Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 2, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Esteban González e Santiago Gómez | XXV Festa da Empanada de Estás 20.05.2025 9:18
A Festa da Empanada de Estás cumpre este domingo 25 anos. Con este aniversario a deste 2025 será unha edición especial na que se poderán degustar até 9 variedades de empanada, celebrarán o I Concurso de Empanada, e non faltará a festa da bicicleta e a música. Contan coa colaboración do Centro Social de Estás. Hoxe falamos da festa e da súa historia con Esteban González, actual presidente da Comisi...
Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Sorteo Día da Nai 20.05.2025 3:47
Un total de 39 establecementos comerciais participaron na Campaña promocional co gallo do Día da Nai de ACITUI. Nestes comercios entregaron 997 papeletas para entrar no sorteo de dous vales de compra de 30 €. Pepe Míguez, presidente de ACITUI, amosou a súa satisfacción pola participación na campaña e polo nivel de compras rexistrado. Hoxe na nosa sintonía realizou o sorteo da campaña. Dende ACITUI...
Ent. Paula Souto, de Xorxios | Empresa da Guarda de café verde de especialidade 19.05.2025 8:42
26 anos comercializando e importando café verde de especialidade dende o Baixo Miño. Esta é a traxectoria de Xorxios, empresa guardesa que está entre as dez seleccionadas para internacionalizar os seus produtos e servizos a través do programa “Galicia avanza”, da Xunta e Tecnópole. Hoxe conversamos con Paula Souto, de Xorxios, sobre a traxectoria da empresa.
Ent. G Face e Lucía Pérez, cantantes | Cabaliño de Lugo 19.05.2025 7:53
O artista tudense G Face e a lucense Lucía Pérez unen as súas voces en "Cabaliño de Lugo", unha bachata que homenaxea á provincia de Lugo a través dunha fábula. A colaboración xurdiu da conexión entre ambos cantantes, que xa traballaran xuntos no tema Tanto, de Lucía Pérez. Cos dous conversamos hoxe sobre esta canción, que promete ser a bachata do verán.
Ent. José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos | 30 aniversario do Banco de Alimentos 19.05.2025 7:16
A Fundación Provincial Banco de Alimentos celebra o seu 30 aniversario cun concerto solidario, no Teatro Afundación de Vigo, protagonizado por David Rusell, este xoves día 22, ás 20.30 h. Con José Ramón Santamaría, presidente do Banco de Alimentos, conversamos sobre o traballo e compromiso destes 30 anos e avanzamos a recollida que terá lugar no supermercado Gadis de Tui o 30 e 31 de maio.
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Dolls de Takeshi Kitano 19.05.2025 10:04
"Dolls" de Takeshi Kitano será a película que mañá martes, 20 de maio, proxecto o Cineclub Tui. Haberá dúas sesións ás 18.30 h e ás 20.45 h no espazo sociocultural da r/Camilo José Cela. O prezo da entrada é de 2€ persoas socias e 4,50€ para non socias. Falounos do filme Noemí Guisande do Cineclub Tui, quen tamén lembrou que hai un ano se celebraba a primeira reunión para constitución do Cineclub.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Especial Letras Galegas 17.05.2025 5:32
No programa especial de radio que realizamos dende o Paseo da Corredoira co gallo do Día das Letras Galegas e XXVI Feira do Libro Galegas participou tamén a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.
Ent. Javier Oliveira de Espazo Lector Nobel | Especial Día das Letras Galegas 17.05.2025 3:41
Na XXVI Feira do Libro Galego participan as librarías tudenses Iris e Espazo Lector Nobel. Javier Oliveira de Nobel contounos no programa especial de radio que realizamos os títulos que presentan na feira e cales son os título que están a ser máis demandados.
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, director Biblioteca Municipal | Programa Especial Letras Galegas 17.05.2025 8:30
Hoxe no programa especial que realizamos dende a Corredoira co gallo do Día das Letras Galegas e da XXVI Feira do Libro Galego, conversamos con Rafael Sánchez Bargiela, director da Biblioteca Municipal. Con falamos da feira pero tamén do artigo que hoxe mesmo publica en Tudensia onde recolle “Cantares tudenses”.
Ent. Bieito Alonso, historiador e profesor | Pregoeiro da XXVI Feira do Libro Galego 17.05.2025 14:37
O profesor e historiador Bieito Alonso foi hoxe o encargado de dar lectura ao pregón da XXVI Feira do Libro Galego. Con el falamos no programa especial que realizamos dende o Paseo da Corredoira.
Ent. Miss Koko-Jean Davis, vocalista de Koko-Jean & The Tonics | Concerto no Centro Goianés 16.05.2025 3:47
O grupo barcelonés Koko-Jean & The Tonics chega mañá, sábado, ás 23.00 horas, ao Centro Goianés para presentar o seu novo álbum, Love Child. Hoxe falamos con Miss Koko-Jean Davis, vocalista da agrupación, que daba conta de como vai ser este concerto no que se fusionan as raíces do soul e o rhythm & blues con influencias máis modernas. As entradas teñen un prezo de 15 euros e poden adquirirse en bl...
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui | Feira do Libro Galego e Tui en Letras 16.05.2025 8:53
Mañá sábado, 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebrarase no Paseo da Corredoira a XXVI Feira do Libro Galego. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui, destacaba a longa traxectoria deste evento e agradecía a colaboración das librarías locais Iris e Espazo Lector Nobel. Avanzaba o programa previsto que comezará co pregón de Bieito Alonso. Tamén se referiu ao programa Tui en Letras que s...
Ent. Lino Martínez, da Peña Cabalar Valle do Louro | XXII Romaría Cabalar Val do Louro 16.05.2025 9:23
A XXII Romaría Cabalar do Val do Louro reunirá esta fin de semana en Pontellas a máis de 1.000 cabalos, nesta festa cultural de tres días. Dende hoxe e até o domingo haberá un amplo programa de actividades con probas ecuestres, rutas a cabalo, exhibicións, e o espectáculo Caval Show. Lino Martínez, da Peña Cabalar Valle do Louro, repasaba polo miúdo as actividades previstas.
Ent. Belén Alonso, da Asociación Cultural Deportiva Recreativa Colibrí | I Mercado de segunda man en Tomiño 16.05.2025 7:20
Roupa, electrodomésticos ou complementos son algúns dos produtos que poderemos atopar mañá, sábado, no I Mercado de Segunda Man que se vai celebrar na Praza do Seixo de Tomiño de 10 a 22 h. Belén Alonso, da Asociación Cultural Deportiva Recreativa Colibrí, organizadora do evento, explicaba que participan 18 postos. Haberá tamén unha mesa de donacións para que as persoas que o precisen poida levar...
Ent. Esteban González, presidente da Comisión de Festas Virxe Peregrina de Estás | I Concurso de Empanadas 15.05.2025 6:01
Aínda está aberto o prazo de inscrición para participar no I Concurso de Empanadas do Baixo Miño convocado pola Comisión de Festas da Virxe Peregrina de Estás. Celebrarase o próximo domingo, 25 de maio, coincidindo coa 25ª edición da Festa da Empanada. Poden participar tanto particulares coma profesionais. Esteban González Miranda explicou hoxe na RMT como xurdiu este certame e como participar. A...
Ent. Ricardo da Silva, da Asociación Muiñeiros do Tripes | XXII Romaría "Os nosos fariñeiros. Burros e Muíños" 15.05.2025 6:28
Este domingo celebrarase a XXII Romaría "Os nosos fariñeiros. Burros e Muíños". Dende primeira hora da mañá, estará a Treboada La Bravesca anunciando a festa nos barrios próximos de Randufe e Pazos de Reis e ás 10:30 sairá o tradicional desfile cara o lugar da Ponte, onde os representantes da Asociación Discamino darán lectura ao pregón. Tamén haberá degustacións gatronómicas, actividades para os...
Ent. Sara Tui, futbolista | Campus de verán en Tui 15.05.2025 4:45
As instalacións deportivas Álvarez Durán acollerán do 23 ao 27 de xullo, o Campus Sara Tui de Fútbol. Vai dirixido a nenos e nenas, mozos de mozas de 5 a 17 anos. No mesmo participará a propia futbolista, Sara Tui, quen hoxe explicaba na RMT todos os detalles deste campus. As inscricións poden facerse en academiaiffpro@gmail.com, no 690 627 582 ou no 678 040 076.
Ent. Manolo Fernández e Isabel Moreira | Plataforma cidadá de afectados polo PXOU no ámbito SU 11 en Pazos de Reis 14.05.2025 10:59
Mañá xoves ás 21 h no salón cultural "O Anxo" en Pazos de Reis convócase unha reunión co obxectivo de constituír unha Plataforma cidadá de afectados polo PXOU no ámbito do SU 11 de Tui, en Pazos de Reis. Coñecemos os detalles con Manolo Fernández e Isabel Moreira, veciños afectados e organizadores do movemento.
Ent. Andrés Díaz-Ripoll, comandante Naval do Miño - Balance Comisión de Límites 13.05.2025 14:27
A pasada semana reuniuse a Comisión Permanente Internacional do río Miño en Monçao. O Comandante Naval do Miño, Andrés Díaz-Ripoll explicou na Radio Municipal de Tui os asuntos tratados e os acordos aprobados.
Ent. Vicky Méndez | Campamento de verán A Raiola (Caldelas) 13.05.2025 3:39
Durante os meses de xullo e agosto en Caldelas levarase a cabo o campamento de verán da Raiola. Vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Celebrarase en horario de 9 a 14 h no local da Comunidade de Montes. Vicky Méndez, deste campamento, explicou hoxe os detalles desta actividade.
Ent. Carlos Estévez, tesoureiro da Real Federacion Galega de Motonaútica | Campionato de España de Motonáutica 13.05.2025 6:59
O río Miño, fronte ao Club Náutico San Telmo, será a sede esta fin de semana do Campionato de España de Motonáutica. Disputarase nas modalidades de T-850 e GT-60, e coma novidade GT-15. Carlos Estévez, tesoureiro da Real Federación Galega de Motonáutica, explicou hoxe os detalles desta espectacular competición.
Espazo comercio | Javier Oliveira, de Espazo Lector Nobel 13.05.2025 5:53
Este sábado, Día das Letras Galegas, celébrase a Feira do Libro Galego en Tui, no Paseo da Corredoira. Unha cita cultural na que se poderán atopar máis de 200 libros de 60 editoriais cun desconto de 10%. Nesta feira participarán Espazo Lector Nobel e a libraría Iris. Hoxe conversamos, no Espazo Comercio que levamos a cabo en colaboración con ACITUI, con Javier Oliveira, do Espazo Lector Nobel.
Ent. Lisi da Silva, escritora | Presentación "Martín no sabe morir" e "El ruído de los tonos grises" 12.05.2025 6:12
Hoxe luns ás 20 h a escritora porriñesa Lisi da Silva presenta as súas dúas novelas "Martín no sabe morir" e "El ruído de los tonos grises" na sala Félix Rodríguez de Tui, no edificio Francisco Sánchez. Unha presentación que forma parte da programación de "Tui en letras". A escritora deunos hoxe os detalles destes dous libros, que forman parte da triloxía "Crebas".
Ent. Pilar Gregores, membro de Femupo | Proxectos " Femupo contigo" e "Ás" 12.05.2025 6:56
A Federación pola Igualdade das Mulleres da provincia de Pontevedra, FEMUPO, desenvolve dous proxectos destinados á formación e apoio a mulleres no mercado de traballo e tamén no manexo profesional de drons. Son "FEMUPO contigo" e "Ás". Sobre ambas iniciativas conversamos hoxe con Pilar Gregores, membro de FEMUPO.
Ent. Josefa Rodríguez e Esperanza Martínez, da Asociación de Fibromialxia do Baixo Miño | Día Mundial da Fibromialxia 12.05.2025 12:38
Hoxe, 12 de maio, conmemórase o Día Mundial da Fibromialxia, unha enfermidade crónica que produce dor musculoesquelético xeralizado cunha hipersensibilidade esaxerada. Unha doenza con diagnóstico complicado. Hoxe conversamos con Josefa Rodríguez e Esperanza Martínez, secretaria e tesoureira da Asociación de Fibromialxia do Baixo Miño (respectivamente).
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.