Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6489 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Programación cultural de outono 22.09.2025

Este sábado comeza a programación cultural de outono no Teatro Municipal de Tui. En total serán nove citas que combinan teatro, música, maxia e cinema. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, repasou a programación que se abre co concerto “Ingrávida” de Mercedes Peón, ás 20.00 horas. A entrada para este espectáculo é de balde e é preciso facer reserva en tui.gal. Na mesma web están xa dispoñib...

Ent. Miguel Méndez, concelleiro de Urbanismo; e Alba Martínez, empregada municipal | Ordenanza da zona azul 19.09.2025

Inicio e fin da zona azul, carga e descarga e prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida son os catro novos sinais informativos que están sendo xa colocados nas rúas de Tui onde o aparcamento estará regulado pola nova ordenanza da zona azul, controladas mediantes cámaras de lectura de matrícula. Hoxe resolvemos dúbidas co concelleiro de Urbanismo, Miguel Méndez, e coa empregada mun...

Ent. Miguel Enríquez, da Asociación Aloia | Semana Cultural de San Miguel en Pazos de Reis 19.09.2025

Hoxe comeza a Semana Cultural de San Miguel en Pazos de Reis cunha cita teatral. Ás 20.30 horas o grupo Aloia interpretará “Cun pé no ceo” no Centro Cultural. Non será a única cita xa que mañá, tamén as 20.30 horas, celebrarase o playback infantil e o domingo será a quenda do contacontos con Bego Bras e “Feliz Feroz” e da maxia con Samuel Moreno, a partir das 18.00 horas. As propostas continuarán...

Ent. Erea Rodríguez, de Skeirrum | Xogo de escapismo "A comunidade xudía de Tui" dentro do Setembro Xudeu 19.09.2025

Este domingo día 21 haberá unha nova actividade enmarcada no Setembro Xudeu. Será un xogo de escapismo sobre a comunidade xudía de Tui que partirá dende a Oficina de Turismo de Tui. Erea Rodríguez, de Skeirrum deu todos os detalles deste xogo. As persoas que desexen participar deberán inscribirse no formulario dispoñible na páxina web do Concello e pódese contactar co teléfono 674 31 42 78 para re...

Ent. Marina Cruces, sumiller tudense | "Os viños dos espazos que habitou Castelao. Explicación e degustación ” 19.09.2025

Mañá 20 de setembro remata o prazo de inscrición para o acto cívico de homenaxe no Ano Castelao “Os viños de Castelao” que se vai celebrar o domingo 28 deste mes, ás 12 h, no edificio da praza da Inmaculada. Contará coa intervención do historiador Bieto Alonso, que falará sobre “O itinerario político de Castelao” e continuará con “Os viños dos espazos que habitou Castelao. Explicación e degustació...

Ent. Suso Vila, doutor en Historia da Arte | Visita "Patrimonio xudeu na Eurocidade Tui-Valença" 18.09.2025

"Patrimonio xudeu na Eurocidade Tui-Valença" é a visita que, dentro do Setembro xudeu, vai ter lugar este sábado ás 17 h. Partirá dende a Oficina Municipal de Turismo. Guiará a visita o doutor en Historia da Arte Suso Vila, quen hoxe deu os detalles sobre esta cita.

Ent. José Ferreira, presidente da Comisión de Festas Virxe das Dores de Guillarei |Festas na honra á Virxe das Dores 18.09.2025

Co acendido do alumeado, mañá venres, ás 21.30 horas dan comezo as festas na honra á Virxe das Dores en Guillarei. Até o luns concertos, verbenas e actos litúrxicos centrarán o programa festivo que hoxe repasou polo miúdo José Ferreira, presidente da Comisión de Festas Virxe das Dores de Guillarei.

Ent. Paula López, do Club Hípico Equigalia | Concurso Nacional de Saltos 18.09.2025

Un centenar de xinetes e amazonas de Galicia e Portugal, con idades dende os 5 anos, participarán dende mañá en Tui no Concurso Nacional de Salto **. Celebrarase nas instalacións do Club Hípico Equigalia. Coñecemos todos os detalles e cómo será a competición con Paula López, directora do concurso.

Ent. Ainhoa Lameiro, piragüista en slálom | Participación na Copa do Mundo de Piragüismo en Augsburgo 18.09.2025

A piragüista salcedense do Club Penedo Te Importa de Caldelas, Ainhoa Lameiro, participou a comezos deste mes na Copa do Mundo de Slalom que se celebrou na cidade alemá de Augsburgo. Foi 23º, aínda que chegou a esta cita sen expectativas despois dun verán afastada das piragüas e tres anos nos que chegou a plantexarse a retirada deste deporte. Con ela conversamos sobre este período e dos seus plans...

Ent. Juan Luis Miguéns, secretario do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia| Seminario 17.09.2025

A Aula CEMIT de Tui acolle este sábado de 9.30 a 14.00 h un dos seminarios do Día de Scratch, organizados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG. Trátase dunha iniciativa que busca achegar á rapazada ao mundo da programación dun xeito lúdico e práctico. Está dirixido a mozos e mozas de...

Ent. Emilio Rodríguez, director enolóxico de Terras Gauda | Proxecto europeo LivingSoiLL 17.09.2025

A adega rosaleira Terras Gauda adheriuse ao proxecto europeo LivingSoiLL, no que participan 48 empresas. Trátase dun pacto verde europeo que busca mellorar a saúde dos solos para reducir a erosión, mellorar a estructura e minimizar o impacto do uso intensivo de recursos. Asi nolo explicou hoxe Emilio Rodríguez, director enolóxico de Terras Gauda.

Ent. Rubén Morais, do Judo Club Tudense | Inicio dos adestramentos 16.09.2025

Coa chegada do mes de setembro dan comezo tamén as actividades deportivas. No Judo Club Tudense xa iniciaron os adestramentos e ata o momento contan xa con 80 deportistas, entre nenos, nenas e adultos. Durante este mes as inscricións permanecen abertas e pódese probar de xeito gratuíto. Rubén Morais, do Judo Club Tudense explicounos hoxe os beneficios desta disciplina deportiva na saúde.

Espazo comercio | Pepe Míguez, presidente de ACITUI 16.09.2025

ACITUI, a Asociación de Comerciantes de Tui, celebrará mañá ás 19 h reunión da Mesa do Comercio. Mentres o mércores, 1 de outubro, na Sala Felix Rodríguez, ás 20.30 h en primeira convocatoria, e ás 21 h en segunda, terá lugar a súa asemblea. Así o confirmou hoxe no Espazo Comercio Pepe Míguez, presidente de ACITUI.

Ent. Xurxo Ayán, arqueólogo e investigador | Barferencia no proxecto Fortalezas de Fronteira 15.09.2025

Hoxe luns rematan as barferencias que organiza "Fortalezas na fronteira". Concluirán ás 19.30 horas no Social de Estás coa charla "Arqueoloxía da explotación sexual en Galicia", a cargo do arqueólogo e investigador Xurxo Ayán. Con el coñecemos hoxe os detalles.

Ent. Carlos Fer, artista tudense | Exposición "Limiares acuosos" en Vigo e próximos proxectos 15.09.2025

O artista tudense Carlos Fer inaugurou a pasada semana a súa exposición "Limiares acuosos". Un traballo visual e sonoro que se pode visitar na Casa Galega da Cultura en Vigo. Amais tamén está na Bienal de Pontevedra co proxecto "Novos valores" até o 30 de setembro. Hoxe conversamos con el sobre estes proxectos e os seus plans de futuro, que o levarán a pasar seis meses en París desenvolvendo un no...

Ent. David Gómez-Casasnovas, director do IES San Paio | Especial Volta ao Cole 15.09.2025

O IES San Paio comezou o curso cun novo ascensor para os seus 605 alumnos e alumnas, e para o corpo docente. Hoxe conversamos co seu director, David Gómez-Casasnovas, sobre os obxectivos e retos deste novo curso.

Ent. Chus Pazos, batería de Kupala | Actuación na "Cea Sefardí: Gastronomía, Música e Patrimonio no Parador de Tui" 12.09.2025

O venres 19 de setembro celebrarase no Parador de Turismo de Tui a “Cea Sefardí: Gastronomía, Música e Patrimonio no Parador de Tui”, cun menú especial, acompañado por música sefardí da man do grupo Kupala, formado por Vadzim Yukhnevich, voz e baián; Xacobe Lamas, violín; e Chus Pazos, batería. Con Chus Pazos coñecemos os detalles do concerto.

Ent. Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente e Patricia Vázquez, técnica forestal | Prevención de incendios 12.09.2025

Hoxe coñecemos o traballo que se realiza no Concello de Tui para a prevención de incendios forestais. Un dos eidos dese traballo é nas faixas secundarias, que deben estar libres de maleza para evitar a propagación de lumes. O concelleiro de Medio Ambiente de Tui, Ismael Diz e a técnica forestal, Patricia Vázquez, daban conta da funcionalidade que teñen estas faixas de terreo e de como podemos sabe...

Ent. Rubén López, director do Conservatorio de Música de Tui | Inicio do novo curso 12.09.2025

Continúa aberta a matrícula no Conservatorio Profesional e na Escola de Música de Tui, onde 203 alumnos e alumnas comezaron o novo curso. Falamos deste novo curso escolar con hoxe Rubén López, director do Conservatorio de Música de Tui, que tamén deu conta das obras realizadas no edificio durante o verán.

Ent. Hugo Lage, guía turístico | Visita guiada polo patrimonio xudeu 12.09.2025

Mañá sábado, ás 11.30 h, comeza na Oficina de Turismo, no Paseo da Corredoira, unha visita guiada polo patrimonio xudeu de Tui que forma parte da programación do Setembro Xudeu. O guía turístico Hugo Lage será o encargado deste percorrido. Hoxe falamos con el desta visita.

Ent. Emilio González, xefe de cociña do Parador de Turismo de Tui | Menú sefardí dentro do Setembro Xudeu 11.09.2025

Dentro deste Setembro Xudeu, durante todo este mes pódese degustar, previa reserva, un menú sefardí no Parador de Turismo de Tui. As reservas pódense facer no télefono 986 600 300 ou no correo tui@parador.es. Amais, o vindeiro venres, día 19, realizarase unha cea especial con música na que tamén se poderá desfrutar este menú. Emilio González, xefe de cociña do Parador daba conta dos platos que con...

Ent. Manuel Gago, xornalista e divulgador cultural | Barferencia no proxecto Fortalezas de Fronteira 11.09.2025

Hoxe ás xoves no 19.30 h no Bar Restaurante Florentiña, en Pinzás, Manuel Gago, xornalista e divulgador cultural falará sobre “O rostro mutante: Galicia na cartografía medieval e moderna". Será nunha nova barferencia do proxecto 'Fortalezas da Fronteira'.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño e Manuel Álvarez, homenaxeado no Acto Cívico |Festas do Alivio 11.09.2025

Manuel Álvarez, será este sábado a persoa homenaxeada no Acto Cívico do Alivio en recoñecemento toda unha vida de compromiso e traballo polo ben común. O acto celebrarase este sábado ás 21 na praza do Seixo. Hoxe falamos con Manuel Álvarez e coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, deste homenaxe, das Festas do Alivio, e doutros temas da actualidade municipal.

Ent. Juan González, presidente de Protección Civil e Borja Álvarez, técnico de emerxencias | Curso primeiros auxilios 11.09.2025

Tralo éxito do curso de primeiros auxilios impartido a principios deste ano e organizado por Protección Civil de Tui, esta asociación organiza unha nova actividade formativa destas características. Será o sábado, 25 de outubro, con dúas quendas ás ás 9 h e ás 15 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Durante catro horas abordarán cómo proceder ante situacións de emerxencia. Así nolo co...

Ent. Paco López, organizador de CatroCantos Galicia Riders | CatroCantos Galicia Riders 10.09.2025

Tui acolle esta fin de semana a experiencia de mototurismo CatroCantos Galicia Riders 2025. O venres terán lugar as verificacións para as preto de 170 persoas que participarán o sábado nas rutas de 300, 500 e 700 quilómetros. Sairá a partir das 6.45 h dende o Paseo da Corredoira. Paco López, organizador desta actividade deu todos os detalles hoxe no programa Día a Día.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.