Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. José Ramón Rey, delegado no Baixo Miño de Sabia Vella | Asociación de xubilados Sabia Vella 18.06.2025

Sabia Vella é unha asociación de xubilados de recente creación que tivo o seu comezo no mes de xaneiro e que busca reivindicar entre outros aspectos, a problemática coa revalorización das pensións. José Ramón Rey é o delegado no Baixo Miño da asociación e hoxe daba conta das reivindicacións e dos obxectivos desta organización.

Ent. Pilar Pazo, secretaria da Asociación do Traxe Tradicional de Tui | III Encontro de Folclore da Raia 18.06.2025

Este sábado a Asociación do Traxe Tradicional de Tui organiza o III Encontro de Folclore da Raia. Unha cita que comezará ás 19.00 horas cun pasarrúas dende o edificio Francisco Sánchez ata a Praza de San Fernando. Pilar Pazo, secretaria da asociación organizadora, daba conta de como se vai desenvolver esta cita e das distintas agrupacións que van participar, entre as que se atopan o Grupo Folclóri...

Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui | Concerto de Fin de Curso 17.06.2025

30 alumnos e alumnas da Escola da Banda de Música Popular de Tui van participar este venres ás 18.00 horas no concerto de Fin de Curso que terá lugar no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Eloy Carrera, director, deu conta do repertorio que van interpretar e explicaba que xa está aberto o prazo de matrícula para o curso que vén.

Ent. Diego Vila, piloto de Rally | IV Rallymix da Sidra 17.06.2025

O piloto tudense Diego Vila estréase esta fin de semana no IV Rallymix da Sidra, na Estrada. Hoxe explicounos como se está preparando para esta nova competición e a importancia que ten a figura do copiloto nesta disciplina.

Ent. Alberto Romer, autor | Presentación do libro "Randufe de Tui" 17.06.2025

Alberto Romer presentará este sábado ás 17.30h no Centro Cultural de Randufe o seu novo libro: “Randufe de Tui”. Con el conversamos hoxe sobre como cambiou Randufe ao longo dos anos e sobre o traballo que hai detrás deste libro.

Ent. Leire Otero, Melinda Días, Mario Solla e Nico Rodríguez, do IES Indalecio Pérez Tizón | Proxecto de podcast 17.06.2025

Este curso o IES Indalecio Pérez Tizón acolleu a exposición "As mulleres que nos levaron á lúa" de Experimenta en Feminino da Universidade de Vigo. Unha mostra que busca destacar o traballo das mulleres que hai 50 anos foron claves para o éxito da misión do Apolo XI e a chegada da primeira persoa á lúa. Como actividade de igualdade o alumnado de 3ºESO creou unha versión audio, un podcast, de dita...

Ent. Rocío Gómez e Laura Castro, da Asociación de Amas de Casa de Tui | Exposición Colectiva 16.06.2025

Até este sábado, día 21, pódese visitar no edificio Francisco Sánchez a mostra colectiva da Asociación de Amas de Casa de Tui na que se poden ver traballos de restauración do curso impartido por Mª Carmen Ramírez e os resultados do curso de Labores Creativas impartido por Cristina Escudero. Rocío Gómez e Laura Castro, da Asociación de Amas de Casa de Tui deron todos os detalles desta exposición e...

Ent. Elena Espinosa, xefa da sección de Tui da EOI de Vigo e Bárbara Kügler, mestra de alemán |Apertura de inscricións 16.06.2025

A sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas de Vigo traládase ao Instituto Indalecio Pérez Tizón, onde continuarán a impartir clases de alemán, inglés, francés e portugués, en distintos niveis. O próximo curso coma novidade contarán con modalide semipresencial. A preinscrición pode facerse dende hoxe luns, e até o 7 de xullo, en www.eoidevigo.org. Así nolo contaron hoxe Elena Espinosa, xefa da s...

Ent. Eduardo Méndez, do club Di-Som de Tui | Campionato de Galicia Escolar de kung fu 13.06.2025

Máis de 400 nenos e nenas van participar mañá, sábado no Campionato de Galicia Escolar de kung fu que dará comezo ás 16.30 horas no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui. Eduardo Méndez, do club Di-Som de Tui explicou hoxe que será unha competición moi dinámica. A entrada é libre e gratuita

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui | Eventos deportivos da fin de semana 13.06.2025

Preto de 1.200 persoas van participar esta fin de semana nos distintos eventos deportivos que se van celebrar en Tui segundo explicaba o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez. O programa comezou a primeira hora coa Aloiada, mañá haberá bádminton, mototurismo, kung fu, coches clásicos, e ciclismo, e o domingo triatlón, patinaxe e baloncesto.

Marisa Giráldez, do Club Bádminton Tui - Torneo Recreativo de Bádminto sub11 sub 15 e sub 19 13.06.2025

O pavillón do IES San Paio acolle mañá sábado dende ás 10 h un Torneo Recreativo de Bádminto sub11 sub 15 e sub 19 organizado polo Club Bádminton Tui. Deunos todos os detalles Marisa Giráldez, do Club Bádminton Tui.

Ent. José Manuel Martínez, Gonzalo González, Rosa González e Manuel Vieto | XVII Festival de Corais 13.06.2025

O vindeiro sábado, 21 de xuño, ás 20 h terá lugar o XVII Festival de Corais na igrexa de San Domingos en Tui. Unha cita musical na que participarán a coral do Centro Social tudense, a coral Polifónica San Blas de Budiño, e a Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Música de Tui. Hoxe coñecemos todos os detalles con José Manuel Martínez e Gonzalo González da coral tudense e Rosa González...

Ent. Carlos Vázquez, voceiro da plataforma Parar La Guerra" | Concentración contra o xenocidio en Gaza 13.06.2025

Tui acollerá mañá sábado, ás 12 h, na praza da Inmaculada, unha das concentracións convocadas pola plataforma 'PararLaGuerra.es' para pedir o fin do xenocidio en Gaza. O voceiro da plataforma en Galicia, Carlos Vázquez, deu conta dos obxectivos da manifestación.

Ent. Natalia Lago e Laura Abalde | Ruta Solidaria da Fada do Aloia co Protectora Aloia 12.06.2025

A Fada do Aloia organiza unha ruta especial para este sábado, xa que será unha ruta solidaria coa Protectora de Animais Aloia de Tui. Sairá este sábado, ás 11 h, para realizar un percorrido doado de hora e media. É preciso inscrición previa no 619 96 90 90. No inicio da ruta recolleranse doazóns para a Protectora Aloia tanto de cartos en metálico, coma de comida húmida ou salchichas para cans e ga...

Ent. María Freiría, Ana Alonso, Aida Alonso e Gemma Fernández, de Mercarte | Tenda efémera Mercarte 12.06.2025

María Freiría de Mar Jewelrin, Ana Alonso de Cabuxa, Aida Alonso de Aida Alonso Ilustración, e Gemma Fernández de Essentia HM contaronnos hoxe como está a ser a experiencia da tenda efémera Mercarte que até este domingo está aberta na Oficina Municipal de Turismo no Paseo da Corredoira. Tamén nos contaron os produtos artesanais que presentan. Convidaban a achegarse e coñecer as súas creacións.

Ent. Andrea González, directora do Ikfem - Concerto James Rhodes + concurso e rock en familia 12.06.2025

A Alameda de San Domingos será o escenario de tres dos eventos que forman parte da programación do IKFEM Festival Tui-Valença que se vai celebrar o próximo mes de xullo. O primeiro será o venres 18 ás 22.30 h co concerto de James Rhodes O sábado 19 serán dúas as propostas musicais neste espazo. Ás 12 h, con entrada gratuíta, celebrarase o concerto do concurso ‘Novas Ondas Sonoras. Os novos talento...

Ent. Aloia Martínez, directora do Coro Mistura Vocal |Concerto na igrexa de San Domingos 12.06.2025

Este domingo, día 15, o coro Mistura Vocal ofrecerá o concerto Nexus Aeternus, ás 20.00 horas, na igrexa San Domingos de Tui . O concerto terá como elemento principal a música do compositor e director de Euskadi, Javier Busto, tomando como referencia a súa vinculación con Galicia reflectida en obras con textos en galego. Hoxe deunos todos os detalles desta cita musical, Aloia Martínez, directora d...

Ent. Sonia González, emprendedora | Cabicheira 11.06.2025

Cabicheira xurdiu na pandemia, cando nos bares e cafeterías retiráronse os cinceiros. Aí Sonia González decidiu emprender en Tui e crear un deseño innovador e que se pode levar colgado no pescozo. Estas cabicheiras fabrícanse no Rosal e están elaboradas a partir de plásticos reciclados. Hoxe a súa creadora contounos como é emprender na comarca e os motivos polos que cabicheira ten tanto éxito.

Ent. Hugo Lage de Bugina Turismo | Visitas á Catedral de Tui 11.06.2025

Buguina Turismo comezou hoxe a primeira das visitas guiadas á Catedral que organiza con motivo do 800 aniversario da consagración do templo catedralicio tudense. Deste xeito Bugina Turismo súmanse a este evento destacado ofrecendo este ano e o próximo preto de 50 visitas. Así nolo contou hoxe Hugo Lage, responsable de Buguina Turismo. A ruta conta cun prezo de reducido a 5€ persoa, ao que hai que...

Ent. Rebeca Fernández, de Ludikeka |Campamento de verán de Ludikeka 11.06.2025

Do 23 de xuño ao 9 de setembro vaise celebrar na Macoca, en Ludikeka , un campamento de verán. Nenos e nenas de 2 a 12 anos poderán gozar con xogos ao ailre, de auga, ou excursións. Pódese asistir días soltos, semanas, quincenas ou mes completo. Contan con opción 'madruga' e 'tupper'. Rebeca Fernández, de Ludikeka deunos todos os detalles deste campamento.

Ent. José Ferreira e Maike Rodríguez, da Comisión de Festas Virxe das Dores | Festas de San Antonio 11.06.2025

José Ferreria e Maike Rodríguez, da Comisión de Festas Virxe das Dores, avanzaron hoxe na Radio Municipal toda a programación que este sábado se poderá disfrutar no recinto de festas de Guillarei nas festas na honra a San Antonio. Ruta moteira, gastronomía e música, forman parte do programa previsto.

Ent. Paula López, de Equigalia | Campamento de Verán de Equigalia 10.06.2025

Rutas polo monte ou clases de hípica diarias son algunhas das actividades que os nenos e nenas poderán realizar este verán no campamento que organiza Equigalia para os meses de xullo e agosto. O horario é de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas e o prezo por semana é de 150 euros. Paula López de Equigalia así o explicaba esta mañá na RMT.

Ent. Carolina Figueroa, adestradora do Club de Patinaxe Artística Ribex | Exhibición de fin de curso 10.06.2025

Preto de 200 patinadores e patinadoras participarán este domingo, 15 xuño, na exhibición de fin de curso do Club de Patinaxe Artística Ribex. Será no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui, ás 17.30 horas. A entrada é libre e gratuita até completar aforo. Así nolo contou a adestradora do club, Carolina Figueroa, que tamén fixo balance desta temporada.

Ent. Óscar Graña, padeeiro do Kaiak Tudense | Subcampión de Europa de maratón en c2 senior 09.06.2025

O padeeiro do Club Kaiak Tudense Óscar Graña proclamouse onte subcampión de Europa de Maratón de Piragüismo en c2 xunto a Jaime Duro. Suma así a súa décimo primeira medalla nun europeo. No seu haber ten tamén 14 medallas en Campionatos do Mundo. Esta mañá contounos como foi a regata e deu conta tamén dos próximos obxectivos deportivos.

Ent. Joaquín Agra e Julio Solleiro, do Motoclub Papaya | III Ruta Mototurística do Meixón 09.06.2025

Este sábado día 14 célebrase a III Ruta Mototurística do Meixón en Tui. Unha cita que busca dar a coñocer os principais puntos de interese de Tui e da contorna. O punto de saída será a rúa Compostela. Para participar é preciso inscribirse previamente a través da web cgmototurismo.org ou no teléfono 670 60 13 22. Joaquín Agra e Julio Solleiro, do Moto Club Papaya déronnos hoxe os detalles.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.