Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 2, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Rubén Geyer e Vanesa Alonso | Ciclismo artístico 20.08.2025 6:59
Rubén Geyer estivo practicando estas últimas semanas no pavillón municipal de Tui a disciplina de ciclismo artístico, aproveitando as súas vacacións de verán. Trátase dun deporte que practica dende os 8 anos e no que acadou grandes resultados como o segundo posto a nivel nacional coa selección alemana. Hoxe coñecemos máis deste deporte con el e coa súa tía Vanesa Alonso.
Ent. Vicky Méndez e José Álvarez, da Asociación a Insua de Caldelas e Andrea Costa, artista | V Rocha Folk 20.08.2025 10:23
A Semana Cultural de Caldelas remata esta fin de semana coa celebración do V Rocha Folk. Un evento que durante o venres 22 e o sábado 23 xuntará obradoiros musicais e actuacións de diversas agrupacións. Vicky Méndez e José Álvarez, da Asociación a Insua de Caldelas repasaron polo miúdo a programación destas dúas xornadas. Amais, conversamos con Andrea Costa, artista encargada de deseñar o logotipo...
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, membro do Instituto de Estudos Tudenses |Visita guiada á igrexa de San Telmo 19.08.2025 5:41
O historiador da arte José Ramón Fernández guiará esta tarde a derradeira xornada do ciclo “Coñece o noso patrimonio” do Instituto de Estudos Tudenses, a partir das 20.30 h dende a praza do Concello. Será cunha visita á igrexa de San Telmo, un dos referentes do conxunto histórico tudense. Hoxe converamos con Rafael Sánchez Bargiela, membro do Instituto de Estudos Tudenses, que explicou como se vai...
Ent. Miguel Ángel Martínez e Manuel Diz, da Asociación Xuntanza de Randufe | Semana Cultural 19.08.2025 12:30
A Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe, organiza para este domingo a XXXVI Carreira Popular de Randufe, unha actividade que comezará as 10 h dende o Adro da Guía. O prazo de inscrición remata mañá, mércores ás 23:59 h., e pode realizarse a través da web cronotec.es. Ten un prezo de 3€ para maiores de 14 anos, e é de balde para os menores desta idade. Amais, o sábado seguinte, día 30...
Ent. Ángel Couceiro Babarro, xerente e adestrador deportivo do ximnasio JUSENKYO | Obradoiro de artes marciais mixtas 18.08.2025 6:50
O Espazo Xove de Tui organiza un obradoiro de artes marciais mixtas que se vai celebrar dende esta semana. Correrá a cargo de Ángel Couceiro Babarro, xerente e adestrador deportivo do ximnasio JUSENKYO. Será o mércores 20, venres 22, mércores 27 e venres 29 en horario de 12 a 13.30 h. A mocidade interesada pode inscribirse en espazoxovetui.xuventude@xunta.gal, no teléfono 886 110 797 ou persoalmen...
Ent. Ana Seoane, doutora e responsable da unidade de Hemodonación e Aférese | Doazón de sangue en Tui 18.08.2025 8:17
Cita solidaria a que temos esta semana en Tui xa que a Unidade Móbil de Doazón de Sangue da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia estará na rúa Casal Aboy, ao carón do centro de saúde, o xoves e venres en horario de 10 a 14.30 h e de 16 a 21 h e o sábado de 10 a 15 h. Ana Seoane, doutora e responsable da unidade de Hemodonación e Aférese explicaba como está sendo a campaña de verán de d...
Ent. Leti da Taberna, monologuista | Espectáculo "Enredada" na Semana Cultural de Caldelas 18.08.2025 5:33
Esta noite continúa a programación da semana cultural de Caldelas, organizada pola asociación Cultural A Insua. A cita será ás 21.30 horas na ribeira, co espectáculo "Enredada", da monologuista Leti da Taberna. Unha cita da que nos deu todos os detalles a propia cómica que repasou tamén os seus comezos no mundo do humor.
Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui | XXX Festival de Bandas 18.08.2025 12:17
Este venres, ás 21 h, a praza de San Fernando vai acoller o XXX Festival de Bandas de Música. Unha cita musical na que participarán a Banda de Música de Vila Boa de Quires de Portugal, a Banda Cultural de Salceda, e a Banda de Música Popular de Tui. Eloy Carrera, director da Banda de Música de Tui deu hoxe todos os detalles desta xornada que este ano cumpre o seu trinta aniversario e repasou a sit...
Ent. Natalia Lago, A Fada do Aloia | Noite Máxica con A Fada do Aloia 14.08.2025 5:37
A Fada do Aloia organiza para este sábado 16, ás 22:00, un paseo polo Monte Aloia. Será un percorrido de 600 metros para toda a familia onde as persoas participantes descubrirán a fauna nocturna, lendas do Aloia e tamén as estrelas, coas explicacións de Antón Paz, monitor starlight. Deunos hoxe os detalles Natalia Lago, a Fada do Aloia. Para máis información e reservas pódese contactar co teléfono...
Ent. Vicky Méndez, da Asociación A Insua de Caldelas | Semana Cultural en Caldelas 14.08.2025 5:50
Este domingo comeza a Semana Cultural de Caldelas organizada pola Asociación Cultural A Insua, que se vai desenvolver até o 21 de agosto na ribeira de Caldelas. A primeira cita será este domingo 17 ás 17 h con inchables, e ás 21.30 h coa proxección da película de animación “Del Revés 2”. Vicky Méndez, da Asociación A Insua de Caldelas repasou polo miúdo a programación prevista para esta semana.
Ent. Suso Vila, historiador | Ángulo dos Demos 14.08.2025 12:32
O tramo de muralla coñecido como "Ángulo dos Demos", situado no Paseo Fluvial de Tui, leva máis de dous séculos en estado de ruína. O Concello vén de dar os primeiros pasos para recuperalo e poñelo en valor. Co historiador Suso Vila, que asesora técnicamente a intervención co obxectivo de garantir o máximo rigor histórico e respecto pola autenticidade da construción orixinal, conversamos hoxe sobr...
Ent. Manuel Pedrares, presidente do club Kaiak Tudense | Descenso Internacional e Popular do Miño 13.08.2025 12:37
Este sábado ás 16 h sairá dende Caldelas o 14º Descenso Popular do Miño. Dúas horas despois, dende Salvaterra partirá o 54º Descenso Internacional. Dúas probas que xuntarán a preto dun milleiro de piragüistas en augas do Miño. Desta cita conversamos hoxe con Manuel Pedrares, presidente do club Kaiak Tudense. Habilitaranse autobuses o sábado dende as 11.30 h ata as 14.00 h dende o Parador de Tui at...
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | XIII Festa Gastronómica do Miño 13.08.2025 7:17
Este sábado día 16 terá lugar en Tui a XIII Festa Gastronómica do Miño. Unha cita gastronómica na que participan 11 asociacións de diferentes centros culturais e que contará coas actuacións das charangas A Tu Ritmo e Cantos Somos dende as 20.00 horas. Hoxe coñecemos os detalles coa concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade; e Paula Cabaleiro, xestora cultural | Festival Boas Vibes 12.08.2025 12:23
A Alameda de San Domingos, en Tui, acollerá o sábado 6 de setembro o festival Boas Vibes. Un punto de encontro entre a mocidade, a creatividade e a cultura cunha programación que inclúe un Mercado Creativo, espectáculos musicais, conversas e gastronomía. Hoxe coñecemos a programación completa e as bases para participar no Mercado Creativo coa concelleira de Igualdade, Ana Núñez, e a comisaria do e...
Ent. Marta Cendón, profesora e presidenta do Instituto de Estudos Tudenses | "A escultura románica e gótica da Catedral" 12.08.2025 5:05
Hoxe martes ás 20.30 h prosegue o programa "Coñece o noso patrimonio", impulsado polo Instituto de Estudos Tudenses, cunha visita á Catedral de Tui. Estará guiada pola profesora e presidente deste Instituto, Marta Cendón, con quen hoxe coñecemos algúns detalles desta visita, onde fará fincapé na escultura gótica e románica do templo catedralicio.
Espazo comercio | Pepe Míguez, presidente de ACITUI 12.08.2025 11:56
ACITUI presentou unha moción no pasado pleno ordinario no que, en termos xerais, solicitan un maior apoio dende a corporación municipal para impulsar o comercio local. Hoxe valoramos esa moción co presidente de ACITUI, Pepe Míguez.
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Dobre proxección esta semana 12.08.2025 4:01
Dobre cita esta semana co Cineclub Tui no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Hoxe martes, ás 20.30 h, proxectarase a película de animación para público familiar “Ballerina”, de Éric Summer e Éric Warin. Este xoves 14 ás 22 h poderase ver o filme “La casa” de Alex Montoya. Noemí Guisande, do Cineclub Tui deu conta dos argumentos de ambos filmes. A entrada ten un prezo de 2 euros para per...
Ent. Javier Rodríguez e Francisco Cañedo, da Asociación Cultural San Bartolomeu |Festas de San Roque e San Bartolomeu 12.08.2025 8:57
Este venres 15 e sábado 16 celébranse en San Bartolomeu as festas na honra a San Roque na que non faltará o Rosario da Aurora, así como as verbenas nocturnas e a gastronomía coa degustación do porco ó espeto. Así nolo contaron hoxe Javier Rodríguez e Francisco Cañedo, da Asociación Cultural San Bartolomeu. Tamén deron conta da programación para as festas de San Bartolomeu que se celebrarán os días...
Ent. Ángel Vila e Martín Álvarez, da Comisión de Festas de Rebordáns | Festas na honra á Virxe do Camiño 11.08.2025 5:57
Rebordáns celebra este mércores, xoves e venres a súas festas na honra á Virxe do Camiño cunha programación que mestura música, gastronomía, poxas, actos relixiosos e actividades para os máis pequenos. Hoxe Ángel Vila e Martín Álvarez, presidente e vicepresidente, respectivamente, da Comisión de Festas de Rebordáns repasaron a programación para estas tres xornadas.
Ent. Ismael Alonso, presidente da Comisión de Festas de San Caetano | Festas na honra a San Caetano, en Paramos 08.08.2025 7:40
Paramos celebra esta fin de semana festas na honra a San Caetano cunha programación de tres días con música, gastronomía, poxas e actos relixiosos. Todo organizado en menos de dos meses pola Comisión de Festas de San Caetano, presidida por Ismael Alonso. Con el coñecemos hoxe os detalles.
Ent. Jorge Alonso, membro da banda Os da Alba | Festas do Monte, na Guarda 08.08.2025 7:55
A banda Os da Alba encabezará mañá sábado o Desfile Folklórico e de Bandas Mariñeiras das Festas do Monte, na Guarda. Farao por cumprir 25 anos. Hoxe coñecemos máis desta agrupación cunha persoa que forma parte dela dende a súa creación, Jorge Alonso.
Ent. Samuel Diz, director de Música no Claustro; e Beatriz Fontán, produtora creativa | Balance 19ª edición 08.08.2025 14:05
Despois de sete días de actividades, con concertos diarios, conversas, o Foro Resonancias para profesionais e moita música e identidade, hoxe facemos balance do Festival Música no Claustro, que remataba onte. Facémolo conversando co director do festival, Samuel Diz, e a produtora creativa, Beatriz Fontán.
Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda de Caselas | Actualización incendio forestal na Picoña 07.08.2025 5:54
Desactivado o nivel 2 de alerta na parroquia de Picoña, en Salceda de Caselas, tras o incendio forestal rexistrado onte mércores á tarde. Numerosos medios continúan traballando no lugar dende onte, tamén a UME, para refrescar a área e seguir facendo cortafogos. Así nolo explicou hoxe a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira.
Ent. Paula Rodríguez, da Asociación Ghorghalado | V Mostra de Cine do Rosal 07.08.2025 8:59
Durante esta semana O Rosal está celebrando a quinta edición da Mostra de Cine que organiza a Asociación Ghorghalado. Con máis de 1.000 curtametraxes inscritas este ano, o domingo día 10 entragaranse os sete premios. Coñecemos os detalles desta mostra cunha das organizadoras, Paula Rodríguez.
Ent. Mon-Puo, violoncellista, e Samuel Diz, director de Música no Claustro | Concerto final do festival 07.08.2025 9:40
Hoxe xoves ás 21 h remata o XIX Música no Claustro cun solo de violoncello a cargo do músico Mon-Puo. Será ás 21 h no claustro da Catedral, con entrada libre e sen reserva previa. Hoxe coñecemos os segredos desta actuación co violoncellista Mon-Puo e co director do festival, Samuel Diz.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.