Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6489 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui | Eventos deportivos da fin de semana 13.06.2025

Preto de 1.200 persoas van participar esta fin de semana nos distintos eventos deportivos que se van celebrar en Tui segundo explicaba o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez. O programa comezou a primeira hora coa Aloiada, mañá haberá bádminton, mototurismo, kung fu, coches clásicos, e ciclismo, e o domingo triatlón, patinaxe e baloncesto.

Marisa Giráldez, do Club Bádminton Tui - Torneo Recreativo de Bádminto sub11 sub 15 e sub 19 13.06.2025

O pavillón do IES San Paio acolle mañá sábado dende ás 10 h un Torneo Recreativo de Bádminto sub11 sub 15 e sub 19 organizado polo Club Bádminton Tui. Deunos todos os detalles Marisa Giráldez, do Club Bádminton Tui.

Ent. José Manuel Martínez, Gonzalo González, Rosa González e Manuel Vieto | XVII Festival de Corais 13.06.2025

O vindeiro sábado, 21 de xuño, ás 20 h terá lugar o XVII Festival de Corais na igrexa de San Domingos en Tui. Unha cita musical na que participarán a coral do Centro Social tudense, a coral Polifónica San Blas de Budiño, e a Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Música de Tui. Hoxe coñecemos todos os detalles con José Manuel Martínez e Gonzalo González da coral tudense e Rosa González...

Ent. Carlos Vázquez, voceiro da plataforma Parar La Guerra" | Concentración contra o xenocidio en Gaza 13.06.2025

Tui acollerá mañá sábado, ás 12 h, na praza da Inmaculada, unha das concentracións convocadas pola plataforma 'PararLaGuerra.es' para pedir o fin do xenocidio en Gaza. O voceiro da plataforma en Galicia, Carlos Vázquez, deu conta dos obxectivos da manifestación.

Ent. Natalia Lago e Laura Abalde | Ruta Solidaria da Fada do Aloia co Protectora Aloia 12.06.2025

A Fada do Aloia organiza unha ruta especial para este sábado, xa que será unha ruta solidaria coa Protectora de Animais Aloia de Tui. Sairá este sábado, ás 11 h, para realizar un percorrido doado de hora e media. É preciso inscrición previa no 619 96 90 90. No inicio da ruta recolleranse doazóns para a Protectora Aloia tanto de cartos en metálico, coma de comida húmida ou salchichas para cans e ga...

Ent. María Freiría, Ana Alonso, Aida Alonso e Gemma Fernández, de Mercarte | Tenda efémera Mercarte 12.06.2025

María Freiría de Mar Jewelrin, Ana Alonso de Cabuxa, Aida Alonso de Aida Alonso Ilustración, e Gemma Fernández de Essentia HM contaronnos hoxe como está a ser a experiencia da tenda efémera Mercarte que até este domingo está aberta na Oficina Municipal de Turismo no Paseo da Corredoira. Tamén nos contaron os produtos artesanais que presentan. Convidaban a achegarse e coñecer as súas creacións.

Ent. Andrea González, directora do Ikfem - Concerto James Rhodes + concurso e rock en familia 12.06.2025

A Alameda de San Domingos será o escenario de tres dos eventos que forman parte da programación do IKFEM Festival Tui-Valença que se vai celebrar o próximo mes de xullo. O primeiro será o venres 18 ás 22.30 h co concerto de James Rhodes O sábado 19 serán dúas as propostas musicais neste espazo. Ás 12 h, con entrada gratuíta, celebrarase o concerto do concurso ‘Novas Ondas Sonoras. Os novos talento...

Ent. Aloia Martínez, directora do Coro Mistura Vocal |Concerto na igrexa de San Domingos 12.06.2025

Este domingo, día 15, o coro Mistura Vocal ofrecerá o concerto Nexus Aeternus, ás 20.00 horas, na igrexa San Domingos de Tui . O concerto terá como elemento principal a música do compositor e director de Euskadi, Javier Busto, tomando como referencia a súa vinculación con Galicia reflectida en obras con textos en galego. Hoxe deunos todos os detalles desta cita musical, Aloia Martínez, directora d...

Ent. Sonia González, emprendedora | Cabicheira 11.06.2025

Cabicheira xurdiu na pandemia, cando nos bares e cafeterías retiráronse os cinceiros. Aí Sonia González decidiu emprender en Tui e crear un deseño innovador e que se pode levar colgado no pescozo. Estas cabicheiras fabrícanse no Rosal e están elaboradas a partir de plásticos reciclados. Hoxe a súa creadora contounos como é emprender na comarca e os motivos polos que cabicheira ten tanto éxito.

Ent. Hugo Lage de Bugina Turismo | Visitas á Catedral de Tui 11.06.2025

Buguina Turismo comezou hoxe a primeira das visitas guiadas á Catedral que organiza con motivo do 800 aniversario da consagración do templo catedralicio tudense. Deste xeito Bugina Turismo súmanse a este evento destacado ofrecendo este ano e o próximo preto de 50 visitas. Así nolo contou hoxe Hugo Lage, responsable de Buguina Turismo. A ruta conta cun prezo de reducido a 5€ persoa, ao que hai que...

Ent. Rebeca Fernández, de Ludikeka |Campamento de verán de Ludikeka 11.06.2025

Do 23 de xuño ao 9 de setembro vaise celebrar na Macoca, en Ludikeka , un campamento de verán. Nenos e nenas de 2 a 12 anos poderán gozar con xogos ao ailre, de auga, ou excursións. Pódese asistir días soltos, semanas, quincenas ou mes completo. Contan con opción 'madruga' e 'tupper'. Rebeca Fernández, de Ludikeka deunos todos os detalles deste campamento.

Ent. José Ferreira e Maike Rodríguez, da Comisión de Festas Virxe das Dores | Festas de San Antonio 11.06.2025

José Ferreria e Maike Rodríguez, da Comisión de Festas Virxe das Dores, avanzaron hoxe na Radio Municipal toda a programación que este sábado se poderá disfrutar no recinto de festas de Guillarei nas festas na honra a San Antonio. Ruta moteira, gastronomía e música, forman parte do programa previsto.

Ent. Paula López, de Equigalia | Campamento de Verán de Equigalia 10.06.2025

Rutas polo monte ou clases de hípica diarias son algunhas das actividades que os nenos e nenas poderán realizar este verán no campamento que organiza Equigalia para os meses de xullo e agosto. O horario é de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas e o prezo por semana é de 150 euros. Paula López de Equigalia así o explicaba esta mañá na RMT.

Ent. Carolina Figueroa, adestradora do Club de Patinaxe Artística Ribex | Exhibición de fin de curso 10.06.2025

Preto de 200 patinadores e patinadoras participarán este domingo, 15 xuño, na exhibición de fin de curso do Club de Patinaxe Artística Ribex. Será no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui, ás 17.30 horas. A entrada é libre e gratuita até completar aforo. Así nolo contou a adestradora do club, Carolina Figueroa, que tamén fixo balance desta temporada.

Ent. Óscar Graña, padeeiro do Kaiak Tudense | Subcampión de Europa de maratón en c2 senior 09.06.2025

O padeeiro do Club Kaiak Tudense Óscar Graña proclamouse onte subcampión de Europa de Maratón de Piragüismo en c2 xunto a Jaime Duro. Suma así a súa décimo primeira medalla nun europeo. No seu haber ten tamén 14 medallas en Campionatos do Mundo. Esta mañá contounos como foi a regata e deu conta tamén dos próximos obxectivos deportivos.

Ent. Joaquín Agra e Julio Solleiro, do Motoclub Papaya | III Ruta Mototurística do Meixón 09.06.2025

Este sábado día 14 célebrase a III Ruta Mototurística do Meixón en Tui. Unha cita que busca dar a coñocer os principais puntos de interese de Tui e da contorna. O punto de saída será a rúa Compostela. Para participar é preciso inscribirse previamente a través da web cgmototurismo.org ou no teléfono 670 60 13 22. Joaquín Agra e Julio Solleiro, do Moto Club Papaya déronnos hoxe os detalles.

Ent. Manuel Madarnás, trompetista e Iris Abril, pianista | Xira La MMarca 09.06.2025

O trompetista tudense Manuel Madarnás comezou o pasado venres, en Marín, a xira La MMarca, coa que percorrerá, xunto aos catro integrantes da súa agrupación, San Miguel de Oia, O Porriño, Valencia, Barcelona ou Ponte de Lima, entre outros. Así nolo contaron hoxe Manuel Madarnás e iris Abril, pianista.

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | “Dorothé na Vila” 09.06.2025

“Dorothé na Vila”, de Alejandro Gándara e Olaia Tubío, é o documental que mañá proxecta o Cineclub Tui no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. As sesións cambian de horario e serán ás 19.30 h e ás 21.30 h. Noemí Guisande, do Cineclub Tui, deu conta de que a entrada é gratuíta para persoas socias e de 2 euros para público xeral.

Ent. Rafael Sánchez Bargiela, técnico da Biblioteca Municipal de Tui | Visita arquivo municipal 09.06.2025

Esta semana é a Semana Internacional dos Arquivos. E con tal motivo este xoves, día 12, ás 12 h, vaise levar a cabo unha visita ao Arquivo Municipal de Tui. Unha cita para a que é precisa inscrición previa e da que hoxe deunos todos os detalles Rafael Sánchez Bargiela, técnico da Biblioteca Municipal de Tui.

Especial EducODS 2025 | Alumnado de Infantil do CEIP Nº1 06.06.2025

Cataventos, pluviómetros ou plastilina comestible son algunhas das creacións realizadas polo alumnado de Infantil do CEIP Nº1, que estiveron expostas no Congreso EducODS. Hoxe explicáronnos en que consistían estas elaboracións e tamén cales foron os proxectos dos outros centros que máis lle chamaron a atención.

Ent. Manuel González, presidente, Enriquez Pérez e Judit Bernández, da Asociación Non Damos Feito | V Galimpiadas 06.06.2025

Hoxe venres comezan as V Galimpiadas que se celebran na ribeira de Caldelas. Futbolín, tute, billar, dardos ou carreira de sacos son algunhas das probas que se realizarán ao longo destas dúas xornadas. Hoxe coñecemos todos os detalles con Manuel González, presidente, Enrique Pérez e Judit Bernández, da Asociación Non Damos Feito.

Especial EducODS 2025 | Alumnado do CRA Mestra Clara Torres 06.06.2025

A xornada de clausura do V Congreso EducODS estivo protagonizada polo alumnado de infantil dos diferentes centros educativos. Un deles é o CRA Mestra Clara Torres. Hoxe algúns dos seus alumnos e alumnas deron conta dos proxectos que máis lle gustaron desta cita educativa.

Ent. Rubén Morais, maestro do Judo Club Tudense | Exhibición de fin de curso 06.06.2025

Arredor de 80 alumnos e alumnas do Judo Club Tudense participarán na exhibición de fin de curso que este domingo ás 10 h celebran no pavillón municipal. Hoxe nolo contou Rubén Morais, maestro do Judo Club Tudense.

Ent. Ricardo Martínez e Carmen Mª Alonso da Coral San Telmo - Festival de Primavera de Canto Coral e Música Tradicional 06.06.2025

A igrexa de San Domingos acolle mañá ás 20 h o o Festival de Primavera de Canto Coral e Música Tradicional organizado pola Coral San Telmo Participarán a Coral Atlántida de Matamá, a Coral Santiago López de Pravia de Asturias, a Coral San Telmo de Tui e o grupo Lirolai. Así nolo contaron hoxe Ricardo Martínez e Carmen María Alonso.

Especial EducODS 2025 | Alumnado de infantil do CEIP Nº1 06.06.2025

Diana, Antía, Ian, Gael, Brais, Tomás, Gala e María son alumnos e alumnas de Infantil do CEIP Nº1 de Tui e hoxe contarónnos que foi o que máis lle gustou do V Congreso EducODS que se celebrou durante esta semana e que rematou hoxe.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.