Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 2, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Ana Nuñez, concelleira de Igualdade | Programa Feminino Plural 07.08.2025 13:38
Feminino Plural é un programa integral, multidisciplinar e feminista posto en marcha polo Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade. Vaise desenvolver neste mes de agosto e en setembro. É un programa de promoción da igualdadade e da prevención da violencia de xénero tal e coma explicaba Ana Núñez, concelleira de Igualdade, quen explicaba os obxectivos que ten e facía un chamamento ás m...
Ent. Alex Rodríguez, concelleiro de Cultura e Seguridade de Salceda | Incendio forestal na Picoña 07.08.2025 3:33
Controlada a situación no incendio forestal que afecta dende onte a primeira hora da tarde á parroquia da Picoña en Salceda. A proximidade ás casas obrigou a establecer a situación 2 pola proximidade a vivendas. O concelleiro de Cultura e Seguridade, Alex Rodríguez, explicaba na Radio Municipal de Tui que a situación na zona máis próxima ás casas quedou controlada pasadas as 3 da madrugada. Aresto...
Ent. Mar Font, da organización de Música no Claustro e estudante de Antropoloxía 06.08.2025 7:24
Despois de cinco xornadas co claustro da Catedral de Tui cheo, hoxe facemos balance da edición deste ano do Festival Música no Claustro. Facémolo con Mar Font, integrante da organización e estudante de Antropoloxía, quen nos deu máis información sobre as actividades destes días e sobre o "Identidades".
Ent. Saúl Vaz, piloto de karting, e Jesús Vaz | Participación no Campionato CYL en Kotar (Aranda de Duero) 06.08.2025 12:29
O tudense Saúl Vaz, piloto de karting, está en segunda posición no Campionato CYL en Kotar (Aranda de Duero) e participará na vindeira proba que se celebra o 23 e 24 de agosto. Hoxe valoramos con el e con Jesús Vaz, o seu pai e manager, a temporada deste ano 2025.
Ent. Manuel Castro, presidente da Comisión de Festas do Monte | Festas do Monte, na Guarda 06.08.2025 8:16
Até o luns 11 se celebran na Guarda as Festas do Monte cunha programación extensa que culminará esta fin de semana co Desfile Folklórico e de Bandas Mariñeiras do sábado e a subida ao Monte Santa Trega o domingo. Hoxe coñecemos todos os detalles con Manuel Castro, presidente da Comisión de Festas.
Ent. Roi Rodríguez, padeeiro | Campión de España en K1 1000 m e praza para o Mundial 05.08.2025 7:03
Importante vitoria esta fin de semana do piragüista Roi Rodríguez. O deportista tomiñés do Club Kaiak Tudense logrou o ouro en K1 1000 metros sénior no Campionato de España, conseguindo así a praza para o Mundial de Milán. Hoxe valoramos con el estes éxitos.
Espazo comercio | Pepe Míguez, presidente de ACITUI 05.08.2025 4:42
Hoxe martes remata a campaña Merca no teu comercio. Tui foi un dos municipios onde se levou a cabo, e o próximo luns día 11 entregaranse 20 bonos de 50 euros. Deu hoxe os detalles Pepe Míguez, presidente de ACITUI.
Ent. Raquel Areal, violinista tudense na Filarmónica de Berlín | Concerto en Música no Claustro 05.08.2025 9:50
De Tui á Filarmónica de Berlín. Así se presenta o concerto que hoxe martes ás 21 h ofrecerá a pianista tudense Raquel Areal en Música no Claustro, coa participación da pianista Karla Martínez. Tamén participará mañá mércores ás 12.15 h no Foro Resonancias cunha conversa con María Casado, coordinadora do programa MUSAE de música nos museos do Ministerio de Cultura.
Ent. Manuel Pedrares, director técnico do Kaiak Tudense | 17 medallas no Campionato de España de Sprint 04.08.2025 9:41
Un total de 17 medallas lograron os padeeiros e padeeiras do Club Kaiak Tudense esta fin de semana no Campionato de España de Sprint de Piragüismo, logrando amais o cuarto posto por clubs. Manuel Pedrares, director técnico do Kaiak Tudense, fixo esta mañá balance da competición. Tamén lle preguntabamos pola cita que en menos de quince días haberá no Miño co descenso popular e o internacional.
Ent. Natalia Jorge, Fátima Barreiro e Cristina Pereira | Documental "O Estrella roja, a unión dun pobo" 04.08.2025 15:28
Este venres 8 de agosto ás 22.30 h preséntase en Sobrada, Tomiño, o documental “O Estrella Roja, a unión dun pobo”, que conta a historia do equipo de fútbol creado no ano 1978 na parroquia tomiñesa. Hoxe puidemos conversar coa directora do documental, a investigadora da USC e doutora en Historia, Natalia Jorge, e con dúas das que foran integrantes do equipo feminino: Fátima Barreiro e Cristina Per...
Ent. María Toro e Samuel Diz | Presentación de "Mestura" en Música no Claustro 04.08.2025 8:01
"Mestura" é o título do último traballo da frautista María Toro que hoxe, ás 21 h, vai presentar no Claustro da Catedral dentro da programación de Música no Claustro. É o resultado das súas viaxes por distintos lugares do mundo para regresar a Galicia. Así nolo contaba no programa Día a Día. Xunto a María Toro estarán Toño Miguel (contrabaixo), David Sancho (piano e teclados) e Andrés Litwin (bate...
Ent. José Ferreira, presidente da Comisión de Festas Virxe das Dores de Guillarei | San Mamede 01.08.2025 8:29
Guillarei celebra este domingo 3 de agosto a festividade de San Mamede, con música, misa e as tradicionais poxas. Ademais, farase público o programa das Festas das Dores do mes de setembro. Coñecemos os detalles con José Ferreira, presidente da Comisión de Festas Virxe das Dores.
Ent. Milagros Rodríguez e Vanesa Alonso, da Asociación Cultural San Fins - Romaría de San Fins 01.08.2025 6:32
Este domingo celébrase a Romaría de San Fins en Rebordáns. Comezará xa o sábado con foliada e gastronomía e o domingo a tradiciónal procesión dende o Centro Cultural até a capela, con tractores e chimpís adornados. Déronnos conta da programación completa Milagros Rodríguez e Vanesa Alonso, pertencentes á directiva da Asociación Cultural San Fins.
Ent. Mário Lúcio, músico; e Samuel Diz, director de Música no Claustro | Concerto inaugural de Mário Lúcio 01.08.2025 10:49
Hoxe venres ás 21 h comeza o Festival Música no Claustro cun concerto de Mário Lúcio, músico, escritor e pintor de Cabo Verde, que nos achegará a música e os sentimentos do seu país. Hoxe conversamos con el e co director do festival, Samuel Diz, sobre as identidades compartidas entre o pobo caboverdiano e o galego.
Ent. Uxía Rodríguez e Martín Gorriti, piragüistas do Club Kaiak Tudense 31.07.2025 8:16
A piragüista Uxía Rodríguez Huertas logrou a novena posición no K1 1000 m no Campionato do Mundo de Piragüismo Sprint Júnior e Sub23. Martín Gorriti foi 13º nese mesmo campionato, onde competiu no K1 1000 m representando a Uruguai. Con ambos piragüistas do Club Kaiak Tudense conversamos onte sobre estes éxitos e sobre a súa participación no Campionato de España esta fin de semana.
Ent. Cristina Bordas, catedrática de Musicoloxía; e Samuel Diz, director de Música no Claustro | Foro Resonancias 31.07.2025 14:32
Poñer o foco na construcción dos instrumentos musicais é o obxectivo da conferencia inaugural do Foro Resonancias que organiza Música no Claustro o próximo mércores 6 de agosto na Catedral de Tui. Cristina Bordas, catedrática de Musicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid, será a encargada de impartir dita conferencia. Hoxe conversamos con ela e con Samuel Diz, director de Música do Claust...
Ent. Marisa Giráldez, do Club Bádminton Tui | Campus de agosto 30.07.2025 4:53
Dende este venres 1 de agosto até o 30 do mesmo mes, o Club Bádminton Tui organiza xornadas de adestramentos os luns e os venres en dúas quendas polas mañás. A inscrición pode realizarse no teléfono 606 96 41 27. Marisa Giráldez contounos hoxe que este campus servirá tamén como adestramentos de cara a setembro.
Ent. Eduardo Rodríguez, da Oficina Española de Patentes e Marcas | Foro resonancias en Música no Claustro 30.07.2025 12:50
O Festival Música no Claustro inclúe na súa programación, dentro do Foro Resonancias do mércores 6 de agosto, unha intervención de Eduardo Rodríguez, xefe do servizo de Arquivo e biblioteca da Oficina Española de Patentes e Marcas. El dará información sobre esta oficina e sobre o amplo número de arquivos cos que conta. Eduardo Rodríguez deu hoxe os detalles.
Ent. Beatriz Fontán, produtora creativa de Música no Claustro; e Aitor, artesán | Foro Resonancias 30.07.2025 15:59
Dentro da programación do Festival Música no Claustro é o Foro Resonancias o próximo mércores 6 de agosto, un punto de encontro do tecido profesional e artesán, en diálogo con outras disciplinas. Coñecemos os detalles desta actividade con Beatriz Fontán, produtora creativa do festival; e Aitor, artesán, artista e autor.
Ent. Narciso Serra, historiador | Visita ao mosteiro de Sanfins de Friestas, na Unión de Freguesías de Gondomil 29.07.2025 6:33
Hoxe martes continúa o ciclo "Coñece o noso patrimonio" organizado polo Instituto de Estudos Tudenses cunha visita ás 20 h ao mosteiro de Sanfins de Friestas, na Unión de Freguesías de Gondomil (Valença). Coñecemos hoxe os detalles co historiador Narciso Serra, quen guiará a visita.
Espazo comercio | Pepe Míguez, presidente de ACITUI 29.07.2025 9:24
A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, plasmou nunha moción, que levará ao próximo pleno ordinario, a defensa do seu papel coma comerciantes, e apuntando ao que consideran é o problema real do comercio. Así o explicaba na nosa sintonía o presidente de ACITUI, Pepe Míguez, no tempo de Espazo Comercio.
Ent. Samuel Diz, director de Música no Claustro; e Mar Font, integrante da organización do festival 29.07.2025 17:06
Este venres 1 de agosto ás 21 h comeza o XIX Música no Claustro, abrindo sete días con sete concertos gratuítos, unha residencia artística, unha conversa e unha nova edición do Foro Resonancias. Todo conformará o programa deste ano baixo o fío condutor das “identidades” que ten cada persoa. Hoxe conversamos sobre a programación e o fío condutor desta edición con Samuel Diz, director, e Mar Font, d...
Ent. Katia Rocha e Vanesa Alonso da Escola de Baile e Música San Fins | Noite Internacional do Miño 29.07.2025 7:50
O Ballet Calden Gaucho de Arxentina, o Centro Cultural Vila Batalhão de Brasil, a Compañía Artistica Mien-Moh de Costa de Brasil e Ensemble Nikola Vapcarov de Macedonia serán hoxe martes, ás 21.30 h os protagonistas da Noite Internacional do Miño. A cita será no Parque do Laxal en Rebordáns. Hoxe Katia Rocha e Vanesa Alonso da Escola de Baile e Música San Fins, organizadores do evento, contaron os...
Ent. Mónica Martínez, da comisión de Festas de Pexegueiro | Festas na honra a Santa Ana 24.07.2025 3:21
Pexegueiro celebra este sábado as súas festas na honra a Santa Ana. A programación dará comezo ás 12 h coa misa solemne acompañada do grupo de gaitas o Mosteiro de Pexegueiro. Logo, polbo e churrasco a prezos populares. Xa pola tarde, ás 16 h a festa continúa coa charanga Cantos Somos e ás 22 h o Trío Sensación e Murga Airiños do Cereixo. Mónica Martínez, da comisión de festas, deu conta da progra...
Ent. Nuria Sotelo, bailarina e coreógrafa | Actuación Furia Sotelo na igrexa de San Domingos 24.07.2025 5:22
A programación “Tui capital do Camiño Portugués – cultura no camiño portugués” rematará mañá, venres, ás 21.00 horas na igrexa de San Domingos coa actuación da compañía Furia Sotelo, que vai presentar o espectáculo de música e danza “Camiños que parten”. O mesmo enlaza cunha intervención musical de Mounqup e o seu último disco Aquelarre. Así nolo contou hoxe a bailarina e membro da agrupación, Nur...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.