Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6489 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Javier Pitillas, responsable de Discamino | Camiño de Santiago 24.07.2025

O grupo de Discamino está realizando o seu 16º Camiño de Santiago deste ano e hoxe levan a cabo a terceira e última etapa polo Baixo Miño. Saíron esta mañá dende Tui co obxectivo de chegar a Vigo. Conversamos con Javier Pitillas, responsable de Discamino sobre este Camiño de Santiago, que xa realizaron en 145 ocasións dende o seu comezo en 2009 e no que participan moitas persoas con e sen discapac...

Ent. José María Vázquez, responsable da xestión de colectas de ADOS | Doazón de sangue en Tui 24.07.2025

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia fai un chamamento este verán á doazón de sangue das persoas dos grupos A+, 0+, e 0-. Unha das unidades móbiles está hoxe xoves e o sábado, na rúa Casal Aboy, a carón do centro de saúde en Tui. As doazóns pódense realizarse ata ás 14.15 h e de 16 a 21 h, hoxe e de 10 a 15 h o sábado. José María Vázquez, responsable da xestión de colectas de ADOS an...

Ent. Gerardo de Lino e Cristina Oya, da Comisión de Festas Santa María da Magdalena | Festas de Santa María Magdalena 23.07.2025

O grupo dominicano Extra realizará este sábado en Ribadelouro a única actuación en Galicia este verán. Será dentro do programa das Festas na honra a María Magdalena que comezan hoxe. Esta tardiña terán sardinada e porco ao espeto, e a primeira verbena será amenizada polo grupo 3.com. Dos festexos faláronnos hoxe Gerardo de Lino e Cristina Oya, da Comisión de Festas Santa María da Magdalena.

Ent. Germán Díaz, músico | Concerto “A zanfona e o Camiño de Santiago” na igrexa de San Bartolomeu 23.07.2025

O músico Germán Díaz presenta mañá xoves, ás 21.30 h, na igrexa de San Bartolomeu o concerto ilustrado “A zanfona e o Camiño de Santiago”. Este evento forma parte programa “Tui capital do Camiño Portugués – cultura no camiño portugués”, Interpretará músicas históricas baseadas na tradición sonora dos Camiños a Santiago, ilustrado a partir das diversas representacións da zanfona nas igrexas e monum...

Ent. Carlos Fer, artista tudense | Exposición na Bienal de Arte de Pontevedra 23.07.2025

O artista tudense Carlos Fer participa na Bienal de Arte de Pontevedra coas obras que realizou nas residencias artístícas na Fundación Nicole & Walter Leblanc, en Bruselas, e no Matadero, en Madrid dentro do programal Novos Valores. Hoxe falounos desta experiencia, da súa obra, e dos novos proxectos nos que traballa.

Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador | Conferencia “700 anos da peregrinación da Rainha Santa” 22.07.2025

O Camiño de Santiago marca as actividades previstas esta semana en Tui, coincidindo coa festividade de Santiago Apóstolo. Mañá mércores comezarán ás 20.30 horas na Igrexa de San Domingos coa conferencia “700 anos da peregrinación da Rainha Santa”, a cargo do historiador Rafael Sánchez Bargiela. Con el coñecemos hoxe os detalles desta actividade e da camiñada comentada polo Camiño Portugués que vai...

Ent. Claudia Montes, de Altitude | Noites baixo as estrelas 22.07.2025

Este xoves comezan as Noites baixo as estrelas que organiza Altitude. Será en horario de 22.00 a 00.00 cunha ruta de aproximación no Monte Aloia para desfrutar do manto de estrelas. As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do WhatsApp 613 23 93 09, no correo info@altitudeeocio.com ou a través das súas redes sociais. O prezo é de 14 euros e de balde para menores de 12 anos. C...

Espazo Comercio | Cristina Rodríguez do Fuchique 22.07.2025

No tempo do Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI conversamos hoxe con Cristina Rodríguez, do Fuchique, sobre o podcast que vén de lanzar: "Así no hay marca que aguante". Tamén profundamos con ela sobre todo o que hai detrás das campañas de redes sociais.

Ent. María Rodríguez, da Comisión de Festas de Malvas | Festas na honra a Santiago Apóstolo 22.07.2025

A parroquia de Malvas celebra este xoves e venres as súas Festas na honra a Santiago Apóstolo. O xoves coa verbena a cargo das orquestras Gran Parada e Saudade e o venres con pasarrúas, misa solmne, procesión, tradicionais poxas e fin de festa coas formacións Takicardia e Paradanta. María Rodríguez, da Comisión de Festas de Malvas, deu hoxe os detalles da programación.

Ent. Juanca Alonso, boxeador de orixe tudense | Debut na categoría profesional 22.07.2025

O boxeador de orixe tudense Juanca Alonso debuta este venres ás 19.00 h na categoría profesional. Será nun combate nas instalacións do Rebouras Team, en Vigo. Hoxe conversamos con el sobre a súa estrea nesta categoría e repasamos a súa traxectoria como amateur, na que coroouse como campión de España, de Galicia e Portugal. As entradas para a velada teñen un prezo de 20 euros e pódense adquirir nas...

Ent. Pablo Romero, do Cineclub Tui | Dobre proxección esta semana 21.07.2025

“A extraordinaria viaxe de T.S Spivet”, de Jean-Pierre Jeunet é o filme que mañá ás 20.30 horas vai proxectar o Cineclub Tui no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Non será a única película que se poderá ver esta semana xa que o xoves, ás 22.00 horas vaise reproducir "The Beatles: Eight Days a Week", de Ron Howard. Pablo Romero, do Cineclub Tui deu conta dos argumentos de ambos filmes. A...

Ent. Andrea González, directora do IKFEM Festival | Programación fin de semana 18.07.2025

Máis de 2.000 persoas gozaron xa dos dous primeiros concertos da décimo terceira edición do IKFEM Festival Tui - Valença. Hoxe James Rhodes actuará na Alameda de San Domingos e Perico Sambeat e a orquestra de Jazz de Matosinhos o domingo no Teatro Municipal de Tui. Esta mañá a directora do festival, Andrea González, valoraba as dúas primeiras xornadas e se refería ás citas que quedan por disfrutar...

Ent. Álex Rodríguez, concelleiro de Cultura de Salceda | Festas do Cristo 2025 18.07.2025

Salceda de Caselas vive esta fin de semana unha das súas festividades máis destacadas: as Festas do Cristo. A programación comeza hoxe venres e desenvolverase até o próximo luns día 21, festivo local. Álex Rodríguez, concelleiro de Cultura de Salceda, deu conta da programación prevista para estes días.

Ent. Iñaki Echeveste, director xerente da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad | Visita a Tui 18.07.2025

Tui recibiu a visita do novo director xerente da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad, Iñaki Echeveste. Até hoxe, venres, está no municipio para coñecer directamente o patrimonio xudeu e criptoxudeu que atesoura a cidade que forma parte dende o ano 2019 deste rede que integra na actualidade a 21 municipios de España. Hoxe conversamos con Iñaki Echeveste sobre os obxectivos desta visita e...

Ent. Auri Rodríguez, da Asociación Cultural Santa Columba | Semana Cultural de Ribadelouro 17.07.2025

A Semana Cultural de Ribadelouro comeza eás 22 h desta noite de xoves con cine ao aire libre no torreiro da parroquia, onde proxectarán "Monstro del mar". Unha programación que se vai prolongar até o domingo e que mestura teatro, actividades para os máis pequenos, música e deporte. Hoxe Auri Rodríguez, da Asociación Cultural Santa Columba, deu conta de todas as actividades que se van a levar a cab...

Ent. Perico Sambeat, saxofonista | Actuación no IKFEM xunto á Orquestra de Jazz de Matosinhos 17.07.2025

O IKFEM Festival Tui-Valença 2025 pechará a súa décimo terceira edición este domingo, ás 22.30 horas no Teatro Municipal de Tui co saxofonista Perico Sambeat, unha das figuras máis destacadas do jazz a nivel internacional, que se une á Orquestra Jazz de Matosinhos para presentar o seu disco conxunto “Boreal”. Hoxe conversamos con Perico Sambeat sobre esta actuación na que desenvolve un triple pape...

Ent. Juan Pedro Velázquez-Gaztelu, coronel e xefe do Aeródromo Militar de Santiago | Xornada de portas abertas 17.07.2025

Este sábado día 19 o Aeródromo Militar de Santiago de Compostela ábrese ao público nunha xornada de portas abertas con motivo do 90 aniversario do Aeroporto de Lavacolla. A cita desenvolverase en horario de 10.00 a 15.00 horas, e ofrecerá aos visitantes a oportunidade de coñecer o traballo do Exército do Aire, ademais de desfrutar dunha exhibición de aeronaves militares procedentes de diferentes p...

Ent. José Álvarez, da asociación sociocultural e deportiva A Insua de Caldelas | Festa do Verán e da Cervexa 17.07.2025

Até o vindeiro luns día 21 está aberto o prazo de inscrición para participar na baixada en kaiak da Festa de Verán e da Cervexa, que organiza a asociación sociocultural e deportiva A Insua de Caldelas e que terá lugar na Ribeira de Caldelas o vindeiro sábado 26 de xullo. O prezo é de 17 euros para persoas socias e de 22 euros para público xeral e inclúe, ademais da baixada, bocata e bebida. A insc...

Ent. Francisco Álvarez Koki, escritor guardés | Libro infantil "Barco de papel" 17.07.2025

"Barco de papel" é o novo libro do escritor guardés Franscisco Álvarez Koki. Unha obra dirixida ao público infantil que narra a aventura de catro nenos guardeses que viaxan cara Nova York. A historia está ilustrada por Emilio Baz e inclúe tres linguas: galego, castelán e inglés. Así nolo contou hoxe o seu autor, Francisco Álvarez Koki.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal | XXXIII Feira do Viño do Rosal 16.07.2025

Dende este venres até o domingo celébrase na praza do Calvario no Rosal a 33ª Feira do Viño do Rosal. Un evento que comezará o venres ás 11 h coa cata comentada a cargo de Ziyang Zhang, quen será tamén o encargado de ler o pregón. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, destacou a importancia da feira e repasou a programación para estes tres días.

Ent. Fernando Serrulla, antropólogo forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia | Exhumación na fosa de Soutelo 16.07.2025

José Cordal, Ramón Pérez, Severo Boente, Leoncio Muíños, Modesto Barreiros, Antonio Dalmiro e Manuel Fernández foron asasinados en 1936 e enterrados nunha fosa común en Soutelo, en Salceda de Caselas. Case 90 anos despois a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño O Condado e A Louriña acaba de finalizar a exhumación do lugar, onde foron atopados dous dos sete corpos. Fernando...

Ent. María Soa, integrante de Fillas de Cassandra | Actuación xunto a Milhanas no Ikfem Tui-Valença 2025 16.07.2025

Mañá xoves, na segunda xornada do Festival IKFEM, as Cortinas de San Francisco (na Fortaleza de Valença) acollerán o concerto de Fillas de Cassandra, en colaboración coa artista portuguesa Milhanas. Será ás 22.30 h ES e as entradas están aínda á venda en ikfem.com. Hoxe conversamos con María Soa, integrante de Fillas de Cassandra.

Ent. María Xosé Porteiro, escritora, xornalista e política | Premio Lingua Galega nos Medios de Comunicación 15.07.2025

A escritora, xornalista e política María Xosé Porteiro é a gañadora do Premio Lingua Galega nos Medios de Comunicación, que forma parte dos Premios Insua dos Poetas 2025. Este sábado día 19 recolleré o galardón na XVII Festa da Palabra, no Carballiño. Hoxe conversamos con ela sobre a lingua galega na comunicación e sobre o significado da palabra.

Ent. Carlos Diz, tesoureiro da comisión de festas de Areas | Festas de Santa Mariña 15.07.2025

A parroquia de Areas celebra a partir do venres as súas Festas na honra de Santa Mariña. Darán comezo ás 22.00 horas no torreiro novo coa verbena a cargo das orquestras Trebol e Magos. Non faltará durante a fin de semana a gastronomía con porco ó espeto, a misa solemne o domingo e sesión vermú. Carlos Diz, tesoureiro da comisión de festas de Areas, repasou polo miúdo a programación desta fin de se...

Ent. Julio Solleiro, Yahida, Yusef e Hagetna | Programa "Vacacións en paz" 14.07.2025

Tui volve a servir de fogar este verán para nenos e nenas saharauís, dentro do programa "Vacacións en paz" que promove Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Hoxe conversamos con Yahida, Yusef, Hagetna e Julio Solleiro.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.