Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6489 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Iria Rey e Carla Martínez, da Asociación Entroido de Pexegueiro | Andaina de Samaín 22.10.2025

A Asociación Entroido de Pexegueiro organiza para o vindeiro venres 31 de outubro unha andaina de Samaín que dará comezo ás 22.00 horas. Unha cita apta para todos os públicos e grupal para a que é preciso inscribirse previamente no teléfono 644 64 72 63. O prezo da actividade é de 6 euros e o prazo para anotarse remata o martes 28. Iria Rey e Carla Martínez, da asociación organizadora déronnos hox...

Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador e Laureano Alonso, traductor da obra de Francisco Sánchez | Conferencia Lisboa 21.10.2025

O historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela e o traductor ao galego da obra de Francisco Sánchez, Laureano Alonso, van participar este xoves no Congreso Internacional de Estudos Sefardíes que se celebra en Lisboa. Xuntos impartirán unha conferencia sobre o filósofo e médico tudense Francisco Sánchez. Así nolo contaron hoxe Rafael Sánchez Bargiela e Laureano Alonso.

Ent. Manuela Varela, contacontos | O gato con contos 21.10.2025

Hoxe martes, ás 17.30 h, dentro da programación do “Mes da Biblioteca” Manuela contacontos achega á Biblioteca Municipal de Tui o espectáculo “O gato con contos” . Trátase dunha montaxe de narración oral na que se contan as aventuras e desventuras de varios gatos que pouco a pouco van descubrindo as súas capacidades e limitacións, aprendendo a aceptarse a si mesmos tal e como son. Deunos todos os...

Espazo Comercio | María Lamas, de Dequip Tui 21.10.2025

María Lamas cumpre unha década á fronte da tenda de deportes Dequip Tui. E para celebrar esta década, este venres e sábado a clientela poderá desfrutar dun 30% de desconto en todos os productos. Amais, tamén poderán participar no sorteo de 3 packs de diferentes productos, que se realizará o 1 de decembro. Con María Lamas conversamos hoxe, no Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITU...

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "Perfect Days" de Wim Wenders 21.10.2025

O Cineclub Tui continúa coa súa retrospectiva dedicada ao cineasta alemán Wim Wenders. Hoxe martes proxectarán "Perfect Days" no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela ás 18.30 h e 20.45 h. Conversamos sobre este filme con Noemí Guisande, do Cineclub Tui. A entrada ten un prezo de 2 euros para persoas socias e menores de 18 anos e de 4.50 euros para público xeral.

Ent. Carlota González, remeira e Manuel Ángel González, presidente do Club Remo do Miño | Remo de mar 17.10.2025

Manuel Ángel González, presidente do Club Remo do Miño, e Carlota González, remeira do Club, estiveron hoxe na Radio Municipal de Tui para falar do club, desta temporada, e dos próximos retos. Carlota González cualifica esta temporada de 2025 coma a mellor até o momento da súa traxectoria coma deportista. Manuel Ángel González falaba do momento que vive o club, de próximas citas coma a Regata Miño...

Ent. Gabriel Fandi e Alejandra Pais, cantantes | La verbena 17.10.2025

Dende hoxe pódese escoitar en todas as plataformas o tema "La verbena", no que o cantante tomiñés Gabriel Fandi une a súa voz a Alejandra Pais, da orquesta Os Satélites, nunha nova colaboración entre a agrupación e o artista. Trátase dun tema que ten como tema o desamor pero que está cheo de ritmo. Así nolo contaron hoxe os seus intérpretes.

Ent. Jennifer Rocha, da Asociación Cristo da Agonía de Baldráns | Festa da Vendima 17.10.2025

O campo de fútbol da Malladoura en Baldráns acolle este domingo a Festa da Vendima, a partir das 12.00 horas. Unha cita na que non faltará o viño novo ou as castañas asadas, entre outros productos co que presentan unha variada oferta gastronómica. Así nolo contou hoxe Jennifer Rocha, da Asociación Cristo da Agonía de Baldráns.

Ent. Juana Parada, xerente de ORPAGU| Valoración Conxemar e novos proxectos 17.10.2025

Hai case tres anos que a Organización de Palangreiros Guardeses, ORPAGU, abriu a súa planta en Tui, un espazo que hoxe está en reformas para ser ampliado. Coa xerente de ORPAGU, Juana Parada, conversamos hoxe sobre os retos da planta, das innovacións e investigación e nos productos e de como viviu a feira Conxemar á que acudiron a semana pasada no IFEVI de Vigo.

Ent. Natalia Jorge e Carmen Álvarez | Andaina "A Carmela muiñeira" 16.10.2025

Este domingo poderemos coñecer a historia de Carmela Muiñeira, en Sobrada, enTomiño, a través da andaina "A Carmela muiñeira". Partirá dende a Cultural de Sobrada ás 16.30 horas e correrá a cargo da historiadora Natalia Jorge. Hoxe ela deunos todos os detalles desta actividade e coñecemos máis da historia de Carmela coa súa neta Carmen Álvarez. **Por problemas técnicos non é posible escoitar a par...

Ent. Gustavo del Río, director de Naúfragos Teatro | Bule Bule 16.10.2025

Mañá venres, ás 19 h no Teatro Municipal de Tui Os Naúfragos Teatro representarán “Bulebule”. O espectáculo fala da igualdade destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións e tamén aborda a diversidade e o TDAH. Con Gustavo del Río, director do espectáculo falabamos hoxe desta obra. As entradas están á venda en tui.gal, até 10 minutos...

Ent. Nico Montes, director territorial de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia | Proba piloto no Miño 16.10.2025

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia iniciou a proba piloto de eliminación da especie invasora Egeria densa na praia de Areeiros na parroquia de Gurillarei. Unha proba que está sendo executada pola pola empresa pública TRAGSA baixo a dirección técnica da Consellería. Nico Montes, director territorial de Medio Ambiente e Cambio Climátco da Xunta de Galicia expicaba...

Ent. Noel Claro e Marcos Casaleiro | Festa do Carballo 15.10.2025

A parroquia tomiñesa de Vilameán celebra este sábado a XXXIV Festa do Carballo. Unha celebración que se desenvolverá ao longo de toda a xornada e na que non faltará a animación musical, as actividades infantís e a degustación das castañas. Coñecemos todos os detalles deste festexo, no que terán 200 quilos de castañas para degustar, con Noel Claro, un dos organizadores desta cita, e Marcos Casaleir...

Ent. Marcos Fortes, do club de piragüismo Penedo de Caldelas | Comezo de temporada 15.10.2025

O Club Penedo de Caldelas afronta unha nova temporada deportiva con citas tanto a nivel galego como nacional e internacional. Son tres as modalidades de piragüismo que practican: slalom, kaiak cross e kaiak polo. Marcos Fortes, do club Penedo de Caldelas, daba conta do traballo que están realizando nestas primeiras semanas.

Ent. Rosana Fossatti - Conferencia taller "Recupera o teu poder interior" 15.10.2025

O Liceo Casino de Tui acollerá o sábado, 25 de outubro, de 11 a 13 h unha conferencia taller titulada “Recupera o teu poder interior” a cargo de Rosana Fossatti. Hoxe contounos cal é o obxectivo desta actividade a quen vai dirixida. É preciso inscribirse no Liceo Casino.

Ent. Marcos Mata, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática de Galicia | Actividade control parental 15.10.2025

A Aula CEMIT de Tui acolle este sábado. de 11.30 a 13.30 horas, a actividade de control parental “Tecnoloxía, infancia e xuventude: ferramentas para familias”. Unha iniciativa organizada por Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática de Galicia. Na actividade abordarase dos riscos dun mal uso da tecnoloxía e da necesidade de educar e fomentar dende o exemplo. Marcos Mata, presidente...

Ent. Mónica Gundín, coordinadora do YAM na provincia de Pontevedra | Proxecto YAM 15.10.2025

O IES San Paio de Tui é dun dos 173 institutos de ensino secundario de Galicia que participa no proxecto YAM. Trátase dunha iniciativa que ten por obxecto previr a conduta suicida entre a poboación adolescente ao tempo que promove a súa saúde mental. Hoxe coñecemos con Mónica Gundín, coordinadora do YAM na provincia de Pontevedra, os obxectivos deste proxecto, como se desenvolve e a acollida que e...

Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui e Iago Ramilo, integrante de Kritis | Concerto de Kritis 14.10.2025

Este sábado, ás 18.00 h a sede da Escola da Banda de Música Popular de Tui en Guillarei acolle o concerto de apertura de curso. Correrá a cargo do cuarteto de saxos, Kritis, formado por Juan Manuel Cao, Jorge Martínez, Chus López e Iago Ramilo. Con este último e con Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui, coñecemos como vai ser este evento musical.

Espazo Comercio | Hortensia Rodríguez, da floraría La Flor 14.10.2025

No tempo do Espazo Comercio, que realizamos en colaboración con ACITUI, hoxe recibimos a Hortensia Rodríguez, de La Flor. Ante a proximidade da celebración do Día de Santos, afrontan semanas cunha gran carga de traballo, como explicaba, e daba conta tamén das flores máis demandas, e da importancia de realizar os encargos con antelación.

Ent. Noelia Porto, de Lalá Teatro | Contacontos para bebés "Estás como unha cabra" 14.10.2025

Hoxe ás 17.30 h a Biblioteca Municpal de Tui acolle a representación de “Estás como unha cabra” da man de Lalá Teatro. É un contacontos para bebés que fala de sentimentos. Esta actividade forma parte da programación do Mes da Biblioteca. Noelia Porto, de Lalá Teatro explicaba como se vai desenvolver esta actividade que busca traballar as emocións.

Ent. José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos | X Pinta Tui 14.10.2025

O Concuso de Pintura Pinta Tui vai celebrar a súa décima edición o domingo 26 deste mes. José Diez, de Artes Creativas Efectos, organizado do evento, hoxe explicaba as distintas categorías nas que se pode participar e como se vai a desenvolver esta cita xa consolidada no municipio. A inscrición pode facerse até o día anterior. As bases completas poden consultarse en tui.gal.

Ent. Alfonso Fontela, escritor | La metáfora de las canicas 14.10.2025

O tudense Alfonso Fontela vai presentar este sábado, ás 19.00 horas, na Sala Félix Rodríguez, a súa primeira novela “La metáfora de las canicas”. Un acto que se enmarca dentro das actividades programadas no Mes da Biblioteca. O autor desta novela, gris, como el mesmo a describe, explicounos hoxe como xurdiu a idea desta historia e que nos poderemos atopar nas súas páxinas.

Ent. Carlos Feijóo e Inés Feijóo, de Padel 8 | Pádel 13.10.2025

Padel 8 é un dos clubs deportivos que hai en Tui. Creouse hai 8 anos da man de Juan Carlos Feijóo , que hoxe nos falou deste deporte e dos seus beneficios. A súa filla, Inés Feijoo, iniciouse neste deporte aos 7 anos, e catro anos despois comezou a competir. Este ano proclamouse campioa galega junior, e foi convocada coa Selección Española. Nas próximas semanas competirá nun torneo internacional e...

Ent. Cristina Sola, Coordinadora do Laboratorio de Linguaxe Accesible | Lectura fácil 13.10.2025

Hoxe coñecemos que é a Lectura Fácil, e como é o proceso para adaptar un texto á mesma. Fixémolo da man de Cristina Sola, que leva anos traballando no mundo editorial e dende hai tempo realiza a adaptación de novelas coma "La familia de las curanderas", de Marisa Castro e "Palabras de piedra" de Ginés Cruz, que veñen de ser editadas. Ela forma parte do Laboratorio de Lenguaje Accesible que os sába...

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "O ceo sobre Berlín", de Wim Wenders 13.10.2025

O Cineclub Tui continúa coa súa retrospectiva dedicada ao cineasta alemán Wim Wenders . Mañá martes proxectarán "O ceo sobre Berlín", no Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela ás 18.30 h e 20.45 h. Conversamos sobre este filme con Noemí Guisande, do Cineclub Tui. A entrada ten un prezo de 2 euros para persoas socias e menores de 18 anos e de 4.50 euros para público xeral.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.