Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6489 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. José Quinteiro e José Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño | Xantar Solidario 06.06.2025

O vindeiro domingo 15 de xuño, SOS Tomiño Baixo Miño organiza un xantar solidario no colexio Santa María Maristas en Tui. O prezo é de 27 euros para adultos e de 15 para nenas e nenos. O menú estará composto por aperitivos, polbo, xamón asado, postre e café; todo maridado por viños Altos de Torona e Regina Viarum. Deron os detalles José Quinteiro e José Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño.

Especial EducODS | Eloy Carrera, director da Escola de Música da Banda de Música Popular de Tui 05.06.2025

A actividade do Congreso EducODS continúa a partir das 17.30 h no Mercado de San Antonio, cunha mesa redonda sobre coidado e benestar dos animais domésticos. Ás 18.30 h terá lugar o teatro musicalizado Animalia con Cristina Collado, Josito Porto, a Banda Xuvenil de Tui e máis de 150 nenos e nenas de colexios tudenses. O director da Banda de Música Xuvenitl de Tui, Eloy Carrera explicaba como se va...

Especial EducODS Nuria Garabal, directora do CEIP nº1 05.06.2025

O CEIP nº1 de Tui é o organizador do V Congreso Educativo EducODS, unha iniciativa que comezou desenvolvéndose no patio do centro co propio alumnado e que creceu até acoller a 21 centros educativos na edición deste 2025. Nuria Garabal, a directora do CEIP nº1 amosou a súa satisfacción polo celebración desta quinta edición, e explicou os proxectos nos que traballo o alumnado do seu centro e que ago...

Especial EducODS 2025 | Sabela, Ana e Martina, alumnas do Colexio Maristas 05.06.2025

O colexio Maristas traballou este ano no ámbito da apicultura, para achegar todo o proceso ao Congreso EducODS deste ano. Hoxe, tres das súas alumnas Sabela, Ana e Martina deron conta das súas propostas neste congreso e de como foi o seu proceso de aprendizaxe que inclui unha excursión a un centro de apicultura.

Especial EducODS 2025 | Lucía e Xiana, alumnas do Colexio Monterrey 05.06.2025

A fotografía é o tema que protagoniza as propostas que presenta o colexio Monterrey no V Congreso Educativo EducODS. Hoxe Lucía e Xiana, alumnas de 2º da ESO, explicaron os procesos de cianotipia e a clorotipia que empregaron no seu proxecto.

Ent. Ana Belén Casaleiro, concelleira de Medio Ambiente de Tomiño | Semana do Medio Ambiente 05.06.2025

Hoxe célebrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Con este motivo, e durante toda esta semana, Tomiño acolle diferentes actividades como unha mostra de xabóns elaborados por alumnado do IES Antón Alonso Ríos, un faladoiro ou unha ruta. Todas elas centradas na preservación dos ecosistemas acuáticos. De todas estas actividades falounos hoxe Ana Belén Casaleiro, concelleira de Medio Ambiente tomiñesa.

Ent. Andrea González, directora IKFEM - Cartel IKFEM 2025 04.06.2025

Antonio Orozco, Rita Rocha, James Rhodes, Milhanas, Fillas de Cassandra, Perico Sambeat e a Orquestra Jazz de Matosinhos forman parte do programa do IKFEM Festival Tui-Valença que se vai celebrar do 16 ao 20 de xullo. A súa directora, Andrea González, daba conta dos obxectivos do festival e toda a actividade que realizará na Eurocidade. As entradas están xa á venda.

Ent. Charly López "Spartan", boxeador | Spartans Fight Night, en Goián 04.06.2025

Este sábado 7 de xuño celébrase en Goián a Spartans Fight Night con 11 combates, tres deles en categoría feminina. Charly López "Spartan" competirá en categoría superwélter, e deunos hoxe os detalles desta cita. Hoxe mércores é o último día para adquirir as entradas en venta anticipada. Logo, en taquilla.

Especial EducODS 2025 | Sara Álvarez e Noa Riveiro, alumnas do IES Valadares 04.06.2025

Os proxectos que o IES Valadares presenta no Congreso EducODS están baseados no que recolle o libro "La vuelta al mundo de un forro polar rojo". Así nolo contaron hoxe Sara Álvarez e Noa Riveiro, coas que coñecemos o que son os supercatadores.

Especial EducODS 2025 | Martina Diz e Lucas Martínez, alumnado do CEIP Pazos de Reis 04.06.2025

O proceso de elaboración de mel, a cata do produto e a creación en directo de ecoembalaxes a partir de cera son algunhas das cousas que se poden atopar no espazo do CEIP Pazos de Reis no V Congreso EducODS que ten lugar estes días no Paseo da Corredoira. Martina Diz e Lucas Martínez, alumnado do centro, deron conta de todo o que aprenderon durante este curso sobre o ámbito da apicultura.

Ent. Iria Márquez e Uxía Hermida | 4º Festival de Cancións en Lingua de Signos Española 04.06.2025

O Teatro Municipal de Tui acollerá o xoves, 12 de xuño, ás 19.30 h o cuarto Festival de Cancións en Lingua de Signos Española organizado polo Centro Anarela. Iria Márquez é intérprete de lingua de signos e a responsables dos cursos de lingua de signos que imparten no centro. Hoxe explicaba na Radio Municipal de Tui que no festival participan as alumnas do curso con distintas cancións, e este ano c...

Especial EducODS 2025 | Mateo Gómez e Lía Rosada, alumnado do CEIP Nº1 04.06.2025

A meteoroloxía é o tema que protagoniza un dos postos que o alumnado do CEIP Nº1 de Tui ten no Congreso EducODS que esta semana se desenvolve no Paseo da Corredoira. Mateo Gómez e Lía Rosada, alumnado do centro, explicáronnos hoxe os contidos que aprenderon sobre a meteoroloxía e cales son os seus proxectos.

Ent. Enrique Lago, de Clásicos Tui | I Búsqueda do tesouro 04.06.2025

Clásicos Tui organiza a súa primeira búsqueda do tesouro o próximo sábado 14 de xuño. Será unha actividade que se desenvolverá en Tui. As prazas son limitadas, e o prazo de inscrición pecha este sábado día 7. Deunos os detalles Enrique Lago, de Clásicos Tui.

Especial EducODS 2025 | Pedro Alfaya e Iria Fernández, presidente e secretaria do Consello de Nenos do CEIP Nº1 03.06.2025

Máis de 1.200 alumnos e alumnas van participar activamente no Congreso Educativo EducODS que esta semana estase celebrando no Paseo da Corredoira de Tui e no que o alumnado presenta os proxectos nos que estiveron traballando durante todo o curso. Pedro Alfaya e Iria Fernández, presidente e secretaria do Consello de Nenos do CEIP Nº1 contáronnos hoxe cales son as súas elaboracións.

Especial EducODS 2025 | Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui 03.06.2025

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salientaba na xornada inaugural do V Congreso Educativo EducODS a necesidade de que se continúen a levar a cabo estas xornadas e destacaba o papel fundamental que ten a educación nos nenos e nenas. O rexedor tamén referíase as diferentes creación realizadas polo alumnado tanto de Infantil coma de Primaria e Secundaria.

Ent. Pablo Navarro, comandante do patrulleiro Cabo Fradera e tenente de Navío |Xornada de portas abertas 03.06.2025

O patrulleiro Cabo Fradera celebra este sábado o Día das Forzas Armadas cunha xornada de portas abertas en horario de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Unha actividade para a que non é preciso inscribirse previamente. Así nolo contou Pablo Navarro, comandante do patrulleiro Cabo Fradera e tenente de Navío, que tamén se referiu aos bautismos fluviais. Amais detallou como foi o encontro de vet...

Especial EducODS 2025 | Román Rodríguez, conselleiro de Educación 03.06.2025

Hoxe, martes, inaugurouse o V Congreso Educativo EducODS 2030 no Paseo da Corredoira de Tui. Unha cita na que participan 21 centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, analizaba a importancia da celebración destas xornadas e salientaba o gran traballo realizado polos centros.

Espazo Comercio | Mónica Rodríguez de ElectroTui Expert 03.06.2025

No tempo do Espazo Comercio, que realizamos en colaboración con ACITUI, conversamos con Mónica Rodríguez de ElectroTui Expert, que deu conta das ofertas mensuais e dos distintos servizos que dan, como o transporte e instalación gratuítos.

Ent. Verónica Gómez, de Río Miño en Barco | Experiencias e proceso de selección de persoal 02.06.2025

Río Miño en Barco oferta catro experiencias para este verán: paseos diarios, paseos con degustación, cóctel ou cóctel e concerto, con posibilidade de facelas en grupos de até 20 persoas. Hoxe coñecemos os detalles con Verónica Gómez, quen tamén informou de que a empresa ten aberto un proceso de selección de persoal.

Ent. Antonio Díaz, de Ludiland | Campamentos de verán en Tui e Salceda 02.06.2025

Do 23 de xuño ao 5 de setembro Ludiland organiza os seus campamentos de verán en Tui, no Liceo Casino, e tamén no seu novo centro en Salceda, para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Antonio Díaz, de Ludiland, explicou as actividades que se van a levar a cabo e como se pode realizar a inscrición.

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "Adeus rapaces" e "Proxecto Nim" 02.06.2025

O Cineclub Tui ten esta semana unha programación especial con motivo do V Congreso EDUCODS, promovido polo CEIP nº1 de Tui. Haberá unha dobre proxección gratuita no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Mañá martes poderase ver "Adeus rapaces" e o xoves día 5 "Proxecto Nim". Ambas proxeccións serán as 20.00 horas. Así nolo contou hoxe Noemí Guisande, do Cineclub Tui.

Ent. Marisa Giráldez, do Club Bádminton Tui | Campionato Galego sub 15 30.05.2025

O pavillón do IES San Paio acolle mañá, a partir das 10.00 horas o Campionato Galego sub 15 de Bádminton. Marisa Giráldez, do Club Bádminton Tui, deunos hoxe oa información desta proba e adiantou outras citas que terán lugar nos meses de xuño e agosto.

Ent. José Manuel Solleiro, Rafael Pérez e Mila González, da Coral Ponte das Febres | Recunchos de Música 30.05.2025

A coral Ponte das Febres organiza para este domingo, 1 de xuño, unha guía musicalizada polo conxunto histórico de Tui, co nome Recunchos de Música. Será as 19.00 horas e nesta proposta participarán o coro infantil CEI Pazos de Reis, o grupo folclórico Ac Santa Columba de Ribadelouro e a coral Polifónica Ponte das Febres. José Manuel Solleiro, Rafael Pérez e Mila González, da Coral Ponte das Febres...

Ent. Mariví García, de Divertos | Campamento de Verán Summer Games 30.05.2025

Xogos deportivos, xincanas, xogos de auga, manualidades ou cociña son algunhas das actividades que se van levar a cabo no campamento Summer Games que do 23 de xullo ao 29 de agosto vaise desenvolver no CEIP nº1 de Tui en horario de 8.00 a 15.00 horas. Vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Hoxe coñecemos todos os detalles con Mariví García, de Divertos.

Ent. Xacobe Morais, de Concepto by Persa - Quinta de Tui Futsal | IX Campus Toñín Martín 29.05.2025

Do 30 de xuño ao 24 de xullo, Concepto by Persa - A Quinta de Tui Futsal organiza o IX Campus Toñín Martín. Será de luns a venres en horario de 9 h a 14.30 h e vai dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos. Hoxe coñecemos os detalles con Xacobe Morais.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.