Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6485 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Sep 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Raíces e Vangarda con Judicael Romero - Solomillo ao mencía con uvas 01.12.2025

Con Judical Romero abrimos un novo tempo dedicado a gastronomía en "Raíces e vangarda" hoxe baixo o título de "Nadal de luxo a prezo de saldo". Hoxe contounos coma elaborar un "Solomillo ao mencía con uvas".

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde, e Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | 800 aniversario consagración da Catedral 28.11.2025

Este domingo comezan os actos conmemorativos do 800 aniversario da Consagración da Catedral de Tui. Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e coa concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, abordamos este destacado acontemento dunha das iconas do patrimonio tudense e galego.

Ent. Enrique Cabaleiro, José Quinteiro e Miguel Veiga | Árbore dos desexos 28.11.2025

Hoxe venres acéndese o alumeado de Nadal en Tui ás 18.30 h, un camiño máxico onde a solidariedade está presente coa Árbore dos Desexos. Estará situada na praza da Inmaculada, cos desexos dos nenos e nenas das familias de SOS Tomiño Baixo Miño colgadas nas suas pólas. Hoxe déronnos os detalles desta iniciativa Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; José Quinteiro, presidente de SOS Tomiño Baixo Miño, J...

Ent. Noelia Martínez, Andrea Rodríguez, Rosa González de Donicelas | Presentación Disco a Nena do Pelo Loiro 28.11.2025

O auditorio de Salceda acolle este domingo ás 18 h a presentación en directo do novo disco de Donicelas "A nena do pelo loiro", no que reúnen pezas tradicionais e composicións propias que poñen en valor a riqueza do patrimonio musical galego. Coñecemos este traballo e como será o concerto con Noelia Martínez, Andrea Rodríguez, Rosa González que forman parte de Donicelas.

Ent. Marga do Val e Margarita Ledo - Conmemoración dos Sucesos de Sobredo 28.11.2025

Mañá sábado terá lugar a conmemoración dos Sucesos de Sobredo. Comezará ás 11 h na carballeira de San Xosé para logo ir até o monumento onde terá lugar o acto no 103 aniversario daqueles feitos. A presidenta do IEAMSo, Marga do Val, dará a benvida, e fará unha lembranza José Piñeiro Trillo e Raúl Lago, falecidos este ano. Logo intervirá Margarita Ledo Andión, e terá lugar a ofrenda floral no monum...

Ent. Hermelindo Ruíz, compositor e músico - “Os fogos de San Telmo” estrearase en Europa o domingo en Tui 28.11.2025

Este domingo dentro do “Concerto centenario” estrearase en Europa a obra “Os fogos de San Telmo” creada polo compositor portoriqueño Hermelindo Ruíz, que estará tamén á guitarra na interpretación. Dirixirá esta composición Roselín Pabón. Hoxe con Hermelindo Ruíz coñecemos a inspiración e os ritmos desta composición que forma parte do repertorio deste domingo.

Ent. Mónica Crisóstomo, de Ideas Peregrinas | Colaboración con Conservas Evangelina 27.11.2025

A posta en valor do produto local e tradicional é o espírito que marca o traballo de Ideas Peregrinas, que vén de presentar unha colaboración con Conservas Evangelina. Lombos de sardiña enlatados é o produto que podemos atopar xa no establecemento tudense, froito desa unión. Hoxe presentounos esta colaboración Mónica Crisóstomo, de Ideas Peregrinas, quen tamén adiantou que o vindeiro xoves día 5 M...

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, Óscar Silva, vereador de Desporto, e Justi Peixoto, da organización 27.11.2025

Este sábado 29 máis de 700 deportistas realizarán a Urban Trail Night nas dúas modalidades, de 8 e 16 quilómetros, entre Valença e Tui. Coñecemos os detalles desta proba na súa novena edición con Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, Óscar Silva, vereador de Desporto de Valença, e Justi Peixoto, da organización.

Ent. Tino Baz, músico, e Antón Silva, dos Folieiros de Lavadores | A música en Sobredo 27.11.2025

Mañá venres prosegue o ciclo “Sobredo, 103 anos despois” organizado polo Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSo), coa colaboración do Concello de Tui, e que forma parte do Mes da Memoria Democrática. "A música en Sobredo" será a cita de mañá ás 19.30 h no Espazo sociocultural, da rúa Camilo José Cela onde intervirán Tino Baz e @s Folieir@s de Lavadores. Con eles conversamos hoxe...

Ent. Dani Méndez, bailarín e cantante tudense - Participación en Recantos Luar e clases de baile en Tui 26.11.2025

O tudense Dani Méndez é bailarín e cantante, e dende o mes de setembro concursa en Recantos, no programa Luar, onde canta, baila e desenvolve tamén a súa paixón pola moda. Ademais imparte clases de baile para todas as idades no Liceo Casino de Tui, grupos coas inscricións aínda abertas. Hoxe falamos con el sobre os seus inicios e a súa experiencia no concurso.

Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda - Finalista da campaña “Xuntos brillamos máis" de Ferrero Rocher 26.11.2025

A Guarda quere brillar este Nadal. É xa un dos cinco municipios finalistas da campaña "Xuntos Brillamos Máis" de Ferrero Rocher. O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, deunos conta do que supón para a Guarda ser unha das finalistas, e convidaba a votar pola vila. Votar: https://www.ferrerorocher.com/es/es/xp/navidaddeoro/votar/?pp_town=AGR

Ent. Sara Areal e Samuel Diz - Concerto Centenario 26.11.2025

Un concerto organizado dende o corazón, con coñecemento do espazo onde se vai celebrar e que busca emocionar. Así é o "Concerto Centenario" que este domingo, ás 17.30 h vai ter lugar na Catedral de Tui abrindo o programa conmemorativo do 800 aniversario da consagración do templo catedralio. Así nolo contaron hoxe os músicos tudenses Sara Areal e Samuel Diz, que encabezan aos intérpretes e composit...

Ent. Noé Cortiñas, presidente da Asociación Galega de FootGolf, xogador nacional e seleccionador de España 25.11.2025

A unión entre golf e fútbol deriva nun deporte: FootGolf. Hoxe coñecemos máis sobre este deporte, onde se pode practicar en Galicia e cales son os próximos campionatos a nivel galego, nacional e internacional. Conversamos con Noé Cortiñas, presidente da Asociación Galega de FootGolf, xogador nacional e seleccionador de España.

Ent. Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI | Balance charla Verifactu 25.11.2025

Máis de 60 persoas asistiron onte luns á charla sobre Verifactu que organizou ACITUI na sala Félix Rodríguez. Hoxe fixo balance desta actividade a vicepresidenta de ACITUI, Lucía Nogueira.

Espazo Comercio | Jairo Correa, de Pet&Grow Shop 25.11.2025

Pet&Grow Shop é unha nova tenda que abriu en Guillarei, con artigos para mascotas, abonos, sementes, e moito máis, que hoxe coñecemos co seu xerente, Jairo Correa, no Espazo comercio que realizamos en colaboración con ACITUI.

Raíces e vangarda, co chef Judicael Romero | Abadexo, costra de pataca e allada 24.11.2025

Hoxe continuamos a nosa viaxe gastronómica co chef Judicael Romero en "Raíces e vangarda" no programa Día a Día. Falamos de peixerías, do Mercado de San Antonio e das virtudes do abadexo. A receita de hoxe é abadexo, costra de pataca e allada.

Ent. Emilio Estévez e Gonzalo Barrio | Tertulias peregrinas 24.11.2025

Ideas Peregrinas acolleu a pasada semana unha nova Tertulia Peregrina, onde o investigador Gonzalo Barrio ofreceu unha charla titulada "Charles Lindbergh e Tui: unha parada na historia da aviación". Asistiron 50 persoas. Hoxe coñecemos máis sobre esta iniciativa co seu impulsor, Emilio Estévez, e o investigador Gonzalo Barrio.

Ent. Loli Estévez, de As Rutas de Suso | Papanoelada moteira 24.11.2025

O próximo domingo 14 de decembro as rúas de Tui e as súas parroquias encheranse de Papás Noeles en moto nunha papanoelada moteira que organiza o Concello de Tui coa colaboración de As Rutas de Suso. Será unha cita de carácter solidario, polo que as persoas que queiran participar deberán entregar un quilo de alimentos. Coñecemos os detalles con Loli Estévez, do grupo As Rutas de Suso.

Ent. Diana Gonçalves, cineasta tudense | Spot do 25N da Deputación de Pontevedra 21.11.2025

Tui e Valença son os escenarios do vídeo da Deputación de Pontevedra no 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A escritora e directora do vídeo e a cineasta tudense Diana Gonçalves, con quen hoxe conversamos sobre esta súa primeira ficción e sobre a mirada que quixo poñer nela.

Ent. Patricia Múñoz, de Amodo Turismo | Ruta polas Sobreiras do Faro 20.11.2025

Este domingo ás 10.30 h haberá un paseo interpretativo polas Sobreiras do Faro, en Oia, a cargo de Patricia Múñoz de Amodo Turismo. O percorrido permitirá coñecer en profundidade este Espazo Privado de Interese Natural (EPIN) que forma parte tamén do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. A inscrición ten un prezo de 15€. Pódese ampliar a información en www.amodoturismo.com Deunos todos os det...

Ent. Javi Niño, coordinador deportivo do CB Tui | Campus de Nadal 20.11.2025

Para favorecer a conciliación familiar nas vacacións de Nadal nace este ano o Campus de Nadal do CB Tui, seis días no mes de decembro e tres en xaneiro, en horario de 9 h a 14 h. Deu hoxe todos os detalles o coordinador deportivo do club, Javi Niño. As inscricións deben realizarse no teléfono 634 61 60 76.

Ent. Manuel Madarnás e Jorge Pimentel | Peche da Xira La MMarca 20.11.2025

Este sábado remata a xira do espectáculo La MMarca que lidera Manuel Madarnás. Dende o 13 de xullo teñen percorrido un bo número de escenarios tal e coma hoxe nos contaban Manuel Madarnás e Jorge Pimentel, que nos falaron tamén deste peche, e dos próximos proxectos.

Ent. Miguel Martínez e Majo González de Xuntanza | XII Mostra Teatral Miguel Troncoso 20.11.2025

Estase a celebrar na Casa Cultural de Randufe, organizada pola Asociación Cultural Xuntanza, a XII Mostra Teatral Miguel Troncoso. Son un total de seis xornadas teatrais con grupos de Randufe, Sobrada, Vigo, O Rosal, Pazos de Reis e Alxén que comezaron o 8 de novembro e continuarán até o 13 de decembro. Miguel Martínez, presidente de Xuntanza, e Majo González, membro da directiva, contáronnos como...

Ent. Javier Tourís, deputado de Acción Comunitaria | Programa + Convivir este sábado en Tui 20.11.2025

O programa +Convivir da Deputación de Pontevedra chega este sábado a Tui con distintas propostas de actividades. Será no pavillón do IES San Paio de 16.30 a 20.30 h con charlas de Nutrición e Primeiro Auxilios a cargo do dr. Viso; un taller de Risoterapia, e xinmasia de mantemento. Unha actividade dirixida a persoas de todas as idades. Rematarase cun viño galego e música. Así nolo contou o deputad...

Ent. Martiño Noriega e Marga do Val - Conferencia presentación do libro "Os médicos tamén enferman" 19.11.2025

Mañá xoves, dentro do ciclo "Sobredo, 103 anos despois" presentarase en Tui o libro "Os médicos tamén enferman". No acto porase en contexto a situación actual da sanidade e o papel que os médicos tiveron tras os sucesos de Sobredo atendendo ás persoas feridas. O acto será mañá xoves ás 19.30 h o Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela. Hoxe falamos con Martiño Noriega, autor do libro, e Marga d...

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.