Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 2, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Espazo comercio | Pepe Míguez, presidente de ACITUI - Asemblea Xeral 30.09.2025 6:46
ACITUI celebrá mañá, 1 de outubro, a súa asemblea xeral na Sala Félix Rodríguez. Será ás 20.30 horas en primeira convocatoria e ás 21.00 horas en segunda. Unha asemblea onde van a presentar as contas trimestrais de todo o ano e darán conta da resolución da subveción solicitada á Xunta ademais doutras cuestións. Pepe Míguez, presidente de ACITUI, daba conta da orde do día prevista para esta asemble...
Ent. Erea Rodríguez, de Skeirrum | Nominación premios da Asociación de Mozos Empresarios 30.09.2025 3:28
Esta tarde, ás 18.30 h, farase entrega dos premios AJE na sede viguesa do Consorcio da Zona Franca. E nesa gala opta ao premio Xove Empresaria a guardesa Erea Rodríguez, que xunto a Cintia Lomba creou Skeirrum, a plataforma de escape rooms dixitais e xeolocalizados que suma xa máis de 150 proxectos. Erea Rodríguez explicounos hoxe como naceu Skeirrum e como recibiron, tanto ela como a súa compañei...
Ent. Andrea Costa, xestora cultural independente | Nominación premios da Asociación de Mozos Empresarios 30.09.2025 4:15
A tudense Andrea Costa é candidata ao premio Iniciativa Emprendedora como xestora cultural independente. A entrega de premios terá lugar hoxe martes ás 18.30 h na sede viguesa do Consorcio da Zona Franca. Hoxe conversamos con Andrea Costa sobre esta candidatura e sobre o seu labor como xestora cultural independente.
Ent. Beatriz Rodríguez, psicóloga da Afaga Alzhéimer | Día Mundial do Alzhéimer 30.09.2025 11:17
O pasado 21 de setembro conmemorouse o Día Mundial do Alzheimer. Trátase do tipo de demencia máis común que abrangue o 70% dos casos detectados, e que produce unha disfunción das funcións cognitivas da persoa que a padece e que interfire na realización das súas actividades máis cotiás. Con Beatriz Rodríguez, psicóloga da Afaga Alzhéimer, conversamos sobre os síntomas ou sinais aos que debemos esta...
Ent. Isaac Acuña, presidente da Asociación de Veciños de Carregal | Concentración Non máis moscas, sí a solución 30.09.2025 6:25
Este domingo 5 de outubro, ás 11 h, no Campo de Festas de Carregal, en Tomiño, vaise celebrar unha concentración convocada pola Asociación de Veciños de Carregal, baixo o lema “Non máis moscas, si á solución”. Isaac Acuña, presidente da asociación veciñal explicou hoxe, na Radio Municipal de Tui, a situación que ten que afrontar a veciñanza ante a praga de moscas, dende hai cinco anos.
Ent. Ángela Martínez, directora de Ohana Escuela Infantil | Nominación premios da Asociación de Mozos Empresarios 29.09.2025 4:03
O proxecto de escola infantil de Ángela Martínez, Ohana, en Randufe, é un dos finalistas para recibir mañá martes o premio da Asociación de Mozos Empresarios, nunha gala que terá lugar ás 18.30 h na sede viguesa do Consorcio da Zona Franca. Ángela Martínez contounos hoxe as súas impresións tras coñecer a súa nominación.
Ent. Paula Guerreiro, técnica de Servizos Sociais do Concello de Tui | Servizo de Atención Municipal a Menores de Tui 29.09.2025 7:02
Unha vintena de nenos e nenas asisten ao taller de reforzo escolar do Concello de Tui que cada semana traballa con menores e familias diferentes ámbitos: educativo, emocional, social... Hoxe coñecemos como funciona este Servizo de Atención Municipal a Menores con Paula Guerreiro, técnica de Servizos Sociais do Concello de Tui.
Ent. Noemí Guisande do Cineclub Tui | Proxección de "Sorda" 29.09.2025 3:27
Con motivo do Día Internacional das Persoas Xordas, o Cineclub Tui vai proxectar mañá martes “Sorda” de Eva Libertad. Será con dobre sesión, ás 18.30 h e ás 20.45 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. O filme reflicte o momento e os sentimentos dunha muller xorda cando afronta a maternidade. Na sesión das 18.30 h haberá un coloquio coa intérprete de Lingua de Signos, Iria Márquez. As...
Ent. Rubén Fernández, piloto de motocross | Cuarto posto no Mundial 26.09.2025 10:09
Rubén Fernández leva no sangue o motocross. É piloto seguindo os pasos do seu pai e dos seus irmáns maiores. O vigués, que vive a cabalo entre Pexegueiro e Valença, acaba de chegar do Gran Premio de Australia onde certificou o seu cuarto posto no Mundial. Un resultado que puido conseguir tras acadar o terceiro lugar no Gran Premio de China. Con el conversamos sobre este gran resultado e da súa pró...
Ent. José María Vázquez, responsable da xestión de colectas de ADOS | Doazón de sangue en Tui 26.09.2025 4:55
Unha das unidades móbiles de doazón de sangue está hoxe venres e mañá sábado, na rúa Casal Aboy, a carón do centro de saúde en Tui. As doazóns pódense realizarse ata ás 14.15 h e de 16 a 21 h, hoxe e de 10 a 15 h mañá. José María Vázquez, responsable da xestión de colectas de ADOS animaba á veciñanza para que se achegue a doar, facendo un especial chamamento ás persoas con A- e salientaba os bos d...
Ent. Mercedes Peón, cantante | Concerto "Ingrávida" no Teatro Municipal de Tui 25.09.2025 5:28
Mercedes Peón inaugura este sábado 27 ás 20 h a programación cultural de outono do Teatro Municipal de Tui. Será con "Ingrávida", concerto co que celebrará os seus 25 anos no mundo da música dende a edición do seu primeiro disco. O concerto é gratuíto con reserva previa en tui.gal. A cantante galega avanzou hoxe algúns detalles na nosa sintonía.
Ent. Fito Pereira do Motoclub Randufe | IX Supercross Cidade de Tui 25.09.2025 6:27
Preto de medio centenar de participantes se dan cita este sábado no IX Supercross Cidade de Tui organizado polo Motoclub Randufe. Celebrarase no Complexo Deportivo Off Road de Tui, en Rebordáns. Comezará pola mañá coas verificacións e pola tarde a competición. A entrada será de balde. Así nolo contou Fito Pereira do Motoclub Randufe.
Ent. Fani Gómez e Eva Vázquez da ANPA de Randufe | Festa do porco ao espeto 25.09.2025 4:47
A ANPA de Randufe organiza unha actividade gastronómica co obxectivo de recadar fondos para distintas iniciativas que leva a cabo. A cita será o sábado 11 de outubro, ás 18 h, en Chan, en Randufe, coa Festa do Porto ao Espeto. A ración terá un prezo de 3,5€, e tamén haberá tamén chouripan a 3€ e castañas de balde. Agardan completar as 500 prazas dispoñibles, tal e coma hoxe explicaban Fani Gómez e...
Ent Rosita la del Rubio e Ricardo Martínez da Coral San Telmo|VII Festival de Outono de Canto Coral e Música Tradicional 25.09.2025 12:24
A Coral San Telmo de Tui organiza o VII Festival de Outono de Canto Coral e Música Tradicional este sábado, ás 19 h, na igrexa de San Domingos en Tui. Actuarán o Coro de Oleiros da Coruña, o Coro Allegretus de Braga e o grupo de música tradicional Lirolai do Rosal, xunto a propia Coral San Telmo. Hoxe déronnos todos os detalles Ricardo Martínez e Rosita La del Rubio, membros desta agrupación coral...
Ent. Marta Romero e Anas Fadoul, da Comisión de Festas de Rebordáns | Terrordáns e próximas actividades 24.09.2025 4:19
Máis de 400 persoas están xa inscritas para participar en Terrordáns, a andaina nocturna que organiza a Comisión de Festas de Rebordáns este sábado 27 de setembro ás 21 h. O prazo de inscrición remata mañá xoves. Hoxe coñecemos os detalles desta actividade e das próximas que organizan dende a comisión con Marta Romero e Anas Fadoul.
Ent. Ricardo da Silva, da Asociación Muiñeiros do Tripes | Lendas ao solpor 24.09.2025 5:11
O vindeiro sábado 4 de outubro, ás 20.30 h terá lugar o percorrido nocturno nos muiños do Tripes Lendas ao solpor, que partirá dende a área lúdico-recreativa de Chans do Carrasco en Randufe. Ricardo da Silva, da Asociación Muiñeiros do Tripes, explicou como se vai desenvolver esta ruta na que haberá teatralización, música e ao remate chocolate con rosca, castañas e viño do país. É preciso inscrici...
Ent. Jorge González e Germán Soutelo, do Club Tenis Tui | XI Torneo Eurocidade de Tenis e inicio de temporada 24.09.2025 8:04
O XI Torneo de Tenis da Eurocidade vaise celebrar nas pistas de tenis de Areas dende este venres, 26 de setembro até o 5 de outubro. Unha cita deportiva na que están inscritas preto de 100 persoas que competirán nas diferentes categorías. Hoxe falamos desta competición e do inicio da temporada con Jorge González e Germán Soutelo, presidente e secretario do Club de Tenis Tui.
Ent. Luis Cuntín, Inma Rodríguez, e José Font | Traballo de Diversidades Acolle e o reto da búsqueda de vivenda 23.09.2025 24:21
Diversidades Acolle atendeu a máis de 500 persoas refuxiadas dende que abriu o seu centro en Tui, hai cinco anos. Hoxe profundamos no labor que realiza a asociación e coñecemos os retos aos que se enfrontan, entre eles a búsqueda de vivenda. Fixémolo con Luis Cuntín, presidente de Diversidades Acolle; Inma Rodríguez, directora de Diversidades Tui; e José Font, colaborador da asociación.
Ent. Claudia Montes, de Altitude | Actividades extraescolares e Rutas Descubre Tu Entorno 23.09.2025 4:30
Baixo o título de "Descobre o teu entorno" Altitude, Ocio e Educación Ambiental organiza rutas de sendeirismo que van ter lugar as fins de semana entre outubro e xullo. A primeira das citas será o domingo 5 de outubro cun percorrido polos Muíños do Folón e o Picón no Rosal. Por outra parte Altitude vai desenvolver a activade extraescolar a Aula Naturaleza dirixida a nenos e nenas de 6 e os 12 ano...
Ent. José Palacio, presidente da Mancomunidade de Montes do Baixo Miño | Prevención de Incendios Forestais 23.09.2025 6:39
As Mancomunidades de Montes do Baixo Miño, Morrazo, Pontevedra, Val Miñor e Vigo proponen cinco medidas para traballar na prevención dos incendios forestais. Son revisión orzamentaria, a reformulación dos Plans de Ordenación Forestal, a capacitación actualizada dos recursos humanos implicados, a sensibilización social sobre a importancia da prevención e corresponsabilidade cidadá e a execución inm...
Espazo comercio | Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI -Balance Mesa comercio 23.09.2025 4:09
Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI, fixo balance hoxe no Espazo Comercio da Mesa do Comercio que celebraron a pasada semana co obxectivo facer unha diagnose realista da situación do sector. Avanzaba que se convocará cada dous meses para abordar a realización de campañas conxuntas, a aposta pola dixitalización e o reforzo da colaboración institucional, entre outros temas. Por outra parte lemb...
Ent. María Freiría, de MarJewelrin | Obradoiro Crea a túa xoia peluda 22.09.2025 3:13
Esta fin de semana María Freiría, MarJewelrin, vai impartir o obradoiro “Crea a túa xoia peluda”, a partir das 11.00 horas no Mercado de San Antonio. Unha cita para a que é preciso inscribirse previamente a través das redes sociais ou no teléfono 608 27 27 70. O prezo é de 40 euros por persoa. Este taller ten carácter solidario xa que o 20% do que se recaude irá destinado á protecora Aloia. Así no...
Ent. María Fontán e José Antonio Presas, da Comisión de Festas San Miguel Arcanxo | Festas San Miguel Arcanxo 22.09.2025 6:46
A parroquia de Pazos de Reis celebra esta fin de semana as súas festas na honra a San Miguel Arcanxo con música e gastronomía. Coñecemos a programación completa con María Fontán, presidenta da Comisión de Festas San Miguel Arcanxo e José Antonio Presas, secretario.
Ent. Diego Vila, piloto tudense | Copa Pirelli e na Agrupación 2 no VIII Rallie Mix de Cuntis 22.09.2025 4:35
O piloto tudense Diego Vila, xunto ao seu copiloto Álex Sampayo, fíxose coa victoria na Copa Pirelli e na Agrupación 2 no VIII Rallie Mix de Cuntis esta fin de semana co seu Peugeot 205. O tudense referíase a estes novos éxitos deportivos e aos futuros. A finais do próximo mes de outubro competirá na última proba do campionato.
Ent. Carolina Figueroa, adestradora do club de patinaxe artístico Ribex | Inicio de temporada 22.09.2025 5:40
Preto de 100 patinadores e patinadores comezarán coa chegada de outubro unha nova temporada nas escolas e no club de patinaxe artístico Ribex. Carolina Figueroa, adestrador, deu conta de como se están preparando para este novo curso. O prazo de inscrición continúa aberto a través das redes sociais do club.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.