Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Alberto Fernández, de Rebouras Team | Velada de Fieras 11.06.2026

Este sábado ás 20 h o Pavillón Gustavo Rodríguez en Tui acolle a Velada de Fieras. Un evento deportivo no que o público asistente poderá ver seis combates de boxeo principiante e un profesional. A entrada anticipada ten un prezo de 15€ e en taquilla 20€, tal e como hoxe explicaba Alberto Fernández, de Rebouras Team.

Ent. Javi Niño, coordinador deportivo do CB Tui | Fase de ascenso a Liga Galega do Infantil Masculino 11.06.2026

O equipo infantil masculino de 2ª división do CB Tui xógase dende esta fin de semana o ascenso a Liga Galega. Medirase ao Celtas Foz, Basket Ames e Esclavas, da Coruña. O coordinador deportivo do club, e adestrador do equipo, Javi Niño, deu detalles destes encontros.

Ent. José Quinteiro e José Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño | Xantar solidario 10.06.2026

O vindeiro domingo 28 de xuño SOS Tomiño Baixo Miño organiza o seu XV Xantar Solidario nas instalacións da adega Altos de Torona en Tomiño. O prezo é de 28€ persoas adultas, 15€ menú infantil e tamén hai unha opción de mesa 0, de 2€ por rifa. O menú está composto por aperitivos, polbo á feira, carne ao caldeiro, café, postres, e bebidas. Unha xornada con dobre obxectivo, tal e coma hoxe explicaban...

Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador e arquiveiro de Tui | Visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui 10.06.2026

Esta é a Semana Internacional dos Arquivos, e o Concello de Tui súmase un ano máis a esta celebración cunha visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui. Será este venres 12 ás 12 h, e é necesario inscribirse previamente en arquivo@tui.gal antes do xoves. O arquiveiro tudense, Rafael Sánchez Bargiela, fixo fincapé en que a actividade centrarase en documentos vencellados ao lema deste ano “Arquivos pa...

Ent. Juan Vázquez, canteiro tudense | Gañador do I Certame de Tala en Pedra "Antonio Palacios escríbese en Pedra" 10.06.2026

O tudense Juan Vázquez foi o gañador do I Certame de Tala en Pedra "Antonio Palacios escríbese en Pedra", que se celebrou esta fin de semana no Porriño. Foi cunha obra inspirada no arquitecto porriñés, que foi o tema central sobre o que debían traballar as persoas participantes. Hoxe conversamos con el sobre o funcionamento deste certame e sobre a peza que lle fixo gañador.

Ent. María Xosé Porteiro, escritora e xornalista | "Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Compostela" 09.06.2026

Begoña Caamaño foi a persoa homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Sobre o seu labor e papel como xornalista escribiu María Xosé Porteiro o libro "Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Compostela". A escritora, xornalista e política viguesa foi compañeira e amiga de Caamaño, e hoxe contounos como naceu este libro.

Espazo Comercio | María Martínez e Lucas González, de MoMa 09.06.2026

Carta de tapas, talleres de coctelería e unha colaboración co Pancho 3.0 son as novidades que chegan a MoMa de cara a este verán. Hoxe coñecemos toda a información no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, con María Martínez e Lucas González, de MoMa.

Ent. Luján Borrás, impulsora da iniciativa; e Montse Mon, de Un Máis | Di sí ao autismo 09.06.2026

“Di sí ao autismo” é a iniciativa de Change.org impulsada por Luján Borrás, nai dunha persoa autista, na que asociacións e familias reivindican que os servizos públicos en sanidade, educación, ocio, emprego e vida adulta estean garantidos para as persoas con autismo. Hoxe Luján Borrás e Montse Mon, de Un Máis, explicaron cal é a situación das 9.500 persoas con autismo na provincia de Pontevedra. P...

Raíces e vangarda | Ensaladilla rusa 08.06.2026

Hoxe no espazo gastronómico Raíces e vangarda o chef Judicael Romero deu consellos e trucos para conseguir unha ensaladilla rusa de verán diferente e mantendo a tradición. Tamén hoxe falamos de intolerancias e alerxias alimentarias.

Ent. Alfonso Ferreira, peregrino e divulgador | Caminho da Fé, en Brasil 08.06.2026

Alfonso Ferreira vén de completar o Caminho da Fé, en Brasil. É unha ruta inspirada no Camiño de Santiago, que conecta Águas de Prata e o Santuario Nacional de Aparecida. Hoxe conversamos con el sobre este camiño e as súas curiosidades.

Ent. David Coímbra, membro da organización | Galimpiadas 2026 08.06.2026

Este venres ás 19 h comezan as Galimpiadas 2026 con récord de participantes. Máis de 200 persoas competirán nas diferentes probas, en dous días de xogos populares, música e gastronomía en Caldelas. David Coímbra é membro da organización, e hoxe deu todos os detalles desta edición.

Ent. Anabel Solla, Carmen Raña e Almudena Álvarez, de AMEI | Proxecto INTEGRALAB 08.06.2026

AMEI TUI acompaña a máis de 20 mulleres migrantes a través do programa INTEGRALAB, un proxecto que ofrece atención psicolóxica, asesoramento xurídico, formación e orientación laboral para favorecer a inclusión social e laboral das participantes. Trátase dunha iniciativa financiada pola Xunta de Galicia. Hoxe coñecemos o seu funcionamento con Anabel Solla, Carmen Raña e Almudena Álvarez.

Ent. Curso de camareiro ou camareira 08.06.2026

O Concello de Tui organiza un curso de camareiro/a que comezará o próximo luns 15 de xuño. Consta de 44 horas lectivas que se van impartir de luns a venres de 16.30 h a 20.30 h até o 30 de xuño no Mercado de San Antonio. O número de prazas está limitado a 15 participantes. A información sobre este curso pode ampliarse no teléfono do Centro de Formación, 664 55 24 93, ou no teléfono de ACITUI, 604...

Ent. Francisco Álvarez Koki, escritor guardés | Presentación "Eva e a mazá" 05.06.2026

"Eva e a mazá" é a antoloxía de poesía que presenta hoxe Francisco Álvarez Koki ás 20 h na Casa dos Alonso da Guarda. Intervirá o autor e Armando Requeixo, profesor e crítico literario da USC. Francisco Álvarez Koki contou hoxe a historia deste libro.

Ent. Cecilia Álvarez e Sergio Veiga, de Amigos da Festa de Rebordáns | Festas na honra a San Antonio e San Xoán 05.06.2026

Esta fin de semana Rebordáns celebra festas na honra a San Antonio, con música, gastronomía, misa e procesión. Unha programación que organiza a comisión Amigos da Festa de Rebordáns. Cecilia Álvarez e Sergio Veiga, da comisión, avanzaron amais que o venres 19 celebran San Xoán no antigo campo do Mián.

Ent. Pepe López e Manolo García, investigadores e do Museo O Recuncho das Argalladas | Presentación libro 05.06.2026

O libro “Patrimonio lúdico galego: investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais” será presentado hoxe venres ás 20 h no Espazo Sociocultural de Tui. Trátase dunha obra considerada fundamental no estudo dos xogos tradicionais galegos, pois reúne colaboracións de ata 42 autorías desde moi diferentes perspectivas. Pepe López e Manolo García, investigadores e do Museo O Recuncho das Ar...

Ent. Rafael Pérez e J. Solleiro, da Coral Ponte das Febres; e J. Antonio Fdz., da Coral San Roque | Recunchos de música 05.06.2026

Mañá sábado ás 19 h parte dende a praza da Inmaculada de Tui o concerto itinerante Recunchos de música, que organiza a Coral Ponte das Febres. Será un percorrido polo conxunto histórico de Tui coas voces da coral organizadora, da Coral San Roque de Vigo e con actuacións do Grupo Folclórico Xuntanza. Rafael Pérez e José Manuel Solleiro, da Coral Ponte das Febres; e José Antonio Fernández, da Coral...

Ent. Claudia Montes, de Altitude | Andaina do río Tripes 04.06.2026

Este domingo ás 10 h ES sae dende a Macoca a Andaina do río Tripes, unha actividade que se enmarca no ciclo de Caminhadas Saudables da Eurocidade Tui-Valença. O percorrido é de 6 quilómetros e o prezo é de 6€. Claudia Montes, de Altitude, indicou no programa Día a Día as diferentes vías de inscrición, xa que as prazas son limitadas.

Ent. Víctor García, comandante Naval do Miño - Reunión da Comisión Internacional de Límites 2026 04.06.2026

A Comisión Permanente Internacional do río Miño, CPIRM, celebrou onte a súa 46ª reunión na casa do Concello de Tomiño. Hoxe o comandante Naval do Miño, Víctor García, explicou o cometido da CPIRM, e os principais asuntos tratados na xuntanza, entre eles as distintas problemáticas que afectan ao río e que precisan dunha resposta conxunta e consensuada entre España e Portugal.

Ent. Juan Vázquez, canteiro | Terceiro posto no V certame Áurea Palacio de Sober 04.06.2026

O canteiro tudense Juan Vázquez obtivo o terceiro premio no V certame Áurea Palacio de Sober pola súa escultura "Ao carón do torno”, unha homenaxe ao oficio de alfarería. Hoxe avanzou que esta fin de semana vai participar no I Certame de Tala en Pedra "Antonio Palacios escríbese en Pedra", no Porriño.

Ent. Vicky Méndez | Campamento de verán A Raiola (Caldelas) 04.06.2026

Durante os meses de xullo e agosto Caldelas terá campamento de verán A Raiola para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Está organizado por Vicky Méndez, quen deu hoxe todos os detalles. Será no local da Comunidade de Montes de Caldelas, en horario de 9 h a 14 h, con posibilidade de servizo madruga e tupper.

Ent. Iria Márquez, intérprete de lingua de signos; e Dani Méndez, bailarín e profesor | V Festival de Cancións en LSE 03.06.2026

O Teatro Municipal de Tui acollerá o mércores, 10 de xuño, ás 18.30 h o quinto Festival de Cancións en Lingua de Signos Española organizado polo Centro Anarela. É un festival solidario polo que a entrada será un quilo de alimentos para SOS Tomiño Baixo Miño, Protectora Aloia, ou Patudos Peludos. Iria Márquez é intérprete de lingua de signos e a responsable dos cursos de lingua de signos que impart...

Ent. Lía, Laura, Nuria, Anxi e Mara, equipo Alevín A do Club Ximnasia Porriño | Subcapioas galegas en ximnasia rítmica 03.06.2026

A tudense Anxi é unha das integrantes do equipo Alevín A de ximnasia rítmica do Club Ximnasia Porriño. Lía, Laura, Nuria e Mara completan este conxunto que acaba de proclamarse Subcampión Galego Escolar. Con elas falamos sobre este deporte, a esixencia e o campionato onde conseguiron este posto.

Ent. Silvia Liliana, da Asociación Patrimonial e Etnográfica Acueduto de Caldelas | Situación na PO-404 03.06.2026

A Asociación A Insua de Caldelas, a Asociación de Veciños, a Comunidade de Montes en Man Común, a ANPA do CEIP O Foxo e a Asociación Patrimonial e Etnográfica Acueduto de Caldelas reclaman actuacións urxentes para mellorar a seguridade vial en catro puntos da estrada PO-404. Silvia Liliana, da Asociación Patrimonial e Etnográfica Acueduto de Caldelas, explicou a situación.

Espazo Comercio | Isaac Míguez, de Lúa e 4Elementos 02.06.2026

No Espazo Comercio, que realizamos en colaboración con ACITUI, hoxe achegámonos a Lúa, que abriu o pasado mes de decembro na praza de San Fernando. Isaac Míguez deu conta da "gastronomía líquida" que ofrecen, así coma as novidades que presenta o local para explorar novos viños. Tamén avanzou que noutro local que xestiona, 4Elementos, comezarán este xoves as sesións temáticas da terraza nómada.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.