | XV Semana de Teatro Amador 24.04.2025 8:29
Dentro da XV Semana de Teatro Amador o grupo de teatro Chirlomirlo estrea hoxe ás 21 h “Arraiadas” unha obra escrita polo propio grupo. Así nolo contaron Amancio Muíños e Alberto Sánchez, membros da compañiá teatral. As entradas están á venda até ás 18 h en tui.gal e dende ás 20 h no despacho de billetes ao prezo de 2€.
Ent. Horacio Santarelli, presidente Casa Tui-Salceda | Premio Cidade de Tui 23.04.2025 9:29
Horacio Santarelli é o presidente da Sociedad Tuy Salceda. Asociación Mutual, Cultural y Recreativa de Bos Aires. O pasado sábado foi o encargado de recoller o premio Cidade de Tui na Categoría Colectiva concedido a esta entidade. Hoxe falamos con el no programa Día a Día da RMT.
Ent. Ruben López, director CMUS Tui | Concertos nas festas San Telmo 23.04.2025 2:53
Un centenar de alumnos e alumnas do Conservatorio e da Escola de Música de Tui actuará hoxe e mañá a partir das 18 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela dentro da programación das Festas de San Telmo. O director do centro, Rubén López, deunos todos os detalles destes eventos musicais.
Ent. Eva Pazo e Miguel Pazo, integrantes do grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis | XV Semana de Teatro Amador 23.04.2025 6:19
O grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis estrea ás 21 h no Teatro Municipal de Tui “Cun pé no ceo” dentro da XV Semana de Teatro Amador. Hoxe na Radio Municipal de Tui falamos con Eva Pazo e Miguel Pazo, integrantes do grupo. As entradas están á venda até ás 18 h en tui.gal e dende ás 20 h no despacho de billetes ao prezo de 2€
Espazo comercio | Quina González, de El Armario Curvy 22.04.2025 12:30
El Armario Curvy cumpre sete anos e, para celebralo, este sábado día 26 abre as súas portas cunha tarde especial, coincidindo coas Festas de San Telmo. Así nolo contou hoxe Quina González no Espazo Comercio, que levamos a cabo en colaboración con ACITUI.
Ent. Paula Cobián, directora da Escola de Danza Paula Cobián | Demostración de ballet 22.04.2025 3:46
O Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela acolle esta tarde de martes, ás 18.00 h, unha demostración de ballet por parte de 50 alumnos e alumnas da Escola de Danza Paula Cobián, por primeira vez dentro das Festas de San Telmo. Tamén presentarán tres coreografías coas que van participar este sábado en Lugo no encontro do Día Internacional da Danza. Hoxe nolo contou a directora da escola, Paula...
Ent. Isaac Míguez, de 4Elementos e Emma Tapas e Brunch | Festa do Meixón 2025 22.04.2025 3:09
4Elementos e Emma Tapas e Brunch son dous dos sete establecementos que participan na Festa do Meixón que se celebra até o luns 28 de abril, coincidindo coas festas de San Telmo. Un produto que se pode degustar, previa reserva, a un prezo de 80 euros por ración. Isaac Míguez, de 4Elementos e Emma Tapas e Brunch, resaltou o valor deste produto do Miño.
Ent. Sofía González, autora e directora da obra "Habelas Hainas" de A Insua de Caldelas | XV Semana de Teatro Amador 22.04.2025 5:13
Hoxe martes ás 21 h, no Teatro Municipal de Tui, comeza a XV Semana de Teatro Amador. O grupo de teatro A Insua de Caldelas abrirá esta programación coa estrea de “Habelas Hainas”, unha obra escrita e dirixida por Sofía González, coa que conversamos hoxe. As entradas, ao prezo de 2€, están á venda en tui.gal e poderán mercarse dende ás 20 h no despacho de billetes do Teatro Municipal.
Ent. Rafael Estévez, Marcos González e Paula López | Concentración Cabalar de San Telmo 2025 22.04.2025 12:47
Do sábado 26 ao luns 28 de abril terá lugar en Tui a tradicional Concentración Cabalar, en San Bartolomeu, dentro das Festas de San Telmo. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, Marcos González, de Hípica Marcos e Paula López, de Equigalia, explicaron hoxe os detalles desta cita que este ano presenta novidades, como a Ruta Cabalar do sábado.
Ent. Pilar Pazo, secretaria da Asociación do Traxe de Tui | Desfile exaltación do traxe tradicional 21.04.2025 6:04
Este domingo, día 27, ás 12.30 horas terá lugar o desfile exaltación do traxe tradicional, dentro da programación das Festas de San Telmo. Será dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Fernando. Pilar Pazo, secretaria da Asociación do Traxe de Tui, explicaba que o desfile ten carácter solidario coa Asociación San Vicente de Paul.
Ent. Paula Romero, de A Gramola Gominola | Concerto familiar Festas de San Telmo 21.04.2025 3:27
Hoxe prosegue a programación das Festas de San Telmo cunha cita para os máis pequenos e pequenas da casa co concerto de A Gramola Gominola. Será a partir das 18.00 horas no Teatro Municipal con entrada libre e gratuíta até completar aforo. Paula Romero, integrante da agrupación, daba todos os detalles desta cita musical na que interpretarán temas dos seus tres discos.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.