Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 2, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. José Amancio Muíños, xerente de Ifega | 33 Aniversario da empresa 29.05.2025 6:26
A empresa tomiñesa Ifega celebra o seu 33 aniversario cunha gran festa, mañá venres, as 22.00 horas na praza do Seixo, en Tomiño. Unha cita que contará coa actuación do grupo América. Así nolo contou hoxe José Amancio Muíños, xerente da empresa, que tamén fixo balance das máis de tres décadas de historia de Ifega.
Ent. Nuria Garabal, directora do CEIP nº1 e alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria | Congreso EducODS 2025 29.05.2025 12:22
21 centros educativos participarán este ano no congreso EDUCODS do 3 ao 6 de xuño no Paseo da Corredoira. Unha iniciativa promovida polo CEIP Plurilingüe nº1 de Tui na que o alumnado dos centros amosará o resultado do traballo e a investigación realizada ao longo do curso en diversos ámbitos. Hoxe Nuria Garabal, directora do CEIP nº1 e alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria adiantaron os pr...
Ent. Judit Bernárdez e Sofía Álvarez, da Asociación Non Damos Feito | V Galimpiadas en Caldelas 29.05.2025 5:10
Até mañá venres pódese realizar a inscrición para participar na V edición das Galimpiadas que se celebran en Caldelas o venres 6 e o domingo 7 de xuño. Futbolín, tute, billar, dardos ou carreira de sacos son algunhas das probas que se realizarán na Capela, no Chiringo e na ribeira. A inscrición pode realizarse a través das redes sociais da Asociación Non Damos Feito. Hoxe Judit Bernárdez e Sofía Á...
Ent. Rosalía Campos, psicóloga xeral sanitaria de ADAMIA | IV Xornadas Educativas 28.05.2025 7:07
A prevención de TCA e o tema que protagoniza a primeira charla das IV Xornadas Educativas organizadas polas ANPAS de Tui. Terá lugar mañá xoves, ás 19 h no salón de actos do Seminario Menor de Tui. Falamos con Rosalía Campos, psicóloga xeral sanitaria de ADAMIA, quen abordará cales son os signos de alarma para detectar un TCA, desmontará mitos e analizará a influencia das redes sociais nesta probl...
Ent. Cristina Fálquez, do Club Náutico San Telmo de Tui; e Ana Álvarez, de Clarexa | Campamento de verán 28.05.2025 4:32
Até o 16 de xuño está aberta a inscrición para o campamento de verán que organiza o Club Naútico San Telmo de Tui para nenos e nenas de 7 a 13 anos. As prazas son limitadas e a inscrición pode realizarse a través do enlace habilitado nas redes sociais do club. Cristina Fálquez, coordinadora de actividades do Náutico e Ana Álvarez, responsable de Clarexa, deron conta das distintas actividades do ca...
Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música de Tui | Campamento de verán e Xornadas de portas abertas 27.05.2025 5:36
A Escola da Banda de Música Popular de Tui celebrará a próxima semana unhas xornadas de portas abertas, e no verán un campamento. Eloy Carrera, director da Banda de Música de Tui explicaba estas dúas actividades. As xornadas de portas abertas vanse realizar do 2 ao 7 de xuño. Mentres do 23 de xuño ao 31 de agosto a Escola da Banda de Música de Tui desenvolverá o seu campamento de verán para nenos...
Ent. Jacinto Lara, artista cordobés afincado en Galicia | Exposición "Borders" 27.05.2025 8:04
Catro series de pintura e unha de esculturas froito do traballo realizado ao longo duha década conforman a mostra "Borders" do artista cordobés, afincado en Galicia, Jacinto Lara. Hoxe contounos a historia que hai detrás do título da exposición e falounos das obras que presenta. A mostra pode visitarse até o 15 de xuño na Sala Municipal de Exposicións de Tui.
Espazo comercio | María José González, da mercería Fiadeiras 27.05.2025 7:24
Hai nove anos nacía en Tui Fiadeiras, unha mercería que actualmente está situada na rúa Casal Aboy. Hoxe no Espazo Comercio, que levamos a cabo en colaboración con ACITUI, coñecemos a súa historia, servizos e plans de futuro con María José González, responsable de Fiadeiras xunto a súa cuñada Loli.
Ent. Alfonso Ferreira, de Iacobus | Camiño coreano "Jeju Olle" 26.05.2025 12:47
O tudense Alfonso Ferreira, namorado e experto no Camiño de Santiago, acaba de chegar de Corea do Sul. Alí percorreu máis da metade dun trazado que copia o modelo do camiño a Compostela nunha illa: Jeju. Tras realizar cada ano camiños diferentes por Europa agora aventurouse a camiñar en Asia. Este camiño “Jeju Olle” está irmandado co Camiño de Santiago e, a diferencia do noso, non ten ningunha con...
Ent. Chisco Casteleiro, director e actor | Galitoon con "Descontacontos" 26.05.2025 4:36
“Descontacontos” é o título do espectáculo que Galitoon presentará mañá martes ás 17.30 h na Biblioteca Municipal dentro da programación de Tui en Letras. A obra está dirixida para nenos e nenas de 3 a 9 anos. O protagonista é un avó que comeza a contar contos pero ou non se lembra do final ou se esquece do argumento. Chisco Casteleiro é director e actor neste espectáculo.
Ent. Fernando Pérez-Lozao, director do IES Indalecio Pérez Tizón e Vanesa Lozano, coordinadora da formación | Curso AFD 26.05.2025 7:31
Este xoves, 29 de maio, terá lugar a selección do alumnado do urso AFD, Acción Formativa para Desempregados, de Actividades Auxiliares de Comercio, que vai impartir dende o 9 de xuño o IES Indalecio Pérez Tizón. As persoas interesadas en realizar esta acción formativa deben figurar coma demandantes de emprego na Oficina de Emprego de Tui. Coñecemos todos os detalles desta acción formativa con Fern...
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui |"Morte entre as flores" 26.05.2025 3:45
Nova cita co cinema mañá martes no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela co Cineclub Tui. Nesta ocasión será unha película de gánsters “Morte entre as flores”, dos irmáns Cohen. Haberá dúas sesións ás 18.30 h e ás 20.45 h. Así nolo contou Noemí Guisande, do Cineclub Tui, quen avanzou que este mércores celebrarán unha asemblea de socios para abordar a programación de verán.
Ent. Isaac González, Pedro Suárez e Hugo Carnero | Curtametraxe "Somos Nómadas" 23.05.2025 9:19
Isaac González decidiu crear unha curtametraxe como traballo para o seu TFG de Comunicación Audiovisual. Así foi como naceu o proxecto "Somos Nómadas", unha peza audiovisual na que participan 40 persoas. Conversamos con tres dos integrantes desta creación, os tudenses Isaac González e Hugo Carnero, e o tomiñés Pedro Suárez.
Ent. Paula López, de Equigalia| Concurso de Salto Territorial 23.05.2025 5:18
Este domingo, a partir das 10.30 h, celébrase no club hípico Equigalia Concurso de Salto Territorial, no que haberá 70 participantes. Paula López de Equigalia explicaba o programa previsto no que tamén haberá outras actividades.
Ent. Rui Esteves, organizador do Música no Quinteiro ao Pór do Sol | Música no Quinteiro ao Pór do Sol en Verdoejo 23.05.2025 5:04
A freguesía de Verdoejo, en Valença, acolle mañá sábado, ás 21.30 h ES a segunda edición de “Música no Quinteiro ao Pór do Sol”. O cartel desta edición esta formado por Phantom Club e Dan Riverman, artista de Santo Tirso. Rui Esteves, organizador do evento explicaba como se vai desenvolver esta cita musical.
Ent. Esteban González, presidente da Comisión de Festas Virxe Peregrina de Estás | Festa de Empanada 23.05.2025 3:22
Esta fin de semana a Festa da Empanada celebra a súa XXV Edición en Estás, en Tomiño. Esteban González, presidente da Comisión de Festas Virxe Peregrina de Estás, daba conta da programación prevista para o domingo, que comezará as 11.30 horas coa Festa da Bicicleta.
Ent. David Domínguez, presidente do Tyde | Recepción do equipo no Concello 23.05.2025 6:32
Esta tarde o Tyde será recibido no Concello de Tui tras acadar o ascenso á Preferente Galicia. A cita comezará ás 19.30 horas coa chegada do equipo á Praza de San Fernando e media hora despois serán recibidos polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e outros membros da corporación. David Domínguez, presidente do Tyde, daba conta dos detalles desta xornada de celebración que continuará, coa afección, nas i...
Ent. Ana Vila, psicóloga sanitaria de Anarela | "A xente boa non se enterra, seméntase" 22.05.2025 23:53
Integrar a perda dunha persoa na nosa vida de xeito saudable e conseguir lembrala dende o amor, e non dende a dor. Sobre o proceso de adaptación que supón o dó conversamos hoxe con Ana Vila, psicóloga sanitaria de Anarela. Con ela profundamos en como facilitar o proceso de dó, nas fases e síntomas, e damos recomendacións para acompañar a alguén que estea sufríndoo.
Ent. Carlos Estévez, tesoureiro da RFGM | Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica. 22.05.2025 2:55
A motonáutica volve ser protagonista deportiva da fin de semana en Tui. Este sábado, a partir das 10.30 h, dispútase no río Miño, fronte á rúa Olímpicos Tudenses, a terceira proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica. Agardan a participación dunha ducia de equipos coma explicaba Carlos Estévez, tesoureiro da Real Federación Galega de Motonáutica.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño | XX Feira de Cultivos do Baixo Miño 22.05.2025 11:07
Esta fin de semana celébrase na praza Pintor Antonio Fernández de Goián a XX Feira de Cultivos do Baixo Miño, que hai unhas semanas tivo que ser aprazado por motivos meteorolóxicos. Un evento que presenta varias novidades e no que haberá obradoiros, música e actividades para os máis pequenos. Sandra González, alcaldesa de Tomiño, repasou hoxe a ampla programación para esta fin de semana.
Ent. Ana Carrera, fundadora de Calzado Barefoot |Tenda de calzado Barefoot en Tui 22.05.2025 7:46
Calzado Barefoot é unha tenda en liña que naceu hai catro anos en Tui. Venden calzado respectuoso tanto infantil coma de adultos, a toda España, a outros países de Europa, e tamén a EEUU, Arxentina e México. Así nolo contou a fundadora Ana Carrera, que xunto ao seu marido, puxo en marcha esta empresa. Explicou coma xurdiu Calzado Barefoot, os beneficios deste calzado, e a súa actividade comercial.
Ent. Xosé Ramón "Quico" Paz Antón, escritor | Presentación libro “Sobredo 1922” 21.05.2025 8:48
“Sobredo 1922” é o título do libro escrito por Xosé Ramón Paz Antón e editado polo Concello de Salceda que se presentará este venres, día 23, ás 20 h na Biblioteca Municipal de Tui. No acto participarán o propio autor; o historiador e profesor, Bieito Alonso, que elaborou o prólogo desta obra; e o concelleiro de Cultura de Salceda, Alex Rodríguez Canosa, como promotor desta publicación.
Ent. Manolo Fernández e Isabel Moreira | Reunión plataforma cidadá de afectados polo SU 11 do PXOU en Pazos de Reis 21.05.2025 8:38
Mañá xoves, ás 21 h, no salón de actos do Casa Cultural do Anxo, en Pazos de Reis, terá lugar a segunda reunión co obxectivo de constituír unha Plataforma cidadá de persoas afectadas polo PXOU no ámbito do SU 11 de Tui, en Pazos de Reis. Manolo Fernández e Isabel Moreira, fixeron balance do encontro da pasada semana e avanzaron os obxectivos da reunión de mañá xoves.
Ent. Cristian Lago, guía intérprete do patrimonio | I Andaina Santiago Apostol de Malvas 21.05.2025 6:31
Até este venres está aberto o prazo de inscrición para a I Andaina Santiago Apostol de Malvas que organiza a Comisión de Festas da parroquia e que conducirá Cristian Lago, guía intérprete do patrimonio. Sairá este sábado, 24 de maio, ás 18 h dende o torreiro da festa de Malvas. Será un percorrido de algo máis de 3 quilómetros, no que se visitará a igrexa parroquial, fontes, pontes, represas de reg...
Ent. Elisa Alfaya e Ian Hamilton de 2 Minds Combined | Espectáculo “Historias fabulosas coa maxia” 20.05.2025 6:37
Elisa Alfaya e Ian Hamilton estarán hoxe ás 17.30 h na Sala de Exposicións Municipal para por en escena o espectáculo "Historias fabulosas coa maxia” dentro da programación Tui en Letras. Será un espectáculo cheo de historias, maxia, sombras chinescas e interacción co público, tal e coma hoxe nos contaron.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.