Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 2, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Laura Solla, do Club Atletismo Tui | Comezo da temporada 29.08.2025 8:46
O Club Atletismo Tui comeza o 9 de setembro a súa nova temporada, coincidindo co fin das vacacións escolares. Dende entón realizarán dous adestramentos por semana, tanto para adultos como cativos nas instalacións da Macoca. Laura Solla, do club atletismo Tui daba conta de como vai ser este comezo de temporada e convidaba á veciñanza a probar este deporte. As licenzas teñen un prezo de 140 euros pa...
Ent. Anabel Solla, tesoureira da comisión de Festas | Festas na honra a Virxe da Rocha 29.08.2025 8:37
A parroquia tudense de Caldelas celebra esta fin de semana as festas na honra á Virxe da Rocha. A ribeira encherase de animación dende mañá, sábado e até o luns, cando centos de persoas participarán na tradicional cea da empanada. Anabel Solla, tesoureira da comisión de festas repasaba a programación destes tres días de festexos.
Ent. Carlos Estévez, tesoureiro da RFGM | Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica. 29.08.2025 4:25
A motonáutica será protagonista esta fin de semana en Tomiño. Mañá sábado, a partir das 10.30 h, dispútase no río Miño, na praia de Goián, a cuarta proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, na que participarán unha ducia de equipos coma explicaba Carlos Estévez, tesoureiro da Real Federación Galega de Motonáutica. Amais, hoxe, ás 16.00 horas realizarase un curso para a obtención da lice...
Ent. Eris Mackenzie, cantante | Festival Boas Vibes 28.08.2025 7:34
Eris Mackenzie actuará o vindeiro sábado, 6 de setembro, ás 22 h na Alameda de San Domingos en Tui, dentro da programación do Festival Boas Vibes. Cun son de indie-pop electrónico estará en concerto pechando a xornada e interpretando temas propios como “Meu ceu”, “Lavadoiro” ou “Dime se me queres” e tamén versións. Así nolo contou hoxe no programa Día a Día.
Ent. Thiago Rodríguez, piloto de motocross e supercross | Carreira en Tui 28.08.2025 7:26
Thiago Rodríguez ten 12 anos e dende os catro practica motocross e supercross, animado polo seu pai. O piloto tudense compite en 65 cm cúbicos e este ano participou en campionatos galegos, o Nacional de Portugal, de España e europeos. Hoxe, na nosa sintonía, explicaba como se introduciu neste deporte e repasaba a súa temporada. Este 27 de setembro correrá en Tui, e farao por primeira vez en 85 cm...
Ent. Manuel Madarnás, Iris Abril, María Gomes e Sic Salem | Xira La MMarca 2025 28.08.2025 10:34
A xira La MMarca 2025 do trompetista tudense Manuel Madarnás continúa con catros concertos nas vindeiras dúas semanas. Unha desas citas será en Randufe. Hoxe conversamos con Manuel Madarnás, Iris Abril, María Gomes e Sic Salem sobre como se está a desenvolver esta xira e dos concertos de outono.
Ent. Carmen Docampo, ponente da charla "Igualdade e cambio climático" | Programa Feminino Plural 28.08.2025 6:36
O programa Feminino Plural continúa hoxe xoves a súa programación, ás 19 h na Aula da Uned de Tui coa charla "Igualdade e cambio climático", a cargo de Carmen Docampo. Con ela conversamos hoxe sobre as claves desta charla, onde profundará na relación que existe entre estes dous termos.
Ent. Esteban González, presidente da Comisión de Festas Virxe Peregrina de Estás | Festas Virxe Peregrina de Estás 27.08.2025 9:33
Este venres comezan as Festas na honra á Virxe da Peregrina en Estás (Tomiño). Tres días cunha programación tradicional, coa danza do pobo á Peregrina, as tradicionais poxas, música, gastronomía e máis. Esteban González, presidente da Comisión de Festas, repasou polo miúdo a programación deste ano.
Ent. Fernando Serrulla, antropólogo forense do IMELGA | Resultados da exhumación na fosa de Soutelo 27.08.2025 12:35
O Auditorio Municipal de Salceda acolleu a proxección do vídeo resumo dos traballos de exhumación na fosa de Soutelo. Unha cita na que tamén se presentaron os resultados da análise antropolóxica a cargo de Fernando Serrulla, antropólogo forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia. Conversamos con el sobre os resultados obtidos até o de agora e sobre os próximos pasos a seguir na investigació...
Ent. Manuel López, preparador físico da selección de Chipre de Baloncesto | Eurobasket 2025 26.08.2025 6:43
O tudense Manuel López é o preparador físico da selección masculina de baloncesto de Chipre. Un conxunto que nuns días vai debutar no Eurobasket que se celebra no país e que este domingo se mide a España, na fase de grupos. Hoxe conversamos con el sobre a preparación para esta competición internacional e tamén sobre a súa traxectoria profesional que o levou a traballar anteriormente coa selección...
Ent. Erea Rodríguez e Cintia Lomba, de Skeirrum | Escape Room musical no Rosal 26.08.2025 5:44
Este sábado, ás 19:00 h, a Praza do Calvario transformarase nun lugar cheo de enigmas, notas musicais e maxia coa primeira Escape Room Musical ao aire libre. Na actividade, organizada pola Agrupación Musical do Rosal e Skeirrum, as persoas participantes deberán superar retos e probas onde a música se mestura co misterio. Así nolo contaron Erea Rodríguez e Cintia Lomba, de Skeirrum. É preciso levar...
Ent. Carolina Souto, organizadora de Rastrexo | XIX Rastrexo de Pexegueiro 25.08.2025 5:58
Mañá martes 26 de agosto remata o prazo de inscrición do XIX Rastrexo de Pexegueiro que se celebra este sábado 30 a partir das 22 h. Este ano a actividade basearase nos xogos paralímpicos. Carolina Souto, unha das organizadoras deste Rastrexo, deunos hoxe todos os detalles desta actividade. As inscricións poden realizarse no teléfono 626 60 35 63 ou enviando un correo electrónico a rastreopexeguei...
Ent. David González Mella, padeeiro do Kaiak Tudense | Campionato do Mundo de Piragüismo en Milán 25.08.2025 7:08
David González Mella, padeeiro do Kaiak Tudense, logrou finalizar a súa participación no Campionato do Mundo de Piragüismo en Milán cun excelente sétimo posto na final de KL1 200m de paracanoe. Hoxe conversamos co deportista sobre a súa experiencia nesta competición, á que chegaba despois dun meses complicados.
Ent. Roi Rodríguez, padeeiro do Club Kaiak Tudense | Campionato do Mundo de Piragüismo en Milán 25.08.2025 4:23
O padeeiro do club Kaiak Tudense Roi Rodríguez foi oitavo na final do K1 1000 metros do Campionato do Mundo de Piragüismo celebrado esta fin de semana en Milán. O deportista pecha con este destacado resultado a actual temporada e pon o foco nos retos deportivos da vindeira campaña. Roi Rodríguez deu conta de como foi a súa participación neste Campionato do Mundo de Piragüismo.
Ent. Alejandro Pardo, do Tyde | Inicio Campaña de socios 2025/26 22.08.2025 7:01
O Tyde lanza hoxe a súa campaña de socios para unha temporada moi especial xa que este ano volven xogar en Preferente, 22 anos despois, e amais no 2026 o club celebra o seu centenario. Hoxe Alejandro Prado, do Tyde deu todos os detalles desta campaña.
Ent. Fernando Garrido, delegado do Tui Futsal |Xornadas de portas abertas e Campus 22.08.2025 4:28
O Tui Futsal ten preparadas para as vindeiras semanas varias actividades. Para o venres 29 e sábado 30 organiza unhas xornadas de portas abertas para os equipos feminino e masculino, respectivamente. Amais, para a primeira semana de setembro levará a cabo o seu Campus para nenos e nenas de 5 a 15 anos. Para calqueira das actividades é precisa inscrición previa, que pode realizarse no télefono 666...
Ent. Pedro Villarroel, director da Agrupación Musical de Goián e Pilar Boyero, cantante| Concerto "Noite de copla" 22.08.2025 7:42
"Noite de copla" é o título do concerto que hoxe venres, ás 22 h ofrecerá na praza do Seixo, en Tomiño a Agrupación Musical de Goián coa colaboración de Pilar Boyero, e baixo a dirección de Pedro Villarroel. Ambos explicaban como foi preparar esta actuación e da importancia de que se realicen este tipo de concertos.
Ent. Luciano Lomba, tesoureiro da Agrupación Musical da Guarda - Concerto 20 aniversario 22.08.2025 2:08
Na Guarda a Agrupación Musical celebra o seu vinte aniversario cun concerto mañá sábado ás 20.15 h no auditorio de San Bieito no que interpretarán música rock e bandas sonoras. Para iso contarán coa colaboración de Kike Morillas ao baixo, Ubaldo Zabala á guitarra eléctrica e Jorge Fernández ao teclado. Falamos do concerto con Luciano Lomba, tesoureiro da Agrupación Musical da Guarda
Ent. Sheila Patricia, cantante | Actuación no V Rocha Folk en Caldelas 22.08.2025 3:16
Sheila Patricia estará mañá no V Rocha Folk cun concerto ás 22.30 h na ribeira de Caldelas, no que presentará un adianto dos temas do seu novo traballo, e fará unha colaboración con Os Carecos. Así o avanzou hoxe na Radio Municipal de Tui.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño | Concerto “Noite de copla” 22.08.2025 8:30
En Tomiño esta noite teñen unha cita coa música. Ás 22 h na praza do Seixo terá lugar o concerto “Noite de copla” no que a Agrupación Musical de Goián interpretará clásicos do folclore como “Un rojo clavel”, “Como una ola”, “Como yo te amo” ou “Me gustas mucho”, interpretadas pola cantante extremeña Pilar Boyero. Desta cita conversamos hoxe con Sandra González, alcaldesa de Tomiño.
Ent. Javier Alonso Pérez, director da Agrupación Musical do Rosal | Festival de Músicas 22.08.2025 5:50
No Rosal mañá sábado, ás 20.30 h, a praza do Calvario acolle o Festival de Músicas Xoves que acada a súa 34 edición organizado pola Agrupación Musical do Rosal. Amais dos organizadores actuarán tamén a Banda de Lanhelas e Banda Cultural de Salceda. Así nolo contou o seu director Javier Alonso Pérez.
Ent. Mino Álvarez do Centro Social de Estás e Moise Dikoff, artista | XXV Semana Cultural da Peregrina en Estás 21.08.2025 11:58
A arte abre dende hai 25 anos a Semana Cultural da Peregrina en Estás. Este ano será coa obra de Moise Dikoff, que presenta unha mostra composta por pinturas en expresionismo abstracto e esculturas sobre todo en mármore, baixo o título “Hacia o mar”. Así nolo explicaron hoxe Mino Álvarz do Centro Social de Estás e o artista Moise Dikoff.
Ent. Cristina Fálquez, do Club Náutico San Telmo de Tui |X Semana Naútica 21.08.2025 3:31
O próximo luns, día 25, comeza a X Semana Naútica organizada polo Club Naútico San Telmo. Nas distintas xornadas poderá realizarse esquí naútico, wakeboard, paddle surf e paseo en donut. Os prezos son de 25; 15 e 10 euros dependendo da actividade. Así nolo contou Cristina Fálquez, do Club Náutico San Telmo de Tui. A inscrición pode realizarse no correo nautico@cnsantelmo.com ou no teléfono 657 875...
Ent. Joel Padín, músico | V Rocha Folk en Caldelas 21.08.2025 5:31
Dobre participación a que terá o músico Joel Padín mañá no V Rocha Folk que organiza a asociación A Insua na ribeira de Caldelas. Ás 20.00 horas impartirá un obradoiro de percusión aberto para todo o público, e ás 21.30 horas actuará no exterior do balneario. Hoxe conversamos con Joel Padín sobre esta dobre cita coa música.
Ent. Marcos González, de Hípica Marcos |Concentración Cabalar de San Bartolomeu 21.08.2025 10:47
Este domingo, día 24, terá lugar a tradicional Concentración Cabalar de San Bartolomeu, un encontro que reúne a xinetes, amazonas e amantes do mundo ecuestre nun ambiente festivo e familiar. Dende ás 8 h comezará o programa de actividades no que haberá espectáculos ecuestres coma o Reality Show, xunto a Aires de Romero e Experiencia Pura Vida Ecuestre. Outorgarán premios especiais que poñerán en v...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.