Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 2, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Izan Aliaga, padeeiro de As Torres Romería Viquinga | 4º en K2 senior no Campionato do Mundo de Hungria 10.09.2025 4:13
O padeeiro de As Torres Romería Viquinga afincado en Tui, Izan Aliaga, foi 4º en K2 senior xunto a Joaquín Iglesias no Campionato do Mundo de Hungria. Era a primeira vez que o deportista participaba nesta competición. Hoxe conversamos con el sobre este gran resultado e a súa vinculación deportiva co tudense Iván Alonso.
Ent. Iván Alonso, padeeiro de As Torres Romería Vikinga| 8º do Mundo en Maratón 09.09.2025 13:16
O tudense Iván Alonso, das Torres Romería Viquinga, colga a pá profesional do piragüismo tras ser oitavo do Mundo en Maratón, tanto na distancia curta coma na longa en Hungria. Previo ao Campionato anunciaba xa nas rúas redes que se retira da competición profesional tras competir en doce mundiais, e máis de 20 anos no equipo nacional. Hoxe confirmábao na nosa sintonía.
Ent. Rebeca Blanco, arqueóloga e investigadora do Lab2PT | Barferencias do proxecto Fortalezas da Fronteira 09.09.2025 6:21
Hoxe ás 19.30 h no Bar do Espazo Fortaleza en Goian terá lugar a primeira barferencia “Guerra e paisaxe no Baixo Miño no século XVII”. Na que intervirá Rebeca Blanco Rotea, arqueóloga e investigadora do Lab2PT. Trátase dun acto que forma parte do proxecto arqueolóxico de escavacación da batería das Torres en Tomiño, Fortalezas da Fronteira. Deste proxecto conversamos hoxe con Rebeca Blanco.
Ent. Minerva Ojeda, coordinadora da Aula da UNED de Tui | Comezo de cursos 09.09.2025 5:14
Comeza n novo curso na aula da UNED de Tui cunha ampla proposta de actividades formativas de extensión que comezan xa esta semana. Hoxe coñecemos esta oferta con Minerva Ojeda, coordinadora da aula tudense.
Ent. Tania Fernández, padeeira do Kaiak Tudense | Campioa do Mundo de Maratón en K2 09.09.2025 9:20
A padeeira do club Kaiak Tudense, Tania Fernández proclamouse, de novo, campioa do mundo de Maratón na categoría de K2 Senior xunto a súa compañeira Tania Álvarez. Tras regresar de Hungría falamos con ela deste campionato, e dos próximos obxectivos.
Espazo comercio | Pepe Míguez, presidente de ACITUI 09.09.2025 5:31
Con Pepe Míguez, presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, coñecemos hoxe os asuntos que van tratar a comezos de outubro na asemblea que celebrará ACITUI.
Ent. Antonio Menduíña, reitor do Seminario Menor San Paio | Especial Volta ao Cole 09.09.2025 2:26
O Seminario Menor San Paio de Tui comeza hoxe martes 9 de setembro as clases, despois de celebrar onte a Natividade da Virxe María. Abre así as súas portas aos 30 alumnos que este ano están matriculados. Conversamos co reitor do seminario, Antonio Menduíña.
Ent. Andrea Martínez, directora do CRA Mestra Clara Torres | Especial Volta ao Cole 09.09.2025 3:24
O CRA Mestra Clara Torres reabriu onte as súas portas para os 22 alumnos e alumnas que este ano están matriculadas. Nesta xornada de volta ás aulas coñecemos a situación deste CRA coa súa directora, Andrea Martínez.
Ent. Mario Domínguez, de Terracita La Sigrina, e Brais Meireles, humorista | Noite de comedia 08.09.2025 7:39
Este venres 12 de setembro a Terracita La Sigrina despídese cunha noite de comedia con tres humoristas de Comedia Ración. As portas abren ás 20 h e a entrada ten un prezo de 6 euros. Hoxe coñecemos os detalles con Mario Domínguez, de La Sigrina, e Brais Meireles, un dos humoristas que actuará o venres.
Ent. María Fernández | Transporte público ao CUVI dende Tui 08.09.2025 7:42
María Fernández é veciña de Tui e nai dun estudante da Cidade Universitaria de Vigo. Vén de denunciar ante a Valedora do Pobo a situación actual do servizo de transporte público escolar ao CUVI, agardando a resposta da Xunta de Galicia. Ela explicounos hoxe esta situación.
Ent. Fernando Pérez-Lozao, director do Instituto Indalecio Pérez Tizón | Especial Volta ao Cole 08.09.2025 2:29
Os 378 alumnos e alumnas do Instituto Indalecio Pérez Tizón voltaron hoxe ás aulas. Nesta primeira xornada coñecemos a situación deste centro co seu director, Fernando Pérez-Lozao.
Ent. Roberto Rodríguez, mestre do CEIP de Randufe | Especial Volta ao Cole 08.09.2025 2:39
No inicio do curso escolar 2025/26 coñecemos coma é este primeiro día no CEIP de Randufe que contará con 121 alumnos e alumnas. Falamos cun dos seus profesores, Roberto Rodríguez.
Ent. Roberto Díez, director do Colexio Maristas | Especial Volta ao Cole 08.09.2025 3:13
300 alumnos e alumnas cursarán este ano os seus estudos no Colexio Maristas. Nesta xornada de volta ás aulas coñecemos a situación deste colexio co seu director, Roberto Díez.
Ent. Carmen López, directora de CEIP Nº2 | Especial Volta ao Cole 08.09.2025 2:19
O CEIP Nº2 reabre hoxe as súas portas para os 320 alumnos e alumnas que este ano están matriculadas no centro. Nesta xornada de volta ás aulas coñecemos a situación desta escola coa súa directora, Carmen López.
Ent. Manu Garrido, padeeiro do Kaiak Tudense | Subcampión do Mundo de C2 con Jaime Duro 08.09.2025 5:24
O tudense Manu Garrido, do Kaiak Tudense, proclamouse esta fin de semana subcampión do Mundo de C2 xunto a Jaime Duro. Hoxe falamos con el desta regata en Hungría, da temporada, e dos próximos obxectivos.
Ent. Verónica Martín, directora do CEIP de Pazos de Reis | Especial Volta ao Cole 08.09.2025 5:22
No inicio do curso escolar 2025/26 coñecemos coma é este primeiro día no CEIP de Pazos de Reis que contará con 127 alumnos e alumnas. Falamos coa súa directora, Verónica Martín.
Ent. Paula Lima, directora do CEIP de Guillarei | Especial Volta ao Cole 08.09.2025 2:07
82 alumnos e alumnas cursarán este ano os seus estudos no CEIP de Guillarei. Nesta xornada de volta ás aulas coñecemos a situación deste colexio coa súa directora, Paula Lima.
Ent. Silvia Rodríguez, directora do CEIP de Caldelas | Especial Volta ao Cole 08.09.2025 2:16
O CEIP de Caldelas reabre hoxe as súas portas para os 105 alumnos e alumnas que este ano están matriculadas no centro. Nesta xornada de volta ás aulas coñecemos a situación desta escola coa súa directora, Silvia Rodríguez.
Ent. Nerea Castro, directora do CEIP de Rebordáns | Especial Volta ao Cole 08.09.2025 2:47
O CEIP de Rebordáns reabre hoxe as súas portas para os 98 alumnos e alumnas que este ano están matriculadas no centro. Nesta xornada de volta ás aulas coñecemos a situación desta escola coa súa directora, Nerea Castro.
Ent. Nuria Garabal, directora do CEIP Nº1 | Especial Volta ao Cole 08.09.2025 3:11
No inicio do curso escolar 2025/26 coñecemos coma é este primeiro día no CEIP Plurilingüe Nº1 que contará con 202 alumnos e alumnas. Falamos coa súa directora, Nuria Garabal.
Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda de Caselas | XXI Festa dos Callos 05.09.2025 7:00
Salceda servirá este domingo 20.000 racións de callos na súa festa gastronómica que comeza hoxe venres, coa actividade infantil “Salceda sostible”, a actuación das Cantareiras da Serra da Anta e co tradicional serán. Mañá sábado será a quenda da cuarta edición do Festival de Charangas e o domingo, día grande da festa co pregón e monólogo do humorista David Amor. Deunos os detalles da festa a alcal...
Ent. Sara Quintana, historiadora da Arte | Visita guiada no Setembro xudeu 05.09.2025 3:25
A programación do “Setembro xudeu” continuará este domingo, 7 de setembro, ás 11.30 h, dende a Oficina de Turismo, cunha visita guiada á ruta xudía a cargo da historiadora da Arte Sara Quintana. Con ela coñecemos hoxe algúns segredos que descubrirá na visita do domingo.
Ent. Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui | Inicio de temporada 05.09.2025 6:21
A próxima semana comeza a liga junior e cadete de baloncesto na que compite o CB Tui, e a mediados de setembro será o inicio da competición para o equipo senior. Un comezo de temporada do que Javier Niño, coordinador deportivo do club, deu conta hoxe, con 14 equipos de distintas categorías, dous máis que a pasada campaña.
Ent. Paco Gómez e Gerardo Giráldez, da comisión de Festas de Randufe | Festas na honra á Virxe da Guía 05.09.2025 4:27
Este domingo, no adro da igrexa en Randufe comezan as Festas na honra á Virxe da Guía. Unhas celebracións que se estenderán até o luns e nas que non faltarán a tirada de bombas de palenque, a misa solemne con procesión e as verbenas nocturnas. Paco Gómez e Gerardo Giráldez, da comisión de Festas de Randufe repasaron polo miúdo a programación completa.
Ent. Xacobe Morais de Concepto by Persa - A Quinta de Tui Futsal | Comezo da temporada 05.09.2025 11:00
A vindeira semana o Concepto by Persa A Quinta de Tui Futsal comeza a súa temporada. Unha campaña na que terán arredor de 18 equipos e xuntará a máis de 200 deportistas. Xacobe Morais, coordinador do club, repasou como se están preparando os equipos de cara a esta nova temporada.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.