Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6489 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Vera Álvarez e Xiana Fernández do Remo do Miño | Campioas de España en 2x 24.06.2025

As remeiras Vera Álvarez e Xiana Fernández do Club Remo do Miño proclamáronse esta fin de semana en Sevilla campioas de España en 2x xuvenil feminino. Hoxe contaránnos a emoción que sentiron ao cruzar a meta, como é o traballo en equipo e a preparación física... a próxima cita é o clasificatorio para a Copa da Xuventude.

Ent. Carlota González, remeira tudense | Dobre campioa de España de Remo en 4- e 8+ 24.06.2025

Esta fin de semana a remeira tudense Carlota González proclamouse dobre campioa de España. Foi en Catro Sen e Outo con formando parte do Club Náutico de Sevilla. Hoxe Carlota González deu conta deste dobre éxito deportivo que conseguiu malia as duras condicións climatolóxicas.

Ent. Silvia Penas, integrante do dúo Cintaadhesiva | Aniversario dos Xogos Florais de Galicia 24.06.2025

Música e poesía encherán mañá, ás 20.00 horas o Espazosociocultural da rúa Camilo José Cela para conmemorar o aniversario dos Xogos Florais de Galicia. O dúo Cintaadhesiva conformado por Silvia Penas e Jesús Andrés Tejada presenta en Tui este espectáculo que intercala temas cantados compostos polos mesmos autores. Así nolo contou hoxe Silvia Penas. A entrada é libre e gratuita até completar aforo.

Ent. Membros da Asociación Callejeriños Tudenses e Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente|Callejeriños Tudenses 24.06.2025

Hoxe coñecemos como está a ser o labor que realiza dende hai medio ano a asociación Callejeriños Tudenses. Foi creada por por alimentadoras con ampla experiencia no coidado dos gatos que viven na rúa. Así nolo contaron Alicia Cardoso, presidenta da asociación, Estefanía Rodríguez, tesoureira e Maribel Taboada e Inés Albaladejo, integrantes desta organización sen ánimo de lucro. O concelleiro de Me...

Ent. Ángela Martínez, educadora | Escola infantil Ohana 23.06.2025

No mes de setembro abrirá as súas portas a escola infantil Ohana en Randufe (Tui). Un espazo destinado a nenos e nenas de entre 0 e 3 anos e que mestura diferentes metodoloxías de aprendizaxe. O prazo de inscrición está aberto no teléfono 627 166 405. Ángela Martínez, educadora e impulsora do proxecto, deunos hoxe todos os detalles.

Ent. Proxecto e Gala Caixason | Festival IKFEM 2025 23.06.2025

Catro asociacións de Galicia e Portugal únense no proxecto Caixason, e serán os protagonistas da primeira xornada do Festival IKFEM 2025 o 16 de xullo. Hoxe coñecemos máis este proxecto con Andrea González, directora do festival; Helena Pereira, de APPACDM de discapacidade intelectual; Iván, dende Diversidades Acolle; David Gómez, en representación de Vontade Tomiño; e Laurinda Neves, da universid...

Ent. Daniel Fernández, nadador tudense | Batalla de Rande 23.06.2025

O pasado sábado 14 de xuño o tudense Daniel Fernández participou na proba "Batalla de Rande", na que percorreu a nado 27 quilómetros entre as illas Cíes e a illa de San Simón, nun tempo cercano a 10 horas. Hoxe contounos como foi a súa experiencia e a importancia da fortaleza mental neste tipo de probas.

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | “Só nos queda bailar” 23.06.2025

“Só nos queda bailar”, de Levan Akim, é o filme que mañá martes proxecta o Cineclub Tui no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Haberá dúas sesións, ás 19.30 h e ás 21.30 h. Noemí Guisande, do Cineclub Tui, deu hoxe os detalles. A entrada ten un prezo de 2 euros para persoas socias e de 4,5 euros para público xeral.

Ent. Rubén del Campo, xefe da sección técnica da área de Comunicación da Aemet | Curso Cambio Climático 20.06.2025

A Aula da UNED de Tui será a sede do Curso de Verán "A comunicación do cambio climático en España", que se celebrará do 2 ao 4 de xullo. A inscrición está aínda aberta. Rubén del Campo, xefe da sección técnica da área de Comunicación da Aemet e coordinador do curso, destacou algúns dos ponentes, como por exemplo Martín Barreiro, Mercedes Martín ou Ana Celia Vázquez.

Ent. Ángeles Leirós, xerente de Aceesca e Montse Mon, de Familias Aceesca | Proxecto "Miña casa, Miña comunidade" 20.06.2025

Para que o fogar de Aceesca "Miña casa, Miña comunidade" poida ser unha realidade falta un 30% do orzamento necesario. Este é un proxecto que busca a independencia e autonomía das persoas con discapacidade intelectual, con 40 prazas de residencia. Parte dos fondos que se recaden na II Gala Solidaria da Fundación Denis Suárez irán destinados para este proxecto de Aceesca. Así nolo contaron hoxe Áng...

Ent. Fernando Garrido, delegado do Tui Futsal e Alejandro Rodríguez, adestrador |II Torneo Cidade de Tui de Fútbol Sala 20.06.2025

Mañá, sábado celébrase o II Torneo Cidade de Tui de fútbol sala, organizado polo club Tui Futsal. Unha competición que terá lugar de 10 a 21 h no pavillón Gustavo Rodríguez e no pavillón vello. Fernando Garrido, delegado do Tui Futsal e Alejandro Rodríguez, adestrador déronnos todos os detalles desta cita deportiva.

Ent. David Vila, membro da Asociación Comisión de Festas do Alivio |Makrofesta 20.06.2025

A explanada do Alivio, en Tomiño, acollerá mañá sábado a partir das 23.00 horas, a Makrofesta, na que actuarán os djs Kike Varela, Taydleon, BrokkTT, Jorge Álvarez, DJ Charlie e Shameless As entradas xa están á venda cun prezo de 10 euros e mañá, na taquilla a 12 euros. Así nolo contou hoxe David Vila, membro da Asociación Comisión de Festas do Alivio, organizadora do evento.

Ent. Natalia Lago, a Fada do Aloia | Noite de San Xoán e benvida ao verán 19.06.2025

A Fada do Aloia organiza para este sábado 21 unha actividade especial. Será a Noite de San Xoán e benvida ao verán, cun percorrido de dúas horas dende as 22.30 h. As persoas participantes aprenderán cales son as herbas que deben colleitar, cando e onde facelo, e recibirán un ramo de Las Flores de Rita. A reserva de praza, no 619 96 90 90. Todos os detalles explicounos Natalia Lago, a Fada do Aloia...

Ent. Óscar Fernández, presidente da Comisión de Areas | Festa do Porco ao Espeto 19.06.2025

A Comisión de Areas organiza este sábado 21 a Festa do Porco ao Espeto, que se desenvolverá dende as 19.30 h no torreiro vello das festas. Contará coa actuación da charanga Sacacorchos, segundo explicaba hoxe o presidente da comisión, Óscar Fernández.

Ent. Xosé Manoel Álvarez, secretario da Asociación Arroutada | I Encontro Internacional de Grupos Tradicionais de Música 19.06.2025

Este sábado 21 Goián acollerá o I Encontro Internacional de Grupos Tradicionais de Música que organiza a Asociación Cultural Arroutada. Unha xornada que comezará ás 11.30 h co desfile dos sete grupos participantes. Coñecemos todos os detalles co secretario de Arroutada, Xosé Manoel Álvarez.

Ent.Irene González, Manuela Brandariz, Aldara Rodríguez e Sabela Romero,do IES Indalecio Pérez|Estudo sobre alimentación 19.06.2025

Catro alumnas de 1º de Bacharelato do IES Indalecio Pérez Tizón elaboraron un estudo sobre como merenda o persoal docente e non docente do centro, profundando tamén na oferta da cafetaría. Hoxe contáronnos as conclusións Irene González, Manuela Brandariz, Aldara Rodríguez e Sabela Romero.

Ent. José Ramón Rey, delegado no Baixo Miño de Sabia Vella | Asociación de xubilados Sabia Vella 18.06.2025

Sabia Vella é unha asociación de xubilados de recente creación que tivo o seu comezo no mes de xaneiro e que busca reivindicar entre outros aspectos, a problemática coa revalorización das pensións. José Ramón Rey é o delegado no Baixo Miño da asociación e hoxe daba conta das reivindicacións e dos obxectivos desta organización.

Ent. Pilar Pazo, secretaria da Asociación do Traxe Tradicional de Tui | III Encontro de Folclore da Raia 18.06.2025

Este sábado a Asociación do Traxe Tradicional de Tui organiza o III Encontro de Folclore da Raia. Unha cita que comezará ás 19.00 horas cun pasarrúas dende o edificio Francisco Sánchez ata a Praza de San Fernando. Pilar Pazo, secretaria da asociación organizadora, daba conta de como se vai desenvolver esta cita e das distintas agrupacións que van participar, entre as que se atopan o Grupo Folclóri...

Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui | Concerto de Fin de Curso 17.06.2025

30 alumnos e alumnas da Escola da Banda de Música Popular de Tui van participar este venres ás 18.00 horas no concerto de Fin de Curso que terá lugar no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Eloy Carrera, director, deu conta do repertorio que van interpretar e explicaba que xa está aberto o prazo de matrícula para o curso que vén.

Ent. Diego Vila, piloto de Rally | IV Rallymix da Sidra 17.06.2025

O piloto tudense Diego Vila estréase esta fin de semana no IV Rallymix da Sidra, na Estrada. Hoxe explicounos como se está preparando para esta nova competición e a importancia que ten a figura do copiloto nesta disciplina.

Ent. Alberto Romer, autor | Presentación do libro "Randufe de Tui" 17.06.2025

Alberto Romer presentará este sábado ás 17.30h no Centro Cultural de Randufe o seu novo libro: “Randufe de Tui”. Con el conversamos hoxe sobre como cambiou Randufe ao longo dos anos e sobre o traballo que hai detrás deste libro.

Ent. Leire Otero, Melinda Días, Mario Solla e Nico Rodríguez, do IES Indalecio Pérez Tizón | Proxecto de podcast 17.06.2025

Este curso o IES Indalecio Pérez Tizón acolleu a exposición "As mulleres que nos levaron á lúa" de Experimenta en Feminino da Universidade de Vigo. Unha mostra que busca destacar o traballo das mulleres que hai 50 anos foron claves para o éxito da misión do Apolo XI e a chegada da primeira persoa á lúa. Como actividade de igualdade o alumnado de 3ºESO creou unha versión audio, un podcast, de dita...

Ent. Rocío Gómez e Laura Castro, da Asociación de Amas de Casa de Tui | Exposición Colectiva 16.06.2025

Até este sábado, día 21, pódese visitar no edificio Francisco Sánchez a mostra colectiva da Asociación de Amas de Casa de Tui na que se poden ver traballos de restauración do curso impartido por Mª Carmen Ramírez e os resultados do curso de Labores Creativas impartido por Cristina Escudero. Rocío Gómez e Laura Castro, da Asociación de Amas de Casa de Tui deron todos os detalles desta exposición e...

Ent. Elena Espinosa, xefa da sección de Tui da EOI de Vigo e Bárbara Kügler, mestra de alemán |Apertura de inscricións 16.06.2025

A sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas de Vigo traládase ao Instituto Indalecio Pérez Tizón, onde continuarán a impartir clases de alemán, inglés, francés e portugués, en distintos niveis. O próximo curso coma novidade contarán con modalide semipresencial. A preinscrición pode facerse dende hoxe luns, e até o 7 de xullo, en www.eoidevigo.org. Así nolo contaron hoxe Elena Espinosa, xefa da s...

Ent. Eduardo Méndez, do club Di-Som de Tui | Campionato de Galicia Escolar de kung fu 13.06.2025

Máis de 400 nenos e nenas van participar mañá, sábado no Campionato de Galicia Escolar de kung fu que dará comezo ás 16.30 horas no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui. Eduardo Méndez, do club Di-Som de Tui explicou hoxe que será unha competición moi dinámica. A entrada é libre e gratuita

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.