Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Sep 30, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Marta Romero e Anas Fadoul, da Comisión de Rebordáns | Campionato de tutifruti, mercado de Nadal e pre fin de ano 19.11.2025 3:57
O próximo sábado 29 de novembro a comisión Amigos da Festa de Rebordáns organiza un campionato de tutifruti. Para participar é necesario inscribirse previamente. Marta Romero e Anas Fadoul, da comisión, explicaron hoxe como se organizará este campionato, e tamén avanzaron detalles da súa festa pre fin de ano e da súa presenza no Mercado de Nadal do Concello de Tui cun posto dende o 10 de decembro...
Ent. Nuria Palamidessi, psicóloga sanitaria | Taller de somatización no Liceo Casino 19.11.2025 4:41
Este venres día 21 o Centro Anarela organiza un taller co título “Escoitas ao teu corpo? Como as emocións vólvense síntomas”. Será no Liceo Casino de Tui de 19.30 h a 21 h. Unha das profesionais que impartirá o taller é a psicóloga sanitaria Nuria Palamidessi, que hoxe deu conta das actividades que van a realizar as persoas que asistan a formación. A inscrición é obrigatoria, nas redes sociais do...
Ent. Conchi Garrido, de Ch Ceramics | Obradoiro de cerámica no Espazo Xove de Tui 19.11.2025 7:01
Mañá xoves día 20 e o vindeiro 27 Conchi Garrido imparte un obradoiro de iniciación de cerámica no Espazo Xove de Tui, na rúa Sanz. Será en horario de 17 h a 20 h, e é preciso inscribirse no 886 11 07 97, no correo electrónico espazoxovetui.xuventude@xunta.gal ou presencialmente no espazo. Hoxe deu os detalles desta formación a artesá Conchi Garrido, de Ch Ceramics.
Ent. Belén Alonso, autónoma | Manifestación en Santiago 18.11.2025 7:29
Condicións xustas, protección social e recoñecemento do seu traballo son algunhas das reivindicacións das persoas autónomas que se van a manifestar en Santiago de Compostela o 30 deste mes de novembro. Belén Alonso é autónoma do Baixo Miño, e hoxe deu conta da iniciativa para asistir a esta manifestación en autobuses. Para máis información pode contactarse no teléfono 669 84 11 34.
Ent. Alejandra Rusell, autora de "El Juego del Escondite" 18.11.2025 4:13
A tudense Alejandra Rusell vén de publicar o seu primeiro “El juego del escondite” no que presenta 72 microrelatos independentes, e nos que o título forma parte tamén do relato. Presentarase ao público venres 12 de decembro ás 19.30 h no White Clover. O libro está xa á venda en Tui na libraría Nobel e tamén en liña. Alejandra Rusell contounos que está a traballar xa tamén no que será a súa primeir...
Espazo Comercio - Verifactu e Holded 18.11.2025 11:25
No tempo do Espazo Comercio que realizamos con ACITUI hoxe coñecemos que é o programa de facturación e xestión para autónomos Holded e cales son as características da ferramenta Verifactu. Contáronolo Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI, e Jenifer Garzón de Holded. O próximo luns, 24 de novembro, ás 20.30 h na Sala Félix Rodríguez ACITUI organiza unha charla sobre "Verifactu. Como adaptar o t...
Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade, e Paula Cabaleiro, comisaria da programación - 25N 17.11.2025 16:04
"O noso corpo, campo de batalla" é o lema elixido polo concello de Tui para conmemorar o 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. FAlamos deste lema, do cartel obra de Paula Mayor, e da programación prevista con Ana Núñez, concelleira de Igualdade, e con Paula Cabaleiro, comisaria da programación.
Raíces e vangarda, co chef Judicael Romero | Boletus confitados sobre crema de castañas y requeixo 17.11.2025 10:59
Hoxe continuamos a nosa viaxe gastronómica con Judicael Romero en "Raíces e vangarda" no programa Día a Día. Falamos de setas, de produtos de outono e damos consellos sobre a recollida de cogomelos. A receita de hoxe é boletus confitados sobre crema de castañas y requeixo.
Ent. Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, da compañía de teatro A Panadaría | As que limpan 17.11.2025 7:15
A programación de Outono no Teatro Municipal de Tui pecharase este sábado 22 ás 20 h coa sátira útopica “As que limpan” do grupo teatral A Panadaría. En Tui Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman comezaron esta xira no ano 2022, e aquí a pecharán. A compañía despedirase tamén con esta representación. Hoxe falamos coas tres actrices que subirán ao escenario este sábado.
Ent. Eloy Carrera, Miguel Prado, Antonio Barros e José Montes - Concerto de Santa Icía 17.11.2025 11:15
A Banda de Música Popular de Tui celebra este sábado a festividade da súa patroa, Santa Icía. Será ás 18 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Vaino facer cun concerto especial e solidario no que banda estará acompañada polo cantante Antonio Barros, no que van interpretar música de verbena. Así nolo contaban Eloy Carrera, director da Banda, e Antonio Barros, cantante, destacando o var...
Ent. Natalia Lago - 5 anos de A Fada do Aloia 17.11.2025 8:15
A ruta da auga, Amiga Árbore, a ruta da pedra… son só algunhas das propostas que dende hai cinco anos realiza Natalia Lago co seu proxecto de educación ambiental “A Fada do Aloia”. Natalia Lago fixo hoxe un balance positivo deste lustro de actividade pola acollida que está a ter por parte das familias,e pola incorporación de novos proxectos ao longo deste tempo. Avanzaba tamén as rutas que ten pre...
Ent. Laureano Alonso, tradutor e Rafael Sánchez Bargiela, historiador | Obra traducida ao galego de Francisco Sánchez 14.11.2025 10:52
O luns 17 preséntase, ás 20.00 horas, no edificio Francisco Sánchez en Tui a tradución ao galego do libro "Sobre a brevidade da vida" do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez. Unha tradución realizada por Laureano Alonso e na que se fai unha reflexión sobre o corpo, a alma, a vida dos seres vivos e tamén sobre a alimentación. Desta obra e da figura de Francisco Sánchez convesamos hoxe co tra...
Ent. Iván Pereira, deportista | Campionato do Mundo IRONMAN 70.3 Marbella 2025 14.11.2025 7:01
O tudense Iván Pereira vén de competir no Campionato do Mundo IRONMAN 70.3 Marbella 2025, na categoría de 40 a 44 anos. Unha proba moi dura, na que participaban 6.300 atletas de 114 países, e na que fixo un tempo de 4:42:53 h. Un gran resultado co que rematou no posto 536 na xeral, e foi 57 na súa categoría. Hoxe Iván Pereira contounos como se prepara para desputar este tipo de probas e cales son...
Ent. Mila González e Ana Pedreira, de Arume de Malvas | O Son do Outono 14.11.2025 4:55
Arume de Malvas organiza o concerto “O Son do Outono” para mañá sábado ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Actuarán a banda de gaitas Arume de Malvas e A.C. Airiños de San Xulián. Terán degustación de castañas e foliada libre. Mila González e Ana Pedreira, de Arume de Malvas déronnos hoxe todos os detalles.
Ent. Sara Rodríguez, maga, e Gonzalo Albiñana, director | Magia en la Manga con Singularia 13.11.2025 6:58
Tras un ano intenso de traballo mañá venres, ás 19 h, estréase no Teatro Municipal de Tui "Singularia" un espectáculo de maxia para público familiar da man de Magia en la Manga. Unha coidada posta en escena, a dramaturxia, e por suposto os números de maxia cunha estética moi coidada e que saen do convencional trazan as liñas mestras dun espectáculo tan singular coma o seu título "Singularia". Sara...
Ent. Belén Montero, da Asociación Cura y Arte en Camiño de Caldelas | Obradoiro de máscaras 13.11.2025 5:06
A asociación Cura e Arte en Camiño de Caldelas organiza para este sábado ás 17 h no local da comunidade de montes un obradoiro de máscaras de cartón pedra. Unha actividade para a que é preciso inscribirse previamente no teléfono 644 54 23 65 xa que as prazas son limitadas. Os menores de 6 anos deben acudir acompañados dun adulto. Deunos todos os detalles desta actividade Belén Montero, da asociaci...
Ent. Carla Miranda, responsable de proxectos de Dano Cerebral Galicia | Dano Cerebral Adquirido 13.11.2025 7:58
O dano cerebral adquirido é a principal causa de discapacidade en persoas adultas, con 35.000 galegos e galegas que o padecen. A prevención é clave. Coñecemos máis hoxe con Carla Miranda, responsable de proxectos de Dano Cerebral Galicia e traballadora social.
Ent. MarJewelrin | Obradoiro Crea a túa xoia peluda 12.11.2025 4:05
Este sábado María Freiría, MarJewelrin, vai impartir a segunda edición do obradoiro “Crea a túa xoia peluda”, a partir das 17.00 horas na Oficina de Turismo de Tui. Unha cita para a que é preciso inscribirse previamente a través das súas redes sociais ou no teléfono 608 27 27 70. O prezo é de 40 euros por persoa, cos materiais incluídos. Este taller ten carácter solidario xa que o 20% do que se re...
Ent. Lourenzo Fernández Prieto, catedrático da USC | Conferencia As vítimas e a memoria 12.11.2025 8:43
Esta tarde, ás 19 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, continúa a programación do Mes da Memoria Democrática coa celebración da Xornada sobre a recuperación da memoria democrática de Tui. Esta actividade, organizada polo Concello de Tui, comezará coa conferencia inaugural “As vítimas e a memoria” por Lourenzo Fernandez Prieto, catedrático de historia contemporánea da USC e numerario...
Ent. Antón Corral | Premio da Cultura Galega 2025 11.11.2025 15:29
A música galega actual de seguro non se podería entender sen a aportación que ao longo das últimas décadas ten realizado á mesma Antón Corral, tanto como mestre coma na súa faceta de construtor de instrumentos. Antón Corral é Premio da Cultura Galega 2025 na categoría de patrimonio cultural. Hoxe falamos con el deste premio, da súa traxectoria e da música galega.
Espazo comercio | Lucía Nogueira, de Asesoría Lucía Nogueira 11.11.2025 7:37
Constituir unha empresa, a xestión diaria da mesma e o acompañamento continuo son algúns dos servizos que oferta a asesoría Lucía Nogueira. Hoxe, no noso Espazo Comercio en colaboración con ACITUI, conversamos con Lucía Nogueira sobre a dixitalización e as consultas máis habituais dos clientes e clientas.
Raíces e vangarda, co chef Judicael Romero | Caldo galego 10.11.2025 16:33
Esta mañá continuamos a nosa viaxe gastronómica con Judicael Romero en "Raíces e vangarda" no programa Día a Día. Falamos de produtos e productores locais, do Mercado de San Antonio, de consellos saudables, e a receita protagonista hoxe foi a do caldo galego.
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "Funny Games" 10.11.2025 4:24
O Cineclub Tui proxectará mañá martes a película Funny Games, do director austríaco, Michael Haneke. Unha película que reflexiona sobre a xuventude, a violencia ou a falta de empatía da sociedade ante a dor allea. Haberá dobre sesión ás 18:30h e ás 20:45h. Así nolo contou hoxe Noemí Guisande, do Cineclub Tui, que tamén adiantou as proxeccións para a vindeira semana. A entrada ten un prezo de 2€ pa...
Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Balance campaña de Samaín 10.11.2025 4:34
O pasado venres, 31 de outubro, ACITUI impulsou a campaña "Truco ou trato" polos comercios tudenses. Unha iniciativa na que participaron 56 comercios e a asociación entregou máis de 10 quilos de caramelos. Pepe Míguez, presidente de ACITUI, fixo balance desta campaña e avanzaba que xa están traballando nas propostas que van realizar de cara ao Nadal.
Ent. Ángel Sánchez, João Pedro Rodrigues, Xacio Baño e Aira Portos | Primeira etapa de Ventura 07.11.2025 15:39
Durante cinco días sete realizadores e realizadoras galegas participaron en Tui na primeira etapa de Ventura, unha residencia artística que organiza o Festival Play Doc. Dende a Radio Municipal coñecemos algúns dos proxectos que se están a desenvolver ao abeiro desta iniciativa, conversando tamén con Ángel Sánchez, codirector de Play Doc, e João Pedro Rodrigues, cineasta portugués e titor de Ventu...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.