Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6489 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda | XXXIII Festa da Lagosta e da cociña mariñeira 03.07.2025

A gastronomía, coa lagosta coma gran protagonista, a música, e as actividades de animación centran a programación da XXXIII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira que esta fin de semana se celebra na Guarda. O porto da Guarda acolle este evento para o que foi instalada unha carpa con capacidade para 600 comensais. Dende o Concello agarda superar as cifras, xa de record acadadas o ano pasado con má...

Ent. James Rhodes, pianista e escritor | Concerto en Tui dentro do IKFEM 03.07.2025

Dentro da programación do IKFEM, un dos concertos especiais deste ano será o que ofreza o pianista James Rhodes o venres 18 deste mes ás 22.30 h na Alameda de San Domingos. As entradas teñen un prezo de 20€ e están xa á venda en ikfem.com. Será un concerto ao aire libre moi especial e intimista, tal e coma explicaba hoxe o propio pianista.

Ent. Mónica Martínez, da Comisión de Festas San Miguel de Pexegueiro | II Xuntanza Cabalar Pexegueiro - Tui 03.07.2025

Este sábado 5 de xullo terá lugar a II Xuntanza Cabalar Pexegueiro -Tui, organizada pola Comisión de Festas San Miguel de Pexegueiro. Ás 16.00 horas partirá a ruta dende o recinto de Festas de Pexegueiro e as 22.00 dará comezo a cea, que ten un prezo de 22 euros e de 15 euros para menores de 12 anos. Mónica Martínez, membro da comisión organizadora deu todos os detalles desta cita.

Ent. Sebastián Gómez | Romaría das Angustias 2025 03.07.2025

Este domingo, 6 de xullo, celébrase no cumio do Monte Aloia a Romaría das Angustias. Un festexo que coincide co 125 aniversario da Cruz do Aloia. Ás 12 h celebrarase na capela a misa na honra a Nosa Señora das Angustias, para dar paso a procesión que irá até a Cruz. Non faltarán as poxas. Falamos desta romaría con Sebastián Gómez.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Programación de verán en Tui 03.07.2025

Música, cultura tradicional, humor, cinema e gastronomía centran a programación cultural para o verán organizada polo Concello de Tui, que comezará esta fin de semana co V Festival da Cultura Tradicional e Folk, e este domingo coa romaría das Angustias e 125 aniversario da cruz do Monte Aloia. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, deu conta da ampla programación que vai ter lugar durante os...

Ent. Xisco Feijoó, músico, cantante e bailarín | Concerto "Cantares nos camiños" 02.07.2025

Este sábado ás 22.00 horas a praza de San Fernando acollerá o concerto “Cantares nos camiños”, con María Vidal e Xisco Feijoó. Unha actividade que forma parte da programación do V Festival da Cultura Tradicional e Folk que durante esta fin de semana vai ter lugar en Tui. Xisco Feijoó explicou hoxe que este concerto relaciona a historia dos seis camiños principais coa música que xurdía nos traxecto...

Ent. Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense | Descenso Popular do Miño 01.07.2025

Dende hoxe e até o 7 de agosto está aberto o prazo de inscrición no Descenso Popular do Miño que se vai celebrar o sábado 16 de agosto. Este ano volverán coincidir en data tanto o descenso Popular coma o Internacional, polo que nesa xornada centos de piraguas encherán o Miño de cor. A inscrición pode facerse a través da web descensomiñotui.com.

Ent. Enrique Lago, de Clásicos Tui | Concentración de Clásicos 01.07.2025

Este domingo 6 de xullo o paseo da Corredoira acollerá unha Concentración de coches clásicos, na que participarán uns 50 vehículos de diferentes décadas. A cita comezará ás 9 h cun almorzo, para ás 11 h iniciar a ruta cara as murallas de Salvaterra de Miño, onde se incluirá unha visita ao museo do viño. Así nolo contou hoxe Enrique Lago, de Clásicos Tui.

Ent. Teresa Astorgano, presidenta do grupo etnográfico Traxandaina | Exposición “O traxe da muller aldeá” 30.06.2025

O V Festival da Cultura Tradicional e Folk organizado por la Asociación Cultural San Telmo comeza este venres día 4 e prolongarase ata o domingo día 6. A primeira xornada dará comezo coa apertura da exposición “O traxe da muller aldeá” no espacio sociocultural de la calle Camilo José Cela, ás 19.30 horas. Hoxe Teresa Astorgano, presidenta do grupo etnográfico Traxandaina deu conta das diferentes p...

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Programación mes de xullo 30.06.2025

"O malvado raposo feroz", de Benjamin Renner y Patrick Imbert é a pélicula que inaugura a programación de verán do Cineclub Tui. Proxectarase mañá martes, ás 20.30 horas no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Noemí Guisande, do Cineclub Tui deu conta das distintas citas que terán lugar tanto os martes coma os xoves do mes de xullo. A entrada para a proxección de mañá ten un prezo de 2 eu...

Ent. Eduardo Méndez, organizador e Fátima Fonseca, profesional docente de Portugal | XI Campionato Ibérico de Kung Fu 27.06.2025

O pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acolle este domingo, dende ás 10.30 h, o XI Campionato Ibérico de Kung Fu Tradicional e Moderno. Coñecemos todos os detalles con Eduardo Méndez, organizador do evento, e con Fátima Fonseca, profesional docente de Portugal en kung fu tradicional.

Ent. Julio Solleiro, de Solidaridade Galega co Pobo Saharauí | Programa Vacacións en Paz 27.06.2025

Este domingo é o último día para poder realizar as xornadas de formación do Programa Vacacións en Paz para acoller a nenos e nenas saharauís durante os meses de verán. Unha iniciativa da que Julio Solleiro, de Soliedaridade Galega co Pobo Saharauí daba todos os detalles e convidaba a participar. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do teléfono 986 26 26 37 ou no Whatsapp 678...

Ent. Mario Domínguez, de Terracita La Sigrina e Uxía Hermida, humorista | Show ¿Pero estas tías? 27.06.2025

Apenas 15 entradas quedan para o espectáculo cómico "¿Pero estas tías?" que organiza Terracita La Sigrina o próximo venres día 4 ás 21 h. Será un show de humor coa participación de Cata Ukelele, Antía Costas, Carla Mañas e Uxía Hermida. Con esta última e con Mario Domínguez, de La Sigrina, conversamos hoxe no programa Día a Día.

Ent. Conchi Sales e Fernando Carnero, da Asociación Cultural San Telmo | V Festival da Cultura Tradicional e Folk 27.06.2025

A vindeira fin de semana celébrase en Tui o V Festival da Cultura Tradicional e Folk. O venres 4 dará comezo coa apertura da exposición “O traxe da muller aldeá” no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, ás 19.30 horas, con posterior concerto. O sábado na praza de San Fernando terá lugar o X Certame de Gaita e Tamboril, e o domingo ás 19.30 h celebrarase na Corredoira o X Día da Muiñera. As...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e voceiro do PSOE | Convocatoria cuestión de confianza vinculada aos orzamentos 27.06.2025

Con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e voceiro do PSOE, pechamos a rolda de conversas tras a convocatoria dunha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos que será debatida en pleno extraordinario o próximo martes, 1 de xullo, ás 20 h.

Ent. Nico Montes, voceiro do PP | Convocatoria cuestión de confianza vinculada aos orzamentos 27.06.2025

Con Nico Montes, voceiro do PP, continuamos a rolda de conversas trala convocatoria dunha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos que será debatida en pleno extraordinario o próximo martes, 1 de xullo, ás 20 h

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Convocatoria cuestión de confianza vinculada aos orzamentos 27.06.2025

Con Carmen Núñez, voceira do BNG, abordamos a convocatoria dunha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos que será debatida en pleno extraordinario o próximo martes, 1 de xullo, ás 20 h

Ent. José Palacín, concelleiro non adscrito | Convocatoria cuestión de confianza vinculada aos orzamentos 27.06.2025

Ante a convocatoria dunha cuestión de confianza vinculada a aprobación dos orzamentos que será debatida en pleno extraordinario o próximo martes, 1 de xullo ás 20 h, hoxe falamos co concelleiro non adscrito José Palacín.

Ent. Nuno Coímbra | Rampa do Monte Faro 2025 26.06.2025

350 pilotos de Portugal e España danse cita esta fin de semana nunha nova edición da Rampa do Monte do Faro, en Valença. Con cinco series e unha especial nocturna, música, espectáculos e moitas sorpresas, este evento tenta fuxir da competición, e busca ser máis un elemento dinamizador do turismo. Así o explicou hoxe Nuno Coímbra.

Ent. Alexia Pérez, xogadora de bádminton e Xerardo Pérez, da directiva do Badminton Tui | Campionato de España 26.06.2025

A xogadora do Bádminton Tui, Alexia Pérez, proclamouse subcampioa de España esta fin de semana coa selección autonómica de Bádminton na categoría infantil. Era a primeira vez que acudía co equipo galego. Hoxe contounos como viviu este éxito deportivo e conversamos tamén con Xerardo Pérez, membro da directiva do Bádminton Tui, que deu conta dos obxectivos do club tudense.

Ent. Moncho Leal, de Baixo Miño con Palestina | Acto solidario contra o xenocidio en Palestina 26.06.2025

Con letras xigantes formando a frase “Stop Xenocidio”, o Espazo Fortaleza de Goián acollerá este sábado, dende as 11.00 h, un acto solidario en repulsa ao xenocido do pobo palestino. Unha cita na que, amais da formación deste mosaico humano, haberá actuacións musicais e intervencións nunha xornada que busca ser un grito pola vida, a liberdade e en defensa dos dereitos humanos. Conversamos hoxe con...

Ent. Andrés Díaz-Ripoll e Víctor García | Relevo Comandancia Naval do Miño 25.06.2025

Esta semana prodúcese o relevo ao fronte da Comandancia Naval do Miño. Andrés Díaz-Ripoll, que foi o comandante naval do Miño durante os dous últimos anos, cede o mando a Víctor García, que exercerá o cargo os próximos dous anos. Andréz Díaz-Ripoll fixo balance na Radio Municipal de Tui do seu traballo ao fronte da Comandancia Naval, nun destino no que confesou se sentiu coma en casa. Víctor Garcí...

Ent. Cristian Lago, guía intérprete do patrimonio |II Andaina Cultural “Coñece Paramos” 25.06.2025

Este sábado, como parte da programación do Mes Cultural da Asociación Laxes de Paramos, vaise realizar a II Andaina Cultural “Coñece Paramos”. Partirá ás 9.00 horas dende o Centro Cultural e Veciñal Laxes e estará guiada por Cristian Lago, que explicou na nosa sintonía como será o percorrido. O prezo das inscricións é de 5 euros e poden realizarse nos teléfonos 647 07 42 59 ou 636 40 73 15.

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Reestrea "A quimera do ouro" 25.06.2025

A película "A quimera do ouro" de Charles Chaplin cumple 100 anos, e por ese motivo o Cineclub Tui proxectará este filme no Espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, ás 20 h. Tras o visionado haberá un coloquio en liña con intervencións de Fernando Lara; Fernando Méndez-Leite; Rodrigo Sorogoyen; e Almudena Amor. Así nolo contou hoxe Noemí Guisande do Cineclub Tui.

Ent. Camiño Noia, profesora | Homenaxe a Francisca Herrera 25.06.2025

Mañá xoves, ás 20 h, o concello de Tui renderá unha homenaxe, na praza do Pracer, á escritora galega Francisca Herrera, a primeira muller en publicar unha novela en lingua galega e a primeira muller en pertencer á Real Academia Galega dende 1945. O acto contará coa presentación do libro “Obra en galego de Francisca Herrera” a cargo da profesora Camiño Noia, coa que hoxe puidemos conversar.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.