Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 2, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Especial Día da Saúde Mental - Cando o autocoidado convértese nunha trampa: TCA na actualidade 10.10.2025 18:55
Hoxe 10 de outubro, coincidindo co Día da Saúde Mental, tivemos un tempo especial de radio no que abordamos os TCA, Trastornos da Conduta Alimentaria, na actualidade con Nuria Palamidesi, psicóloga sanitaria do Centro Anarela.
Ent. Fayez Badawi, do Fronte Popular para a Liberación de Palestina | Charla “Fala a resistencia” 10.10.2025 10:11
Esta tarde, ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela terá lugar a charla “Fala a Resistencia, que contará coa participación de Fayez Badawi, do Fronte Popular para a Liberación de Palestina, e que hoxe nos relataba o que vai tratar na súa intervención. Nesta charla, organizada polo BNG tamén participarán Álvaro Lamas de Mar de Lumes e Serafín Rodríguez.
Ent. Candela García, profesora e Irene Cadilla e Sara Vicente, alumnas do IES A Sangriña | Paraugas sen mango 10.10.2025 7:41
A pasada semana tivo lugar a entrega dos premios do certame “Atrévete a ter unha idea” no que foi premiado o IES A Sangriña, na modalidade grupal, polo seu proxecto ‘O paraugas sen mango’ creado polas alumnas Irene Cadilla e Sara Vicente. Coas dúas alummnas e con Candela García, profesora de Bioloxía e Xeoloxía e responsable do proxecto competencial conversamos sobre esta innovadora idea.
Ent. Sheila Patricia, cantante | Lanzamento do tema A xeitosa 10.10.2025 5:13
A cantante Sheila Patricia vén de presentar hai uns días un novo tema musical “A xeitosa”, como adianto do seu novo traballo que prevese que saia a principios de 2026. Este novo tema é unha peza de reivindicación do papel da muller na sociedade que compuxo e grabou durante o seu embarazo e o posparto. Con Sheila Patricia conversamos hoxe sobre este novo tema, e o disco que chegará previo ao descan...
Ent. Karina Bouzada, dinamizadora de grupos infantís e xuvenís | Axuda a Gaza 10.10.2025 8:33
Ante a terrible situación que durante dous anos leva sufrindo Gaza, son moitas as persoas que buscan o xeito de axudar a poboación. Unha delas é Karina Bouzada, dinamizadora de grupos infantís e xuvenís, que non dubidou en colaborar en todo o posible cos afectados. Así nolo contou hoxe no programa Día a Día.
Ent. José Manuel Domínguez Freitas e Hugo Lage - Exposición “As portas do horror" 09.10.2025 15:51
Mañá, venres ás 20h, na Casa de Montes de Camposancos, inaugúrase a exposición “As portas do horror. O Campo de Concentración de Camposancos”. Con testemuños, documentos, textos e fotografias, a exposición relata o que aconteceu entre os anos 1937 e 1941, primeiro como campo de concentración e a partir de 1939 como prisión. José Manuel Domínguez Freitas, presidente da Asociación para a recuperació...
Ent. José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos | Gran recollida de alimentos 08.10.2025 6:22
A Fundación Provincial do Banco de Alimentos realizará o 7 e 8 de novembro a gran recollida. Unha iniciativa solidaria que se desenvolverá tamén en supermercados de Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda. Para iso contará na comarca do Baixo Miño coa colaboración da Asociación SOS Tomiño Baixo Miño, que o ano pasado na comarca recolleu 9 mil quilos de alimentos. José Ramón Santamaría, presidente da Funda...
Ent. Santiago Cortegoso, autor, director e actor | Ibuprofeno Teatro con "Reconversión" 08.10.2025 10:16
Unha obra de teatro documental que nos achega á reconversión naval da ría de Vigo é a que chega este venres, ás 21 h ao Teatro Municipal de Tui. Será da man de Ibuprofeno Teatro que presenta “Reconversión”. Falamos con Santiago Cortegoso, autor e director desta peza teatral, na que relata a historia do seu pai que foi traballador do estaleiro Ascón. Forma parte tamén do elenco de oito actores-músi...
Ent. Pablo Comesaña, promotor de Play Doc | Visita guiada á biblioteca de cinema de Daniel Domínguez 08.10.2025 9:28
Hoxe ás sete da tarde terá lugar unha visita guiada á biblioteca de cinema de Daniel Domínguez, na Biblioteca Municipal de Tui. O obxectivo da mesma é divulgar esta colección bibliográfica e audiovisual. A visita estará a cargo de Ángeles García, viúva de Daniel Domínguez, así como dos promotores de Play Doc, Ángel Sánchez e Pablo Comesaña. Con Pablo Comesaña conversamos hoxe sobre a figura de Dan...
Ent. Pepe Míguez, presidente ACITUI | Balance asemblea II 07.10.2025 6:40
Hoxe no tempo do Espazo Comercio, o presidente de ACITUI, Pepe Míguez, deu conta de distintos asuntos que foron tratados a pasada semana na asemblea dos comerciantes. Así por unha parte daba conta de que están recabando información sobre as pantallas situadas no centro urbano para pode empregalas, por exemplo, cando a asociación leva a cabo algunha campaña de promoción do comercio. Por outra parte...
Ent. David Pernas, de Trinketrinke | Contacontos “Viaxes e cancións dos ratos de Lonxedetodo" 07.10.2025 3:26
“Viaxes e cancións dos ratos de Lonxedetodo” é o contacontos que Trinketrinke Teatro presenta hoxe martes, ás 17.30 h, na Biblioteca Municipal. Esta actividade abre a programación do Mes da Biblioteca. David Pernas, que dá vida ao rato Fuco, será hoxe o que estará na Biblioteca. El contounos como é este espectáculo.
Ent. Teniente coronel Roberto Domínguez | XXIV Concurso de Patrullas da Brilat 07.10.2025 7:37
Hoxe martes saíu do Paseo da Corredoira o concurso de Patrullas da Brilat na súa edición número 24. Este ano participan oito patrullas, sete da Brilat e unha da Brigada de Intervención portuguesa. Percorrerán en 60 horas, ou menos, 120 quilómetros até Santiago de Compostela a través do Camiño Portugués, con cinco probas militares durante o concurso. Coñecemos os detalles hoxe con Roberto Domínguez...
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Retrospectiva Wim Wenders 06.10.2025 5:44
O Cineclub Tui dedica este mes de outubro ao cineasta alemán Wim Wenders cunha retrospectiva. Serán catro as películas que proxecten. A primera mañá martes con "Alicia nas cidades". Proxectarase no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela ás 18.30 h e 20.45 h. Coñecemos a programación completa con Noemí Guisande, do Cineclub Tui.
Ent. Lino Martínez, judoca tudense | Campión da Copa de España de Judo en M7 -90 kgs 06.10.2025 3:59
O tudense Lino Martinez Perez gañou esta fin de semana a Copa de España de Judo, na categoría M7 -90 kg, celebrada en Córdoba. Logra así a praza para a o Campionato de España. Lino Martínez explicaba hoxe como foi a competición, nunha categoría na que competía por vez primeira, e na que se plantexa quedar. As próximas citas ás que acudirán será o Campionato do Mundo de Judo a finais de novembro, e...
Ent. Agustín Ferreira, presidente de ANABAM | Concerto polos 40 anos da asociación 03.10.2025 10:10
A Asociación Naturalista do Baixo Miño, ANABAM, cumpre 40 anos de defensa da natureza e do patrimonio. Mañá sábado ás 19 h no Centro Cultural da Guarda celebrarán estas catro décadas de historia cun concerto de "Cuerdas Atlánticas". Tamén proxectarán un vídeo da asociación. Hoxe o seu presidente, Agustín Ferreira, fixo balance destes 40 anos no programa Día a Día.
Ent. Victoria Pérez, de Redrum Teatro | "Os contos do Lobicán" 03.10.2025 3:52
Hoxe venres ás 19 h continúa a programación de outono no Teatro Municipal de Tui cunha proposta para público familiar. Redrum Teatro presenta "Os contos do Lobicán". As entradas están á venda en tui.gal a 4€ e 3€ até dez minutos antes da función. Hoxe coñecemos máis detalles deste espectáculo cunha das integrantes do elenco, Victoria Pérez.
Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Balance da asemblea celebrada o 1 de outubro 03.10.2025 13:11
O pasado mércores 1 de outubro ACITUI celebrou asemblea, que contou con 33 asistentes, entre persoas socias, non socias, veciñanza, e representantes de partidos políticas. Hoxe fixo balance desta cita o presidente da asociación, Pepe Míguez.
Ent. Benito Lomba, secretario da Comunidade de Montes de Salcidos (A Guarda) | Festa cultural e gastronómica 02.10.2025 8:22
Esta fin de semana organizan no Monte Torroso, en Salcidos (A Guarda), unha festa cultural e gastronómica con actividades como un Concurso de Escultura en Pedra, Demostración de talla en madeira con motoserra ou a inauguración do monumento o Monte Torroso. Unha programación que organiza a Comunidade de Montes de Salcidos. Hoxe falamos co seu secretario, Benito Lomba.
Ent. Vanesa Domínguez, vogal da Comisión de Festas de San Miguel de Pexegueiro | Festas 2025 02.10.2025 2:56
Gastronomía, actuacións musicais, tradición.... estarán presentes esta fin de semana nas festas na honra a San Miguel na parroquia tudense de Pexegueiro. Vanesa Domínguez, vogal da comisión de festas, explicou de xeito pormenorizado o programa festivo previsto para mañá venres e o sábado. Destaca a actuación por vez primeira da provincia do grupo asturiano Beatriz.
Ent. Diego das Dores, Marta González e Aitor Martínez, do Club Remo Tui | VII Regata Cidade de Tui 02.10.2025 6:45
Este sábado 4 de outubro se disputa a VII Regata Cidade de Tui organizada polo Club Remo Tui. É unha cita competitiva que comeza ás 9.30 h, e que poderá seguirse dende as gradas da rúa Olímpicos Tudenses. Trátase dunha regata moi atractiva, cunha distancia de 400 metros, e que se prolongará até as 14h. Hoxe coñecemos os detalles da proba e do cartel co presidente do club Diego das Dores e os remei...
Ent. Mabel Lozano |“As redes da pornografía, a trata e a prostitución, e os riscos para a adolescencia hoxe” 02.10.2025 5:28
“As redes da pornografía, a trata e a prostitución, e os riscos para a adolescencia hoxe” é o título da charla que a directora e documentalista Mabel Lozano ofrecerá hoxe xoves ás 19 h no Espazo Sociocultural da rua Camilo José Cela. O acto está organizado polo Concello de Tui co gallo do do Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres.
Ent. Andrea González, directora IKFEM | Concurso Novas Ondas Sonoras 02.10.2025 5:31
O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado ás 19 h o Concurso Novas Ondas Sonroas organizadas polo IKFEM. A directora do festival, Andrea González, daba conta das seis agrupacións que participarán no evento e convidaba a acudir o sábado ao teatro para gozar desta emocionante final.
Ent. Ana Carpintero, de Somos Océano | Premio A Profesional Autónoma de CaixaBank na Dirección Territorial Norte 01.10.2025 5:47
Ana Carpintero é a gañadora da quinta edición do Premio A Profesional Autónoma de CaixaBank na Dirección Territorial Norte, que comprende Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, polo seu proxecto Somos Océano. Un recoñecemento co que agora opta a competir polo galardón nacional que se resolverá proximamente. Hoxe conversamos con Ana Carpinteiro sobre este premio e sobre as novidades que presenta S...
Ent. Alberto Vila e Victor Feliciano, da Asociación Treze Catorce | Matasound en Salceda de Caselas 01.10.2025 5:10
Este venres 3 de outubro, ás 20.00 horas celébrase o Matasound, no torreiro do matadoiro en Salceda de Caselas. Un evento musical organizado pola Asociaciión Treze Catorce. Coñecemos os detalles desta cita con Alberto Vila e Victor Feliciano. As entradas teñen un prezo de 8€, podendo mercado de forma anticipada até mañá xoves no 651 52 23 33, aun prezo reducido de 5 euros.
Ent. Julio Gómez, presidente de CSIF Pontevedra | Niveis de radón altos no edificio da Axencia Tributaria en Tui 30.09.2025 6:57
A Central Sindical Independiente e de Funcionarios (CSIF) solicitou a suspensión inmediata da actividade no edificio da Axencia Tributaria (AEAT) en Tui, tras confirmarse niveis de radón “extremadamente altos”. Así nolo contou hoxe Julio Gómez, presidente de CSIF Pontevedra, que tamén deu conta dos riscos que ten estar exposto a este gas e das medidas que se deben adoptar para resolver este proble...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.