Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Sep 30, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. José Fernández, da Asociación Amigos das Motos Antigas | XX Mercadillo e exposición de motos antigas 07.11.2025 3:24
Este sábado e domingo celébrase no pavillón polideportivo de Goián o XX Mercadillo e exposición de motos antigas. Poderase visitar mañá de 10 h a 14 h e de 16 h a 20 h e o domingo de 9.30 h a 14.30 h. Nel poderemos atopar unha exposición de motos antigas, mercar motos e recambios e tamén pezas para coches clásicos. Deunos hoxe todos os detalles José Fernández, da Asociación Amigos das Motos Antiga...
Ent. Elisardo de la Cruz, actor | Esas cousas marabillosas 07.11.2025 5:14
Hoxe ás 21 h o Teatro Municipal de Tui acolle a representación de "Esas cousas marabillosas", unha proposta divertida e conmovedora da compañía Empatía Teatro. Elisardo de la Cruz interpreta esta obra escrita por Duncan MacMillan, e traducida e dirixida por Avelino González e hoxe nos daba todos os detalles deste espectáculo participativo co público. As entradas están dispoñibles en tui.gal a un p...
Ent. Alfonso Muñiz e Jorge Martínez, da Asociación Laxes | Magosto en Paramos 07.11.2025 2:57
Este domingo celébrase o magosto en Paramos. A cita será a partir das 17 h no Centro Cultural Laxes onde haberá xogos populares con O Xogueteiro; un concerto con Cé Orquestra Pantasma, chouripán e salchipapas e o magosto. Así nolo contaron hoxe Alfonso Muñiz e Jorge Martínez, da Asociación Laxes.
Ent. Eva Martínez e Javier Argüelles, da Asociación de Afectados pola Deleción 1p36 | Calendario solidario 2026 06.11.2025 8:16
Xa está dispoñible o calendario solidario da Asociación de Afectados pola Deleción 1p36. Os nenos e nenas da asociación posan xunto a varias celebridades coma Silvia Jato, Joan Laporta ou Alejandro Valverde, que colaboraran neste proxecto solidario que chega a súa décima edición. Así nolo contaron hoxe Eva Martínez e Javier Argüelles, da Asociación de afectados pola deleción 1p36. En Tui os calend...
Ent. Marga do Val, do IEAMSo e Tareixa Navaza, xornalista | Programación do Mes Memoria Demócratica 06.11.2025 22:24
Hoxe xoves ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela continúa a programación do Mes da Memoria Democrática en Tui co coloquio “A prensa desde Sobredo á volta de Castelao”. Unha actividade organizada polo Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo na que a xornalista Tereixa Navaza abordará como o agrarismo e os Sucesos de Sobredo tiveron gran repercusión na prensa escrita e...
Ent. Tete Castillo e Margot Cendón, veciñas Conxunto Histórico | Solicitudes acceso e actuación de urxencia 05.11.2025 12:24
A veciñanza do conxunto histórico solicita que os accesos a esta zona da cidade estean sempre operativos e demanda do concello que actúe de xeito urxente ante os inmobles que consideran teñen risco de derrube. Así nolo contaron hoxe Tete Castillo e Margot Cendón, veciñas Conxunto Histórico de Tui.
Ent. José Ramón Santamaría, José Quinteiro e Ruth Villar | Gran recollida de alimentos 05.11.2025 10:25
Esta fin de semana terá lugar a gran recollida de alimentos organizada polo Banco de Alimentos de Vigo e SOS Tomiño Baixo Miño. Unha iniciativa solidaria na que agardan superar os 325.000 kilos acadados o ano pasado. José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos; Ruth Villar, responsable de prensa da mesma; e José Quinteiro, presidente de SOS Tomiño Baixo Miño explic...
Ent. Lucía Álvarez, de ACCEM Vigo | Sesións informativas sobre estranxeiría e obtención da nacionalidade española 04.11.2025 10:01
As persoas migrantes do Baixo Miño poderán participar este venres 7 de novembro en dúas sesións informativas sobre estranxeiría e obtención da nacionalidade española, que organiza Accem en colaboración co Concello de Tui. Ambos talleres desenvolveranse na aula Cemit de Tui, no edificio Francisco Sánchez. A primeira comeza ás 10 h, e versará sobre temas de estranxeiría; e a segunda será ás 12 h, so...
Espazo comercio | Iván Carral, de Avatel 04.11.2025 6:07
Avatel cumpre tres anos en Tui, na rúa Compostela, ofrecendo servizos adaptados a cada un dos seus clientes e ampliando a súa rede nas parroquias tudenses. Hoxe coñecemos as ofertas, sorteos e novas iniciativas con Iván Carral, de Avatel, no Espazo Comercio que levamos a cabo en colaboración con ACITUI.
Raíces e vangarda, co chef Judicael Romero | Sopa de burro cansado 03.11.2025 12:59
Hoxe luns abrimos unha nova sección semanal no programa Día a Día, co chef Judicael Romero. En "Raíces e vangarda" falaremos de gastronomía con historia, de tendencias gastronómicas, de historia, de recordos e de intelixencia emocional na cociña. Cada luns Judicael Romero traerá unha receita con historia e vangarda. Hoxe, sopas de burro cansado.
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Annie Hall, de Woody Allen 03.11.2025 4:01
Mañá martes o Cineclub Tui rende homenaxe a Diane Keaton proxectando a película "Annie Hall", coa que a actriz acadou o Oscar. Será cunha dobre sesión, ás 18.30 horas e as 20.45 horas. Noemí Guisande do Cineclub Tui lembraba a traxectoria da actriz e o seu papel neste filme, que se poderá ver no Espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. As entradas teñen un prezo de 2 euros para persoas socias...
Ent. Javier Martínez, copiloto de rallies | Campionato de España de Rallies de Asfalto 03.11.2025 3:38
O copiloto de rallies Javier Martínez conseguiu esta fin de semana alzarse co Campionato de España de Rallies de Asfalto, xunto ao seu compañeiro Jorge Cagiao, no Rallie Costa de Almería. O salcedense afincado en Tui deu conta de como viviron esta nova vitoria, na que revalidan título e que supón o terceiro na carreira de Javier Martínez e repasaba a próxima cita que ten no calendario.
Ent. Grupo Partuicipando | Participación no Encontro Autonómico de Consellos Locais 01.11.2025 15:05
Coñecemos como foi a participación do grupo Partuicipando no Encontro Autonómico de Consellos Locais que se celebrou o 18 e 19 de outubro no que traballaron sobre os dereitos dixitais. Tamén nos deron conta das próximas citas que teñen coma é o pleno infantil en Tui, e animaron a nenos e nenas e mozos e mozas tudenses a incorporarse a Parttuicipando. Así nolo contaron Ant'ón, Eva, Xiana, Iria e Pe...
Ent. Miguel Abreu, director do Trofeo e da Escola de Baile Pasos| XI Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença 31.10.2025 4:07
Máis de 600 bailaríns e bailarinas de España e Portugal van a participar esta fin de semana no XI Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença que se vai a desenvolver no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui. Dous días intensos de baile nos que se disputarán distintas modalidades. Así nolo contou hoxe Miguel Abreu, director do Trofeo e da Escola de Baile Pasos.
Ent. Narciso Serra, historiador | Conversas na Feira de Santos 31.10.2025 8:38
Mañá 1 de novembro celébrase a Feira de Santos, en Cerdal. Unha cita multitudinaria que está declarada Patrimonio Cultural Inmaterial de Portugal. Previo a esta feira, hoxe venres ás 19 h a Capela de San Bento da Lagoa acolle a terceira edición das Conversas na Feira. Este ano o título é “Feira dos Santos de Cerdal – Unha Feira Transformada en Selo”, onde se presentará a colección de selos dedicad...
Ent. Chechi, Juli e Poli, integrantes de Doroxo Presbiçian | Lanzamento do seu EP "bla, bla, bla" 31.10.2025 12:59
A banda de Mos Doroxo Presbiçian acaba de estrear o seu novo traballo discográfico, titulado “bla bla bla”. Un EP composto de catro temas que conforman un percorrido emocional e reflexivo onde falan de actualidade e crítica social. Hoxe coñecemos a tres dos cinco integrantes do grupo: Chechi, Juli e Poli.
Ent. Conchi Martínez, voceira da Plataforma en Defensa da Sandidade Pública de Tui | Situación no centro de saúde 31.10.2025 9:54
O centro de saúde de Tui ten dúas baixas debido ás xubilacións dunha doutura e dunha enfermeira, postos que aínda non foron cubertos. Unha situación que continuará con outras dúas xubilacións o próximo ano. Esta situación provoca que as listas de agarda aumenten e que as consultas estean sobrecargadas. Desta problemática conversamos hoxe con Conchi Martínez, voceira da Plataforma en Defensa da San...
Ent. Uxía Pérez Bugarín, atleta tudense | Gañadora da Carreira Pedestre Popular de Santiago 31.10.2025 6:14
A atleta tudense Uxía Pérez Bugarín vén de gañar a Carreira Pedestre de Santiago. Un percorrido de 12 quilómetros, que completou nun tempo de 43:02 malia a dureza da ruta. Coa corredora do Celta feminino conversamos hoxe sobre esta vitoria e sobre as próximas citas no seu calendario que a levarán a competir en decembro e xaneiro.
Ent. Manuel Vázquez de la Cruz e Manuel Fernández de Levada Libre | Acto de memoria 30.10.2025 12:35
Levada Libre organiza hoxe ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela un acto de memoria no que explicarán o porque do mesmo, proxectarán o documental “Unha historia galega, retratos da represión na Galicia de 1936”, e contarán coa interpretación musical de Alex González e Rubén López do Conservatorio Profesional de Música de Tui. Así nolo contaron hoxe Manuel Vázquez de la Cruz e Ma...
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Mes da Memoria Democrática 30.10.2025 6:02
Hoxe, 30 de outubro, ás 18.30 h terá lugar o descubrimento dunha placa en recoñecemento ao médico Alejo Diz Jurado na fachada do Centro de Saúde de Tui. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, deu conta hoxe deste recoñecemento e da figura de Alejo Diz. O acto forma parte da programación do Mes da Memoria Democrática. Hoxe precisamente cúmprense 89 anos do fusilamento na Alameda de San Domingos,...
Ent. Aurora Parajó, da Comisión San Roque de Porto | Magosto 30.10.2025 3:15
Este sábado 1 de novembro a Comisión San Roque de Porto, en Salvaterra de Miño, organiza un magosto, ás 18.00 horas no Centro Cultural de Porto. Aurora Parajó, membro da comisión daba todos os detalles desta cita gastronómica na que non faltarán as castañas e viño de balde, chouripán e chocolate a prezos populares. Tras 14 anos sen celebrarse este ano recuperaron as festas de San Roque, e agora or...
Ent. Samuel Ferro, escritor | Taller de escritura e de defensa persoal feminina no Liceo Casino de Tui 30.10.2025 6:29
Dúas novas actividades vanse a desenvolver no Liceo Casino de Tui. Os martes de 20.15 a 21.15 horas terá lugar un taller de escritura e os mércores de 17.00 a 18.00 horas desenvolverase un taller de defensa persoal feminina. Ambos a cargo do vigués Samuel Ferro, escritor e experto en artes marciais. Con el conversamos hoxe sobre estas dúas actividades para as que se pode realizar a inscrición en p...
Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo, Patrimonio e Comercio e José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos | Pinta Tui 30.10.2025 6:09
A pasada fin de semana celebrouse a décima edición do concurso de pintura Pinta Tui cun récord de participación con 64 persoas. Hoxe Ana Núñez, concelleira de Turismo, Patrimonio e Comercio, e José Díez, de Artes Creativas Efectos, fixeron balance desta actividade, xa consolidada no municipio.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Conxunto Histórico | Resposta ás reivindicacións da veciñanza 30.10.2025 11:50
A concelleira do Conxunto Histórico e Patrimonio, Ana Núñez, respondeu hoxe as reivindicacións da veciñanza do conxunto histórico de Tui. Ana Núñez indicaba que entende a súa preocupación e comparte o desexo de ver un conxunto histórico rehabilitado e cheo de vida. Ana Núñez precisaba que o deterioro desta zona da cidade vén de moitos anos atrás, e apuntaba que a imaxe de abandono absoluto desta z...
Ent. Iria Pinheiro | Concerto para bebés Pitiminí 30.10.2025 3:28
Unha proposta teatral e musical para bebés é a que chega mañá venres ao Teatro Municipal de Tui da man de Davide González e Iria Pinheiro. Será un menú musical denominado “Pitiminí”, para público familiar no que haberá tamén interacción co público. Así nolo contaba Iria Pinheiro. A cita será mañá venres no Teatro Municipal con dúas funcións ás 17.30 h e ás 19 h. As entradas aos prezos de 4€ e 3€ e...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.