Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6489 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 2, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ent. Samuel Ferro, escritor | Taller de escritura e de defensa persoal feminina no Liceo Casino de Tui 30.10.2025

Dúas novas actividades vanse a desenvolver no Liceo Casino de Tui. Os martes de 20.15 a 21.15 horas terá lugar un taller de escritura e os mércores de 17.00 a 18.00 horas desenvolverase un taller de defensa persoal feminina. Ambos a cargo do vigués Samuel Ferro, escritor e experto en artes marciais. Con el conversamos hoxe sobre estas dúas actividades para as que se pode realizar a inscrición en p...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo, Patrimonio e Comercio e José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos | Pinta Tui 30.10.2025

A pasada fin de semana celebrouse a décima edición do concurso de pintura Pinta Tui cun récord de participación con 64 persoas. Hoxe Ana Núñez, concelleira de Turismo, Patrimonio e Comercio, e José Díez, de Artes Creativas Efectos, fixeron balance desta actividade, xa consolidada no municipio.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Conxunto Histórico | Resposta ás reivindicacións da veciñanza 30.10.2025

A concelleira do Conxunto Histórico e Patrimonio, Ana Núñez, respondeu hoxe as reivindicacións da veciñanza do conxunto histórico de Tui. Ana Núñez indicaba que entende a súa preocupación e comparte o desexo de ver un conxunto histórico rehabilitado e cheo de vida. Ana Núñez precisaba que o deterioro desta zona da cidade vén de moitos anos atrás, e apuntaba que a imaxe de abandono absoluto desta z...

Ent. Iria Pinheiro | Concerto para bebés Pitiminí 30.10.2025

Unha proposta teatral e musical para bebés é a que chega mañá venres ao Teatro Municipal de Tui da man de Davide González e Iria Pinheiro. Será un menú musical denominado “Pitiminí”, para público familiar no que haberá tamén interacción co público. Así nolo contaba Iria Pinheiro. A cita será mañá venres no Teatro Municipal con dúas funcións ás 17.30 h e ás 19 h. As entradas aos prezos de 4€ e 3€ e...

Ent. Gonzalo Romero e Oswaldo Fernández, do Arenas de Tui | Equipo de fútbol Arenas 29.10.2025

No ano 1965 Oswaldo Fernández formou o equipo Arenas de Tui, que tivo que disolverse despois de que o seu creador marchase a Alemaña. Agora, hai cinco anos retomaron a súa actividade e todos os martes, ás 22.30 h, adestran no Álvarez Durán. A súa paixón e ilusión polo fútbol levou a este grupo de vinte persoas maiores de 60 anos a xogar en Alemaña e proximamente en Tenerife. Así nolo contaron hoxe...

Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | "Truco ou trato" de Samaín 29.10.2025

ACITUI celebra este venres un "truco ou trato" para nenos e nenas por establecementos de Tui. Serán 35 os locais que repartirán con caramelos a partir das 17 h. O presidente de ACITUI, Pepe Míguez, deu hoxe os detalles desta iniciativa, que ten como obxectivo dar a coñecer os produtos e servizos que a veciñanza ten á súa disposición.

Ent. Jorge Amoedo e Joel Castro, veciños do conxunto histórico de Tui | Decoración reivindicativa de Samaín 29.10.2025

As rúas do conxunto histórico de Tui transformáronse estes días nunha acción reivindicativa por parte da veciñanza para esixir medidas urxentes que garantan, entre outras, a súa seguridade física. Ao redor de 100 veciños e veciñas decidiron unir forzas co obxectivo de que o Concello traballe en temas que consideran prioritarios, comezando polos cimentos. Jorge Amoedo e Joel Castro, veciños do conx...

Espazo Comercio | Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo e Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI 28.10.2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá o local de Abalorios MyR, na rúa Compostela, un dos establecementos adheridos ao proxecto piloto de reclamación dixital en materia de consumo a través de QR. Unha iniciativa da que os establecementos tudenses poden coñecer todos os detalles en ACITUI. Así nolo contaron hoxe Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo e...

Ent. María Xosé Porteiro, escritora, xornalista e política | Evento María Xosé Porteiro a activista das palabras 28.10.2025

A escritora, xornalista e política María Xosé Porteiro será a protagonista do evento De Pioneiras e Andainas que organiza o Consello de Cultura Galega. Esta xornada celebrarase este xoves, dende ás 9.45 h, en Santiago de Compostela, baixo o título "María Xosé Porteiro: Activista das palabras". Hoxe conversamos con María Xosé Porteiro sobre este evento, sobre os teitos a bater como muller e xornali...

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "Os irmáns Skladanowsky", de Wim Wenders 27.10.2025

O Cineclub Tui cumpre un ano e faino coa súa retrospectiva dedicada ao cineasta alemán Wim Wenders. A cita será mañá coa proxección de "Os irmáns Skladanowsky" no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, con sesións ás 18.30 h e 20.45 h. Conversamos sobre este filme con Noemí Guisande, do Cineclub Tui. A entrada é gratuita para persoas socias e menores de 18 anos e de 3 euros para público xer...

Ent. Pilar Blanco, propietaria del restaurante de El Molino | Premio de EuRural no Foro da Muller Galega 27.10.2025

Toda unha vida entre os fogóns é a de Pilar Blanco. Hai un días a súa dedicación á cociña foi recoñecida no V Foro da Muller Rural. A piques de cumprir 90 anos hoxe contounos coma leva dende os 9 anos no Restaurante El Molino, en Tui.

Ent. Sonia Sestelo, tesoureira da Asociación ADEE | Día Internacional da Acondroplasia 27.10.2025

O pasado sábado, 25 de outubro, conmemorouse o Día Internacional da Acondroplasia e das Displasias Esquéleticas. Hoxe coñecemos máis destas displasias óseas coa tudense Sonia Sestelo, tesoureira da Asociación de persoas con Androplasia e outras Displasias Esqueléticas con Ananismo.

Ent. Natalia Lago, a Fada do Aloia | Andaina de Samaín 27.10.2025

A Fada do Aloia organiza unha actividade especial para este venres, ás 19 h, con motivo do Samaín. Na mesma, Natalia Lago, a Fada do Aloia, dará a coñecer tradicións desta festividade. Así nolo contou hoxe. Os nenos e nenas poden acudir disfrazados de personaxes relacionados co Samain e levar cabazas decoradas. O prezo da actividade é de 10 euros para adultos e de 8 para os nenos e a reserva pode...

Ent. José Álvarez, da Asociación A Insua de Caldelas | Nova directiva e actividades 27.10.2025

Dezasete persoas conforman a nova directiva da Asociación A Insua de Caldelas tras a asemblea xeral na que se produciron varios cambio. Así nolo contou hoxe José Álvarez, membro da directiva, quen tamén nos presentou novas actividades que van realizar. Deunos os detalles do curso de linguaxe musical para música tradicional e da celebración do San Martiño do 14 ao 16 de novembro.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, Manuel Fernández e Manuel Vázquez, de Levada Libre | Memoria Democrática 24.10.2025

Mañá comeza o mes da Memoria Democrática en Tui, cun programa conformado por oito actividades. A primeira delas será mañá sábado cuha homenaxe a Dario Álvarez Blázquez, ás 12.30 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Amais a Asociación Levada Libre desenvolverá dúas actividades a vindeira semana. O luns coa proxección dun documental e conferencia de Xesús Alonso Montero, e o xoves co...

Ent. Candela Bastos, terapeuta ocupacional de Anarela | Charla "Coidar sen descoidarse" 24.10.2025

Este domingo conmemórase o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido. Con este motivo, o Centro Anarela organiza para o próximo luns 27 ás 12 h no Centro Sociocomunitario a charla "Coidar sen descoidarse". O obxectivo e aportar pautas e consellos para mellorar a accesibilidade nos fogares de persoas que sufran dano cerebral adquirido, dende unha perspectiva da terapia ocupacional. A participación na...

Ent. Norma Calzado e Noel Claro, da Comisión de Areas | Festas da Virxe do Rosario 24.10.2025

Areas celebra festas na honra á Virxe do Rosario esta fin de semana. Unhas celebracións que comezan mañá e nas que non faltarán a gastronomía e a música. Norma Calzado e Noel Claro, da Comisión de Areas presentáronnos o programa completo de festas. Tamén conversamos coa presidenta da comisión, Rita Álvarez.

Ent. Aitor Martínez, torneiro de madeira | Finalista do Premio Produto nos Premios Nacionais de Artesanía 2025 24.10.2025

O torneiro de madeira Aitor Martínez, de Tomiño, é un dos finalistas dos Premios Nacionais de Artesanía 2025. Concretamente competirá polo Premio Producto pola súa colección Mundos. Tratáse dunha creación baseada na utilización da materia prima sostible e coa trazabilidade documentada co obxectivo de por en valor a orixe e a materia da que se dispón no territorio. Hoxe Aitor Martínez deu conta de...

Ent. Manuel Madarnás, trompetista e Jorge Pimentel, baterista | Xira La MMarca 23.10.2025

Nova data dentro da xira La MMarca este sábado ás 22.30 h en San Miguel de Oia, Vigo. As entradas están á venda en lammarcaespectaculo.com Hoxe coñecemos os detalles con Manuel Madarnás, trompetista, e Jorge Pimentel, baterista.

Ent. José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos | X Pinta Tui 23.10.2025

Aínda está aberto o prazo de inscrición para participar na décima edición do concurso de pintura Pinta Tui, que se celebra este domingo. Pode facerse de xeito presencial na Oficina Municipal de Turismo, ou a través dos correos turismo@tui.gal, efectostui@hotmail.com ou acitui@acitui.es. José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos, explicou hoxe os premios do concurso e os requisitos.

Ent. Judicael Romero, cociñeiro | Segundo premio na IV Edición do Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia 23.10.2025

O cociñeiro tudense Judicael Romero vén de acadar o segundo posto na IV Edición do Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia-Ribeira Sacra que se celebrou en Ourense. Compartiu o segundo premio co seu compañeiro Alberto Fernández do Hotel Restaurante Pallabarro, en Allariz. Judicael Romero explicaba como recibiu este recoñecemento pola súa tapa “Morriña”.

Ent. Manolo González e José Manuel Solleiro, da Coral Ponte das Febres | Festival da Caída da Folla 23.10.2025

Este domingo, ás 18.00 horas, a Casa Cultural de Santa Columba de Ribadelouro acolle o Festival da Caída da Folla que organiza a Coral Ponte das Febres e no que non actuará soa, xa que tamén participan a Coral Ecos do Folón do Rosal e a Coral Os Penediños de Atios, do Porriño. Así nolo contaron hoxe Manolo González e José Manuel Solleiro, da Coral Ponte das Febres.

Ent. André Fernandes, presidente da Asociación Deportiva Verdoejense | Carreira 2 leguas 23.10.2025

O domingo 2 de novembro celebrarase a terceira edición de “2 Leguas”, a proba de 10 quilómetros que transcorrerá entre Tui e Valença, por lugares coma a vella Ponte Internacional, a fortaleza de Valença ou o conxunto histórico tudense. Haberá outras probas coma a “Leguaziña” de 500 metros para participantes de 7 a 11 anos, e a mini-Legua de 1,5 kms para os que teñan entre 12 e 17 anos, amais de un...

Ent. Ángeles Leirós, xerente de Aceesca, Clara De Macedo e Montse Mon, de Familias Aceesca |"Miña casa, miña comunidade" 22.10.2025

ACEESCA reclama apoio urxente para finalizar a residencia de Torneiros, o proxecto “Miña casa, miña comunidade”, que comezou no ano 2022 cun orzamento de 5 millóns de euros. O vindeiro 30 de novembro finaliza o prazo para xustificar a subvención europea que recibiron, de 2 millóns de euros, data para a que non terán conseguido o orzamento total. Piden agora unha ampliación do prazo para a xustific...

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc | Proxectos selecionados VENTURA 22.10.2025

Sete proxectos galegos foron seleccionados para participar na cuarta edición de VENTURA, a plataforma de formación profesional, desenvolvemento de proxectos e foro de coprodución internacional organizada polo festival Play-Doc de Tui. Hoxe, Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc, deu conta dos distintos proxectos participantes e das distintas fases que se van desenvolver dentro deste programa.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.