Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui; e Javier Argüelles, de Galiclown | Proxeccións desta semana 02.06.2026 10:08
Esta semana o Cineclub Tui proxecta dúas películas en colaboración co Congreso EducODS e outra con Galiclown, pallasos de hospital. Hoxe martes ás 20 h proxecta "Naves misteriosas", con entrada gratuíta; e o xoves ás 21 h "Chinas", con entradas de 2€ para socios e menores de 18 anos e 4,5€ para público xeral. Estas son as propostas en colaboración co Congreso EducODS. "Patch Addams" será a películ...
Raíces e vangarda | Gazpacho de sandía 01.06.2026 12:49
No primeiro programa 'Raíces e vangarda' do mes de xuño, o chef Judicael Romero deu consellos e recomendacións para ir de pícnic, con ideas sinxelas e nutritivas. Unha delas é a receita de hoxe: gazpacho de sandía.
Ent. Rubén Morais, maestro do Judo Club Tudense | Exhibición de fin de curso 01.06.2026 6:32
Arredor de 100 alumnos e alumnas do Judo Club Tudense participarán na exhibición de fin de curso que este domingo ás 11 h celebran no pavillón Gustavo Rodríguez. Hoxe Rubén Morais, maestro do Judo Club Tudense, explicou que o domingo tamén terá lugar a entrega dos cinturóns.
Ent. José Santos e Julio López, da Comisión de Festas de Pesegueiro | II Furanchada 01.06.2026 6:04
A Comisión de Festas de Pesegueiro celebra esta fin de semana a segunda edición da furanchada que celebraran no mes de abril. Serán dúas tardes de gastronomía galega e música na Casa da Eira. José Santos e Julio López, da comisión, tamén indicaron que a andaina e a cea de porco ao espeto que foi adiada será finalmente o 21 deste mes de xuño, e avanzaron que o 22 de agosto celebrarán a vixésima edi...
Ent. Tino Baz, músico | Concerto Cantares de Brueiro 29.05.2026 6:59
Este domingo ás 20 h o Auditorio do Rosal acolle o concerto "Recén saídas do forno" do coro Cantares do Brueiro. A entrada é libre e de balde até completar o aforo. O músico guardés Tino Baz é o director deste proxecto, e hoxe deu conta na nosa sintonía da importancia da música e da cultura popular galega.
Ent. Víctor Aparicio, músico e cineasta | Xornadas Señor Afranio 29.05.2026 9:36
“Afranio”, o documental con guión e dirección de Víctor Aparicio e protagonizado por Luis Tosar, proxéctase hoxe venres ás 20 h no Espazo Sociocultural dentro das Xornadas Señor Afranio. Tamén o domingo ás 20 h no mesmo espazo Víctor Aparicio, Pablo Novoa e Pancho Álvarez ofrecerán o concerto "Cantares dun fuxido". Hoxe conversamos con Víctor Aparicio sobre estas dúas citas.
Ent. Paula Guerreiro, técnica do Servizo de Prevención de Drogodependencias Municipal de Tui | Día Mundial sen Tabaco 29.05.2026 12:08
Con motivo do Día Mundial sen Tabaco que se conmemora cada 31 de maio, hoxe coñecemos o labor do Servizo de Prevención de Drogodependencias Municipal de Tui. Paula Guerreiro, técnica deste servizo, explicou que realizan talleres de prevención nos centros educativos, nos que tamén traballan en novas formas de consumo de nicotina, como son os vapers.
Ent. Vicente Lubián, da Asociación Laxes de Paramos | Mes cultural 29.05.2026 3:47
Andaina cultural coa Fada do Aloia e merenda-cea de ovos formighos é o que dende a Asociación Cultural Laxes de Paramos organizan para mañá sábado, dentro do seu mes cultural. Deu hoxe os detalles Vicente Lubián, membro da asociación.
Ent. Consello da Infancia do CEIP Nº1 de Tui | Congreso EducODS 29.05.2026 7:21
Dende o próximo martes 2 de xuño e até o venres 5 Tui convértese no escenario do sexto Congreso EducODS que organiza o CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui. Cada mañá na Corredoira abrirán os preto de 30 postos dos distintos centros educativos de Infantil, Primaria, Secundaria e Universidade participantes. Hoxe coñecemos as propostas do Club de Letras, do ámbito STEAM, de Crea Visual e de Natural e Social,...
Ent. Isaac González e Pedro Suárez | Curtametraxe "O asasino do bosque" 28.05.2026 5:59
A curtametraxe "O asasino do bosque" do tudense Isaac González e o tomiñés Pedro Suárez está a ser rodado íntegramente en Tui. Este é o segundo proxecto no que traballan xuntos, despois de "Somos Nómadas". Hoxe deron a coñecer este filme e a súa marca audiovisual, Moskito Kinki (MK).
Conchi Martínez Aguilera, Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui | Situación centro de saúde 28.05.2026 9:10
Un novo médico vénse de incorporar ao Centro de Saúde de Tui, ocupando a praza que estaba vacante por xubilización. Por outra parte a persoa que estaba a ocupar a outra praza por xubilación de luns a mércores, pasará a estar tamén de luns a venres. Así o confirmaba hoxe Conchi Martínez Aguilera, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui. Daba conta tamén de cal será a situación no Centro...
Ent. Ana García, pedagoga | Campamento de verán e obradoiro de cara ao instituto no Centro Sociocomunitario de Tui 28.05.2026 7:39
O Centro Sociocomunitario de Tui acolle este verán un campamento para nenos e nenas de 3 a 7 anos dende o 29 de xuño ao 24 de xullo. Será en horario de 9.30 h a 13.30 h e o prazo de inscrición remata o 10 de xuño. Ana García, pedagoga, indicou que a inscrición se pode realizar no teléfono 659 695 516. Tamén, de cara ao inicio do instituto, terá lugar dende o 31 de agosto ao 4 de setembro un obrado...
Ent. Xacobe Morais, da Quinta de Tui Futsal | X Campus Toñín Martín 28.05.2026 7:44
Dende o 6 ao 17 de xullo a Quinta de Tui Futsal organiza unha nova edición do campus Toñín Martín. Será un campamento lúdico, con fútbol sala e moitas actividades máis. Será de luns a venres de 9 h a 14.30 h, e a inscrición está xa aberta en Cluber. Xacobe Morais, da Quinta, deu hoxe os detalles.
Ent. Ana Núñez, Stefano Quarta e Purificación Correa | Día do Mercado 28.05.2026 11:05
Este sábado no Mercado de San Antonio celébrase o Día do Mercado. O concello de Tui súmase á campaña autonómica Quere o Teu Mercado. Así as persoas que se acheguen ao Mercado serán obsequiadas con material promocional, e dende ás 12 h haberá unha degustación gastronómica da man de Stefano Quarta. Así nolo contaron hoxe Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado, xunto a Stafano Quarta e Purifica...
Ent. María González, presidenta, e Aroa Rendo, vicepresidenta do Club Remo Tui | Campamento de verán 27.05.2026 6:18
O Club Remo Tui organiza este verán un campamento dende o 20 de xullo até o 14 de agosto. Será de luns a venres, en horario de mañá, para nenos e nenas de entre 8 e 14 anos. María González, a presidenta do club, e Aroa Rendo, vicepresidenta, explicaron as actividades que van realizar.
Ent. Marina Cruces, sumiller | Túnel do viño. O percorrido do Señor Afranio 27.05.2026 6:16
Seguir o percorrido que fixo Antón Alonso Ríos cando fuxiu de Galicia a través dos viños da zona. Ese é o obxectivo do túnel do viño que este domingo se vai a desenvolver no Mercado de San Antonio. Haberá catro quendas, cun máximo de 20 prazas por quenda, ás 11.30 h, 12.00h, 12.30 h, e 13.00 h. A participación é gratuíta pero é precisa inscrición previa na Biblioteca Municipal ou no correo bibliot...
Ent. Natalia Jorge, doutora en Historia e investigadora do Grupo Histagra da USC | Conferencia nas xornadas Sr Afranio 27.05.2026 13:45
“De Antón Alonso Ríos ao señor Afranio” é o título da conferencia que abrirá mañá ás 20 h as xornadas Siñor Afranio no Espazo Sociocultural. A doutora en Historia e investigadora do Grupo Histagra da USC Natalia Jorge será a encargada de ofrecer esta conferencia dirixida ao público en xeral. Hoxe explicounos que foi o Siñor Afranio, os libros que publicou e a historia de Antón Alonso Ríos.
Ent. Javier Argüelles e Samuel Moreno, magos | III Festival Miño Máxico 26.05.2026 9:21
Este venres inaugúrase o III Festival Miño Máxico en Tomiño, con espectáculos de maxia na rúa, de preto e no auditorio de Goián. Haberá tamén un taller de maxia o sábado ás 11 h, para o que é preciso inscribirse previamente. Así nolo contaron hoxe Javier Argüelles e Samuel Moreno, magos participantes neste festival.
Ent. Lino Martínez, xudoca tudense | Campión de Europa de Judo e Juijitsu, e Subcampión en juijise sen Gi 26.05.2026 7:13
O policía local tudense Lino Martínez proclamouse esta fin de semana Campión de Europa de Judo e Juijitsu, e Subcampión en juijise sen Gi, en Francia, na segunda edición dos Eurogames Emerxencias 112. Lino Martínez contounos hoxe como foi a experiencia, a preparación para este campionato e próximas citas.
Espazo Comercio | Pet&Grow Shop 26.05.2026 4:22
Hoxe no tempo do Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI recibimos a Jairo Correa de Pet&Grow Shop, situado en Guillarei. Explicou os productos e servizos que ofrecen tanto para cultivos como para mascotas.
Raíces e vangarda | Cociña para principiantes 25.05.2026 13:46
Hoxe no tempo de Raíces e vangarda o chef Judicael Romero deu consellos prácticos para iniciarse na cociña, dende diferenciar os distintos tipos de arroz a saber facer un sofrito. Hoxe cociñamos arroz meloso.
Ent. Rebeca Fernández, de Ludikeka | Campamento de verán 25.05.2026 4:33
Do 22 de xuño ao 7 de setembro vaise celebrar na Macoca, en Ludikeka, un campamento de verán. Nenos e nenas de 3 a 12 anos poderán gozar con xogos ao aire, de auga, ou excursións. Contan con opción 'madruga' e 'tupper'. Rebeca Fernández, de Ludikeka deunos todos os detalles deste campamento.
Ent. Joaquín Agra e Julio Solleiro, do Motoclub Papaya | IV Ruta Mototurística do Meixón 25.05.2026 8:04
Este sábado día 30 célebrase a IV Ruta Mototurística do Meixón en Tui. Unha cita que busca dar a coñocer os principais puntos de interese de Tui e da contorna. O punto de saída será a rúa Compostela. Para participar é preciso inscribirse previamente no teléfono 670 60 13 22 ou o propio día da proba na saída. Joaquín Agra e Julio Solleiro, do Moto Club Papaya déronnos hoxe os detalles.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Xornadas Señor Afranio 25.05.2026 8:22
Unha conferencia, a proxección dunha película, unha degustación de viños e un concerto conforman a programación das Xornadas Señor Afranio que dende este xoves e até o domingo se van desenvolver en Tui. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicaba como xurdiron estas xornadas e a programación que se vai desenvolver.
Ent. Víctor Coyote, músico, deseñador gráfico e realizador | Festival de Cans 22.05.2026 11:47
O tudense Victor Aparicio, Víctor Coyote, é un dos homenaxeados este ano no Festival de Cans co chimpín de prata, cunha retrospectiva e coa exposición que abriu o pasado sábado. Deunos hoxe información sobre esta programación e vindeiros proxectos.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.