Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Jonathan Soliño e Miro Román, de Amigos da Festa de Rebordáns | San Xoán e Festas na honra á Virxe do Camiño 19.06.2026

Hoxe venres Rebordáns celebra San Xoán a partir das 21.30 h, con sardiñas, fogueira e música. Ademais, este domingo darase a coñecer o cartel das Festas na honra á Virxe do Camiño deste ano, que se celebrarán o 13, 14 e 15 de agosto. Coñecemos toda a información con Jonathan Soliño e Miro Román, de Amigos da Festa de Rebordáns.

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Proxeccións xuño 18.06.2026

Sesión especial a que realizará mañá venres o Cineclub Tui ás 20.45 h no Espazo Sociocultural coa proxección de "Apocalypse Now: The Final Cut". Noemí Guisande, do Cineclub Tui, falounos desta película e tamén as citas que conformarán a súa programación estival. Noemí Guisande, do cineclub Tui detallou hoxe esta programación.

Ent. Alumnado do CEIP de Guillarei | Proxecto "Nós tamén creamos" 18.06.2026

O alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP de Guillarei vén de recibir en Santiago de Compostela un dos galardóns do programa "Nós tamén creamos" da Secretaría Xeral da Lingua pola súa curtametraxe "Hai alguén máis feroz ca min?". Oliver, David, Sara, Natasha, Erick, Alba, Tiana e Adrián, alumnado do CEIP de Guillarei; e Alberto e Víctor, profesores, compartiron connosco o seu traballo e como foi o...

Ent. Xosé Manoel Álvarez, da Asociación Arroutada | II Encontro Internacional de Grupos Tradicionais do Miño 18.06.2026

A Praza Pintor Antonio Fernández de Goián, en Tomiño, converterase este sábado, 20 de xuño no epicentro da música tradicional das dúas beiras do Miño. Celebrarase o II Encontro Internacional de Grupos Tradicionais do Miño, que contará coa actuación de varias formacións, gastronomía e foliada libre como explicou Xosé Manoel Álvarez, da Asociación Arroutada, organizadora do evento.

Ent. Miguel Abreu, da Escola de Baile Pasos Galicia | I Trofeo hip-hop Eurocidade 18.06.2026

Máis de 700 bailaríns e bailarinas daranse cita esta fin de semana na Eurocidade Tui-Valença no I Trofeo Hip Hop Eurocidade. O pavillón Gustavo Rodríguez en Tui e a fortaleza de Valença acollerán esta cita deportiva, que durante o sábado e o domingo agarda reunir a máis de 1.000 persoas como público.. Miguel Abreu, presidente da Escola de Baile Pasos Galicia, explicou que tamén haberá outras modal...

Ent. Daniel e Cristina, de Vórtice Dance; e Belén e Alba, de Playbacks Caldelas | Festival fin de curso 17.06.2026

Este sábado 20 ás 21 h o Liceo Casino de Tui acolle o festival de fin de curso do grupo de baile Vórtice Dance. Unha función na que tamén actuarán as bailarinas de Playbacks Caldelas. Hoxe coñecemos o traballo que realizan e como será o festival con Daniel e Cristina, de Vórtice Dance: e Belén e Alba, de Playbacks Caldelas.

Ent. Sabela e Coral, do IES Indalecio Pérez Tizón; e Iria e Adrián, do IES San Paio | Radios escolares 17.06.2026

Ao longo do curso nos dous institutos de Tui se desenvolven diferentes proxectos de radio nos que participan alumnos e alumnas elaborando informativos, programas, podcasts... Hoxe coñecemos estas iniciativas con Sabela e Coral, alumnas do IES Indalecio Pérez Tizón; e Iria e Adrián, do IES San Paio.

Ent. Alumnado do CEIP Pazos de Reis | Proxecto Terra e podcast "E ti que pensas da igualdade?" 17.06.2026

A renaturalización dos patios é a liña de traballo do CEIP de Pazos de Reis dentro do Proxecto Terra, da Xunta de Galicia. O seu obxectivo é conseguir que o patio sexa un espazo máis verde e con máis sombra. Por outra banda, o alumnado de 2º de Primaria vén de ser recoñecido no concurso “E ti que pensas da igualdade?” da Deputación de Pontevedra pola elaboración dun podcast. Hoxe coñecemos estes p...

Ent. Alumnado do CEIP Nº2 de Tui - 2º Premio Faro da Escola en Mellor Tira Cómica 17.06.2026

O alumnado do CEIP Nº2 de Tui foi gañador do 2º premio Faro da Escola á Mellor Tira Crónica polo seu traballo ao longo de todo o curso. Inés R., Jane, Inés C., Abel, Sarai, Thiago, Teresa, Martín, Aroa, Carlota, Ethan, Alba e Uxía xunto a súa profesora Carmen contáronnos como foi desenvolver este traballo.

Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Centro Comercial Aberto 17.06.2026

ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, volve a ser Centro Comercial Aberto, CCA. Así o confirmaba hoxe o presidente de ACITUI, Pepe Míguez, quen explicaba que isto conleva a concesión dunha subvención por parte da Xunta para levar a cabo distintas campañas e promocións do comercio local que forma parte deste CCA. Pepe Míguez deu hoxe todos os detalles.

Ent. Enrique Cabaleiro, Ramón Fernández Leal e Ramón Nogueira | Doazón de Libros de memoria histórica á Biblioteca 16.06.2026

Máis dun centenar de libros de memoria histórica véñense de incorporar aos andeis da Biblioteca Municipal grazas á doazón realizada pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e Ramón Fernández Leal, en nome da comisión, asinaron a acta de entrega destes exemplares. Desta doazón falamos con Enrique Cabaleiro, Ramón Fe...

Espazo Comercio | Arqxé 16.06.2026

Jorge Enríquez e Adrián Pinaque do estudo de arquitectura Arqxé participaron no Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI. Con eles coñecemos en que centran o seu seu traballo, o momento de efervescencia no que se atopa o sector, ... Tamén nos contaron que Jorge Enríquez este ano formou parte do xurado dos premios Gran de Area de Arquitectura , tras ser uns dos gañadores na edición...

Ent. Raquel Fernández, directora da Orquestra Infantil Vigo Kv2211 | Concerto en Tui 15.06.2026

Arredor de 70 músicos e músicas da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 actuarán este sábado ás 19 h no Espazo Sociocultural de Tui. Será un concerto cun repertorio variado e dirixido a todo tipo de público. Hoxe coñecemos esta orquestra cunha das súas directoras, Raquel Fernández.

Ent. Vega, Irene, Víctor, Xián, Martiño e Gael, alumnado do CEIP Nº1 de Tui | Visitas teatralizadas e podcast 15.06.2026

O alumado de quinto de Primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui está a realizar diferentes iniciativas arredor dos 800 anos da consagración da Catedral de Tui. Hoxe Vega, Irene, Víctor, Xián, Martiño e Gael compartiron os seus dous proxectos: unha visita teatralizada en Tui e un podcast. A visita teatralizada será este xoves ás 10.30 h dende a Alameda de San Domingos.

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui; e Iria Leirós, de Diversidades Acolle | Proxección 'Eu capitán" e coloquio 15.06.2026

Coñecer a realidade das rutas migratorias é o obxectivo da proxección que mañá organiza o Cineclub Tui coa película "Eu capitán". Será en dobre sesión, ás 18.30 h e ás 21:15 h, ambas no Espazo Sociocultural. Despois da proxección das 18.30 h haberá un coloquio con Iria Leirós, da asociación Diversidades Acolle, para profundar no labor que desenvolve esta entidade en Tui. Hoxe coñecemos os detalles...

Raíces e vangarda | Ensalada de verán 15.06.2026

Hoxe no espazo gastronómico Raíces e vangarda, o chef Judicael Romero trae unha receita de ensalada de verán, e dá consellos para manter unha alimentación saudable na temporada estival.

Ent. Rubén López, director do CMUS Tui | Balance curso 25-26 e matrícula 15.06.2026

O Conservatorio de Música de Tui ten aberto o prazo de inscricións para estudar na escola de música durante o vindeiro curso. Rubén López, director do centro, fixo balance positivo do curso que está a piques de rematar e fixo fincapé na alta demanda de matriculación, cun grande éxito en instrumentos como o piano, o violín ou a guitarra eléctrica.

Ent. F.Pérez-Lozao, director; e A. Guntiñas, xefe do Departamento de Comercio | Nova FP no IES Indalecio Pérez Tizón 15.06.2026

O IES Indalecio Pérez Tizón ampliará a súa oferta de FP Básica a partir do próximo curso cunha nova formación. Será a FB Básica en Servizos Comerciais. Fernando Pérez-Lozao, director do centro; e Alejandro Guntiñas, xefe do Departamento de Comercio, deron conta hoxe dos contidos desta formación e dos prazos de matrícula.

Ent. Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente de Tui; e Estefanía Rguez, de Callejeriños Tudenses | Colonias Felinas 12.06.2026

Coñecemos o labor que coas colonias felinas se está a realizar no Concello de Tui. Dende a institución municipal púxose en marcha o protocolo CER, Captura, Esterilización e Retorno. Tamén o traballo que realiza Callejeriños Tudenses. Así nolo contaron no programa Día a Día Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente, e Estefanía Rodríguez, de Callejeriños Tudenses.

Ent. Damaris Sánchez, da Casa das Redes | Festival Festa Raxada 12.06.2026

Dende hoxe e até o domingo Couso, en Gondomar, acolle o festival Festa Raxada. Unha proposta que nace co obxectivo de tecer redes no rural con música, gastronomía, cultura e compromiso social. Durante estes tres días daranse cita no festival Mercedes Peón, Sun Iou, Brassica Rapa ou Baiona Bay. Damaris Sánchez, membro da Casa das Redes, unha das organizadoras, falounos desta iniciativa.

Ent. Alberto Abal, do Ensemble Vocal Ángel Barja | Concerto-conferencia Vitae Mariae 12.06.2026

Mañá sábado ás 18 h a Catedral de Tui acolle o concerto-conferencia Vitae Mariae sobre a representación da Virxe María ao longo da Historia da Arte. A conferencia correrá a cargo da doutora en Historia da Arte Ana Pereira Molares. O concerto será ofrecido por Artificio Barroco e polo Ensemble Vocal Ángel Barja. Antonio Abal, membro do ensemble, detallou o repertorio musical que van interpretar.

Ent. José Ferreira e Maike Rodríguez, da comisión de festas Virxe das Dores | Festas na honra a San Antonio 12.06.2026

Guillarei celebra mañá sábado festas na honra a San Antonio no recinto de Festas da Virxe das Dores. Dende primeira hora da mañá haberá unha ampla programación con quedada e ruta moteira, xantar popular, actuacións musicais, as tradicionais poxas, actos litúrxicos, verbena e djs. Así nolo contaron José Ferreira e Maike Rodríguez, membros da comisión de festas Virxe das Dores. Avanzaron ademais o n...

Ent. Eloy Carrera, director da Escola da Banda de Música Popular de Tui | Audición fin de curso e matrículas 12.06.2026

Hoxe venres ás 18 h nas instalacións da Escola da Banda de Música Popular de Tui, en Guillarei, celébrase a audición de fin de curso coa participación de 30 alumnos e alumnas do centro. O director da Banda, Eloy Carrera, fixo balance positivo deste curso, e deu conta de que o prazo de matrícula para o próximo está xa aberto.

Ent. Paco López, organizador de CatroCantos Galicia Riders | CatroCantos Galicia Riders 11.06.2026

As inscricións para participar na experiencia de mototurismo CatroCantos Galicia Riders 2026 están xa abertas, cun prezo especial até o 20 de xullo. A proba celébrase o 12 de setembro, e terá saída en Tui con rutas de 300, 500 e 700 quilómetros. Paco López, organizador desta actividade deu todos os detalles hoxe no programa Día a Día.

Ent. José Manuel Martínez, Gonzalo González, Rosa Castro e Alfonso Álvarez | XVIII Festival de Corais 11.06.2026

Este sábado 13 de xuño ás 20 h terá lugar o XVIII Festival de Corais na igrexa de San Domingos en Tui. Unha cita musical na que participarán a coral do Centro Social de Tui, a coral Coro Cantemos de Salvaterra, e a Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Música de Tui. Hoxe coñecemos todos os detalles con José Manuel Martínez e Gonzalo González da coral tudense; e Rosa Castro e Alfonso...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.