Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Nuska Chousa, agricultora | Feira de Cultivos do Baixo Miño 22.05.2026 8:44
Nuska Chousa é agricultora e divulga en redes sociais consellos, trucos e comparte o seu día a día con máis de 100.000 persoas. Este domingo ás 12 h estará en Goián, na Feira de Cultivos do Baixo Miño, ofrecendo a conferencia "Compartindo saberes hortelás". Con ela conversamos hoxe.
Ent. Íñigo Segurola, paisaxista | Feira de Cultivos do Baixo Miño 22.05.2026 8:11
Hoxe inaugúrase a XXI Feira de Cultivos do Baixo Miño na praza Pintor Antonio Fernández, en Goián. No acto participará o paisaxista Íñigo Segurola, padriño desta edición e conferenciante dunha charla mañá sábado ás 12 h, na mesma feira. Hoxe avanzou no programa Día a Día algúns dos contidos da súa conferencia e do seu proxecto Lur Garden.
Ent. Francisco Narla, escritor | Presentación do libro Ultreia 22.05.2026 8:00
Hoxe ás 19.30 h no Espazo Sociocultural o escritor lucense Francisco Narla presentará a súa nova novela, Ultreia, nun acto organizado pola Libraría Espazo Lector Nobel coa colaboración da Biblioteca Municipal e forma do programa de actividades “Tui en Letras”. Francisco Narla desvelou hoxe algúns segredos desta nova novela, primeira dunha triloxía.
Ent. Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente; e Patricia Vázquez, técnica forestal | Prevención de incendios 22.05.2026 11:37
As parcelas situadas en faixas secundarias deben estar limpas de biomasa antes do próximo domingo 31 de maio. Así o lembran dende o Concello de Tui. Por outra parte a parroquia de Guillarei foi declarada como Parroquia Priorizada no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA 2026). Coñecemos hoxe toda a información con Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente;...
Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui | Xornada de Portas Abertas e Campamentos 21.05.2026 8:03
Xornada de Portas abertas e Campamentos de Verán son dúas das iniciativas que teñen en marcha dende a Escola da Banda de Música Popular de Tui. Hoxe Eloy Carrera, director da Banda, explicou que as xornadas terán lugar a próxima semana do luns 25 ao sábado 30. É preciso inscribirse previamente na web da escola. De cara ao verán organizan dous campamentos de verán, un deles musical, para persoas qu...
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño, e Nuria Castro, presidenta de ACUBAM | Mostra de Cultivos do Baixo Miño 2026 21.05.2026 11:25
A praza Pintor Antonio Fernández de Goián acolle dende mañá e até o domingo a Mostra de Cultivos do Baixo Miño. Será un escaparate ao aire libre para o sector do viveirismo e a planta ornamental, tan importante en Tomiño e no Baixo Miño, e referente tamén a nivel internacional. Non será só unha exposición, senón tamén un punto de encontro, de venda e de formación e divulgación. Tamén haberá espect...
Ent. Roberto Díez, director Colexio Maristas | Premio Día de Europa e Rec Curta 21.05.2026 7:54
O cartel “Unindo Estrelas” de Ainhara, alumnada de 1º da ESO do Colexio Maristas foi un dos gañadores do I concurso de carteis do Día de Europa, convocado pola consellería de Facenda. Hoxe o director do centro, Roberto Díez, falounos deste concurso e do cartel gañador, e tamén de Rec Curta no que tamén foron galardoados.
Ent. Cecilia Álvarez e Ángel Vila de Amigos da Festa | Furanchada en Rebordáns 21.05.2026 4:09
O campo do Mián en Rebordáns, acolle este sábado a Furanchada organizada por Amigos da Festa. Cecilia Álvarez e Ángel Vila detallaron que na festa a gastronomía será protagonista dende ás 19 h, e non faltará tampouco a música tradicional. A próxima fin de semana, o 30 e 31 de maio, dende as 11 h celebrarán a Festa dos Callos no torreiro da Virxe do Camiño. Na noite do sábado 30 tamén celebrarán un...
Ent. Alfonso Pato, director do Festival de Cans 20.05.2026 9:39
Segunda xornada do Festival de Cans que onte comezou cunha homenaxe ao actor Celso Bugallo, unha das figuras máis queridas do audiovisual galego e moi vinculada ao certame. A de hoxe será unha das xornadas máis singulares da edición, marcada pola celebración do Día das Novísimas e pola tradicional Noite das Veciñas e Veciños. Amais, o tudense Victor Aparicio, Víctor Coyote, é un dos homenaxeados e...
Ent. Enrique Lago, de Clásicos Tui | II Busca do Tesouro 20.05.2026 4:52
Até este domingo 24 está aberto o prazo de inscrición para participar na II Busca do Tesouro que organiza Clásicos Tui para o vindeiro sábado día 30. Será unha xornada onde as persoas participantes irán percorrendo a cidade a través dun mapa con puntos marcados, sempre a bordo dos seus vehículos e cunha persoa de copiloto. O prezo é de 70 euros por parella, e inclúe unha merenda e cea para as dúas...
Ent. Carlos Gago, presidente da Real Federación Galega de Motonáutica | Campionato de España Inclusivo de Motonáutica 20.05.2026 5:02
Este sábado 23 de maio o río Miño en Tui acolle a segunda proba do Campionato de España Inclusivo de Motonáutica. Será a partir das 10 h cando os equipos comecen os adestramentos, e ás 13 h terá lugar a entrega de premios. Esta é a única proba de motonáutica a nivel nacional con modalidade de deporte inclusivo. Así explicouno hoxe Carlos Gago, presidente da Real Federación Galega de Motonáutica.
Ent. Paula López, de Equigalia | Campamentos de verán 20.05.2026 4:46
Rutas no monte ou clases de hípica diarias son algunhas das actividades que os nenos e nenas poderán realizar este verán no campamento que organiza Equigalia para os meses de xullo e agosto. O horario é de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas para nenos e nenas a partir de 4 anos. O prezo por semana é de 150 euros e por día 35€, tal e coma explicaba hoxe Paula López, de Equigalia.
Ent. Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui | Campamento de verán e final de temporada 19.05.2026 5:01
O CB Tui organiza un verán máis o seu campamento, este ano con dúas quendas: do 22 ao 27 de xuño e do 29 de xuño ao 4 de xullo, con actividades diversas como baloncesto, sendeirismo, canoas e xogos populares. Hoxe coñecemos os detalles con Javier Niño, coordinador deportivo do club. Amais, conversamos con el sobre o partido importante que esta fin de semana xogaba o equipo infantil masculino, no q...
Ent. Esteban González, presidente da Comisión de Festas Virxe Peregrina de Estás | Festa de Empanada 19.05.2026 8:26
Este domingo a Festa da Empanada celebra a súa XXVI edición en Estás, en Tomiño. Esteban González, presidente da Comisión de Festas Virxe Peregrina de Estás, deu conta da programación prevista para toda a xornada, que comezará as 11.30 horas coa Festa da Bicicleta.
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes | Campamento de Verán 2026 do Concello de Tui 19.05.2026 5:51
Até o próximo luns 25 está aberto o prazo de solicitude de praza o Campamento de Verán 2026 do Concello de Tui que se vai celebrar en catro quendas nos meses de xullo e agosto cun total de 560 prazas, con 140 prazas por quenda. Hoxe Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, deu conta das características desta actividade dixirida a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Realizarase en instalacións municipais...
Espazo Comercio | La Flor 19.05.2026 10:53
Hoxe no Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI Hortensia Rodríguez de La Flor contounos como foi a campaña do Día da Nai, na que as flores son sempre un agasallo destacado, e coma se preparan para a temporada de vodas, comuñóns e bautizos, eventos nos que os traballos florais teñen gran protagonismo. Contounos o que máis predomina nestes arranxos que se realizan.
Ent. Noelia Martínez, Rosa González e Bea Pérez | Donicelas finalistas dos Premios Martín Codaxa Música 19.05.2026 8:36
Donicelas é un dos grupos finalistas na categoría de música tradicional nos Premios Martín Codax 2026. As votacións están abertas até este domingo 24, e os galardóns entregaranse o próximo mércores 27 nunha gala en Pontevedra. Noelia Martínez, Rosa González e Bea Pérez contáronnos como están sendo finalistas destes prestixiosos galardóns musicais, e coma se pode votar por Donicelas. Avanzaron algu...
Raíces e vangarda | Menú semanal saudable 18.05.2026 14:00
Hoxe en Raíces e vangarda falamos de macronutrintes e "batch cooking". O chef Judicael Romero presentou hoxe unha proposta de menú semanal saudable, con bases que podemos elaborar o domingo.
Ent. Julio Solleiro, de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí | Andaina solidaria 18.05.2026 9:10
Este domingo ás 10 h Solidariedade Galega co Pobo Saharauí organiza unha andaina solidaria en favor do pobo saharauí. Será unha ruta de 5 quilómetros, visitando as mámoas da chan longa, miradoiros e a muralla do Aloia. Claudia Montes, de Altitude, e Juan José Perles, arqueólogo, guiarán o percorrido. Julio Solleiro, de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, explicou hoxe os detalles da actividade.
Ent. Lino Martínez, Miron Bococi e Clémence Faivre | XXIII Romaría do Cabalo Ribadelouro - Pontellas 15.05.2026 13:22
Máis dun millar de cabalos daranse cita esta fin de semana en Ribadelouro e Pontellas na XXIII Romaría do Cabalo organizada pola Peña Cabalar Valle do Louro. Dende hoxe e até o domingo haberá un amplo programa de actividades do que hoxe nos deu conta Lino Martínez. Amais contará co espectáculo a cargo de Miron Bococi e Clémence Faivre tanto o sábado pola noite coma o domingo. Con eles conversamos...
Ent. Samuel Diz, guitarrista e investigador da música española | Cancionero popular, de Federico García Lorca 15.05.2026 9:08
Cancionero popular, de Federico García Lorca, é o libro que se vén de presentar en Madrid, como unha revisión actualizada da obra lorquiana. O estudo preliminar foi obra do guitarrista e investigador musical tudense Samuel Diz, con quen conversamos hoxe no programa Día a Día.
Ent. Ana Rodríguez, comisaria da exposición "Reflexións coa voz tapada" de Xulio M. Sigüenza 15.05.2026 11:49
Hoxe ás 19 h inaugúrase na Sala Municipal de Exposicións de Tui a mostra “Reflexións coa voz tapada” de Xulio M. Sigüenza, que se poderá visitar até o 30 de xuño. A comisaria da exposición, Ana Rodríguez, explicounos que esta mostra nos convida á reflexión e a avivar o pensamento crítico.
Ent. Alba Álvarez e Natalia Carrera, psicólogas sanitarias do Centro Anarela | Terapia, IA e redes sociais 15.05.2026 13:13
Sobre autodiagnóstico psicolóxico e as consultas á intelixencia artificial e redes sociais conversamos hoxe con Alba Álvarez e Natalia Carrera, psicólogas sanitarias do Centro Anarela de Tui.
Ent. Eder González, baixista de América de Vigo | 50 aniversario do grupo 14.05.2026 13:11
O grupo América de Vigo cumpre 50 anos de música, rock e concertos compartidos. Hoxe conversamos cun dos seus integrantes, Eder González, sobre a historia do grupo, os mellores momentos e próximas citas.
Ent. Abel Estévez, concelleiro de Deportes do Porriño | Apertura da inscrición do Triatlón Tui-O Porriño 14.05.2026 4:08
Hoxe abre a inscrición para o Triatlón Tui-O Porriño que se vai celebrar o domingo 14 de xuño, ás 11:30 h. Constará de 750 m. de natación no río Miño en Tui, 20,2 km. de bicicleta até o Porriño, e 5 km. de carreira a pe xa no Porriño. A inscrición está aberta ata o 9 de xuño establecéndose un máximo de 350 participantes. Así nolo contou hoxe o concelleiro de Deportes do Porriño, Abel Estévez.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.